lunes, 14 de octubre de 2013

resumen 2 A información xenética bioloxía 4º eso

A INFORMACIÓN XENÉTICA
OS ÁCIDOS NUCLÉICOS
Os ácidos nucléicos (almacenan e transmiten a informacióxenética)  son macromoléulas (polinucleótidos) formadas pola unión de nucleótidos que se unen con outros formando polinucleótidos e están formados por : - un grupo fosfato - un glícido de 5 carbonos (= pentosa) que pode ser a ribosa ou a desoxirribosa – unha base nitroxenada (Adenina = A - Guanina = G - Citosina = C - Timina = T - Uracilo = U)
TIPOS DE NUCLEÓTIDOS :   
- ADN (ácido desoxirribonucleico) : componse de fosfato + desoxirribosa + A, G, C ou T. Almacena a información xenética necesaria para o funcinamento e desenvolvemento dun ser vivo e atópase no núcleo e no interior de mitocondrias e cloroplastos. A súa estrutura foi descuberta por Watson, Crick, Wilkins e Franklin en 1953 e está formada por : - 2 cadeas de polinucleótidos enroladas en espiral formando unha dobre hélice na que as pentosas e os fosfatos están cara ao exterior e as bases nitroxenadas cara ao interior - as 2 cadeas son antiparalelas (paralelas pero con sentidos opostos) – as cadeas mantéñense unidas por Pontes de hidróxeno entre as bases (A = T e C = G) – as cadeas son complementarias, a A sempre se emparella coa T e a C coa G
- ARN (ácido rubonucleico) : componse de fosfato + ribosa + A, G, C ou U. Participa na síntese de proteínas e atópase no núcleo e no citoplasma. A sua estrutura é unha cadea de nucleótidos. Existen 3 tipos: - ARN mensaxeiro (ARNm) que copia a información do ADN e lévaa aos ribosomas ARN ribosómico (ARNr) que forma os ribosomas, onde se sintetizan proteínas – ARN transferente (ARNt) que se une a aminoácidos (unidades que forman as proteínas) e transpórtao ás proteínas.

A REPLICACIÓN DO ADN
A replicación do ADN é un proceso polo o que o ADN fai copias de si mesmo. A replicación é semiconservativa.
PROCESO DA REPLICACIÓN
rómpense  as Pontes de H que unen as bases das 2 adeas. As 2 febras comezan a desenrolarse.
cada cadea orixinal sirve de molde para unha nova cadea.
conforme se van formando as novas cadeas vanse enrolando.
Durante a replicación pode haber bases mal emparelladas, entón uns enzimas de reparación substitúen estas bases polas correctas.
OS XENES
Un xene é un fragmento de ADN que contén información para un determinado carácter. É dicir, que leva a información necesaria para sintetizar unha proteína, necesaria para que se exprese un determinado ca- rácter. Os carácteres son os trazos característicos (anatómicos, fisiolóxicos e de comportamento) que diferencian uns individuos doutros. O xenoma é o conxunto de xenes dun organismo. Nos organismos procariotas o xenoma é un cromosoma circular; nas eucariotas o ADN forma a cromatina no núcleo e tamén aparece nas mitocondrias e nos cloroplastos.

AS MUTACIÓNS
As mutacións son cambios no ADN dun organismo. Clasifícanse en :
- pola súa natureza : naturais (prodúcense ao azar por causas naturais) ou artificiais (prodúcense por axentes mutaxénicos como as radiacións, o gas laranxa, fármacos, etc.)
- polo efecto ao individuo : prexudiciais (producen desvantaxes), beneficiosas (aumentan a supervivencia) e neutras (non afectan nin positiva nin negativamente)
- polo tipo de células : somáticas (afectan ás células do corpo, non se herdan) e xerminais (afectan aos gametos, hérdanse)
- polo material afectado : xénicas (cambios nun xene), xenómicas (varían o nº de cromosomas) e cromosómicas (cambios na estrutura interna dos cromosomas)


A EXPRESIÓN DA INFORMACIÓN XENÉTICA
As proeínas son moléculas formadas por aminoácidos (aa) e existen 20 aa. No ADN a información está escrita en 4 letras (A, G, C, e T), cada unha destas bases pertence a un nucleótido. No ADN a información organízase en tripletes (3 nucleótidos, ou 3 bases distintas). Cada triplete determinará un aa. A descodificación da información do ADN pasa por 2 fases :
- transcrición : copiar a información do ADN a ARNm. O ADN desenrólase e o ARN copia, por complementariedade de bases (enfronte de A copia U), unha cadea. Ocorre no núcleo.
- tradución : o ARNm leva a información aos ribosomas que van lendo os tripletes ou codón. cada codón especifica un aa. O ARNt transporta estes aa ata os ribosomas para que se formen as proteínas.
O código xenético é a correspondencia entre os codóns do ARNm e os aa e este código é Universal (é válido para tódolos seres vivos). Hai máis codóns que aa, polo tanto un mesmo aa ten varios codóns (Ex : a leucina→UUA e UUG)
A BIOTECNOLOXÍA
A biotecnoloxía é o uso dos seres vivos para obter productos de interese. Empregouse desde sempre  (Ex : na selección do bo gando o una fabricación de iogur ou pan→usa microorganismos). Hoxe emprega técnicas sofosticadas de manipulación de ADN.
USOS DA BIOTECNOLOXÍA
- produción de substancias terapéuticas (Ex : a insulina para os diabéticos obtense a partir de cultios bacterianos)
- produción de alimentos (Ex : froitas manipuladas xeneticamente para aumentar o seu contido en vitaminas)
- biorremediación = uso de microorganismos nun problema medioambiental (Ex : bacterias que degradan o petróleo nas mareas negras)
 - produción de enerxía (Ex : produción de bioetanol que se usa como combustible)

A ENXEÑERÍA XENÉTICA  
A enxeñería xenética consiste na manipulación do ADN dun organismo para conseguir un obxectivo práctico. Realízase por transferencia de xenes dun organismo a outro (organismo transxénico). O ADN sintetizad artificialmente chámase ADN recombinante. Para elo necesítase :
- enzimas de restricción : que son proteínas bacterianas que cortan o ADN en puntos concretos
- vectores de transferencia : axentes que transfiren anacos de ADN dun organismo a outro. Os máis usados son os Plásmidos.
- ADN ligasas : enzimas que unen fragmentos de ADN.
AS APLICACIÓNS DE ENXEÑERÍA XENÉTICA
- obtención de fármacos (Ex : a insulina ou as vacinas que estimulan as defensas fronte enfermedades)
- mellora na produción agrícola e animal (Ex : plantas con xenes resistentes a herbicidas, animais modificados para obter un maior medre)
- terapia xénica (Ex : tratamento de enfermedades xenéticas, substituíndo os xenes defectuosos por xenes sans coma no tratamento do Parkinson ou da diabete)

OS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS : son alimentos que conteñen OMX (organismos mellorados xeneticamente coma as fresas con ADN dun peixe do ártico que lles permite resistir as xeadas do inverno)
A CLONACIÓN : é obter copias idénticas ao orixinal. Hai 2 tipos :
- clonaciópn reprodutiva : o seu obxectivo é conseguir individuos idénticos a si mesmos e ao orixinal. Faise por transferencia de núcleos de céluas embrionarias (Ex : a ovella Dolly). Ten un baixo íondice de éxito, os adultos soen morrer prematuramente.
- clonación terapéutica : o seu obxectivo e tratar enfermidades e rexenerar tecidos. Emprega células nai, capaces de formar calquera outra célula ou tecido.

O PROXECTO XENOMA HUMANO (PXH): nace coa finalidade de coñecer o ADN dos cromosomas humanos. Ten 3 obxectivos :
- identificar todos os xenes humanos e localizalos nos cromosomas.
- determinar as secuencias da e nucleótidos de cada xene.
- determinar a función que realiza cada un dos xenes.


resumen 1 lingua galega 4º eso

HISTORIA DA LINGUA GALEGA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
Durante o primeiro terzo do S. XX xorden iniciativas para a dignificación da lingua galega, fúndase a Real Academia Galega→RAG (estudos da literatura e da lingua galega), créanse as Irmandades da Fala (defendían e promovían o uso exclusivo do galego), aparece a revista Nós (escrita en galego) e fórmase o Seminario de Estudos Galegos (promovían a investigación en Galicia, a elaboración e a publicación de estudos). Neste período nace o Partido Galeguista (1931), no que militarán personalidades como Castelao ou Bóveda, quen redactará o I Estatuto de Galicia, aprobado en xuño de 1936 que no poderá entrar en vigor ao iniciarse a Guerra Civil poucos días despois, pero propiciará a consideración de Galicia como nacionalidade histórica (xunto con Cataluña e Euskadi) ao instaurarse a democracia.
Foi tamén neste tempo que moitos dos políticos máis destacados na historia de Galicia foron asasinados :
- Ánxel Casal : editor e alcalde do concello de Santiago de Compostela, apareceu morto nunha gavia de Teo (18 de agosto de 1936)
- Alexandre Bóveda : peza clave no Partido Galeguista, foi executado na Caeira en Poio (17 de agosto de 1936)
- Johán Carballeira : xornalista e político galego, foi alcalde do concello de Bueu, executárono na Caeira (17 de abril de 1937)
LITERATURA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA
A principios do S. XX prodúcense unhas mudanzas na sociedade e na poesía galega, deixando as tendencias do Rexurdimento polas novidades estéticas traídas das vangardas europeas. Escritores como Cabanillas combinan a estética do Rexurdimento coa introducción de elementos do Modernismo.  
RAMÓN CABANILLAS : as súas liñas poéticas permítennos distinguir 4 vertentes :
 - poesía intimista : na que trata temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do seu pasado (A rosa de cen follas→ homenaxe a Rosalía de Castro).  
- poesía cívica : na que recolle as ideas das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos (No desterro )
- poesía costumista : na que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística
- poesía modernista : ligada á beleza formal e de espazos (Na noite estrelecida)
A VANGARDA GALEGA : é a vontade de romper coas tradicións culturais. Desenvólvense  con varias correntes : - neotrobadorismo (cantigas medievais→Fermín Bouza Bey) - hilozoísmo (poesía paisaxística→Luís Amado Carballo) - surrealismo (consiste en afastar a razón dos textos para deixar paso aos soños e ao subconsciente→Álvaro Cunqueiro) - creacionismo (consiste en afastar a poesía da realidade→Manoel Antonio ).
 MANOEL ANTONIO :  representa o mellor autor vangardista en Galicia. É o autor do manifesto “¡Máis Alá!”. A súa obra máis relevante é De catro a catro” (son follas sen data dun diario de abordo), 19 poemas estruturados como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente pesimista da vida (monótona, repetitiva, en completa soidade e contínua despedida). O tema central é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un Nós, como expresión de universalidade. A súa escrita vangardista podemos dividila en tres etapas: - unha primeira de formación - unha de ruptura vangardista - unha de retroceso. Caracterízase pola ausencia de argumento, a presenza do mar, a monotonía, soidade, simbolismo→o mar (símbolo da aventura) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con saudade do mar) 
A VANGARDA NA PINTURA GALEGA :nas primeiras décadas do S. XX xorde unha corrente de renovación das artes plásticas galegas (Maside, Maruja Mallo, Laxeiro, Colmeiro)  

GRAMÁTICA
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
comunicación é un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (persoa que transmite) - Receptor(persoa á que vai dirixida a mensaxe) - Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto(situación)
comunicación verbal pode ser oral ou escritaA linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)

PROPIEDADES TEXTUAIS
texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa determinada (informar, persuadir…). As súas propiedades son :
- adecuación : é a propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa na que se produce. un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación comunicativa concreta e inadecuado noutra.
- coherencia : é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e clarificar o significado (organización da información).
- cohesión : son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro de unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores) 

CONTEXTO E SITUACIÓN
DENOTACIÓN : significado obxectivo, básico das palabras. 
CONNOTACIÓN : significado adicional, subxectivo, que pode adquirir unha palabra nun contexto.

O TEXTO ARGUMENTATIVO
texto argumentativo é aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor
da súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea principal)
TIPOS DE ARGUMENTOS
- De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar os accidentes de tráfico benefícianos a todas as persoas.)
- De autoridade : empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema  (Unha importante porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a posibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.)
- De datos : ofrecen datos que corroboran os feitos (Segundo un estudo realizado recentemente, pro- dúcese un 70% máis de accidentes cando as condicións climáticas son desfavorables)   
- De exemplo : un caso concreto serve como exemplo das ideas que se queren defender (Un claro exem
plo constitúeo o accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non estivese
mollada e se se mantivese a distancia de seguridade, podería evitarse o impacto.)
- De experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha idea (Eu mes ma me teño visto envolta en máis dunha ocasión en accidentes deste tipo.)
- De analoxía : compáranse dúas situacións semellantes (No mes de agosto deste ano producíronse
67 accidentes menos que o ano pasado.)
- Legais : refírense ao establecido na lexislación (Segundo as leis vixentes é obrigatorio o uso do cinto  de seguridade nos asentos traseiros.)
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS :  - abundancia de substantivos abstractos e tecnicismos - predominio do presente de indicativo e de construcións impersoais ou de pasiva reflexa períodos sin tácticos longos - emprego de conectores - enumeracións  - definicións, citas e exemplos que apoien os argumentos
ESCRÍBENSE CON  B
a) os verbos rematados en -bir e as formas que deles se derivan [excepcións : vivir e servir]
b) todos os verbos rematados en -buír e as formas que deles se derivan 
c) os verbos beber, caber, deber,haber, saber, sorbere todas as formas que deles se derivan.
d) as terminacións do copretérito da primeira conxugación-ba, -bas, -ba, -bamos, -bades, -ban  
e) as palabras que comezan con prefixos bi- e –bis 
f) as palabras rematadas en -bundo, -bunda e -bilidade 
g) as palabras comezadas por bu-, bur- e bus- 
h) cando este son vai seguido de calquera outra consoante (abstracto, blasfemia, bloque, blusa, branco, breve, brisa, cable, moble, obstáculo, obstruír, obxecto, público...)
i) moitas palabras por fidelidade etimolóxicaisto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a
través da que entraron no galego (abelá, automóbil, baldeiro, bolboreta, inmóbil, marabilla, móbil, rebentar, trobador...)
                                                                    ESCRÍBENSE CON V
a) os verbos rematados en -ver e os seus derivados [ excepcións : beber, caber, deber, haber, saber, sorber e lamber.]
b) os verbos rematados en -servar e -versar 
c) as formas dos verbos ter e estar que levan este son [excepción : lembra que o copretérito do verbo estar, como todos os da primeira conxugación, se escribe con “b”.]
d) as palabras rematadas en -ava, -avo, -eve, -evo, -eva, -ivo e -iva  [excepcións : árabe e sílaba.]
e) as palabras rematadas en -ívoro e –ívora [excepción : víbora.]
f) moitas palabras por fidelidade etimolóxicaisto é, porque así se escribían en latín ou na lingua a través da que entraron no galego(avó, avogado, chuvasco, covarde, esvarar, esvelto, garavanzo, gravar, pavillón, varrer, vasoira, vasureiro, verniz, voda, vulto...)