Mostrando entradas con la etiqueta bioloxía 3º eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bioloxía 3º eso. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de junio de 2012

OS SENTIDOS E O APARELLO LOCOMOTOR BIOLOXÍA 3ºESO


OS RECEPTORES SENSORIAIS
Os receptores sensoriais son estruturas formadas por células nerviosas, especializadas en captar estímulos e transformalos en  impulsos nerviosos. Tipos de receptores segundo o estímulo que reciben :
- MECANORRECEPTORES : cambios de presión
- TERMORRECEPTORES : cambios de temperatura
- QUIMIORRECEPTORES : substancias químicas
- FOTORRECEPTORES : sensibles á luz.
- NOCICEPTORES : presións internas, son responsables da dor.
Tipos de receptores segundo a súa localización :
- INTERNOS (interorreceptores) : informan sobre o estado e funcionamento de órganos internos.
- EXTERNOS (exterorreceptores) : captan estímulos exteriores, están na superficie do noso corpo.  
O SENTIDO DA VISTA
 O ollo é o órgano que permite o sentido da vista. Trátase dun globo esférico que contén líquidos (humor acuoso e vítreo) que lle dan forma ao ollo. Está formado por :
ÓRGANOS ANEXOS (protexen o ollo e permiten o seu movemento) : cellas, pálpebras, pestanas, aparello lacrimal e músculos dos ollos
GLOBO OCULAR : ten 3 capas : esclerótica, coroide e retina.  
FUNCIONAMENTO  DO OLLO
 A luz entra pola córnea, atravesa a pupila (que regula a intensidade da luz), cruza o cristalino (que enfoca segundo a distancia) e incide sobre a retina formando unha imaxe invertida sobre a mesma. A retina (que é fotosensible) transforma a imaxe en impulsos nerviosos que sae a través do nervio óptico ata o cerebro. A nosa visión é binocular (enfoque dos dous ollos).
ENFERMIDADES DOS OLLOS : - hipermetropía : a imaxe enfocada fórmase detrás da retina, o globo ocular é máis curto, non se ve ben de cerca. - miopía : o globo ocular é máis alongado. Non se ve ben de lonxe. - astigmatismo : incorrecta curvatura da córnea. - cataratas : na córnea hai zonas máis opacas, non son transparentes. - glaucoma : a presión intraocular é moi alta e produce cegueira. - conxuntivite : inflamación do tecido conxuntivo. 
HIXIENE  DOS OLLOS : lavar, boa luz, distancias adecuadas, evitar ler en movemento, revisións médicas
O SENTIDO DO OÍDO
os oídos son os órganos da audición e do equilibrio. Distínguense 3 partes :
OÍDO EXTERNO :  - Pavillón da orella (repregamentos cartilaxinosos) - conduto auditivo externo (con glándulas que producen o cerume) 
OÍDO  MEDIO : -cadea de osiños (martelo, bigornia e estribo que conectan o tímpano co oído interno)
OÍDO  INTERNO : - a trompa de Eustaquio (comunica o oído coa farinxe e  equilibra a presión a ambos lados do tímpano) - canais semicirculares (sentido del equilibrio) - cóclea ou caracol (sentido auditivo)
FUNCIONAMENTO  DO OÍDO
- AUDICIÓN : os sons recólleos o pavillón auditivo que os transmite ao tímpano a través do conducto auditivo facendoo vibrar. O tímpano transmite esa vibración a través da cadea de osiños ata os líquidos do caracol onde se atopan os mecanorreceptores sensibles que converten o estímulo en impulsos nerviosos polo nervio auditivo ata o cerebro.
- EQUILIBRIO : cando nos movemos móvese o líquido que enche os canais semicirculares. Este movemento é captado por unhas células ciliadas que informan ao cerebro e ao cerebelo, a través do impulso nervioso.    
ENFERMIDADES DO OÍDO : -  otitis : inflamación do oído medio. - síndrome de Meniere : afección do oído interno. Afecta ao equilibrio e a audición.
HIXIENE  DO OÍDO : limpar con auga e xabón, evitar música moi alta, non introducir obxectos.
 O SENTIDO DO TACTO
Os receptores do tacto están na pel. A pel ten  2 capas :
- EPIDERME : é a capa exterior, formada por tecido epitelial e células mortas, que teñen queratina que  
impermeabilizan a pel.  
- DERME : é a capa interior, formada por tecido conxuntivo, que proporciona elasticidade a pel. Na derme   desenvólvense os pelos onde están as terminacións nerviosas libres de dor e onde atopamos os corpúsculos táctiles. Son cuatro : - de Meissner (que detectan contacto) - de Vater-Pacini  (detectan presión) -   de Krause (detectan frío) - de Rufini (detectan calor).
ENFERMIDADES DA PEL :  - urticaria : reaccións alérgxica que producen manchas, ronchas, etc. - psoriase : descamación da pel.

O SENTIDO DO OLFACTO
O sentido do olfacto está no epitelio da mucosa nasal denominada pituitaria. Nela hai 2 rexións :  
- PITUITARIA VERMELLA (na parte inferiror) : contén abundantes capilares sanguíneos para quentar o aire que inspiramos.
- PITUITARIA AMARELA (na parte superior) : contén os receptores olfactivos que forman  o bulbo olfactivo.
 ENFERMIDADES DAS FOSAS NASAIS : - Rinite : inflamación da mucosa nasal.

O SENTIDO DO GUSTO
Os receptores do gusto atópanse nas papilas gustativas da lingua, do padal, da farinxe e da larinxe. As papilas detectan catro tipos de sabores : doce, salgado, ácido e amargo.
 
O APARELLO LOCOMOTOR
O aparello locomotor é o encargado de realizar as respostas motrices elaboradas polo sistema nervioso,
ademáis de ser o soporte interno do organismo e favorecer os movementos. Está formado polo sistema esquelético e polo sistema muscular :
- SISTEMA ESQUELÉTICO (parte pasiva) : é o responsable de soster o corpo, protexer os órganos vitais, servir de inserción aos músculos e fabricar as células sanguíneas na médula ósea. Está formado polo esqueleto (ca beza, tronco e extremidades) que é un conxunto de ósos con articulacións e ligamentos que permiten a súa unión.    
- SISTEMA MUSCULAR (parte activa) : produce os movementos, mantén a postura e permite a mímica. Está formado polos músculos e os tendóns.

OS ÓSOS
 Os ósos son órganos vivos formados por células, que se nutren e medran. Están compostos por coláxeno, sales de calcio e fósforo. Todo esto forma o tecido óseo que pode ser esponxoso (parte interna) e compacto (parte externa). Os ósos segundo a súa forma poden clasificarse en : - ósos planos (omo- 
plata, cranio) - ósos curtos (vértebras) – ósos longos (tibia, fémur, úmero)
 A zona central do óso chámase diáfise (dentro ten a medula ósea amárela) e os dous extremos chá- manse  epífise. Externamente están recubertos dun tecido chamado periostio. Ao nacer o esqueleto é de cartilaxe, despois a cartilaxe transfórmase en óso nun proceso chamado osificación. Este proceso ter- mina arredor dos 16 anos nas mulleres e 18 nos homes.   
ARTICULACIÓNS
Os ósos únense uns a outros por medio das articulacións. Poden ser de tres tipos :
- INMÓVILES : non se permite un desprazamento entre un óso e outro. Tamén se chaman suturas.  
- SEMIMÓBILES : unen fortemente os ósos por medio de ligamentos e tendóns aínda que se permite un  certo desprazamento entre os ósos. Entre vértebra e vertebra están os discos invertebrais.  
- MÓVILES :  permiten unha gran variedade de movementos entre os ósos que as forman. Os ósos únense por medio de ligamentos e entre ambos hai un cartilaxe articular. Ademáis entre os ósos hai  unha bolsas de líquido sinovial que actúa como lubricante.    

OS MÚSCULOS
Os músculos están formados por células alongadas denominadas fibras musculares. Os músculos son
capaces de contraerse e relaxarse, aumentando e disminuindo a súa lonxitude e provocando movementos. Existen tres tipos de músculos :  
- MÚSCULOS LISOS : é de contracción lenta e involuntaria e está formados por fibras musculares lisas (tubo dixestivo, vasos sanguíneos).
- MÚSCULOS CARDÍACOS : é de contracción rápida e involuntaria e están formados por fibras musculares estriadas (miocardio).  
- MÚSCULOS ESQUELÉTICOS : é de contracción rápida e voluntaria e realizan o movemento do esqueleto xunto ao sistema esquelético. Está formado por fibras musculares estriadas e cada unha rodéase dun ha fina capa de tecidos conxuntivos denominado endomisio. Estas fibras agrúpanse formando feixes musculares que están envoltos por un tecido chamado perimisio. Estes feixes agrúpanse para formar os músculos e están envoltos por un tecido chamado epimisio. Estas fibras prolónganse nos extremos dos músculos formando os tendóns, que unen os músculos cos ósos.
CLASIFICACIÓN DOS MÚSCULOS POLA FORMA : - anulares (esfínter) – planos (pectoral)  -  fusifor- mes (bíceps) - orbiculares (ollo)
CLASIFICACIÓN DOS MÚSCULOS POLA FUNCIÓN : - Flexores e extensores (bíceps e tríceps) - abdutores e adutores (afastan ou achegan unha extremidade ao eixe corporal) - pronadores e supinadores (xiran unha extremidade) - elevadores e depresores (levantan ou baixan partes do cuerpo) - esfínteres e dilatadores  (cerran ou abren orificios)
MOVEMENTOS
Os movementos prodúcense pola acción combinada entre os músculos e os ósos. Os músculos insértan- se nos ósos por medio de tendóns, cando o músculo se contrae tira do óso sobre o que está anclado e móveo. Como os ósos están en contacto por medio da articulación, e esta fai de punto de apoio produce- se o movemento. Os músculos realizan os movementos por pancas. No corpo podemos encontrar tres tipos de pancas segundo sexa o seu punto de potencia (P- punto onde se aplica a forza), o seu punto de resistencia (R- lugar onde aparece a forza que queremos vencer) e o seu punto de apoio (A- lugar onde nos apoiamos para realizar o movemento). Hai tres tipos de pancas:
- PANCA DE PRIMEIRO XÉNERO : o punto de apoio está no centro (pescozo)
- PANCA DE SEGUNDO XÉNERO : o punto de apoio está nun extremo e a potencia no outro (tobillo)  
- PANCA DE TERCEIRO XÉNERO : o punto de apoio está no extremo e a potencia no centro (brazo).
AS LESIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR : - fracturas - distensións e escordaduras – luxacións - contracturas musculares.
HÁBITOS SALUDABLES : - facer exercicio físico (quecemento) - alimentación equilibrada - calzado adecuado - ter unha postura adecuada - espaldas rectas ao levantar peso – non cargar excesivo peso nas espaldas


jueves, 29 de marzo de 2012

resumen bioloxía 3º eso aparello dixestivo e respiratorio

APARELLO DIXESTIVO
Na nutrición están implicados os aparellos dixestivo (inxestión, dixestión e absorción de nutrientes),
respiratorio (obtención do osíxeno e eliminación de dióxido de carbono), circulatorio (transporte de nutrientes, de refugallos e de O2 e CO2) e excretor (eliminación das substancias de refugo).O aparello dixestivo transforma os alimentos en substancias máis sinxelas, para que poidan ser absorbidas e utilizados polas células, e elimina os restos non dixeridos. O aparello dixestivo está formado polo tubo dixestivo que mide uns 10 m (boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso) e polas glándulas dixestivas (glándulas salivares, o fígado e o páncreas).

ANATOMÍA DO APARELLO DIXESTIVO
BOCA : cavidade de entrada dos alimentos ao tubo dixestivo. Ten lingua (músculo que move o alimento e mestúrao coa saliva), dentes (serven para mastigar os alimentos) e glándulas salivares (que producen saliva). A dentición definitiva humana ten catro tipos de dentes : 8 caninos ou cairos, 4 incisivos, 8 premolares e 12 molares
FARINXE : conducto común ao aparello respiratorio. Por el pasa o alimento desde a boca ata o esófago. Un repregamento chamado epiglote impide que o alimento pase ás vías respiratorias.
ESÓFAGO : tubo musculoso que comunica a farinxe co estómago. As súas paredes permiten que o alimento avance ata o estómago.
FÍGADO : glándula produtora de bile que se almacena navesícula biliar.
PÁNCREAS : glándula produtora do zume pancreático que se verte no duodeno e completa a dixestión dos alimentos.
ESTÓMAGO :ensanchamento do tubo dixestivo. A entrada dos alimentos chámase cardia e a saída píloro. A dixestión realízase grazas á secreción do zume gástrico.
INTESTINO DELGADO : tubo de 6 m que se atopa pregado na cavidade abdominal. As súas paredes internas forman pregues chamadas pilosidades intestinais. Nel complétase a dixestión e ten lugar á absorción da maior parte de substancias nutritivas. Divídese en 3 rexións : duodeno, xexuno e íleo.
INTESTINO GROSO : comunícase co exterior polo ano. As súas paredes absorben auga e sales minerais. Divídese en 3 rexións : cego, colon e recto. Do cego sae o apéndice vermiforme.

PROCESOS DIXESTIVOS
As funcións dixestivas permiten que os alimentos sexan transformados en nutrientes no tubo dixestivo, para ser transportados ás células onde serán utilizados. Consta de 4 procesos :
 INXESTIÓN
- mastigación (na boca) : é unha acción mecánica. Os alimentos son mastigados polos dentes.  
- insalivación  (na boca) : é unha acción química. Mestura do alimento coa saliva producida polas glándulas salivares (parótides, submaxilares e sublinguais). A lingua axuda nos procesos anteriores.
- deglutición (na farinxe e no esófago) : paso do bolo alimenticio (alimentos mastigados e empapados en saliva) desde a boca ao estómago. Primeiro, de forma voluntaria, pasa á farinxe e ao esófago, e despois, de forma involuntaria pasa ao estómago mediante os movementos peristálticos. Entra no estómago a través do cardia.
DIXESTIÓN (é mecánica cando só parte os alimentos - é química cando transforma os nutrientes en moléculas máis simples)
- dixestión gástrica (no estómago) : comprende dixestión mecánica polos movementos peris-
tálticos das paredes do estómago e dixestión química polo zume gástrico, que contén ácido clorhídrico. Aquí fórmase unha papa ácida chamada quimo, que pasa a través do píloro ao intestino delgado.
- dixestión intestinal (no intestino delgado) : no duodeno, o quimo mestúrase co zume intestinal (producido polo intestino), co zume pancreático (producido polo páncreas) e coa bile (producida polo fígado e axuda a dixerir as graxas). Aquí fórmase unha papa abrancazada chamada quilo.  
ABSORCIÓN (no intestino delgado) : os nutrientes, produtos da dixestión, pasan ao sangue a través das pilosidades intestinais, pregues internos da parede do intestino delgado con vasos sanguíneos no seu interior que levan os nutrientes a todas as células do corpo. 
EXESTIÓN (no intestino groso) : os residuos da dixestión transfórmanse nas feces fecais que pasan ao recto e elimínanse através do ano. Hai bacterias simbióticas que descompoñen os residuos da dixestión e producen os gases intestinais, e sintetizan vitaminas (K, B12).

ENFERMIDADES DO APARELLO DIXESTIVO
CARIES : enfermidade infecciosa producida por bacterias. Hai que reducir o consumo de doces, cepillarse os dentes despois de cada comida e ir ao dentista regularmente. 
ESTRINXIMENTO : trastorno que dificulta a evacuación das feces. Débese ao estrés, a certos fármacos, e a dietas pobres en fibra vexetal.
ÚLCERAS : feridas que se abren na parede interna do tubo dixestivo. Débense ao estrés, a infección pola bacteria Helicobacter pylori.
GASTROENTERITE : inflamación da mucosa do estómago e intestino, que impide a absorción de auga producindo feces moi líquidas (diarrea) e vómitos. Débese a infeccións de virus e bacterias.
CIRROSE HEPÁTICA : enfermidade crónica que provoca a morte progresiva do tecido do fígado. Débese casi sempre por consumo excesivo de alcohol.

APARELLO RESPIRATORIO
A respiración pulmonar é a entrada de osíxeno do exterior e a expulsión do dióxido de carbono. A respiración celular é o conxunto de reaccións celulares que producen enerxía a partir de nutrientes e do osíxeno. O aparello respiratorio permite obter o osíxeno do aire e expulsar o dióxido de carbono. Na respiración hai dúas etapas : 
A VENTILACIÓN PULMONAR : renova o aire contido nos pulmóns. Consta de dous procesos :
- a inspiración : os músculos intercostais e o diafragma contráense e reláxanse os músculos abdominais, aumenta o volume dos pulmóns e o aire entra polas vías respiratorias.
- a expiración : os músculos intercostais reláxanse e contráense os músculos abdominais, diminúe o volume dos pulmóns e o aire é expulsado ao exterior.  
O INTERCAMBIO DE GASES : prodúcese nos alvéolos pulmonares por difusión (desde onde hai máis concentración cara a onde hai menos concentrado). O osíxeno dos pulmóns, mías concentrado no alvéolo, pasa ao sangue e o dióxido de carbono, máis concentrado no sangue, pasa ao alvéolo. O intercambio de gases nos tecidos prodúcese en sentido contrario, o dióxido de carbono pasa dos tecidos ao sangue e o osíxeno do sangue aos tecidos. O sangue cargado de osíxeno, reparte o osíxeno ás células do organismo e recolle o dióxido de carbono, para levalo aos pulmóns.

ANATOMÍA DO APARELLO RESPIRATORIO
O aparello respiratorio está formado polas vías respiratorias e os pulmóns. A entrada e saída de gases pódese realizar pola boca e polo naríz.
VÍAS RESPIRATORIAS
- fosas nasais : son a entrada do aire.  
- farinxe : recibe o aire a través de dous orificios e condúceo cara a larinxe. É a cavidade común ao aparello dixestivo. Aquí atópanse as amígdalas e a epiglote que impide que os alimentos entren nas vías respiratorias.
- larinxe : atópanse as cordas vocais que ao vibrar emiten sons.
- tráquea : formada por aneis de cartilaxe incompletos, conduce o aire cara os bronquios.
PULMÓNS : son dous órganos situados na cavidade torácica. Están formados polos bronquios e bronquiolos, que se ramifican sucesivamente ata formar os alvéolos pulmonares que están rodeados de ca- pilares sanguíneos. Os pulmóns están recubertos por unha menbrana dobre denominada pleura. O pul- món dereito é maior co esquerdo, xa que este debe deixar sitio ao corazón.

ENFERMIDADES DO APARELLO RESPIRATORIO
BRONQUITE : é unha inflamación da mucosa dos bronquios.
ASMA : é un estreitamento dos bronquios que dificulta a respiración.   
TUBERCULOSE : enfermidade contaxiosa producida por unha bacteria que destrúe o tecido pulmonar. Pode afectar ao cerebro e aos riñóns.
ARREFRIADO, GRIPE :é unha infección producida por un virus que afecta ao nariz, á gorxa ou á larinxe.
Os compoñentes do fume do tabaco prexudican o noso corpo de diferentes modos : - a nicotina produce adicción e favorece a arteriosclerose. - o alcatrán causa bronquite, enfisema e cancro de boca, gorxa e pulmóns. - o monóxido de carbono diminue a capacidade deportiva.
A práctica habitual de exercicio físico mellora o funcionamento do aparello respiratorio.

resumen bioloxía 3º eso aparello circulatorio e excretor

O APARELLO CIRCULATORIO
O medio interno é o conxunto de líquidos que rodean as células dun organismo. As células extraen del os nutrientes e o osíxeno en el verten os refugos e o dióxido de carbono que producen no seu metabolismo. Nas persoas, o medio interno está formado principalmente por :           
- PLASMA INTERSTICIAL : é un líquido, con funcións defensivas e nutritivas, que se queda entre as células.
- SANGUE : é un medio de transporte de substancias que discorre polo interior dos vasos sanguíneos.
- LINFA : é un líquido que se forma a partir do plasma e circula polos vasos linfáticos uns condutos que desembocan nos vasos sanguíneos.
O medio interno ten unhas características e propiedades  (composición, temperatura, etc) que permiten o bo funcionamento do organismo. O mantemento destas propiedades denomínase homeostase. Nas persoas, o aparato circulatorio ou de transporte de substancias ten 2 sistemas, o sistema circulatorio sanguíneo (polo que circula o sangue) e o sistema circulatorio linfático (polo que circula o linfa).

O SISTEMA CIRCULATORIO SANGUÍNEO (vasos sanguíneos, o sangue e o corazón)
VASOS SANGUÍNEOS
Os vasos sanguíneos distribúen o sangue por todo o corpo. Hai 3 tipos :
- ARTERIAS : envían sangue osixenado desde o corazón cara aos órganos. A súa parede é moi elástica.  
- VEAS : recollen dos órganos o sangue sen osíxeno e devólveno ao corazón.Teñen válvulas que impiden o retroceso do sangue.
- CAPILARES : vasos moi delgados, permiten o intercambio de substancias entre o sangue e as células.   
O SANGUE
O sangue é un líquido que circula polos vasos sanguíneos. No sangue interveñen diferentes funcións  (nutrición, respiración, excreción, defensa e regulación térmica). O sangue está formado por :  
PLASMA : é un líquido de cor amarelada constituido nun 90% de auga que contén sales, proteínas, nutrientes e substancias de refugo. Na coagulación (solidificación) o plasma perde proteínas e chámase  soro sanguíneo.
CÉLULAS SANGUÍNEAS: fórmanse na médula ósea vermella que está dentro dos ósos. Hai tres tipos :
- GLÓBULOS VERMELLOS OU ERITROCITOS : son os máis abundantes do sangue. Transportan o osí- xeno desde os pulmóns cara as células e eliminan o dióxido de carbono. Son vermellos porque teñen he- moglobina (unha proteína).
- GLÓBULOS BRANCOS OU LEUCOCITOS : deféndennos dos axentes infecciosos.
- PLAQUETAS OU TROMBOCITOS : encárganse de taponar os vasos sanguíneos (coagulación) cando se produce unha ferida.

O CORAZÓN
O corazón é un órgano oco cuxo músculo (miocardio) impulsa o sangue cara ás arterias. Está dividido en dúas metades (dereita e esquerda), cada unha das cales ten dúas cavidades (aurícula e ventrículo). O sangue pasa da aurícula ao ventrículo, pero non ao revés porque as válvulas mitral (do lado esquerdo) e tricúspide (do lado dereito) o impiden. Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas e á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares. Desde o ventrículo dereito sae a arteria pulmonar e desde o ventrículo esquerdo sae a arteria aorta. No inicio das dúas arterias atópanse as válvulas sigmoides que impiden o retroceso do sangue desde as arterias ata o corazón. 

O FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN
A función do corazón é bombear sangue de forma permanente mediante movementos rítmicos : sístole (contracción) e diástole (relaxación).  As fases do ciclo cardíaco :
 - DIÁSTOLE VENTRICULAR : relaxa o ventrículo que se enche de sangue.
- SÍSTOLE  AURICULAR : contrae a aurícula e envía sangue ao ventrículo.
- SÍSTOLE VENTRICULAR : impulsa o sangue cara as arterias. 
   
A CIRCULACIÓN DO SANGUE
O circuito circulatorio humano é completo (porque non se mestura o sangue osixenado co desosixenado)
e dobre (porque ten dous circuitos). Os dous circuitos son :
- CIRCUITO MENOR OU PULMONAR : o sangue desosixenado sae do ventrículo dereito á arteria pulmonar cara aos pulmóns para recoller osíxeno e expulsar dióxido de carbono. O sangue pasa ás veas pulmonares que levan o sangue osixenado desde os pulmóns ata o corazón.
- CIRCUITO MAIOR OU XERAL : o sangue osixenado sae do ventrículo esquerdo á arteria aorta dirixíndose a todo o organismo para levar nutrientes e recoller substancias de refugallo. O sangue pasa ás veas cavas que levan o sangue desosixenado ata a aurícula dereita do corazón.
O sangue pasa das arterias ás arteriolas, despois aos capilares e é recollida polas veas.

SISTEMA CIRCULATORIO LINFÁTICO
O sistema circulatorio linfático encárgase de recoller o exceso de líquido que se queda entre as células, devolvéndollo ao sangue e ademais, transporta as graxas que se absorben no intestino. Este sistema está constituido por capilares linfáticos que son cegos, atópanse nos tecidos e únense formando condutos cada vez maiores chamados vasos linfáticos e que desembocan nas veas sanguíneas. O plasma intersticial entra nos capilares linfáticos pasando entón a chamarse plasma linfático que é conducido ata o sangue. Nalgúns lugares dos vasos linfáticos atópanse os ganglios linfáticos que liberan linfocitos ao plasma linfático. O plasma linfático e os linfocitos forman a linfa.
ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES (do corazón)
- ARTERIOSCLEROSE : endurecemnto das arterias debido ao depósito de graxas e de colesterol que pode provocar trombos producindo unha trombose.  
- INFARTO DE MIOCARDIO : morte de células musculares producida por un trombo que pode desencadear unha anxina de peito. Síntese presión e dor intensa na zona torácica.
SAÚDE CARDIOVASCULAR : facer exercicio, ter unha boa alimentación, non fumar.

 O APARELLO EXCRETOR
A excreción é o proceso mediante o cal o organismo elimina as substancias de refugallo que producen as células. Os órganos excretores son os riles (eliminan urea e ácido úrico), os pulmóns (eliminan dióxido de carbono), as glándulas sudoríparas (eliminan a suor) e o fígado (elimina substancias de refugallo coa bile.                                        

O SISTEMA URINARIO
O sistema urinario está formado por dous riles (fabrican a urina) e polas vías urinarias que son : dous uréteres (recollen a urina), a vexiga (almacena a urina) e a uretra (expulsa a urina ao exterior).
- O RIL : ten unha codia cun millón de nefróns que filtran o sangue, unha médula con moitos vasos sanguíneos e unha pelve que recolle a urina producida.
- O NEFRÓN : é a unidade que fai funcionar o ril. Ten unha cápsula de Browman na que se filtra o sangue e un túbulo renal no que se forma a urina.

A EXCRECIÓN
A arteria renal leva ao ril sangue cargado de refugallos e a vea renal recolle o sangue limpo.
- A URINA : é un líquido formado por auga, urea e sales procedentes do sangue que chega aos riles.
A formación da urina ten 3 etapas :
- A FILTRACIÓN : a filtración do plasma sanguíneo nos capilares do glomérulo e do nefrón.
- A REABSORCIÓN : a reabsorción de nutrientes e parte da auga dende o túbulo renal cara aos capilares
sanguíneos.
- A SECRECIÓN : a secreción de refugallos desde as células da parede do túbulo renal.

ENFERMIDADES DO APARELLO EXCRETOR
- A INSUFICIENCIA RENAL :é unha diminución da produción de urina.
- CÓLICO NEFRÍTICO (cálculos renais) : son cristais formados no interior do ril.
- INFECCIÓNS DAS VÍAS URINARIAS : como a cistite (inflamación da vexiga urinaria)
A DIÁLISE RENAL : consiste en facer pasar o sangue dunha arteria por un aparello que a filtra e a devolve purificada a unha vea.
PREVENCIÓN :  manter a hixiene – ter unha alimentación adecuada – beber auga con abundancia 

martes, 27 de marzo de 2012

resumen biloxía 3º eso sistemas nervioso e endocrino

OS SISTEMAS DE COORDINACIÓN
Mediante a función de relación, as persoas, ao igual que o resto dos seres vivos, recibimos información e elaboramos respostas.
SISTEMA DE COORDINACIÓN : detecta os cambios que se producen no medio e elabora a resposta adecuada. Esta formado por :
- SISTEMA NERVIOSO : está formado por tecido nervioso, elabora respostas rápidas e pouco duradeiras e actúa mediante impulsos nerviosos.
- SISTEMA ENDOCRINO OU HORMONAL : está formado por glándulas endocrinas, elabora respostas lentas pero duradeiras e actúa mediante hormonas.
ELEMENTOS QUE INTERVEÑEN NA COORDINACIÓN
- RECEPTOR : é a estructura capaz de percibir os estímulos e transmitilos ao centro nervioso.
- CENTRO NERVIOSO : é o órgano encargado de recibir a información percibida polos receptores.
- EFECTOR : é o órgano que leva a resposta (músculos, glándulas)

 O SISTEMA NERVIOSO
O sistema nervioso está constituido por dous tipos de células neuronas e células de glía :
NEURONAS : reciben e transmiten sinais, mediante impulsos nerviosos. A sinapse é a zona de separación entre dúas neuronas. O neurotransmisor é unha substancia química que transmite o impulso nervioso a través da sinapse. As partes da neurona son :
- CORPO CELULAR : nel atópase o núcleo e a maioría dos orgánulos da célula.
-  AXÓN : prolongación longa que parte do corpo celular.
- DENDRITAS : prolongacións curtas e moi ramificadas do corpo celular.
Pode haber neuronas sensitivas (levan a información captada polos receptores ata o sistema nervioso central), neuronas motoras (envían a información desde o sistema nervioso central ata os efectores) e neuronas de asociación (conectan as neuronas sensitivas coas motoras).
CÉLULAS DA GLÍA : están intercaladas entre as neuronas e protexen, illan ou alimentan ás neuronas. As principais células da glía son os astrocitos e as células de Schwann.
O sistema nervioso é o encargado de analizar os estímulos, tanto externos como internos, e elaborar as respostas necesarias para o funcionamento do organismo. Está formado por :
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL (SNC) : encargado do control do corpo e as súas actividades. Está formado polo encéfalo e a médula espiñal (controla actos reflexos e a parte máis externa componse de substancia branca e a máis interna de substancia gris) que están protexidos polo cráneo, a columna vertebral e as meninxes. O encéfalo está formado por : 
- CEREBRO : dividido en dous hemisferios con circunvolucións e surcos. A parte máis externa (córtex cerebral) está formada por substancia gris e recibe información e elabora respostas. A parte máis interna ten substancia blanca.
- CEREBELO : está debaixo do cerebro e divídese en dous hemisferios. Coordina movementos voluntarios e permite manter o equilibrio.
- BULBO RAQUÍDEO : enlaza o encéfalo coa parte superior da médula espiñal e controla funcións involuntarias.
SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO (SNP) : transmite os impulsos nerviosos desde os receptores ata o SNC, e deste aos efectores. Está formado por nervios (craneais e espiñais) que conectan o SNC con todos os órganos do corpo. Tipos de nervios segundo a súa función :
- NERVIOS SENSITIVOS : transmiten a información procedente dos receptores.
- NERVIOS MOTORES : conducen a información desde o SNC ata os efectores.
 Hai dous tipos de SNP :
- SISTEMA NERVIOSO SOMÁTICO : intervén no movemento corporal voluntario.
- SISTEMA NERVIOSO VEXETATIVO : actúa sobre as funcións básicas do organismo que realizan un movemento involuntario.
Os órganos reciben ordes antagónicas mediante dous subsistemas (parasimpático e símpatico).
FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO : - actos voluntarios (cando a resposta é voluntaria e
consciente, a resposta realízase no cerebro) – actos reflexos (cando a resposta é involuntaria, a resposta sae da médula espiñal). Os actos reflexos lévanse a cabo mediante unha estructura nerviosa chamada arco reflexo, no que interveñen os seguintes elementos :
- RECEPTOR : capta o estímulo.
- NEURONA SENSITIVA : leva o impulso nervioso desde o receptor ata médula espiñal.
- NEURONA DE ASOCIACIÓN : pon en contacto a neurona sensitiva coa motora.
- EFECTOR : é o músculo que realiza o movemento, dando unha resposta.

SISTEMA ENDOCRINO OU HORMONAL
É o conxunto de glándulas chamadas endocrinas, porque fabrican hormonas que circulan pola sangre ata chegar a unhas células específicas chamadas diana, onde realiza unha función. Principais glándulas endocrinas con algunhas hormonas :
- HIPOTÁLAMO : actúa sobre a hipófise.
- HIPÓFISE (no cerebro) : regula a cantidade de urina (hormona antidiurética), regula as contraccións do parto (oxcitoxina), regula o crecemento.
- TIROIDE (no pescozo) : regula o metabolismo.
- PARATIROIDE (na tiroide) : regula a cantidade de fósforo e de calcio no sangue.
- CÁPSULAS SUPRARRENAIS (sobre os riles) : activa o esforzo e a loita (adrenalina).
- PÁNCREAS : regula o azúcar no sangue (insulina)
- OVARIOS E TESTÍCULOS : interveñen no desenvolvemento sexual (estróxenos, testosterona)
FUNCIONAMENTO DO SISTEMA HORMONAL : o exceso ou o defecto na cantidade de hormonas pode provocar determinadas enfermidades. A secreción hormonal regúlase mediante un mecanismo chamado retroalimentación ou feedback. Está controlado polo SNC a través do hipotálamo e a hipófise. Permite manter uns niveis adecuados de hormona en sangue mentres dura o estímulo. Cando unha glándula recibe un estímulo empeza a producir hormonas. A medida que a hormona aumenta, impídese a súa secreción. Cando a cantidade de hormona en sangue é baixa, estímulase a glándula e aumenta a sua secreción.

A  SAÚDE MENTAL
TRASTORNOS FÍSICOS OU ORGÁNICOS : - enfermidades infecciosas (poliomielite, meninxite) - obstrución ou rotura – golpes (paraplexía, tetraplexía) – enfermidades neurodexenerativas (alzheimer, parkinson)
TRASTORNOS PSÍQUICOS : - ansiedade – déficit de atención e hiperactividade – depresión - esquizofrenia – trastorno obsesivo-compulsivo
HÁBITOS SAUDABLES DO SISTEMA NERVIOSO : - alimentación equilibrada – exercicio físico, descansando un pouco durante o día e durmindo ao menos 8 horas – realizar actividades intelectuais e mentais – evitar situacións e actividades que poidan lastimar o sistema nervioso – tomar medidas de protección para evitar lesións – non consumir tabaco, alcohol ou outras drogas.

AS ENFERMIDADES DO SISTEMA ENDOCRINO
Prodúcense por hiperfunción ou hipofunción glandular : - diabetes (tipo 1 e 2) – enfermidades da tiroide (hipertiroidismo, hipotiroidismo, bocio) – ananismo e xigantismo hipofisario
A CONDUTA HUMANA
TIPOS DE CONDUTA : - estereotipada (é innata, inclúe respostas programadas desde o nacemento) – adquirida (depende da aprendizaxe e do medio do individuo)
A PRESIÓN DO GRUPO : a nosa conduta está influenciada polas demais persoas e polo medio social. Adoita ser positiva, aínda que algunhas veces pode ser negativa. Si a presión e negativa, pode conducir ao consumo de alcohol e de drogas, e a manifestar certos comportamentos violentos.

AS DROGAS E O SISTEMA NERVIOSO
As drogas son substancias tóxicas que producen adicción e xeran tolerancia. Tipos de drogas :
- DEPRESORAS : relaxan o SNC (alcohol, tranquilizantes, opio, morfina, heroína, metadona).
- ESTIMULANTES : estimulan o SNC e crean sensación de euforia (cocaína, tabaco, anfetaminas, crack, esteroides anabólicos).
- PERTURBADORAS : producen alucinacións, depresións, enfermidades mentais e alteracións da personalidade (LSD, haxix, marihuana, éxtase, Eva)