A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976
ÁNXEL
FOLE : escritor lugués, é continuador dos temas e das fórmulas
da tradición oral galega a través dos libros Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955).
ÁLVARO
CUNQUEIRO : é un dos escritores máis persoais da
literatura galega. A obra Merlín e
familia iniciou en 1955 un conxunto de narracións (As crónicas do sochante, Se o vello Simbad
volvese ás illas) que se caracterizan por : - seguen os modelos estilísticos da tradición oral – estas novelas teñen
una estrutura aberta na que se introducen multitude de relatos autónomos entre
sí – elimínanse as fronteiras entre a realidade e a ficción, introducindo
personaxes míticos como Merlín e Simbad, e mestúrase o marabilloso e o cotián. O
contraste entre o mundo mítico e o real resólvese por medio da ironía e o
humor.
EDUARDO
BLANCO AMOR : escritor ourensán que incorpora na súa
traxectoria literaria técnicas procedentes das tentativas de renovación da
novela do S. XX. As súas obras xiran arredor da cidade de Ourense (A esmorga, Xente ao lonxe).
XOSÉ
NEIRA VILAS : desenvolve a súa traxectoria literaria entre
Cuba e Galicia. A súa obra describe por medio dunha prosa simple e emotiva a
vida dos emigrantes galegos en América e o cotián no rural galego (Memorias dun neno
labrego).
A
NOVA NARRATIVA GALEGA : en 1960, un grupo de autores influído
pola corrente literaria Nouveau Roman francés crea un movemento de ruptura coa
narrativa tradicional e o ruralismo. A colección Illa Nova da Editorial Galaxia publicou a maioría das obras desta
corrente que se caracterizou por achegar á literatura galega as innovacións
formais dos movementos literarios europeos de vangarda. Entre estas novidades
destaca : - a multiplicidade de puntos
de vista na narración – a creación de personaxes e espazos literarios propios –
enfocar a narración a través do obxectivo dunha cámara cinematográfica – a cousificación
dos personaxes, descritos como se fosen obxectos.
USO DO X, DO LL E DO I
LEVAN X : bixutería, conxugal, conxuntural, dexección,
disxunción,enxalzamento, enxesar, exaculación, exacular, excelente, exceso,
expectación, experto (sabedor), expiar (pagar por unha falta), extensión, extenso, externo (fóra), extirpe (verbo extirpar), extremidade, extremo,
inxectar, mixto (mesturado), paixón, proxección,
proxectar, proxector, sinxelo, subxacer, traxectoria, vertixe, xacente, xampú,
xaxuar, xenro, xeo, xintoísmo, xintoísta, xiringa, xordo, xugo, xugular,
xustaposición, xustapoñer
LEVAN LL : agasallo, agulla, alleo, allo,
antollar, antollo, aparellador, aparellar, atallar, atallo, bacallau, baralla,
barallar, brillante, brillar, brillo, burbulla, callado, callar, cella,
cerralleiro, coello, espello, estropallo, falla (‘fallo ou carencia’), gargallada,
lentella, mallo (‘apeiro’), mexillón, migalla, ollal, olleiras, palla, pallaso,
parella, partilla, semellante, semellar, tallo, tella, tellado, vasilla
LEVAN I : aboiar, abraiar, alboio, alfaia, alfaiate, apoio, baioneta, boia,
croio, ensaiar, ensaio, escaiola, escaiolar, faia (‘árbore’), faiado, ianqui,
iate, Iemen (‘país’), iemení, ien (‘moeda xaponesa’), iodo, ioga, iogur,
iogureira, ioió, laiar, laio , maio (‘mes’), maionesa, maior, mayoría,
maiúscula, minisaia, papagaio, paraguaio, pararraios, Praia, raia, raiar, raio,
saia, uruguaio, xoia, xoiaría, xoieiro
BLOQUE CENTRAL
TRAZOS PRINCIPAIS : - fan o
plural –s (camiós, cas) • non hai seseo (só na área central de transición) • hai gheadas no occidente e non hai no oriente • ditongo
–oi (moito, noite, coiro) • termina- ción ao/-á (irmao/irmá) • alternancia do pronome
ti e tu • alternancia do ditongo cua/ca (cuatro/ca- tro, cuanto/canto). Ten 4 áreas :
- Área mindoniense (nordés da Coruña e norte de
Lugo) : • pronomes nosoutros/as, vosoutros/as
• diferencian lle de lles (non llelo pidas→a eles) • formas seña, esteña (analóxicas de teña) • formas sallo, vallo
- Área central de transición (entre as áreas mindoniense e lucu-auriense, comprende zonas
das catro provincias galegas, entre outras as de meira, ordes, o Carballiño ou
o Deza) : - Alternacia
do femenino en án/á (miña irmán/miña irmá) – demostrativos
(este, eses, aquel)
- Área lucu-auriense (comprende o centro e o sur
da provincia de Lugo e case toda a provincia de Ourense, agás as comarcas do
Carballiño, a Limia Baixa polo oeste e a franxa oriental): - demos- trativos (iste, ise, aquil) – vogal radical “i” e “u” nos imperativos (culle, bibe)
- Áreas oriental
de transición (entre as áreas lucu-auriense e o bloque oriental, comprende
parte da comarca de verín) . - Ditongo -ui (muito, nuite, uito) -
demostrativos (este, ese, aquel)
POLISEMIA : un único significante pero máis dun significado (cabeza, banco, pico, ollo,
pé…).
FUNCIÓNS SINTÁCTICAS DENTRO DA ORACIÓN
SUXEITO (Sux) : está formado por unha frase
nominal (fn) e concorda en número e persoa co verbo
(Xoán mercou patacas - esa rapaza é moi guapa - Mar azul é un tema especial - ela é así - andar dúas horas diarias é moi saudable)
Ollo! en ocasión o suxeito lóxico confundímolo co gramatical (A Luisa dóelle a cabeza)
PREDICADO
(P) : é a función
fundamental da oración. Está formado por unha frase
verbal (fv) que ten
un verbo ou unha perífrase verbal (Moito ladraban os cans onte á noite
- Todos falaban moito)
CD : Indica a acción expresada polo verbo (Comín mazás). Para identificalo teño
dúas probas: pronominalizalo (comeu
mazás > comeunas), ou pasalo a pasiva (comeu
mazás > as mazás foron comidas por
el/ela). Ollo! o CD “nunca” leva
preposición, agás no caso de ser CD de persoa que pode levar a prep “a” (Vin a María > Vina)
CI : sempre é unha f.prep, porque vai
introducido polas prep “a”/”para” e é substituible polo pronomes
persoais átonos “lle/lles” (Regalamos
un coche eléctrico a Luís > Regalámosllelo). Ás veces o CI aparece duplicado (deixeille o libro a Ana)
CC : Especificamos o CCL,
CCT, CCM. Todos eles modifican ao verbo e aportan información relacionada
coas circunstancias que rodean o predicado. Normalmente esta función é
desenvolvida por adv, f. adv
ou por f. prep. (Onte vino na rúa falando con ela/así)
SUPLEMENTO : Sempre é unha f.prep e aparece cando o verbo esixe
preposión (pensar en - confiar en - falar de - crer en - con todos os verbos pronominais: namorarse de, esquecerse de, despedirse de…)
ATRIBUTO (Atr.) : Aparece só cos verbos copulativos (ser; estar e parecer), concorda co Sux en
xénero e número. Adoita ser unha f.adx. (Antía é alta).En ocasións pode ser
Atr. unha f.Prep ou un adv (Ela é de Madrid = madrileña - eles son así = graciosos).
- PREDICATIVO (C.Pvo) : complementa ao mesmo tempo
o verbo e o suxeito ou o CD, aparece
cos verbos predicativos. Esta función é desempeñada por un adxectivo ou unha
frase adxectiva (A casa quedou baleira - Nomearon a Pedro presidente - María quedou encantada co teu agasallo)
-
COMPLEMENTO AXENTE (C.Ax) : é un complemento que se emprega na oración pasiva e indica quen
realiza a función expresada polo verbo. Está formado por unha frase
preposicional introducida pola preposición por (A proposta foi aprobada por todos os empresarios). Realiza a función de Sux na voz activa (O bocadillo foi comido polo neno – O neno comeu o bocadillo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario