Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO 3º ESO. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de abril de 2013

EXERCICIOS RESOLTOS DE HIATOS, DITONGOS E TRITONGOS GALEGO 3º ESO

8. Coñecín o teu avó cando eu era árbitro de balonmán. / Mañá comeza o sétimo congreso sobre
avances tecnolóxicos na industria téxtil. / O capitán do equipo húngaro retírase hoxe do fútbol /
De súpeto avariouse a hélice do helicóptero no que viaxaba o cónsul xaponés. / Os ladróns
daquel automóbil están xa no cárcere. / O cráter daquel volcán tiña cando menos dous
quilómetros de diámetro. / Un astrónomo chinés acaba de descubrir un novo satélite de Xúpiter. /
Simón foi ao médico porque se sente débil e ten dores no tórax.

6. O 3 de agosto de 1977 entrei a traballar como botóns nun banco en Santiago de Compostela.
Acababa de facer vinte anos. O curso académico entretivérao entre algunhas clases na facultade
ás que asistia asistía pouco motivado, e unhas reunions reunións para estudantes cristians
cristiáns nas que se mesturaba a accion acción política a favor dos máis humildes con certo tufo
psicoterapeutico psicoterapéutico de alivio emocional. Dirixia Dirixía as sesions sesións un cura
chamado Luis Luís Vilasuso, home agradable e práctico como o demostrou que, co paso dos anos,
acabase exercendo de coengo cóengo na catedral compostelá. E foi en parte grazas a el que
entrei no banco

7. A raiña raíña dixo entre bagoas bágoas que viaxaba a Suíza Suíza por un problema de saude
saúde. / A Luis Luís perdooo perdóoo porque o accidente que provocou foi involuntario. / Hai
dous dias días, Lucia Lucía sentia sentía unha forte dor no oido oído dereito. / Xoan Xoán Bieitez
Biéitez, o profesor de Bioloxia Bioloxía, sabe moito sobre os pingüins pungüíns. / A miudo miúdo
camiño pola beira do rio río ata o muiño muíño. / Ese dianteiro do Paraguai intercambiou a sua
súa camiseta cun xogador rival. / É unha magoa mágoa, pero con esta neboa néboa non
poderemos xogar o partido de beisbol béisbol. / Acaban de construir construír unha estatua
dedicada á heroina heroína Maria María Pita. / As baleas grises non son moi habituais nesta parte
do oceano océano Atlántico. / Que o xuíz xuíz condenou o alcalde arzuan arzuán soubeno
sóubeno hoxe mesmo.

sábado, 2 de junio de 2012

resumen libro a noite d'o risón galego 3º eso


A NOITE D’O RISÓN
AUTOR : Gonzalo Moure
XÉNERO : Terror
TEMA : A noite d’O Risón baséase en catro historias  de hai corenta anos, sobre tormentas, naufraxios e mortos, contadas por mariñeiros e outros personaxes misteriosos que quedan atrapados unha noite, polo temporal, nun bar de pescadores (O Risón).
RESUMEN
O narrador, que ten 54 anos, escribe este libro na cafetería do aeroporto do Prat de Barcelona (29 de outubro 2005), está agardando polo seu voo, que ten moito retraso (25 de setiempre de 2007), para ir ata Figueras en Asturias. A Novela está ambientada na Ría de Ribadeo e o seu río, o Eo (Lugo). O narrador é de Humeiros, a baiuca (taberna) d’O Risón estaba en Castronéboa, e o seu amigo francés Remy, de voz rouca e acento patois, era de Frontedeo. A historia sucede a comezos do inverno.
Todo empeza cando o narrador vai á festa de Frontedeo e queda a durmir na casa das tías do seu amigo Remy (no Cantón de Chocolate). Pero por culpa dunha gran treboada, non puido volver a casa, xa que a treboada provocara enchentas. Hai que saber que Humeiros está a un lado da Ría de Ribadeo e que Frontedeo queda do outro lado da ría. Daquela o medio de transporte para cruzar a ría era ir nunha lancha, porque aínda non construíran a ponte para cruzala, había poucos coches e ademais as estradas e os teléfonos estaban cortados polas enchentas. O narrador estaba nervioso e preocupado, por non poder avisar a seus pais e decidíu ir pedirlle a Carnao, o mellor barqueiro de Humeiros, que o levase polo menos ata Castronéboa, que quedaba só a 400 metros de Frontedeo, na súa lancha Carmenchu.
E así foi como chegou ata o Risón, co seu sebastopol (impermeable) e alí escoitou 5 historias de medo, baixo a luz dun petromax (enorme candíl de queroseno) :
- A DE BALBINO : contou que cando chegou o enxeñeiro, Amador Velasco de Velasco a Frontedeo, pedíulle a Servando (o encargado do hotel) que lle dixera quen era a moza máis linda de Frontedeo. Servando díxolle que era Bolboreta, o enxeñeiro chamouna e casaron ao ano seguinte e que había 15 anos, que o antigo mozo de Bolboreta, matara o enxeñeiro dun disparo, preto da igrexa.
Chegan ao Risón a moza esbrancuxada (13 anos), que parecía estar esperando alguén e o rubio, un coxo cun caxato, que semellaba ser cura.   
- A DO MARIÑO MERCANTE (futuro navegante dos cascos polares e fumaba nunha cachimba) : contou como foi ao Olga dos Corais, un gran estanque que quedaba illado coa marea baixa e onde se collían lagostas enormes e outros crustáceos. Foi desde El Mugido (un golfo), cun mozo de San Vicente e o cociñeiro, nun bote, e encheron sacos de lagostas. Un home ollaba para eles dende o alto dos cantís, parecía un cura. No fondo do Olga dos Corais había nenos afogados, vestidos con camisas grises, e todos tiñan os ollos abertos (había polo menos 10 nenos). Eses nenos desapareceran dun colexio relixioso, había 38 anos.
Chega ao Risón o mariño Lanzal, é o seu propio fantasma e é capitán do Mizar. Ao entrar mirou para moza esbrancuxada e ela devolveulle a mirada cun sorriso.
- A DO MARIÑEIRO DE CUDILLERO : contou como perdeu o seu dedo furabolos, quedoulle prendido no motor da lancha e cortouno para soltarse.
- A DE SABEL, O CARBOEIRO (vello sen cor) : contou o do Faro de Onzas. O faro tornou maldito logo da morte do fareiro, don Elixio do Barbés. Contou o afundimento do Gipsy Glory e do Idiazábal. Os tripulante do Gipsy Glory morreran todos. Elixio viu unha rata na boca do noruegués e sacouna cun bicheiro. O Gipsy Glory estaba cheo de ratas. Elixio morreu devorado por elas.
- A DO MARIÑO LANZAL : contou como atopou, no New Birth, unha foto antiga dunha nena, que o perseguiu toda a vida. Era como si alguén dentro del, o empuxase a mirar esa foto.
A moza esbrancuxada saíu d’O Risón e detrás dela, o Mariño Lanzal.

viernes, 1 de junio de 2012

resumen galego temas 7-8-9 3º eso :PALABRAS PATRIMONAIS E CULTISMOS, FAMILIAS LÉXICAS, PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS, GRÁMATICA TEXTUAL, USO DO PUNTO E DA COMA, USO DO PUNTO E COMA, DOS DOUS PUNTOS E DOS PUNTOS SUSPENSIVOS, USO DA INTERROGACIÓN, DA EXCLAMACIÓN E DAS COMIÑAS, BILINGÜÍSMO E DIGLOXIA, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS, REXURDIMENTO:LÍRICA, ROSALÍA DE CASTRO, MANUEL CURROS ENRÍQUEZ, EDUARDO PONDAL


PALABRAS PATRIMONAIS E CULTISMOS
PALABRAS PATRIMONIAIS : son palabras procedentes do latín que evolucionaron totalmente ata chegar ao galego (gallina = galiña)
CULTISMOS:son palabras procedentes do latín e do grego que entraron tarde no galego (olfactu=olfacto)
 SEMICULTISMOS : palabras procedentes do latín que esperimentaron pequenos cambios (clavicula = clavícula)
FAMILIAS LÉXICAS
A familia léxica é o conxunto de palabras que presentan un mesmo lexema. Pode haber :
- FAMILIAS LÉXICAS REGULARES : o seu lexema é invariable (xusto→xustiza, xusticeiro, inxusto).  
- FAMILIAS LÉXICAS IRREGULARES : o seu lexema presenta algún tipo de variación (paixón→ apaixonar, apaixoante, pasional)      

PRÉSTAMOS LINGÜÍSTICOS
PRÉSTAMOS : son palabras e expresións procedentes doutros idiomas. As linguas de orixe dos préstamos son moi diversas : - linguas amerindias (cacao, cacique, tomate – inglés  (bar, cheque, club) - castelán (caudillo, guerrilleiro, tortilla) – catalán (bou, cantimplora, esquirol) – italiano (batuta, casino, pallaso) – éuscaro (chabola, esquerda, zamarra) – alemán (búnker, cuarzo, níquel)  
ESTRANXEIRISMOS : Son palabras procedentes doutros idiomas, xeralmente de recente entrada, e que deben ser evitados pois xa existe no galego un termo axeitado para denominar a realidade á que se refiren (para silla temos cadeira – para amateur temos afeccionado – para parking temos aparcadoiro)
CALCOS :son expresións doutras linguas que o galego transformou e adaptou (basketball = baloncesto – themepark = parque temático)

A GRAMÁTICA TEXTUAL
O texto é unha unidade de comunicación completa e perfecta que recolle a intención comunicativa do
emisor e enmárcase nunha determinada situación. Todo texto correcto posúe 3 propiedades textuais
adecuación, coherencia e cohesión.
ADECUACIÓN : é a propiedade que se refire á adaptación do texto á situación comunicativa en que se produce. O texto, daquela, debe ser axeitado á intención do emisor e á situación en que se realiza a comunicación.  
A COHERENCIA : é a propiedade do texto que garante a trasmisión da información mediante a organización dos enunciados arredor dunha mesma idea, de xeito que o texto teña sentido completo. Un texto coherente posúe sentido completo e unidade temática, amosa con orde as ideas principais e secundarias, e responde a unha intención comunicativa e respeta a estrutura propia de cada tipo de texto.
A COHESIÓN :a cohesión textual é a propiedade mediante a cal se relacionan os diversos elementos que
compoñen un texto. Conséguese mediante dous mecanismos de cohesión :
- A RECORRENCIA DE PALABRAS : que consiste na repetición das mesmas palabras : - sinonimia, antonimia e hiperonimia - substitución pronominal e adverbial – elipse (supresión dun elemento)
- OS MARCADORES OU CONECTORES TEXTUAIS : - de orde (en primeiro lugar, a seguir, para rema
tar,...) - aditivos para engadir ideas (ademais, igualmente,...) - opositivos para contrastar (pero, aínda
así,...) - etc. Tamén é importante a puntuación para separar as distintas partes do texto.

USO DO PUNTO E DA COMA
O PUNTO : supón unha pausa no discurso. Despois dun punto sempre se empeza escribindo con letra maiúscula. Pode haber . – punto e seguido (pecha oracións) – punto e á parte (pecha parágrafos) – punto final (pecha o texto)
A COMA : representa unha pausa no discurso, máis breve que no caso do punto. Emprégase para separar elementos dentro da oración.

USO DO PUNTO E COMA, DOS DOUS PUNTOS E DOS PUNTOS SUSPENSIVOS
O PUNTO E COMA : separa oracións cando xa dentro delas hai pausas marcadas con comas.
OS DOUS PUNTOS : - diante dunha enumeración - Para introducir unha aclaración ou un resumo do ex
posto - Cando se fai unha cita textual - Despois do saúdo nas cartas e documentos
OS PUNTOS SUSPENSIVOS : - ao final dunha enumeración que queda incompleta - Cando se quere dei xar en suspenso o final dunha frase, ou cando non é necesario rematala porque se sobreentende - Cando se quere expresar dúbida, inseguridade, temor - Cando se quere crear expectativa antes dunha resposta.

USO DA INTERROGACIÓN, DA EXCLAMACIÓN E DAS COMIÑAS
OS SIGNOS DE INTERROGACIÓN : empréganse ó comezo e ó final das preguntas directas
OS SIGNOS DE EXCLAMACIÓN :  empréganse ó comezo e ó final de frases con entoación exclamativa. Poden significar sorpresa, temor, admiración, énfase, elevación do ton da voz...
AS COMIÑAS : - empréganse para marcar citas textuais - úsanse para salientar estranxeirismos, vulga- rismos ou expresións utilizadas en sentido figurado - Os títulos que se intercalan nun texto van entrecomiñados

BILINGÜISMO E DIGLOSIA
Nunha sociedade con dúas linguas en contacto pódense dar dúas situacións: - Unha situación de bilingüismo, cando o uso das dúas linguas se leva a cabo en condicións de igualdade. - Unha situación de diglosia, que é o noso caso, cando o uso de cada unha das linguas está condicionado.
Neste caso unha delas é considerada lingua de prestixio e cultura (o castelán) e a outra considerada só válida para os contextos coloquiais e familiares (o galego). En Galicia a lingua habitual da maioría da poboación é o galego, pero ademais a práctica totalidade dos galegos e galegas é perfectamente capaz de dominar as dúas linguas presentes na sociedade, aínda que o faga con diferentes niveis de destreza (hai quen entende as dúas linguas pero soamente se expresa nunha delas, hai quen ten destreza oral
pero non domina a escrita, etc).

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A normalización lingüísticas é o proceso mediante o cal unha comunidade intenta devolver a súa lingua propia, en perigo, a unha situación de normalidade, é dicir, que o seu uso sexa natural e espontáneo en todos os contextos (orais e escritos, cultos e coloquiais, públicos e privados)
INTERFERENCIAS LINGÜÏSTICAS
A interferencia lingüïstica é a introdución incorrecta de elementos fonéticos, ortográficos, morfosintácticos ou léxicos dunha lingua noutra coa que está en contacto, deturpando a súa norma lingüística. As interferencias do castelán no galego poden ser fonéticas (non pronunciación do “n” en unha), ortográficas (abogado por avogado), morfolóxicas (a leite por o leite), léxicas (calle por rúa), sintácticas (vou a
ir por vou ir)
REXURDIMENTO : LÍRICA
 A ORIXE DO REXURDIMENTO : - en Europa (o Romanticismo acentúa o interese polas culturas autóctonas) – en Galicia (grandes diferencias entre ricos e pobres, axitacións política e crecente influencia do galeguismo)

ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885)
 Naceu en Compostela, filla de fidalga e pai sacerdote. Pasa os seus primeiros anos cunha tía paterna en Ordoño. Aos quince anos trasládase a vivir a Santiago coa súa nai. Con dezanove anos trasládase a Madrid, onde casa con Manuel Murguía dous anos despois. Morreu os 48 anos na casa da Matanza, en Padrón. É considerada a figura máis representativa do Rexurdimento. Nos seus libros de poemas, Cantares gallegos (1863), que é a obra que marca o inicio do Rexurdimento e Follas novas (1880), defende a cultura e o pobo galegos e expresa os seus sentimentos máis intimos, ao tempo que reivindica un lugar para a muller na literatura e na sociedade. Os seus temas xiran arredor de tres grandes liñas temáticas (costumista, cívico-patriótica e intimista). Tamén ten un relato breve popular que se publicou despois da súa morte (Conto gallego, 1923).
PRINCIPAIS TRAZOS LINGÜÍSTICOS : usa a fala popular da zona que está entre Compostela e Padrón e na escrita aparecen trazos dialectais deses lugares (seseo, gheada, plurais en ns) e tamén usa castelanismos desa época.
PRINCIPAIS RECURSOS ESTILÍSTICOS E MÉTRICOS : repetición, paralelismos, anáforas e rimas asonantes. A métrica en “Follas Novas” fai uso do arte maior; en “Cantares Gallegos” emprega o arte menor.

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ (1851-1908)
Naceu en Celanova, estudou dereito.  En Madrid dedícase ao xornalismo. Volve a Ourense e publica poemas, que se agrupan en “Aires da miña Terra”, nos que critica ao clero e un un bispo denúnciao, pero sae absolto. Tamén escribe “O Divino Sainete”. Morreu en Cuba e o trouxeron á Coruña. A súa temática xira en torno a 3 temas :
- LIÑA COSTUMISTA : era pouco frecuente en Curros, os tres principais poemas son os que presentou para o Certame de Ourense (Unha voda en Einibó, O gueiteiro de Penalta e a Virxe do Cristal).  
- LIÑA INTIMISTA : son composicións de carácter familiar (pola morte ou nacemento dun fillo, pola morte da súa nai)
- LIÑA SOCIAL : defende o progreso e a liberdade, trata de protexer das inxustizas ó pobo e móstrase anticlerical, pero non irreverente coa doutrina cristiá. Ataca á igrexa e as súas institucións e sobre todo a aqueles clérigos de ideoloxía carlista, porque os considera intolerantes ou opresores.
PRINCIPAIS TRAZOS LINGÜÍSTICOS : usa o galego popular de Celanova (terminacións en –au, plural en –s das palabras rematadas en –n, imperativos en –ai) e na escrita usa un léxico enxebre e a depuración de castelanismos.
PRINCIPAIS RECURSOS ESTILÍSTICOS E MÉTRICOS : usa comparacións, paralelismos, anáforas. Usa rima consonante. Domina todas as formas estróficas tradicionais (tercetiñas, redondilla, lira, etc.)     

EDUARDO PONDAL (1835-1917)
Naceu en Ponteceso, Coruña. Estudou medicina en Santiago. Durante esta época adícase á poesía e fixo amizade con Rosalía de castro ou Aurelio Aguirre. Morre na Coruña. É considerado o poeta máis culto do Rexurdimento (tiña unha sólida formación en cultura grecolatina e tamén fondos coñecementos doutras literaturas). As súas obras son Queixumes dos pinos e Os Eoas. As súas principais liñas temáticas son :
-  LIÑA CÍVICO-PATRIÓTICA : está baseada no celtismo, bardismo e helenismo. No celtismo, fálanos da orixe celta do pobo galego e fai alusións a heroes celtas como Breogán. Coñece moi ben a cultura helénica, invita á loita coa súa poesía contra un inimigo común, que é “Todo aquel pobo que non valora ó galego”. Considérase un bardo, trala lectura dun conto que non é real.
-  LIÑA LÍRICA : baséase na muller e na paisaxe de Bergantiños. Fala de cousas crueis, duras e ásperas entorno á paisaxe. Hai dous tipos de mulleres : valentes, que son ás que el valora, e as que non o son, e que non merecen ser valoradas por seren débiles.
PRINCIPAIS TRAZOS LINGÜÍSTICOS : usa moitos cultismos e ningún vulgarismo e aparece frecuentemente o ditongo –ui- por –oi-  
PRINCIPAIS RECURSOS ESTILÍSTICOS E MÉTRICOS : usa o hiperbato, o epíteto, a comparación e o símbolo e tamén usa o xogo de adxectivación (duro-férreo-forte / doce-brando). Usa versos de arte menor (quintillas, octavillas, romances, etc)





       

jueves, 17 de mayo de 2012

RESUMEN GALEGO 3º ESO : A LÍRICA MEDIEVAL, O GALEGO E A LITERATURA NOS SÉCULOS ESCUROS, COMPARATIVOS, FORMACIÓN DE PALABRAS POR DERIVACIÓN/COMPOSICIÓN/PARASÍNTESE, O PLURAL DAS PALABRAS COMPOSTAS, CONFLITO LINGÜÍSTICO /BILINGÜISMO E DIGLOSIA


A LÍRICA MEDIEVAL
A sociedade na Idade Media, tiña un sistema feudalque consistía na concesión de feudos a cambio du- nha prestación política e militar : a nobreza e o clero posuían as terras mentres que os campesiños pedíanlles protección aos nobres a cambio de traballar os feudos destes e pagar tributos. A sociedade organizábase  nunha estrutura piramidal : a mayoría (campesinos, artesáns) e a minoría (nobreza e clero).   
A CANTIGA DE AMIGOS (orixe popular):é aquela na que unha moza expón o amor que sente a rapaza. A voz é, daquela, feminina e a palabra clave adoita aparecer nos primeiros versos é amigo. Recursos formais :
- Refrán : Verso ou versos que se repiten ao final de cada estrofa. Un dos recursos mais representativos da lírica da Galiza. Por esta clasificación dous tipos, cantigas de refrán ou cantigas de mestía.
- Paralelismo : Consiste en repetir estrofas de dúas en dúas. Os versos da 2ª son unha pequena variante dos da 1ª.
- Leixaprén : Deixa e colle. Repetición do 2 verso da 1ª estrofa, no primeiro da terceira, o segundo da segunda, no primeiro da cuarta.
A CANTIGA DE AMOR (orixe provenzal) : é aquela na que un trobador fala dos sentimentos que lle esperta a súa amada baseada no amor cortés (coita/pena ou loanza da dama). A voz é, daquela, mascu- lina e a palabra clave que aparece sempre nos primeiros versos é señor. Características formais :
- cantiga de refrán : composicións que levan un ou varios versos que se repiten ao final de cada estrofa. Son as máis parecidas ás cantigas de amigo.
- cantiga de mestría : non ten refrán e componse de tres ou catro cobras de sete versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos. Estas son máis parecidas ás composicións provenzais. Recursos :
- dobre : repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa
- mordobre : repetición, en posicións simétricas, dun mesmo lexema, con variación nos morfemas.  
 CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR (orixe popular e provenzal) : é aquela na que o poeta busca a crítica e o humor (con sátiras sociopolíticas, literarias e sexuais). 

O GALEGO E A LITERATURA NOS SÉCULOS ESCUROS (XV-XVIII)  
Despois dun período medieval de grande esplendor para a nosa lingua e a nosa literatura, o galego pasa por unha etapa de decadencia coñecida como Séculos Escuros (do S. XV ao XVIII). Galicia queda sometida á coroa de Castela e o castelán pasa a actuar como lingua do poder e de maior prestixio, desprazando o galego dos usos cultos e escritos. Por isto as mostras de literatura culta (literatura escrita) en galego son practicamente inexistente. Nesta época aparece un novo grupo social, a fidalguía, son persoas de baixa nobreza que serven de intermediarios entre os donos das terras e os campesiños. O pobo é galegofalante e está constituido por la bregos, que na súa maior parte non son propietarios, senón que traballan terras alleas, pagando un arren damento, que son os foros.
Desta época só conservamos escasos textos de lírica culta, unha vizosa e abundante lírica popular (refráns, trabalinguas, adivinanzas), moitos contos e lendas populares (narrativa) e algunha obra de teatro. 
COMPARATIVOS
- usamos COMA : diante de calquera palabra que non sexa un verbo (É tan bo coma ti.)  
- usamos COMO : cando vai diante dun verbo (Fíxoo como sabía)  
-  usamos CA : diante de calquera palabra que non sexa verbo (É mellor ca ti ou ca el. etc. - Chego antes a Lugo ca á Coruña.)
- usamos e CÓ :  cando sae da contracción de “ca”, comparativo, + artigo “a” ou “o” (ca + a/o = cá/có)
(A miña casa é mellor túa. -  Era máis traballador amigo)
COMPARATIVO DE SUPERIORIDADE : máis + adx. + que/ca máis + nome + que 
COMPARATIVO DE IGUALDADE : igual de/tan + adx. + que/ca/como -  tanto(s)/-a(s) + nome + como
COMPARATIVO DE INFERIORIDADE : menos + adx. + que/ca menos + nome + que

FORMACIÓN DE PALABRAS POR DERIVACIÓN : é un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un lexema prefixos e sufixos (panadeirosubmarino)
FORMACIÓN DE PALABRAS POR COMPOSICIÓN : é un procedemento de formación de palabras novas consistente na unión de dúas ou máis palabras (xordomudo, tapacubos, afíalapis)
FORMACIÓN DE PALABRAS POR PARASÍNTESE : este procedemento é unha combinación dos dous anteriores. Primeiro formamos por composición una palabra (picapedra) e despois engadimos un sufixo
(picapedreiro). Outras palabras formadas por  parasíntese (paragüeiro,norteamericano, tornasolado, se- 
temesiño, altofalante)
O PLURAL DAS PALABRAS COMPOSTAS
a) Se os dous elementos están soldados nunha única palabra, forman o plural como o segundo elemento (viandante, viandantes)
b) Se o segundo elemento é un monosílabo rematado en –l, forman o plural engadindo –es (cartafol, cartafoles)
c) Se o segundo elemento xa está en plural, son invariables (o gardamontes, os gardamontes)
d) Se os dous elementos se escriben separados e o segundo elemento é un adxectivo, cada un deles escríbese en plural (garda civil, gardas civís), se o segundo elemento é un substantivo, vai só en plural o primeiro elemento (camión cisterna, camións cisterna)

CONFLITO LINGÜÍSTICO /BILINGÜISMO E DIGLOSIA
Cando dúas linguas coexisten nun contexto de lingua dominante fronte a outra que é a dominada ou minorizada estamos ante unha situación de conflito lingüístico. Unha sociedade non é bilingüe só por existir nela dúas linguas. Ademais, o bilingüismo é a capacidade individual de falar indistintamente dúas linguas. Diglosia é a coexistencia de duas linguas en desigualdade, unha dominante (castelán) e outra mi- norizada (galego), de xeito que, a dominante úsase en niveis cultos e formais e a minorizada no ámbito privado e coloquial. O bilingüismo é un feito individual mentres que a diglosia é un feito social. A situación diglósica que sufríu o galego ao longo da historia na súa relación co castelán foi xerando en moitos actitudes negativas que se van superando nas xeracións máis novas. Só demostrando que o galego serve para calquera acto de comunicación e que é útil para desenvolverse na sociedade se poderán superar os prexuizos e progresar na súa normalización.






viernes, 13 de abril de 2012

exercicios CON SOLUCIÓN galego 3º eso temas 4-5-6

35.
a) Relacionando as palabras da esquerda coas da dereita, e facendo as transformacións que precises, forma palabras compostas:
Auga  mol = ..............     punta  lamas = ..............     salvar  auga = ..............    ollo   serra = .............
Parar  pé = ..............    gardar   arder = ..............     moto   vidas = ..............

b) Agora utiliza as palabras compostas que formaches no apartado anterior para completar as seguintes oracións:
- De primeiro prato temos _______________ ó forno.
- Deulle un ______________ á pelota e mandouna ó tellado.
- Bótalle ó café unhas pingas de _______________.
- Se vas saír ó mar recorda levar o ______________.
- O teu coche ten un golpe no _______________ traseiro.
- Levaremos o ____________, parece que vai chover.
- Colle a ______________ e vai espolar uns carballos.

41.
Nas seguintes frases, pon o acento diacrítico nas palabras que o precisen :
- Nos temos que marchar axiña, xa nos avisaron na casa.- Dame a carteira que está enriba da mesa.
- Aínda non e inverno e xa vai moito frío.
- A miña irmá vive fora de Galicia, pero ven todos os anos pasar aquí as vacacións.
- Algunhas persoas so ven a palla no ollo alleo.
- Vos sempre queredes mais, mais eu xa non vos fago caso.
- Fixo un no no amalló do zapato.- Se vas a praia, vai pola autoestrada, e moito mais cómoda ca estrada.
- Dixéronlle o rapaz que baixase da pola da cerdeira, que tiñan moita presa.
- O meu coche consome mais co teu, teño que falar co mecánico.
- Merca unha bola de pan e unha lata de olivas sen oso.
- Se non nos das unha explicación das túas ausencias, mandaremos chamar os teuspais.

 94.
a) Identifica de qué tipo é cada unha das seguintes oracións coordinadas :
-Nin quere estudiar, nin quere traballar.
-Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito.
-Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamente ben.
-Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine.

b) Escribe completa a correspondente oración coordinada, engadíndolle á primeira proposición outra da clase que se che indica, co enlace axeitado a cada caso:
-Sube á terraza (coordinada copulativa)..............................................................................................
-Helena xa é maior (coordinada adversativa)..............................................................................................
-É un home moi lacazán (coordinada disxuntiva)………………………………………………………………….
-Quere estudiar unha carreira (coordinada distributiva)…………………………………………………………… 

96.
Substitúe nas seguintes oracións as subordinadas substantivas de ComplementoDirecto por pronomes átonos.   Exemplo : - Quixo que o levase.  - Quíxoo.
- Intúo que non me queres convidar
.- Pola túa carta sabemos que estás moi contenta aí
.- Acordamos que serás un novo membro do grupo.
- Mañá lembrareille a Xoán que lle toca fregar os pratos.
- Souben que foras admitido na nosa universidade
97.
Indica qué tipo de subordinadas substantivas (de suxeito, complemento directo ou atributo) aparecen en cada unha das seguintes oracións :
- As escritoras queren que a súa literatura non sexa considerada feminina.
-Semella interesante que asistas a ese curso de ofimática.
-Que veñades á festa do meu aniversarioé moi importante para min.
- Os pacifistas piden que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico.
- O problema é que non temos o carné de socios desa biblioteca.
-Os que vimos a este cursoestamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento.

98.
Completa as seguintes oracións cunha proposición subordinada substantiva de MOD.
- Non é miña a decisión ____________________
- Aínda que tivo moita sorte na lotería, semella farto _________________________
- O comentario _________________________fixo que rexeitase o premio como sinalde protesta
- Non estamos moi orgullosos ______________
- Os prognósticos ________________________ fixeron que decidisemos adiar a viaxe.

99.
Indica qué tipo de subordinadas substantivas (de SUX, CD, ATRIB ou MOD) aparecen en cada unha das seguintes oracións :
-As noticias do xornal dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto.
- Os agoiros de que ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos.
- Xa estou bastante cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas.
-A miña máxima ilusión é facer un cruceiro polo Mediterráneo.
- Que decidades pasar as vacacións connosco é marabilloso.

100.
a) As seguintes oracións compostas inclúen unha proposición subordinadaadxectiva. Subliña esa proposición e volve escribir a oración substituíndoa por un adxectivo que conserve o significado. Fíxate no exemplo : - Coñecemos unha rapaza que é de Cataluña. - Coñecemos unha rapaza catalana.
- Visitaremos un castelo que ten moitos anos.
- Xurxo mercou unha cazadora que non deixa pasar a auga.
- Pasaremos un día que non poderemos esquecer.
- Esta é unha terra que dá boas colleitas.
- Atopamos auga que era boa para beber.
- O meu fillo é un neno que non para de falar.

b) Agora vas facer a actividade contraria. Transforma as seguintes oracións simples en oracións compostas substituíndo o adxectivo subliñado por una proposición subordinada adxectiva. Fíxate no exemplo : - Atopamos unha casa abandonada. - Atopamos unha casa que estaba abandonada.
- O libro premiadovai ser editado.
- A literatura infantilconta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese producto inflamable.
- Ponlle á túa bici unhas marcas reflectoras.
- Ten unha forma de ser riseira.
- Nesa tenda venden productos artesáns.

c) Completa estas oracións cunha proposición subordinada adxectiva :
- A ministra __________________________________ prometeu a Constitución.
- A vila _______________________ é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos ______________________ estaban enferruxados.
- Xa vin a película _____________________________ .

101.
Clasifica as seguintes oracións compostas segundo conteñan proposicións subordinadas adverbiais de lugar, de modo ou de tempo.
- Colocou os libros no andel de xeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario.
-Mentres viaxas en tren podes ler unha revista.
- Os últimos anos da súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia.
- Non hai quen o ature desque gañou o concurso de contos no colexio.
- Antía cando era nena vivía cos seus avós.
-Non ben entrou a traballar, xa comprou un coche como o dos novos ricos.
-Sempre que te vexo levo unha alegría.
- Facer, farei o exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro.
-Onde nós estábamos non podiamos ver a estrada.
-Cada vez que o vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos.
- Faloume como se me coñecese.
- Dedicouse a pasear polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines.
-Agora que xa está fóra do cárcereactúa sempre conforme manda a lei.
-Logo que deixou o instituto, púxose a traballar co pai.
- Estableceremos a nosa residencia onde teñamos unha vida tranquila.

102.
a) Completa as seguintes oracións compostas subordinadas adverbiais comparativas utilizando o enlace correspondente segundo se che indica :
-Xosé é __________ traballador __________ ti. (Superioridade)
-Xosé é __________ traballador __________ ti. (Inferioridade)
-Xosé é __________ traballador __________ ti. (Igualdade)(Fíxate que nestas tres oracións o verbo da proposición subordinada estáomitido.)

b) Agora escribe unha oración composta subordinada adverbial comparativa utilizando cada un dos seguintes enlaces :
O mesmo que: _______________________________________________
Mellor do que: _____________________________________________
Peor do que: _______________________________________________

103.
a) Completa a proposición principal engadindo en cada caso a proposición subordinada adverbial que se che indica :
- Chegaremos a tempo porque (causal). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo así que (consecutiva). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo para que (final). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo aínda que (concesiva). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo se (condicinal). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

b) Nas seguintes oracións compostas, subliña a proposición subordinada adverbial, mete nun círculo a palabra ou palabras que funcionan como nexo, e indica de qué clase é cada unha delas (causal, consecutiva, concesiva, final, ou condicional) :
-Aínda que o ano non foi bo, tivemos unha excelente colleita. Clase:. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
Chameite por teléfono porque desexaba falar contigo. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Xa está todo feito, xa que logo podemos marchar. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Se estás canso, sentaremos un anaco. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Le o texto de vagar para comprenderes o seu significado. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Non saín da casa pois caía a auga a cachón. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Pese a que instalaron unha alarma, entraron os ladróns. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Coloca ben os traxes a fin de que caiban todos na maleta. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Se fixeses a túa parte do traballo poderiamos entregalo hoxe. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  
- Poñerei a gabardina xa que comeza a chover. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .      

SOLUCIÓNS
ACTIVIDADE 35
a)
  augardente      salvavidas      paraugas     puntapé     ollomol   gardalamas    motoserra
b)
- De primeiro prato temos ollomol ó forno.
- Deulle un puntapé á pelota e mandouna ó tellado.
- Bótalle ó café unhas pingas de augardente
.- Se vas saír ó mar recorda levar o salvavidas
.- O teu coche ten un golpe no gardalamas traseiro.
- Levaremos o paraugas, parece que vai chover.
- Colle a motoserra e vai espolar uns carballos.

ACTIVIDADE 41
Nós temos que marchar axiña, xa nos avisaron na casa.
-me a carteira que está enriba da mesa.
- Aínda non é inverno e xa vai moito frío.
- A miña irmá vive fóra de Galicia, perovén todos os anos pasar aquí as vacacións.
- Algunhas persoas ven a palla no ollo alleo
.- Vós sempre queredes máis, mais eu xa non vos fago caso
.- Fixo un no amalló do zapato.
- Se vas á praia, vai pola autoestrada, é moito máis cómoda estrada.
- Díxeronlle ó rapaz que baixase da póla da cerdeira, que tiñan moita présa
.- O meu coche consome mais teu, teño que falar co mecánico.
- Merca unha bola de pan e unha lata de olivas sen óso
.- Se non nos dás unha explicación das túas ausencias, mandaremos chamar ós teus pais.

ACTIVIDADE 94
a)
- Nin quere estudiar, nin quere traballar. Copulativa
- Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito. Disxuntiva
- Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamenteben. Adversativa
- Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine. Copulativab)
A modo de exemplo:- Sube á terraza e tráeme os lentes que deixei enriba da mesa. (Coordinadacopulativa)
- Helena xa é maior mais conserva a inocencia dunha nena. (Coordinada adversativa)
- Ou é un home moi lacazán ou se está a rir de nós. (Coordinada disxuntiva)
- Xa quere estudiar unha carreira, xa quere poñerse a traballar de calquera cousa.(Coordinada distributiva)

ACTIVIDADE 96
- intúoo
.- Pola túa carta sabémolo
.- Acordámolo
.- Mañá lembrareillo a Xoán.
- Sóubeno

ACTIVIDADE 97
- As escritoras queren que a súa literatura non sexa considerada feminina. (Sub.Subs. de C.D.)
- Semella interesante que asistas a ese curso de ofimática. (Sub. Subs. de SUX.)
-Que veñades á festa do meu aniversario é moi importante para min. (Sub. Subs. deSUX.
)- Os pacifistas piden que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico. (Sub. Subs.de C.D.)
- O problema é que non temos o carné de socios desa biblioteca . (Sub. Subs. deATRIB.)
- Os que vimos a este curso estamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento. (Sub.Subs. de SUX)

ACTIVIDADE 98
A modo de exemplo:-Non é miña a decisión de que sexades expulsados. (MOD dun substantivo)
-Aínda que tivo moita sorte na lotería, semella farto de que todo o mundo lle pidacartos. (MOD dun adxectivo)
- O comentario de que o proceso de elección non fora completamente clarofixo que rexeitase o premio como sinal de protesta. (MOD dun substantivo)
- Non estamos moi orgullosos de que foses elixida para a bolsa de estudio no estranxeiro. (MOD dun adxectivo)
- Os prognósticos de que era probable a declaración de guerra, fixeron quedecidisemos adiar a viaxe. (MOD dun substantivo)

ACTIVIDADE 99
- As noticias do xornal dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto. (Sub. Subs. de C.D.
-Os agoirosde que ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos.(Sub. Subs. de MOD dun substantivo)
- Xa estou bastante cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas. (Sub.Subs. de MOD dun adxectivo)
-A miña máxima ilusión é facer un cruceiro polo Mediterráneo. (Sub. Subs. de ATRIB.)
-Que decidades pasar as vacacións connosco é marabilloso. (Sub. Subs. de SUX.)

ACTIVIDADE 100
a)
- Visitaremos un castelo que ten moitos anos. Antigo
- Xurxo mercou unha cazadora que non deixa pasar a auga. Impermeable
- Pasaremos un día que non poderemos esquecer. Inesquecible
- Esta é unha terra que dá boas colleitas. Fértil
- Atopamos auga que era boa para beber. Potable
- O meu fillo é un neno que non para de falar. Falangueiro

b)
A modo de exemplo:- O libro que recibiu o premio vai ser editado.
- A literatura que está escrita para nenos conta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese producto que pode prender lume
.- Ponlle á túa bici unhas marcas que reflictan a luz
.- Ten unha forma de ser que é moi riseira
.- Nesa tenda venden productos que están feitos a man

c)
A modo de exemplo:-A ministra que vén de entrar no novo equipo gubernamental prometeu a Constitución.
- A vila onde vivo agora é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos que deixei nesa caixa para tirar estaban enferruxados.
- Xa vin a película que me recomendaches

ACTIVIDADE 101
-Colocou os libros no andel d exeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario. (Sub. Adv. de Modo)
-Mentres viaxas en tren podes ler unha revista. (Sub. Adv. de Tempo)
-Os últimos anos da súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia. (Sub. Adv. deLugar)
- Non hai quen o ature des que gañou o concurso de contos no colexio. (Sub. Adv.de Tempo
- Antía cando era nena vivía cos seus avós. (Sub. Adv. de Tempo)
- Non ben entrou a traballar , xa comprou un coche como o dos novos ricos. (Sub. Adv.de Tempo
- Sempre que te vexo levo unha alegría. (Sub. Adv. de Tempo)
- Facer, farei o exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro. (Sub. Adv.de Modo)
- Onde nós estábamos non podiamos ver a estrada. (Sub. Adv. de Lugar
- Cada vez que o vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos. (Sub. Adv. deTempo
- Faloume como se me coñecese. (Sub. Adv. de Modo)
- Dedicouse a pasear polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines. (Sub. Adv. de Tempo
- Agora que xa está fóra do cárcere actúa sempre conforme manda a lei . (Sub. Adv. deModo)
- Logo que deixou o instituto , púxose a traballar co pai. (Sub. Adv. de Tempo
- Estableceremos a nosa residencia onde teñamos unha vida tranquila. (Sub. Adv. deLugar)

ACTIVIDADE 102
a)
- Xosé é máis traballador ca ti. (Superioridade)
- Xosé é menos traballador ca ti. (Inferioridade)
- Xosé é tan traballador coma ti. (Igualdade)
b)
A modo de exemplo:O mesmo que: Comín do pastel o mesmo que comiches ti.
Mellor do que: Porteime moito mellor do que vós esperabades.
Peor do que: A película resultou moito peor do que nos dixeran.

ACTIVIDADE 103
a)
A modo de exemplo:- Chegaremos a tempo porque aínda é cedo.
- Chegaremos a tempo así que non teñas présa.
- Chegaremos a tempo para que poidamos tomar un café antes de entrar.
- Chegaremos a tempo aínda que a min non che me apetece moito ir.
- Chegaremos a tempo se marchamos axiña.
b)
-[Aínda que] o ano non foi bo, tivemos unha excelente colleita. Clase: concesiva
- Chameite por teléfono [porque] desexaba falar contigo. Clase : causal
- Xa está todo feito, [xa que logo] podemos marchar.Clase: consecutiva
-[Se] estás canso, sentaremos un anaco.Clase: condicional
- Le o texto de vagar [para] comprenderes o seu significado.Clase: final
- Non saín da casa [pois] caía a auga a cachón.Clase: causa
l-[Pese a que] instalaron unha alarma, entraron os ladróns.Clase: concesiva
- Coloca ben os traxes [a fin de que] caiban todos na maleta.Clase: final
-[Se] fixeses a túa parte do traballopoderiamos entregalo hoxe.Clase: condicional
- Poñerei a gabardina [xa que] comeza a chover.Clase: causal