viernes, 6 de diciembre de 2013

resumen libro "Dos arquivos do Trasno" de Rafael Dieste

DOS ARQUIVOS DO TRASNO (Rafael Dieste)
Este libro, formado por relatos breves, é unha das xoias máis valiosas da literatura galega. Publicado por primeira vez en 1926 con só oito contos. Dieste foi engadíndolle pezas ata chegar as vinte, que compoñen a versión definitiva desta pequena e dedicada obra mestra.
Respecto ao titulo deste libro ten ese nome, xa que está formado por varias historias recapituladas (arquivos) onde xorden diferentes acontecementos algo misteriosos (do Trasno).

RESUMEN
SOBRE DA MORTE DE BIEITO  
Trata sobre o momento en que levan ó Bieito no ataúde para enterralo no camposanto, un dos que portaba o cadaleito oíu un rebulir dentro, pero por vergoña e por mor a ser acusado de troleiro, non dixo nada. O rematar o enterro o home decidiu volver ó camposanto para desenterralo, pero canda xa estaba co sacho nas mans oíu q se achegaba xente, e botou a correr. E así rematou todo, sen saber se o Bieito ía vivo ou morto.
DE CÓMO SE CONDENOU O RAMIRES
O Ramires, despois de andar por outras terras ó longo da súa vida, decidiu ir a súa aldea para morrer. Era herexe, non cría en Deus. Xa cando estaba a piques de morrer o crego foi xunto del para confesalo e que fora ben con Deus, pero el negouse, morrendo herexe a pesar de que a súa dona llo pedira.
A VOLTA
A señora Resenda e o señor Resende so pensaban no regreso do seu fillo, Andresiño, o cal marchara hai moito tempo. Pasado o tempo o señor Resende morreu, ao ver que o seu fillo non volvía. A señora Resenda pasou todo o inverno soa agardando por él. Un día pola noite escoitou un ruído na casa, ela pensou que era o Andresiño e baixou correndo. Ó dia seguinte os veciños atopárona morta cos ollos ben abertos, e nunca mais se soubo do asunto.
A LUZ EN SILENCIO
Trátase dun home o cal recibiu unha casa vella por herdanza, na cal vivía un labrego, e tivo que ir ata ala para arranxar os papeis. Ese día pola noite tivo que erguerse para revisar unhas notas que tiña nunca habitación, ó volver divisou unha sombra no cirio, como se alguén estivese a aguantar del, pero ó achegarse non viu nada. Meteuse na cama e esqueceu o ocorrido.
A HISTORIA DUN XOGUETE
Nesta historia un home chamado Bastián, mariñeiro de profesión, ocorréuselle a idea de construír un barco de xoguete para o seu fillo, ao que lle chamou “Nosa señora do Carme”. Fórono probar para ver se flotaba, pero afundiu. O Bastián marchou e nunca máis se soubo del. Pasado o tempo, o fillo pequeño atopou o barco na praia, alegrouse moito e colgouno nunha repisa da casa, mirando cara o mar.
O VELLO MORENO
O vello Moreno era un mariñeiro. Un día estaba él cuns amigos nunha taberna falando de mulleres, cando empezou a contar unha historia sobre unha muller casada cun mariñeiro, e cando este estaba no mar a muller enganábao con outros homes. Pouco a pouco a aldea foino sabendo, chegando a oídos do marido. Un día a muller foi ó peirao cos fillos a esperala volta do seu marido, pero este nunca chegou.
O VAGAMUNDO
En tódalas vilas hai sempre un vagabundo, sempre descalzo e mal vestido, a xente chamáballe Manga- llón e ríanse del. De pequeno foi un mal criado, e nunca foi a escola, e sempre quedaba so, porque os seus amigos de xogos sempre o abandonaban, e él sempre quedaba so no mesmo sitio. Ía detrás das mozas, mais elas o rexeitaban e ríanse del. Era un neno encerrado no corpo dun adulto.
O VELLO QUE QUERÍA VELO TREN
Un vello que vivía coa súa filla, co xenro e co neto, empezou a dicirlles que quería ver o tren antes de ir para o outro mundo, pero ninguén lle facía caso. Un día o cura enterouse do que pasaba, e colleu ó vello mailo neto e levounos a ver o tren.
O NENO SUICIDA
Esta é a historia cun home conta nunha taberna despois de ler unha noticia de que un neno quería suicidarse. Trátase dun vello que naceu da terra, non sabia falar, e ía espido. Logo, comezou a falar, e conforme pasaban os anos íase facendo máis novo. Cando chegou a ser un neno, matouse porque non soportaba a idea de volver a ser un bebé.
NA MORTE DE ESTRELIÑA
Estreliña era unha rapaza moi obediente que sempre facía todo o que os seus pais lle mandaban, sen pensar en recibir nada a cambio. Un dia Estreliña morreu, pero ninguén a botou de menos por cómo era, senón  polo que facía.
O GRANDOR DO MUNDO
Tratase dun home que oirá falar tan ben de Bos Aires que decidiu marchar alí para ver tódalas marabillas que todo o mundo dicía que había. Quedou alí dez anos. Volveu rico en penurias e en recordos da súa casa vella, e murmuraba sempre que grande é o mundo.
PAMPÍN
Pampín era un mozo fazuleiro, ancho e duro que sempre axudaba ós demais. Todo o mundo o coñecía pola súa xenerosidade ó axudar os nenos cos seus problemas, pero seguía sendo un pobre mozo sen espírito da aldea dos mariñeiros.
ESPANTO DE NENOS
Na aldea había un almacén baleiro, onde todos os nenos ían xogar. Un día un dos nenos mirou cara o eito e divisou unha fenda nel, e na fenda un ollo dunha persoa observándoos. Ninguén sabía o que era, e ninguén dixo nada. Hoxe en día a casa transformouse, e os nenos xa son homes. ¿Quen se ía acordar do acontecido?
A PONTE DE FERRO
Son dous homes que están a falar das súas cousas a beira dunha ponte. Un lle pregunta ó outro que esperaba da vida, este respondeulle que xa estaba canso de tanto axetreo, e de tanto viaxar polo mundo e o que quería era un quiosco de periódicos, pintado alí nunha praza tranquila, é dicir que quería tranquilidade.
NOVA YORK É NOSO
Trata sobre un neno que intenta contarlles os outros que xogaban con él no peirao que o seu pai chegaba hoxe de Nova York, pero ningún lle fixo caso, quizais por iso case se pelexa con un. Como ninguén lle preguntaba polo seu pai marchou ao peirao a esperalo. O mariñeiro baixaba do barco ben dereito, e sen fachenda nos ollos, o neno a piques de chorar dixo: Nova York é noso.
O CASO DOS TRES FORNOS
Trátase dun home que traballa nun barco de tres fornos, os que hai q limpar, pero cada persoa encargase dun, é so dun, ata que o maquinista chama a o home e lle ordenable que limpe os tres fornos. O home díxolle que a súa obriga era limpar un so, o escoltar isto o maquinista chamou ó capitán, e este díxolle ó home que con un xa lle chegaba, este indignado limpou os tres e marchou do barco, máis tarde o capitán foino buscar para que volvera.
ONCE MIL NOVECENTOS VINTESEIS
Trátase dun señor que foi metido nun nicho, porque nel vese como era o ano 11.926. Ao erguerse do nicho e saír del, atópase cuns caníbales, que o perseguían para comelo. Morto de medo pegoulles un tiro a cada un deles e posteriormente a si mesmo. Pero non fora máis que un soño.
O DRAMA DO CABALO DE XADREZ
A partida de xadrez ía comezar, pero o cabalo Branco non chegara ó taboleiro. O rei moi anoxado foi buscalo e rifoulle porque sempre chegaba tarde, e o cabalo díxolle que el non quería ser cabalo, nin rei nin nada, que él non quería ser peza de xadrez. As pezas comezaron a sentir envexa unas das outras, e a raíña para apacigualas dixo que cada un era o que tiña que ser, e que esto solo era un xogo.
UN CONTO DE REIS
Trata sobre un xornalista o cal o seu xefe mándalle facer un conto de reis. O xornalista, non sabía como facelo, así que foi a taberna e contoullo aos seus amigos, haber se algún o podía axudar. Un mariñeiro que estaba alí díxolle que el traballara para un rei, para o rei Melchor, pero fora despedido por pegarlle ao traductor do rei. Aos dez minutos entra na taberna o traductor, e o mariñeiro vota a correr. O xornalista foi detrás del para que lle contara a historia, pero non o alcanzou, co cal non a puido facer.
DE CÓMO VIU A RIANXO UNHA BALEA
Certo día chega a Rianxo unha balea, e tódolos nenos correron para vela. Os mariñeiros moi entusiasma
dos saíron ao mar para cazala, ferírona varias veces, pero a balea xuntou as poucas forzas que tiña e es
capou. Ao día seguinte saíu nun xornal que aparecera unha balea morta en Vilanova. 

                                            TEMA E SÍNTESE DO ARGUMENTO
O libro ábrese cunha introducción que condensa unha moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios. Dous son os principios: unidade emotiva e remate esencial. O eixo temático xira arredor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega.
A psicoloxía : Dieste retrata en historias diferentes a psicoloxía das xentes galegas, por medio do seu comportamento e reaccións: o carácter sinxelo e bondadoso (Pampín, Estreliña); o espíritu emprendedor e nostálxico (os emigrantes de “O grandor do mundo e “Na ponte de ferro”); o orgullo e amor propio, que ante as ofensas e as presións configura personalidades fieis a uns valores morais insubornables ( o fogueiro, o vello Moreno, Ramires). O ambiente mariñeiro e a rexa dignidade dos personaxes.
 As experiencias extraordinarias : Moitos contos de Dieste presentan un verniz máxico e misterioso, pero mantéñense sempre nunha percepción racional do mundo, pois os finais diminúen o fantástico, suxerindo a posible explicación lóxica dos acontecementos (ilusións sensoriais, experiencias soñadas, suxestións). Estes relatos teñen un final aberto e sorprendente, que deixa ao lector coa incerteza sobre esas experiencias extraordinarias, que non sobrenaturais.
Algunhas das narracións son “cousas” ao xeito das de Castelao. Neles hai unha filosofía ímplicita acerca do poder da imaxinación e da natureza misteriosa do ser humano e das cousas.
Dieste utiliza a técnica do encaixe (incluír un conto dentro dun conto), a retrospección, a apelación aos oíntes, os ambientes tabernarios para dar idea do colectivo galego. Os narradores, que frecuentemente relatan en primeira persoa, utilizan un ton serio e confidencial e o discurso é sinxelo, con parrafeos breves, en consoancia cos ambientes íntimos e humildes dos contos.
 
                                                             PERSONAXES
Bieito :
morto vivente.
Ramires : sabedor e pecador.
Bastián : navegante.
O vello moreno : contador de historias.
Vagamundo : vagabundo.
Estreliña : nena invisible físicamente, non nos feitos.
Pampín :
axudador.
Cabalo : ficha anarquista. 
                                                    ESPAZO O ESPAZOS DA OBRA
A obra está localizada nunha vila mariñeira, que supoño que é Rianxo, a súa vila, aínda que só a nomea no último conto.
                                                                 TEMPO DA OBRA
 Poderíamos localizala na época que viviu o autor, porque nos primeiros contos aínda amosa unha sociedade inculta e pobre, pero nos últimos xa fala do desenvolvemento e das viaxes .
                                                          
                                                              EMPREGO DA IRONIA
Dieste emprega a ironía en moitos dos contos, por exemplo no “Once mil novecentos vinteseis” ou en “De como viu a Rianxo unha balea”, ou “na ponte de ferro”.
Sen embargo hai un tema común nos relatos, a morte, en formas moi variadas, cadaleitos, morte e relixión, morte na mar, morte na vellez, suicidio, asasanato.



No hay comentarios:

Publicar un comentario