ORACIÓNS
O suxeito
indica o protagonista da acción verbal, pero non é imprescindible. Debemos
distinguir varias posibilidades nas oracións :
ORACIÓNS
CON SUXEITO EXPRESO : expresado na oración→Ti sabes
moito
ORACIÓNS
CON SUXEITO ELIDIDO : suxeito omitido→Verémonos mañá
ORACIÓNS
SEN SUXEITO : - están en 3ª pers. sing ou pl. e con verbos
referidos a fenómenos da natureza (Choveu a mares onte á tarde), pero tamén
poden estar en sentido figurado e
entón sí que teñen suxeito (Ese ano chovéronlle
os suspensos) - cos verbos haber,
facer, ser, estar (Non hai fantasmas) - as impersoais, van en 3ª pers. con “se” (En Galicia cómese moito) ou
co pronome un/una
(Un sabe
perfectamente o que fai)
Temos
que distinguir dous tipos de oracións :
ORACIÓNS
COPULATIVAS : cos
verbos copulativos (ser, estar,
parecer e semellar) + atributo (O neno é
feliz - O neno está feliz - O neno parece feliz - O neno semella
feliz)
ORACIÓNS
PREDICATIVAS : con verbos predicativos (todos menos ser, estar, parecer e
semellar) + calquera complemento, menos un atributo
As
oración predicativas poden estar : - en voz activa (o suxeito
realiza a acción→Os nenos xogan no parque)
- en voz pasiva (o
suxeito recibe a acción→O paciente foi intervido
polo cirurxián)
COHESIÓN TEXTUAL
CONECTORES
: - condicionais (se) - hipótese (en caso contrario, do contrario, a non ser que, a menos
que, salvo que) -
conclusivos (en fin, por último, en suma,
finalmente, rematando, para resumir, en síntese, en resumo)
SEMÁNTICA
ANTONIMIA
: - antónimos graduais (establécese una
graduación entre os termos→branco, negro / frío, calor)
- antónimos complementarios
(o significado dun termo elimina o outro→seco, mollado / vivo,
morto) - antónimos
recíprocos (a existencia dun termo implica a do outro→pai, fillo /
comprar, vender)
PALABRAS XUNTAS E SEPARADAS
CONSTITUÍNTES
XUNTOS
-
substantivos e adxectivos : se a
flexión de xénero ou número se realiza só no último constituínte ou se a
palabra composta é invariable, a unión entre os seus componentes prodúcese
directamente (cartafol→
Cartafoles / vacaloura→vacalouras / abrelatas→invariable)
- adverbios : abofé, acotío, adrede, amais, amodo,
antonte, apenas, arstora, arreo, asemade, dabondo, decontado, decontino,
decote, decotío, deseguida/o, devagar, disque
- pronomes
numerais:dezaseis,
dezasete, dezaoito, dezanove, douscentos, trescentos, novecentos
-
conxuncións :
conque, porque, senón
CONSTITUÍNTES
SEPARADOS
-
Substantivos e adxectivos : de realizarse a flexión de xénero ou
número nos dous constituíntes o usó no primeiro, estas escríbense de forma
separada (sen
guión) (garda
civil→gardas civis / camión cisterna→camións
cisterna)
-
locucións adverbiais : á
beira, a cada pouco, a carón, a deshora, a eito, á mantenta, a miúdo, á présa,
a tempo, de certo
- pronomes
numerais :
vinte e un, vinte e dous, vinte e tres, vinte e catro, trinta e un, trinta e
dous, cento un, cento cinco, mil douscentos, mil trescentos
-
locucións conxuntivas : a
mais, así e todo, con todo, des que
A PUBLICIDADE
O
texto publicitario (estrutura→título, texto, marca) é unha
forma de comunicación que pretende transmitir información e incitar a certos
comportamentos. É importante o compoñente
visual (imaxes),
o emprego de personaxes famosos e a linguaxe visual (argumentos racionais→explicando as vantaxes do produto / apelacións emocionais→poden chegar a non ter relación co produto)
Os flyers son folletos publicitarios, de
tamaño reducido, de papel fino e de pouca
calidade.
O banner (imaxes ou
animacións que se amosan cada vez que o navegador abre a páxina que o contén) é a forma de publicidade máis común en internet
LINGUA ESTÁNDAR
A lingua estándar é
un modelo de lingua común, pois
todos os idiomas precisan dunha norma que sirva de referencia para os usos
formais, para poder ser ensinada nas escolas, para poder ser utilizada nos
medios de comunicación e para facer que o idioma sexa sentido por todos os
falantes como propio.
Daquela
o estándar é unha variedade artificial e planificada construída a partir de
distintas variedades lingüísticas dun idioma que se escolle como modelo de lingua común identificada e aceptada
polos falantes como a forma correcta e normativa do código lingüístico. No
caso do galego, xa no primeiro terzo do S. XX comezou o labor de construcción
dunha variedade estándar, especialmente por parte das Irmandades da Fala e da
Xeración Nós. Este labor continuou con atrancos na ditadura franquista,
limitado á literatura, e non foi ata 1983 cando se publicaron as Normas
Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. O proceso de estandarización implica a
creación de : - unhas normas
ortográficas - un diccionario - unha gramática - unha pronuncia estándar
COMO
NACEN AS LINGUAS ESTÁNDAR
- a partir dos dialectos locais falados nas
rexións en que se asentan os centros de poder ou comercio (español, portugués, inglés, chinés).
- do dialecto dunha rexión que foi centro
cultural (italiano
do dialecto toscano).
- a partir das diferentes variedades
xeográficas do idioma (árabe moderno, galego, alemán, éuscaro),
incluso
existen idiomas que posúen dúas variedades estándar (noruegués).
A LITERATURA ACTUAL : A LÍRICA
O
ACHEGAMENTO DA POESÍA A NOVOS PÚBLICOS
: Coa
chegada da democracia, a literatura galega vai poder expresarse en liberdade a
través de novas formas de expresión literaria
que reflicten as mudanzas que se producen na sociedade. A publicación en
1976 do poemario Con pólvora e Magnolia (Méndez Ferrín), protagonizará o abandono
progresivo da literatura comprometida coa sociedade, nacendo así una maior
preocupación pola forma e a estética na poesía.
A
POESÍA NA DÉCADA DE 1980 : -
presta máis atención á forma - destaca
o verso libre - os temas principais
son o amor, o erotismo, o intimismo, a
terra - o culturalismo (afasta a literatura da sociedade)
Desta
década destacan autores como Lois
Pereiro (Poesía última de amor e enfermidade, 1995), Miguel
Anxo Fernán Vello (Do desexo de corpo e sombra, 1984), Pilar
Pallarés (Sétima soidade, 1984)
A
POESÍA DA DÉCADA DE 1990 ATA A ACTUALIDADE
: - xorden grupos poéticos - recupéranse
obras de autores pouco canónicos (Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, María Mariño) -
aumenta o número de concursos poéticos - as escritoras teñen unha destacada
presenza nestas últimas décadas (Mª X. Queizán, Olga
Novo, María Lado, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Lupe Gómez) - impúlsase
a tradución de poetas de fóra de Galicia
TRAZOS
DA POESÍA GALEGA ACTUAL : - o léxico usado é coloquial pero coidado - recupérase o poema para ser lido - a poesía céntrase en temas coñecidos (amor, erotismo, paso do
tempo, morte, terra) - xorden
novas temáticas (feminismo, vida cotiá, antimilitarismo,
anticapitalismo, ecoloxía) - linguaxe poética marcada pola sinceridade e polas vivencias
persoais
No hay comentarios:
Publicar un comentario