Mostrando entradas con la etiqueta bioloxía 4º eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bioloxía 4º eso. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de octubre de 2013

resumen 2 A información xenética bioloxía 4º eso

A INFORMACIÓN XENÉTICA
OS ÁCIDOS NUCLÉICOS
Os ácidos nucléicos (almacenan e transmiten a informacióxenética)  son macromoléulas (polinucleótidos) formadas pola unión de nucleótidos que se unen con outros formando polinucleótidos e están formados por : - un grupo fosfato - un glícido de 5 carbonos (= pentosa) que pode ser a ribosa ou a desoxirribosa – unha base nitroxenada (Adenina = A - Guanina = G - Citosina = C - Timina = T - Uracilo = U)
TIPOS DE NUCLEÓTIDOS :   
- ADN (ácido desoxirribonucleico) : componse de fosfato + desoxirribosa + A, G, C ou T. Almacena a información xenética necesaria para o funcinamento e desenvolvemento dun ser vivo e atópase no núcleo e no interior de mitocondrias e cloroplastos. A súa estrutura foi descuberta por Watson, Crick, Wilkins e Franklin en 1953 e está formada por : - 2 cadeas de polinucleótidos enroladas en espiral formando unha dobre hélice na que as pentosas e os fosfatos están cara ao exterior e as bases nitroxenadas cara ao interior - as 2 cadeas son antiparalelas (paralelas pero con sentidos opostos) – as cadeas mantéñense unidas por Pontes de hidróxeno entre as bases (A = T e C = G) – as cadeas son complementarias, a A sempre se emparella coa T e a C coa G
- ARN (ácido rubonucleico) : componse de fosfato + ribosa + A, G, C ou U. Participa na síntese de proteínas e atópase no núcleo e no citoplasma. A sua estrutura é unha cadea de nucleótidos. Existen 3 tipos: - ARN mensaxeiro (ARNm) que copia a información do ADN e lévaa aos ribosomas ARN ribosómico (ARNr) que forma os ribosomas, onde se sintetizan proteínas – ARN transferente (ARNt) que se une a aminoácidos (unidades que forman as proteínas) e transpórtao ás proteínas.

A REPLICACIÓN DO ADN
A replicación do ADN é un proceso polo o que o ADN fai copias de si mesmo. A replicación é semiconservativa.
PROCESO DA REPLICACIÓN
rómpense  as Pontes de H que unen as bases das 2 adeas. As 2 febras comezan a desenrolarse.
cada cadea orixinal sirve de molde para unha nova cadea.
conforme se van formando as novas cadeas vanse enrolando.
Durante a replicación pode haber bases mal emparelladas, entón uns enzimas de reparación substitúen estas bases polas correctas.
OS XENES
Un xene é un fragmento de ADN que contén información para un determinado carácter. É dicir, que leva a información necesaria para sintetizar unha proteína, necesaria para que se exprese un determinado ca- rácter. Os carácteres son os trazos característicos (anatómicos, fisiolóxicos e de comportamento) que diferencian uns individuos doutros. O xenoma é o conxunto de xenes dun organismo. Nos organismos procariotas o xenoma é un cromosoma circular; nas eucariotas o ADN forma a cromatina no núcleo e tamén aparece nas mitocondrias e nos cloroplastos.

AS MUTACIÓNS
As mutacións son cambios no ADN dun organismo. Clasifícanse en :
- pola súa natureza : naturais (prodúcense ao azar por causas naturais) ou artificiais (prodúcense por axentes mutaxénicos como as radiacións, o gas laranxa, fármacos, etc.)
- polo efecto ao individuo : prexudiciais (producen desvantaxes), beneficiosas (aumentan a supervivencia) e neutras (non afectan nin positiva nin negativamente)
- polo tipo de células : somáticas (afectan ás células do corpo, non se herdan) e xerminais (afectan aos gametos, hérdanse)
- polo material afectado : xénicas (cambios nun xene), xenómicas (varían o nº de cromosomas) e cromosómicas (cambios na estrutura interna dos cromosomas)


A EXPRESIÓN DA INFORMACIÓN XENÉTICA
As proeínas son moléculas formadas por aminoácidos (aa) e existen 20 aa. No ADN a información está escrita en 4 letras (A, G, C, e T), cada unha destas bases pertence a un nucleótido. No ADN a información organízase en tripletes (3 nucleótidos, ou 3 bases distintas). Cada triplete determinará un aa. A descodificación da información do ADN pasa por 2 fases :
- transcrición : copiar a información do ADN a ARNm. O ADN desenrólase e o ARN copia, por complementariedade de bases (enfronte de A copia U), unha cadea. Ocorre no núcleo.
- tradución : o ARNm leva a información aos ribosomas que van lendo os tripletes ou codón. cada codón especifica un aa. O ARNt transporta estes aa ata os ribosomas para que se formen as proteínas.
O código xenético é a correspondencia entre os codóns do ARNm e os aa e este código é Universal (é válido para tódolos seres vivos). Hai máis codóns que aa, polo tanto un mesmo aa ten varios codóns (Ex : a leucina→UUA e UUG)
A BIOTECNOLOXÍA
A biotecnoloxía é o uso dos seres vivos para obter productos de interese. Empregouse desde sempre  (Ex : na selección do bo gando o una fabricación de iogur ou pan→usa microorganismos). Hoxe emprega técnicas sofosticadas de manipulación de ADN.
USOS DA BIOTECNOLOXÍA
- produción de substancias terapéuticas (Ex : a insulina para os diabéticos obtense a partir de cultios bacterianos)
- produción de alimentos (Ex : froitas manipuladas xeneticamente para aumentar o seu contido en vitaminas)
- biorremediación = uso de microorganismos nun problema medioambiental (Ex : bacterias que degradan o petróleo nas mareas negras)
 - produción de enerxía (Ex : produción de bioetanol que se usa como combustible)

A ENXEÑERÍA XENÉTICA  
A enxeñería xenética consiste na manipulación do ADN dun organismo para conseguir un obxectivo práctico. Realízase por transferencia de xenes dun organismo a outro (organismo transxénico). O ADN sintetizad artificialmente chámase ADN recombinante. Para elo necesítase :
- enzimas de restricción : que son proteínas bacterianas que cortan o ADN en puntos concretos
- vectores de transferencia : axentes que transfiren anacos de ADN dun organismo a outro. Os máis usados son os Plásmidos.
- ADN ligasas : enzimas que unen fragmentos de ADN.
AS APLICACIÓNS DE ENXEÑERÍA XENÉTICA
- obtención de fármacos (Ex : a insulina ou as vacinas que estimulan as defensas fronte enfermedades)
- mellora na produción agrícola e animal (Ex : plantas con xenes resistentes a herbicidas, animais modificados para obter un maior medre)
- terapia xénica (Ex : tratamento de enfermedades xenéticas, substituíndo os xenes defectuosos por xenes sans coma no tratamento do Parkinson ou da diabete)

OS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS : son alimentos que conteñen OMX (organismos mellorados xeneticamente coma as fresas con ADN dun peixe do ártico que lles permite resistir as xeadas do inverno)
A CLONACIÓN : é obter copias idénticas ao orixinal. Hai 2 tipos :
- clonaciópn reprodutiva : o seu obxectivo é conseguir individuos idénticos a si mesmos e ao orixinal. Faise por transferencia de núcleos de céluas embrionarias (Ex : a ovella Dolly). Ten un baixo íondice de éxito, os adultos soen morrer prematuramente.
- clonación terapéutica : o seu obxectivo e tratar enfermidades e rexenerar tecidos. Emprega células nai, capaces de formar calquera outra célula ou tecido.

O PROXECTO XENOMA HUMANO (PXH): nace coa finalidade de coñecer o ADN dos cromosomas humanos. Ten 3 obxectivos :
- identificar todos os xenes humanos e localizalos nos cromosomas.
- determinar as secuencias da e nucleótidos de cada xene.
- determinar a función que realiza cada un dos xenes.


jueves, 16 de mayo de 2013

resumen bioloxía 4º eso ESTRUTURA E DINÁMICA DA TERRA - MANIFESTACIÓNS DA DINÁMICA TERRESTRE


A CALOR INTERNA DA TERRA
GRADIENTE XEOTÉRMICO : aumento da temperatura a medida que profundizamos no interior terrestre (3ºC/100m)
ORIXE DA CALOR INTERNA DA TERRA : a causante do gradiente xeotérmico é a calor residual do noso planeta, de fai máis de 4000 millóns de anos. Naquela época, 3 procesos xeraban calor :
- o impacto de asteroides : o noso planeta estaba sometido a un intenso bombardeo de asteroides.
- a desintegración de elementos radioactivos : esta libera partículas subatómicas (neutróns e elec- tróns) que chocan a elevadas velocidades aumentando a enerxía térmica.
- decantación do ferro (+ denso) cara o núcleo : produce un rozamento cos materiais rochosos que xera calor.
Todo eso fai que hai 4500 millóns de anos o planeta estivera fundido. Os materiais ordenáronse por densidades e apareceron 3 capas (codia, manto e núcleo)

ESTRUTURA INTERNA DA TERRA
CAPAS DA TERRA
-  codia : é unha capa rochosa, delgada e sólida, hai 2 tipos : - codia continental (espesor 30-70 km, forma os continentes, composta por granito cuberto por rochas sedimentarias e sedimentos) – codia oceánica (grosor 10 km, está formada por grava)
- manto : capa rochosa situada baixo a codia, que chega a 2900 km, está formada por peridotita, ten 2 partes : - manto superior (670 km) – manto inferior (170 km aos 2900km, é máis denso co superior)
- núcleo : capa metálica formada por 85 % ferro, 5 % níquel, 10 % osíxeno, silicio e carbono. Ten 2 capas coa mesma composición pero diferente estado : - núcleo externo (dos 2900 km aos 5150 km, é líquido,
está axitado por correntes de convección que xeran o campo magnético terrestre) – núcleo interno (dos 5150 km aos 6400 km, máis do 90 % da súa masa é sólida).
DESCONTINUIDADE SÍSMICA
As ondas sísmicas que se producen nun terremoto (sacudida brusca no interior terrestrehipocen- tro ou foco : punto onde se xera o sismo / epicentro : punto da superficie máis próximo ao foco)
percorren o interior da Terra e rexístranse nos sismógrafos. Dende o foco libéranse ondas sísmicas que viaxan polo interior do planeta (ondas profundas, que poden ser ondas primarias P ou secundarias
S) e pola superficie (ondas superficiais, que causan a destrucción asociada a un terremoto) cambiando a súa velocidade e traxectoria nas descontinuidades sísmicas (zona do interior terrestre que separa distintas capas).
 Hai 4 descontinuidades : - Descontinuidade de Mohorovic (30-70 km, sitúase entre a codia e o man to sup.) - Descontinuidade de Repetti (670 km, separa o manto sup. do inf.) - Descontinuidade de Gutemberg (2900 km, separa o manto do núcleo ext.) - Descontinuidade de Lehman (5150 km, sepa ra o núcleo ext. do núcleo int.)
LITOSFERA : capa do interior terrestre formada pola codia e a parte máis externa do manto superior. Hai dous tipos : - Litosfera continental (agrupa os continentes, vai de 200 - 400 km) - Litosfera oceánica  (agrupa os océanos, vai de 20 - 100 km) 
As placas tectónicas son anacos de litosfera arrastrados por correntes de convección que se producen no manto (aínda que é sólido compórtase coma fluído). 

TEORÍAS SOBRE A ORIXE DOS CONTINENTES
HUTTON E O TEMPO XEOLÓXICO
No S. XVIII James Hutton foi o primeiro xeólogo que puxo unha idade á Terra (en millóns de anos). Introduciu o concepto de tempo xeolóxico para describir procesos moi lentos (erosión do relevo). 

TIPOS DE TEORÍAS QUE EXPLICAN A FORMACIÓN DO RELEVO
FIXISTAS : defenden que os continentes sempre permaneceron nas mesmas posición que hoxe en día (EX : a teoría contraccionista dinos que as cordilleiras son engurras que se formaron ao arrefriar o planeta)   
MOBILISTAS : defenden que os continentes se desprazaron (EX: a deriva continental, a expansión dos fondos oceánicos e a teoría tectónica de placas  = TTP)

MOVEMENTOS VERTICAIS DOS CONTINENTES
TEORÍA DA ISOSTASE : os continentes compórtanse como grandes bloques flotando nun material máis denso (os continentes afunden cando acumulan sedimentos – os continentes elévanse cando erosionan), este fenómeno dase en Escandinavia.

MOVEMENTOS HORIZONTAIS DOS CONTINENTES
TEORÍA DA DERIVA CONTINENTAL : en 1912 o meteorólogo alemán Alfred Wegener publicou no libro “A orixe dos continentes e dos océanos” que os continentes, hai 300 millóns de anos (M.A.) estiveron unidos formando un super continente chamado Panxea. Segundo Wegener os continentes deslizaban sobre os fondos oceánicos. Wegener aportou probas :
- probas xeográficas :  os continentes encaixaban coma un puzle
- probas paleoclimaticas : baséanse na aparición de tilitas (pegadas da erosión do xeo) en continentes hoxe en día en latitudes tropicais.
- probas paleontolóxicas : baséanse na distribución de fósiles iguais (reptiles mesosaurios e lystrosaurios  e a planta glossopteris) en continentes actualmente separados por océanos.
Wegener non foi capaz de explicar que forza empurraba os continentes. Aludiu a rotación terrestre como posible causa, pero esta explicación non é válida.
AS CORRENTES DE CONVECCIÓN : en 1929 Arthur Holmes propuxo que o manto presentaba correntes de convección.
CARTOGRAFIADO DOS FONDOS OCEÁNICOS : os oceanógrafos puideron cartografiar os fondos oceánicos grazas ao sonar.
TEORÍA DA EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS
- enunciado de Harry Hess (1962) : propuxo que nas dorsais se creaba codia e que esta era empurrada cara os lados, así canto máis nos afastamos da dorsal os basaltos son máis antigos.
- comprobación por Vine e Matthews (1963) : demostraron esta teoría. Estudaron o magnetismo remanente das rochas oceánicas (a magnetita dos basaltos cando arrefría oriéntase segundo o campo magnético dese momento, aparecían bandas magnéticas simétricas a ambos os dous lados da dorsal).
TTP : TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS (1968) : explica calquera fenómeno xeolóxico que acontece no planeta. Segundo esta teoría as placas litosféricas (cada un dos fragmentos da litosfera) desprázan- se arrastradas polas correntes de convección do manto.
- Probas : - os volcáns e terremotos coinciden cos bordos das placas – actualmente podemos medir a velocidade a que se moven as placas grazas ao satélite – as dorsais presentan bandas paralelas coa mesma simetría
- tipos de placas litosféricas segundo a composición : - p. oceánicas (compostas por litosfera oce- ánica) – p. continentais (compostas por litosfera continental) – p. mixtas (compostas por litosfera oceánica e continental)
- tipos de placas litosféricas segundo o tamaño : - grandes (placa Euroasiática) - medianas (placa Arábiga) – pequeñas (Baleares)
- tipos de bordos : - diverxentes ou construtivos : neles as placas sepáranse, créase nova litosfera
oceánica, expandíndose os fondos oceánicos, coincide coas dorsais (Ex : dorsal Atlántica). As dorsais son  enormes cordilleiras submarinas de 2000 m de altura e teñen un val central chamado Rift  - conver- xentes ou destrutivos : neles as placas aproxímanse. Poden ser : - zonas de subducción, nestas zonas destrúese a litosfera oceánica, que se dobra e afunde no manto (Ex : costa do Pacífico en Sudamérica, dase unha intensa sismicidade e vulcanismo) - oróxenos de colisión, que se producen cando dúas placas continentais chocan (Ex : Himalaya, as rochas préganse formando relevos, tamén se produce sismicidade) de cizalla ou pasivos, neles as placas deslízanse lateralmente, nin se crea, nin se destrúe a litosfera (Ex : falla de San Andrés, prodúcese unha gran sismicidade)
 MANIFESTACIÓNS DA DINÁMICA TERRESTRE
A CONVECCIÓN DO INTERIOR TERRESTRE
É a enerxía térmica acumulada no interior da Terra o que produce movementos de convección. Prodúcense correntes ascendentes e descendentes.
MANIFESTACIÓN DA CONVECCIÓN
- Magnetismo terrestre (prodúcese polas correntes de convección que axitan o ferro líquido do núcleo externo) - Movementos dos continentes – Vulcanismo – terremotos - Segregación de materiais por densidades (a Terra estruturouse en codia, manto e núcleo)
CONCEPTOS RELACIONADOS COA CONVECCIÓN
Penachos térmicos : son columnas de material rochoso quente que ascende dende a base do manto cara á superficie e nesa zona orixina un intenso vulcanismo (punto quente). Hai 3 tipos de relevos asociados aos puntos quentes : dorsais oceánicas,  rifts continentais  e arquipélagos volcánicos.
Solifluxión : é o comportamento dun material sólido como un fluído moi viscoso. O manto presenta solifluxión.
 CONSECUENCIAS DA CONVECCIÓN :
as correntes ascendentes forman : dorsais oceánicas (cordilleiras volcánicas submarinas de miles de km de lonxitude e 2500 m de altitude. Teñen un val central chamado rift que está atravesado perpendicularmente por grandes fracturas chamadas fallas transformantes. No rift, o vulcanismo é moi intenso) - rifts continentais ou mesetas elevadas (grandes chairas levantadas pola presión dun penacho térmico situado debaixopenínsula ibérica)
as correntes descendentes forman : zonas de subdución (orixínanse cando as placas oceánicas dobran e afunden no manto adquirindo correntes convectivas descendentes. Nestas zonas prodúcese sismicidade, vulcanismo e formación de oróxenos) 4 tipos de oróxenos (arcos de illas, son arquipélagos lineais de illas volcánicas, fórmanse cando a placa cabalgante é oceánica. Nestas zonas o risco sísmico e volcánico é moi elevado e pódense producir tsunamis – oróxenos térmicos,  son relevos volcánicos que se forman cando a placa cabalgante é continental – oróxenos de colisión, son  relevos que se producen cando chocan 2 placas continentais. Nestes relevos a tectónica é moi importante e os materiais sofren un intenso pregamento – relevos de intraplaca, son relevos que se levantan a centos de km de distancia da colisión entre dous continentes)

A DEFORMACIÓN DAS ROCHAS
Os esforzos producen tres tipos de deformacións nas rochas :
ELÁSTICAS : deformación reversible. As rochas recuperan a súa forma inicial. É producido por ondas sísmicas.
PLÁSTICAS : pregamento das rochas por esforzos de compresión, é irreversible. Nos pregamentos pó- dense identificar catro elementos : - charneira (parte na que as capas presentan maior curvatura) - flancos (partes situadas a ambos os dous lados da charneira)  - núcleo (parte central) - plano axial (plano imaxinario que pasa pola charneira).
Tipos de pregamentos : - anticlinais (as capas máis modernas quedan envolvendo as máis antigas. O seu núcleo está formado por capas antigas) – sinclinais (as capas máis antigas envolven as
máis modernas. O seu núcleo está formado por capas modernas).
Segundo a posición do plano axial e dos flancos, os pregamentos  pódense clasificar, aínda sendo anticlinais ou sinclinais, en rectos, deitados, tombados, en xeonllo …
FRÁXILES : rotura das rochas. Estas roturas poden ser :
- diáclases : son roturas das rochas nas que os fragmentos non se desprazaron senón que se manteñen na súa posición inicial. Pódense producir  : - fendas de retracción (arxilas e lodos ao secarse) - fendas de xelifracción (acción do xeo) - disxunción columnar (coadas de lava ao arrefriarse) - laxamento  por descompresión (as rochas do interior da codia expándense e fractúranse ao ascender á superficie terrestre)
- fallas : son roturas das rochas nas que hai unha dislocación dos bloques ou labios. O plano de fractura
chámase plano de falla. Distínguese tres tipos de fallas : - directa ou de gravidade (fórmanse por esfor-
zos distensivos. O labio afundido está apoiado sobre o plano de falla e esvarou sobre el) – inversa (fórmase por esforzos comprensivos. O labio afundido está baixo o plano de falla) - de rumbo ou de esgazamento (a falla fórmase por esforzos de cisalla. Non hai movemento vertical, senón só ho- rizontal. O plano de falla adoita ser case vertical)
- manto de corremento : é unha falla inversa case horizontal na que o labio levantado (alóctono) se des prazou a gran distancia.  Adóitanse formar en oróxenos de colisión.








viernes, 19 de abril de 2013

O MEDIO NATURAL bioloxía 4º eso


O MEDIO NATURAL
 FACTORES DO MEDIO  
factores limitantes : factores ambientais que determinan a distribución e abundancia dunha especie
zona de tolerancia : intervalo que admite cada especie para cada factor ambiental
zona óptima : zona na que a especie sobrevive mellor (as especies eurioicas teñen intervalos de tolerancia amplas para un factor e as especies estenoicas teñen intervalos de tolerancia estreitos)  
TIPOS DE FACTORES AMBIENTAIS
factores abióticos :  - físicos (temperatura, humidade atmosférica e luz) – químicos (substancias tóxicas, cantidade de osíxeno e salinidade) 
 factores bióticos : dependen da presenza doutros seres vivos 

RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS
 RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS (danse entre individuos da mesma especie)  
- asociación familiar : individuos emparentados entre si (galo e galiñas)
- asociación colonial : individuos unidos e que proveñen dun mesmo proxenitor (corais)  
- asociación estatal : individuos entre os que existe unha xerarquía (abellas)
- asociación gregaria : individuos que viven en común un período de tempo (aves en migración)
RELACIÓNS  INTERESPECÍFICAS (danse entre individuos de distinta especie)
- mutualismo : dous ou máis individuos asócianse con beneficio mutuo (peixe pallaso e anemona).
Cando dúas especies non poden vivir por separado fálase de simbiose (liques + fungos + algas)
- comensalismo : un individuo aliméntase dos restos doutro sen causarlle  nin beneficio nin prexuizo (tiburón e peixe rémora)
- inquilinismo : un individuo encontra acubillo no corpo doutras especies (bufo e árbore) 
- parasitismo : un individuo vive a expensas doutro ao que prexudica (piollos e persoas)
- competencia : individuos que usan un mesmo recurso limitado (león e voitre por unha gacela) 
- depredación : un depredador  captura, mata e come a súa presa (leopardo e gacela)

O MEDIO TERRESTRE E AS ADAPTACIÓNS A ESTE MEDIO
O medio terrestre está constituído por todas as zonas do planeta nas que os organismos viven sobre un terreo, rodeados de aire. Factores que determinan o medio terrestre : 
LUZ : fundamental para a vida no planeta
- Adaptación á luz : Moitas plantas efetúan movementos de orientación respecto á luz, denominados fototropismos.  
TEMPERATURA : normalmente, a maior altura, a temperatura diminúe.
- Adaptación á temperatura : Os animais homeotermos (aves e mamíferos) manteñen unha temperatura interna constante. Os poiquilotermos, que teñen unha temperatura semellante á do medio.  
HUMIDADE ATMOSFÉRICA : Cantidade de auga que hai no aire.  
- Adaptación á humidade : As plantas hidrófilas viven en ambientes moi húmidos e sombríos. As plantas xerófilas viven en ambientes secos. Os animais presentan estruturas especiais que evitan a perda de auga por transpiración  (escamas dos réptiles).

O MEDIO ACUÁTICO E AS ADAPTACIÓNS A ESTE MEDIO
MEDIO ACUÁTICO : placto (organismos que flotan) – necto (organismos nadadores) – bentos (viven sobre o fondo)
ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO
- cantidade de O2 : as baleas almacenan O2 na mioglobina o que lles permite longas inmersións
- luz : medusas e peixes abisais teñen bioluminiscencia (producen luz)
- salinidade : o salmón pode vivir no mar e nos ríos, regula a súa concentración interna de sales
- presión hidrostática : os peixes posúen vexiga natatoria para subir e baixar na columna de auga
- viscosidade e densidade : moitos organismos son fusiformes, outros propúlsanse cun chorro de auga (cefalópodos)
- correntes de auga : as plantas acuáticas posúen talos flexibles para adaptarse ás correntes

A BIOSFERA, OS ECOSISTEMAS E OS BIOMAS
BIOSFERA : conxunto de todos os seres vivos que habitan na Terra.
ECOSFERA : conxunto de todos os ecosistemas que constitúen a Terra.  
ECOLOXÍA : é a ciencia que estuda a composición e o funcionamento dos ecosistemas.
ECOSISTEMA : conxunto de seres vivos que habitan nun determinado lugar, as características que defi-
nen o seu medio e as relacións que se establecen entre eles e co medio. Partes do ecosistema :
- Biótopo : parte inorgánica do ecosistema, formado polo medio físico (rochas, aire...) e as características físico-químicas do mesmo (luz, temperatura...)
- Biocenose ou comunidade : parte biótica do ecosistema e está formada polo conxunto de seres vivos que habitan e se relacionan co biótopo.
Ecotón : zona de transición entre estes dous ecosistemas, nel conviven especies dos dous ecosistemas.
BIOMAS : ecosistemas terrestres que ocupan grandes extensións. Poden ser terrestres (deserto frío, tundra, taiga, estepa, sabana, deserto cálido e os bosques caducifolio, mediterráneo, ecuatorial e tropical) e acuáticos (bioma doceacuícola e bioma mariño)
HÁBITAT : lugar onde vive, a área física onde se pode atopar.
NICHO ECOLÓXICO : papel funcional que desempeña unha especie dentro dun ecosistema.

O SOLO
O solo é a capa máis superficial da codia terrestre. Está formado por unha mestura de compoñentes in-
orgánicos (sólidos : gravas, areas, arxilas – líquidos : auga - gasosos : aire) e orgánicos (representados polos seres vivos e o humusmateria orgánica morta)
BIOTOPO DO SOLO : os factores do que depende un solo son o clima, a topografía, o tipo de rocha e os seres vivos.
BIOCENOSE DO SOLO : na terra viven  moitos organismos, coma bacterias, fungos e animais (miñoca,  arañas, insectos). As miñocas son moi importantes as súas galerías facilitan o crecemento das raíces e as súas feces teñen auga e conteñen importantes nutrientes para as plantas.
HORIZONTES DO SOLO : capas horizontais superpostas que constitúen o solo. Pode ter horizonte A (cor escura, contén materia orgánica), B (nel acumúlanse os sales minerais) e C (rocha nai)

OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS TERRESTRES DE ESPAÑA
BOSQUE ATLÁNTICO : - distribución xeográfica (norte e noroeste da Península, dende Galicia ata costa catalá) – características (clima moderado con precipitacións regulares todo o ano, folla cadu ca, sotobosque abundante) - Vexetación (faias, carballos, bidueiros, freixos, castiñeiros, acivros, arandeiras, breixos e fentos) - Fauna (oso, lobo, corzo, pita do monte, raposo, esquío, leirón e xa- baril)
BOSQUE MEDITERRÁNEO : - distribución xeográfica (interior e sur da Península e Baleares) – características (clima temperado, inverno húmido e verán caloroso, plantas esclerófilas de folla perenne. As dehesas son bosques mediterráneos aclarados pola acción humana) - Vexetación (aciñeiras, sobreiras, érbedos, piñeiros, xara, romeo e lavanda) - Fauna (corzo, aguía imperial, raposo, lebre, voitre negro, lince, xinete)   
ZONAS HÚMIDAS : zonas saturadas de auga ou inundadas durante algunha época do ano que albergan gran biodiversidade (como aves acuáticas que descansan nas súas rutas migratorias) e teñen unha  gran importancia ecolóxica.

A ALIMENTACIÓN DE SERES VIVOS NOS ECOSISTEMAS
A alimentación é a forma de obter a materia e a enerxía dos organismos. Clasifícanse en 3 niveis tróficos :
 - produtores :  organismos autótrofos que fabrican materia orgánica a partir de inorgánico mediante a fo-
tosíntese (plantas, algas e algunas bacterías). 
 - consumidores : organismos heterótrofos que se alimentan da materia orgánica doutros seres vivos.
Hai 3 tipos :  - Primarios (herbívoros) : aliméntanse dos produtores - Secundarios (carnívoros) : ali- méntanse dos consumidores primarios   – Terciarios (super carnívoros) : aliméntanse dos consumidores secundarios e dos primarios
- descompoñedores : organismos que transforman a materia orgánica en materia inorgánica (fungos e bacterias).
 RELACIÓNS TRÓFICAS :  son as relacións que existen entre os seres vivos que se alimentan uns dos outros e pódense representar en forma de cadea trófica (representación gráfica lineal nas que se indica mediante frechas quen é comido por quen no ecosistemaherba, saltón, rato, serpe) e rede trófica (conxunto de cadeas tróficas interrelacionadas dun ecosistema)    
FLUXO DE ENERXÍA :  é un proceso unidireccional aberto
CICLO DA MATERIA : é un proceso cíclico pechado
PARÁMETROS TRÓFICOS : - biomasa (B) : masa de C orgánico / superficie (calcúlase para cada nivel) - produción (P) : P = B / T (tempo) – produción neta (PN) : produción bruta (PB) – PN - produtividade ou taxa de renovación (Pr) : Pr = PN / B x 100 – tempo de renovación (Tr) : Tr = B / PN  
PIRÁMIDES TRÓFICAS :  representacion gráfica das relación alimentarias que se dan nun ecosistema. Cada nivel trófico represéntase cunha barra ou piso coa mesma altura :
- Pirámides de números : representa o n.º de individuos de cada nivel trófico, poden ser invertidas  (terciarios, secundarios, primarios e produtores)
- Pirámides de biomasa :
representan a biomasa de cada nivel trófico , poden ser invertidas (terciarios, secundarios, produtores e primarios)
- Pirámides de produción :
representa a enerxía almacenada de cada nivel trófico, nunca son invertidas  (terciarios, secundarios, primarios e produtores)

SUCESIÓN ECOLÓXICA
A sucesión ecolóxica son os  cambios que se producen nun ecosistema ao longo do tempo. Regras dunha sucesión : - Aumenta a diversidade de especies - Aumenta a complexidade nas relación tró- ficas - Increméntase a biomasa - Aumenta a eficacia no aproveitamento da enerxía - Diminúe a pro dutividade - Aumenta a estabilidade do ecosistema.
COMUNIDADE CLIMAX : comunidade final que se da nun proceso de sucesión ecolóxica, está en estado de equilibrio.En todolos ecosistemas prodúcense alteracións que a levan a etapas anteriores (regresión)
TIPOS DE SUCESIÓN : sucesión primaria (aquela que se establece nun lugar que non foi colonizado anteriormente, sucesión que tería lugar nunha illa volcánica) - sucesión secundaria (é a que se produce tras unha regresión, por exemplo, depois dun incendio).   

AS POBOACIÓNS NOS ECOSISTEMAS. AUTORREGULACIÓN
MODELO DE CRECEMENTO DA POBOACIÓN
- crecemento exponencial : prodúcese nun ecosistema ideal con recursos ilimitados. Dase en condi-
cións especiais e non pode manterse moito tempo. Obtense unha curva en forma de J.
- crecemento loxístico : prodúcese en condicións naturais con recursos limitados. A poboación medra
ata manterse constante arredor dun valor (K = capacidade de carganº máximo de individuos que pode soster un ecosistema), a poboación fluctúa arredor de K. Obtense unha curva en forma de S.
                                            
ESTRATEXIAS REPRODUTIVAS
- estrategas do r : especies (oportunistas) – ambiente (habitan ecosistemas inestables) – vida (vida curta) – taxa de reprodución (elevada) – descendentes (moitos e pequenos) - exemplos (peixes e insectos)
- estrategas do K : especies (especialistas) – ambiente (viven en ambientes estables) – vida (lonxe- vos) – taxa de reprodución (baixa) – descendentes (poucos) – exemplos (aves e mamíferos)


O USO DOS RECURSOS
Un recurso natural é todo aquilo que as persoas tomamos da natureza para obter beneficios e satisfacer as nosas necesidades.  Considérase reserva a cantidade dun recurso natural que pode ser explotada e ser extraídos dun xeito económicamente rendible. Os recursos naturais clasifícanse en recursos renovables (son os que se poden rexenerar co tempo como as enerxías solar, eolíca, maremotriz, xeotérmica, hidráulica e biomasa) e recursos non renovables (son os que non se re- xeneran, as súas reservas tenden a diminuír a medida que se consomen como o gas natural, o petróleo e o carbón).
OS IMPACTOS AMBIENTAIS
Denomínase impacto ambiental toda alteración no medio natural provocada pola actividade humana. A avaliación de impacto ambiental (EIA) é un instrumento preventivo para a conservación e xestión do medio natural. A lexislación española obriga a elaborar unha avaliación de impacto ambiental antes de realizar determinados proxectos que poidan afectar o medio natural. Certas actividades humanas supoñen unha ameaza para a biodiversidade : - a sobreexplotación (ocorre cando se explota un recurso a unha velocidade maior da que se pode rexenerar como a pesca abusiva)a destrución de hábitats (actualmente é un problema moi importante. Entre as actividades humanas que degradan en destrúen os hábitats destacan as cortas indiscriminadas, a contaminación e a ocupación do espazo) a introdución de especies exóticas (son especies que se introduciron de maneira artificial nun ecosistema. Estas especies poden non encontrar depredadores no seu novo hábitat e desprazar as poboacións orixinais autóctonas, pasando así a considerarse especies invasoras)
PROTECCIÓN DO MEDIO NATURAL
Os espazos naturais protexidos son áreas pouco transformadas pola explotación ou ocupación das persoas, que presentan características biolóxicas, paisaxísticas ou doutro tipo que xustifican a súa especial protección. En España a Lei de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestres establece catro tipos de espazos protexidos : - Parques Nacionais (teñen o máximo nivel de protección. En Galicia está o Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas)- Parques Naturais (teñen un nivel inferior de protección. En Galicia están as fragas do Eume, a Serra da Enciña da Lastra e o monte Aloia) - Reservas Naturais – Paisaxes Protexidas - Monumentos Naturais
Nas Reservas da Biosfera habitan especies representativas da biodiversidade nacional, incluídas as consideradas endémicas (ameazadas ou en perigo de extinción). Esta distinción é outorgada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). 
PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE
A lista vermella é un inventario completo do estado de conservación das especies a nivel mundial. Con esta lista preténdese que a sociedade e as institucións políticas tomen medidas específicas para reducir a extinción de especies. As especies avaliadas que se inclúen na lista vermella clasifícanse en  oito categorías : - extinta (EX)tigre de Tasmania – extinta en estado silvestre (EW)tartaruga da illa Pinta – en perigo crítico de extinción (CR)lince ibérico – en perigo (EN)diaño de Tasmania – vulnerable (VU)oso polar - case ameazadas (NT)miñato real – preocupación menor (LC) – datos insuficientes (DD)