miércoles, 13 de noviembre de 2013

A INDIACA, FRISBEE, ULTIMATE EF 4º ESO

A INDIACA
En 1936, Karl hans Krohn, profesor de educación física, levou a Alemaña desde Brasil un xogo que se practicaba cunha peteca (saquiño de coiro cheo de area ao que lle pegaban plumas con barro e atábanas entre si cunha corda), hoxe chámase indiaca (feita de plástico, goma-escuma e plumas sintéticas). O xogo consiste en pasa-la indiaca ao campo contrario, por riba dunha rede central. O xogador debe golpea-la indiaca de abaixo a arriba, por debaixo da altura da cadeira. Pódese utilizar regras semellantes ao voleibol, coa diferencia de que ao ser alternativo pode participar un número variable de persoas, e cambia-las medidas do campo e a altura da rede. 
DESENVOLVEMENTO DO XOGO : comeza un equipo sacando ao outro campo, e posteriormente en cada xogada, un mesmo equipo pode realizar varios toques (os que sexan pactados previamente). Gañará o equipo que chegue primeiro a tres sets. Cada set xógase a 15 puntos, e debe gañarse por un mínimo de 2 puntos.

FRISBEE OU DISCO VOADOR
A orixe do frisbee (1871) relaciónase con Willian Russel Frisbee , un pasteleiro norteamericano, que despois de comeren as tortas, os seus empregados xogaban lanzando os moldes. O frisbee ten un diámetro mínimo de 21 cm e un máximo de 40 cm e o seu peso debe ser inferior a 200gr. A súa principal característica é o xiro. Debe lanzarse contra o vento, para que plane o maior tempo posible e recollelo cunha soa man sen que o frisbee toque ningunha outra parte do corpo.
MODALIDADES :
- os lanzamentos (de dereita, de revés e de costas, todos con diferentes formas de agarre) : - normal, en v (colocando os dedos índice e maior na parte inferior do disco) – de polgar (agarrando o frisbee coma se fose un abano) – invertido (collendo o disco ao revés) – en pinza (formando unha pinza cos dedos polgar, índice e maior)
- as recepcións : sempre cunha man pero variando a súa colocación (colocando o polgar cara abaixo nas recepcións altas ou cara arriba para as recepcións baixas).
- outras habilidades : son acción que nos axudan a domina-lo disco, como os volteos, os rodamentos, os esvaramentos, os toques, etc.

ULTIMATE
O ultimate é o xogo colectivo máis famoso dos que se poden xogar con frisbee. Trátase dunha competición entre dous equipos de 7 xogadores/as cada un, no que está prohibido o contacto corporal. O obxectivo é avanzar, mediante pases do disco entre os seus xogadores, ata marcar un tanto.  Márcase cando un xogador que ataca recibe o disco dentro da zona de gol do equipo contrario. Gaña o que máis tantos consiga. O terreo de xogo mide 110 m de longo por 37 de ancho e está dividido en tres zonas (a zona central e dúas zonas de gol). A duración do xogo depende da puntuación, xógase ata que un dos equipos consegue 21 tantos, cunha diferencia de dous tantos. O descanso intermedio é de 10 minutos e realízase cando un dos equipos leva 11 tantos. 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario