Mostrando entradas con la etiqueta ccss 4º eso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ccss 4º eso. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de enero de 2013

resumo ccss 4º eso España no S. XIX


1. Termos
CONSTITUCIÓN : leis fundamentais dun estado democrático que fixa os dereitos e deberes dos cidadáns e o marco de funcionamento das institucións.
PRAGMÁTICA SANCIÓN : norma que promulgou Fernando VII, que derrogaba a Lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres. Quería evitar que a súa única herdeira, Isabel, fose eliminada da liña sucesoria, e con este documento recoñecéuselle como herdeira.
PRONUNCIAMENTO : forma de sublevación militar típica do S. XIX, que perseguía cambiar un determinado sistema político.
GUERRILLAS : partidas de civís armados que fustrigaban as tropas napoleónicas e entorpecían o seu control.
CORTES DE CÁDIZ : Asamblea formada polo goberno da Xunta Central, que durante a Guerra da Independencia crea a primeira Constitución Española (1812) que pon fin ao Antigo Réxime.
LIBERAIS : son os partidarios de Isabel II e da súa nai, a rexente María Cristina (1). Os liberais eran partidarios da monarquía constitucional e divídense en dous grupos : - os moderados (partidarios de reforzar a posición do rei e de aplicar unhas reformas limitadas) – os progresistas (que defendían unha política de reformas profundas).
DESAMORTIZACIÓN : expropriación de terras pertencentes á Igrexa, aos nobres e aos concellos para poñelos en subasta pública, para que as merquen os campesinos. Dáse en España no S. XIX 
GUERRAS CARLISTAS : enfrontamentos que se dan en case todo o S. XIX entre os absolutistas partidarios de Don Carlos e os liberais partidarios de Isabel II.
FEDERALISMO : organización de estado onde distintas zonas ou rexións teñen gobernos propios e moitas competencias administrativas.
QUENDA DE PARTIDOS : organización política da restauración organizada por Cánovas del Castillo onde se alternaban no poder os liberais e os conservadores para evitar enfrontamentos entre eles.
OLIGARQUÍA : goberno dunha minoría constituída polos máis poderosos. Dáse en España no S. XIX debido ao sufraxio censitario.
RESTAURACIÓN : é a volta á monarquía borbónica con Alfonso XII, despois do golpe de estado de Martínez Campos.
CANTONALISMO : movemento que tiña como obxectivo a creación de Estados soberanos e federados dentro de España.
REPÚBLICA : forma de goberno representativa na que o xefe do goberno non é hereditario nin vitalicio, senón o resultado dunha elección popular,directa ou indirecta.

2. Datas e personaxes
1808 :inicio da Guerra da Independencia, vencendo o exército español aos franceses na batalla de Bailén 
1868 : fin do reinado de Isabel II. Tras derrocar a raíña, constitúese un goberno provisional ata 1870.
1874 : fin do Sexenio Democrático e comezo da Restauración e do reinado de Afonso XII.
1812 : as Cortes de Cádiz aprobaron a primeira Constitución Española. Con iso establecíanse os fundamentos do réxime liberal en España.
1898 : España perde Cuba, Puerto Rico e Filipinas, debido ás guerras que mantiña España coas súas colonias na Restauración.
M. CRISTINA (1) : muller de Fernando VII e nai de Isabel II, foi a 1ª rexente do réxime liberal en España no S. XIX.
DON CARLOS : irmán do rei Fernando VII, os seus partidarios eran os absolutistas. Don Carlos era o lexítimo herdeiro ao trono. Os seus seguidores, os carlistas, ao non aceptar a Isabel II como raíña, darán lugar a unha serie de guerras ao longo do S. XIX (guerras carlistas).   
MENDIZÁBAL :ministro progresista durante a rexencia de M. Cristina (1), que realizou a desamortización. 
ESPARTERO : I ministro no bienio progresista.
NARVÁEZ : I ministro moderado, varias veces durante a primeira década do reinado de Isabel II   
ISABEL II : foi proclamada raíña en 1833 con tres anos de idade, por iso o seu reinado  iníciase con dúas  
rexencias, a da súa nai Mª Cristina (1) e a do Xeneral Espartero. Adiántase a súa maioría de idade e en
novembro de1843 empeza o seu reinado efectivo.
SERRANO : presidente do goberno unionista, tras derrocar a Isabel II cun pronunciamento que fixo xunto co xeneral Prim. Serrano convocou Cortes constituíntes que aprobaron a Constitución de 1869.
PRIM :  tras a marcha de Isabel II, o xeneral Prim foi o encargado de encontrar un novo rei para España,  o príncipe Amadeo de Saboia e foi o seu principal apoio ata que foi asesinado en Madrid.
AMADEO I DE SABOIA : rei de España desde 1871 ata 1873. Era un rei moderno e demócrata, pero non foi nada ben recibido xa que contou coa oposición dos monárquicos e da Igrexa. Tampouco o apoiaban os republicanos, e parte da poboación non o quería porque era estranxeiro.
AFONSO  XII : fillo de Isabel II. Foi proclamado rei polo xeneral Martínez Campos en 1874, co que diu comezo ao réxime da Restauración.
CÁNOVAS DEL CASTILLO : Afonso XII nomeouno presidente do goberno conservador. Cánovas organizou o sistema político baseándose nunha nova Constitución e na alternancia no poder dos partidos.
SAGASTA : presidente do goberno liberal na alternancia do poder dos partidos que propuxo Cánovas.
M.CRISTINA (2) : muller de Afonso XII. Ao morrer este en 1885, a raíña Isabel II abdica no nome do seu fillo e dáselle a rexencia a M. Cristina (2).

3.Xuntar dous personaxes e relacionalos (4 parellas)
AMADEO I DE SABOIA – PRIM : Prim foi o principal apoio de Amadeo I de Saboia
CÁNOVAS DEL CASTILLO – SAGASTA : No novo sistema político de Cánovas del Castillo existían dous partidos, o conservador, liderado por él mesmo e o liberal, liderado por Sagasta. 
AFONSO XII – M. CRISTINA (2) : Ao morrer Afonso XII, dáselle a rexencia a súa esposa M. Cristina (2)
ISABEL II – M. CRISTINA (1) : durante a minoría de idade de Isabel II, a súa nai M. Cristina (1) foi a primeira rexenta do réxime liberal instaurado en España no S. XiX

4. Explica as seguintes afirmacións :
1. Cales foron os motivos da Independencia de Latinoamérica?
Os crioulos (descendentes de españois) que foron educados en Europa con ideas liberais e nacionalistas.
2. Explica as fases da Independencia iberoamericana e os seus protagonistas?
1808-1815 : debido á Guerra da Independencia de España e que as colonias aproveitan, pola falta de exército español.
1815-1825 : cando se restaura en España a monarquía absoluta con Fernando VII, o que rexeitan as colonias iberoamericanas.
Os seus protagonistas foron Simón Bolivar, que independiza o norte de Sudamérica creando a gran Colombia e José Sanmartín, que independiza o sur de Sudamérica.
3. Por que abdicou Carlos IV, con quen e lugar onde o fixo?
Carlos IV cede a coroa a Napoleón, cansado das conspiracións da propia corte, levadas a cabo polo seu fillo Fernando, e os partidarios deste, que non soportaban o poder absoluto que estaba acumulando Godoy (primeiro ministro de Carlos IV) e presionado polo propio Napoleón, que convoca en Baiona aos reis de España.
4. Que medidas políticas se levaron a cabo durante a Guerra da Independencia?
Trátase de botar abaixo ao Antigo Réxime, poñendo un goberno liberal. Elabórase unha Constitución. Lóitase e expúlsase aos franceses, que se ven como invasores.
5. Por que reinou Isabel II no lugar do príncipe Don Carlos? E que provocou isto?
Isabel II puido reinar debido a Pragmática Sanción que promulgou o seu pai Fernando VII, que derrogaba a lei Sálica que impedía reinar ás mulleres. Isto provocou as Guerras Carlistas, enfrontamentos entre os absolutistas, partidarios de Don Carlos e os liberais, partidarios de Isabel II.
6. Cales foron os principais problemas do reinado de Fernando VII?
Suprímese a Constitución e vólvese a restaurar o absolutismo , intervén a Santa Alianza. Persecusións con fusilamentos dos liberais. Instáurase o Antigo Réxime e suprímese a lei Sálica que non deixaba reinar ás mulleres e establece a Pragmática Sanción.
7.Cales foron as dúas desamortizacións do S. XIX, a quen lle afectaron e durante que reinados ou periodos se fixeron?
Durante a rexencia de M. Cristina (1) prodúcese a desamortización de Mendizábal, expropiando as terras da Igrexa e dos nobres para poñelas a subasta pública, para que as merquen os campesinos.
Durante o bienio progresista do reinado de Isabel II, liderado por Espartero, prodúcese a desamortización de Madoz sobre bens de concellos e eclesiásticos, o que agravou a situación dos campesinos.
8. Por que tivo que abdicar Isabel II?
Pola unión de todos os partidos para botar a raíña, obligándoa a abdicar por problemas políticos e persoais.
9. Cales foron as etapas políticas do sexenio Democrático? Explica os problemas máis importantes.
1ª etapa 1868-1870 : Goberno Provisional – 2ª etapa 1870-1873 : Monarquía de Amadeo I de Saboia
3ª etapa 1873-1874 :1ª República
Elabóranse Constitucións democráticas. Trátase de solucinar os problemas nas colonias. Continúan as Guerras Carlistas. Diversidade nos tipos de República. Atentados terroristas. Cantonalismo ou movementos independentistas de certas zonas de España. Golpe de Estado.
10. Por que se proclamou a I República e cales foron os motivos da súa corta duración?
Proclamousa a I República porque non había rei. Durou un ano porque a maioría do seus diputados non eran republicanos e non apoiaban esa ideoloxía.
11. A que se debeu o nome de restauración e quen foi o seu creador e artífice?
O nome de Restauración debeuse á volta da monarquía borbónica con Afonso XII e o seu creador e artífice foi Cánovas del Castillo.
12. Como foi posible levar a cabo durante a Restauración a alternancia ou quenda de partidos?
Foi posible levar a cabo a alternancia dos partidos pola manipulación das eleccións mediante fraude electoral (pucheirazo) , polo caciquismo e pola corrupción.  
13. Cando se pasa definitivamente do Antigo Réxime o Estado Liberal en España e por que?
Nun primeiro momento implántase o estado liberal coas Cortes de Cádiz durante a Guerra da Independencia, onde se elabora a primeira Constitución. O Antigo Réxime desaparecerá definitivamente á morte de Fernando VII co reinado de Isabel II, que ten que apoiarse nos liberais debido ás Guerras Carlistas e establecer polo tanto un estado liberal.


OBRA : Casa Milá ou A Pedrera              AUTOR : Gaudí              SIGLO : principio do XX

ESTILO : Modernismo                              LUGAR : Barcelona
COMENTARIO
O Modernismo é un estilo que se estende por toda Europa (en España : Cataluña → Barcelona). Este estilo inspírase nas formas da natureza, no estilo gótico e algo na arte islámica. En Cataluña, Gaudí sería un dos arquitectos máis representativo, chamado desde distintas partes de España para traballar. A Casa Milá, encargada por esta familia de empresarios, ocupa toda a mazá, a familia estaría no primeiro andar. Os andares superiores eran para alugar e áinos de distintas formas e medidas, porque o edificio está feito con planta libre como arquitectura contemporánea. A súa fachada é unha onda con entrantes e saíntes semellando unha ola do mar, pois o material da fachada é unha pedra que imita a area, con balcóns de ferro semellando algas e os pisos todos distintos. No interior hai dous patios con formas circulares que van a dar a terraza superior onde se sitúan unas chimeneas con formas antropomórficas. Tanto esta terraza como as buhardillas da parte superior son de uso común.

OBRA : A Sagrada Familia                      AUTOR : Gaudí                    SIGLO : finais S. XIX ata XXI
ESTILO : Modernismo                              LUGAR : Barcelona
COMENTARIO
A esta obra adicoulle Gaudí toda a súa vida, na que invertíu todos os cartos que gañaba, pois está feita a base de donativos. É unha igrexa con 3 naves de gran altura e con influencias góticas. Gaudí só puido facer unha fachada e a zona da ábsida. Deseñou na súa totalidade a igrexa, traballando e vivindo nos últimos anos da súa vida na cripta. Neste deseño aparecían 3 fachadas con 4 torres cada unha, sendo en total 12, que simbolizan os 12 apóstolos; no cruceiro da igrexa habería unha gran torre, que simbolizaría a Cristo, rodeada de 4 pequenas torres, que simbolizarían aos 4 evanxelistas; enriba do altar hai 1 torre, símbolo de María. A fachada, que él construíu una súa totalidade, foi a do nacemento, con 3 portadas semellando grutas con estalactitas, nelas coloca esculturas moi realistas relacionadas coa vida de Cristo. Enriba desta 3 portadas colocaría 4 torres cilíndricas totalmente furadas e unha delas funcionaría como campanario. No remate das torres colocaría cerámica vidrada, que ao darlle a luz a unha certa hora, emitiría destelos, que simbolizarían á luz de Deus, ademais puxo gravados alabando a Deus. A outra fachada estaría construída nos anos 80 de forma moderna, o resto da igrexa constrúese seguindo os planos de Gaudí. Gaudí morre atropelado por unha carruaxe cando viña de recaudar cartos para seguir a construción da igrexa.