A CALOR INTERNA DA TERRA
GRADIENTE XEOTÉRMICO : aumento da temperatura a medida que
profundizamos no interior terrestre (3ºC/100m)
ORIXE DA CALOR INTERNA DA TERRA : a causante do gradiente
xeotérmico é a calor residual do noso planeta, de fai máis de 4000 millóns de
anos. Naquela época, 3 procesos xeraban calor :
- o impacto de asteroides : o noso planeta estaba sometido a
un intenso bombardeo de asteroides.
- a desintegración de elementos radioactivos : esta libera
partículas subatómicas (neutróns e elec- tróns) que chocan a elevadas
velocidades aumentando a enerxía térmica.
- decantación do ferro (+ denso) cara o núcleo : produce
un rozamento cos materiais rochosos que xera calor.
Todo eso fai
que hai 4500 millóns de anos o planeta estivera fundido. Os materiais
ordenáronse por densidades e apareceron 3
capas (codia, manto e núcleo)
ESTRUTURA INTERNA DA TERRA
CAPAS DA TERRA
- codia : é unha capa
rochosa, delgada e sólida, hai 2 tipos : -
codia continental (espesor 30-70 km, forma os
continentes, composta por granito cuberto por rochas sedimentarias e
sedimentos) – codia oceánica (grosor 10 km, está
formada por grava)
- manto : capa rochosa situada baixo a codia, que chega a 2900
km, está formada por peridotita, ten 2 partes : - manto superior (670 km) – manto
inferior (170 km aos 2900km, é máis denso co superior)
- núcleo : capa metálica formada por 85 % ferro, 5 % níquel,
10 % osíxeno, silicio e carbono. Ten 2 capas coa mesma composición pero
diferente estado : - núcleo externo (dos 2900 km aos 5150 km, é líquido,
está axitado por
correntes de convección que xeran o campo magnético terrestre) – núcleo
interno (dos 5150 km aos 6400 km, máis do 90 % da súa
masa é sólida).
DESCONTINUIDADE SÍSMICA
As ondas sísmicas que se producen nun terremoto (sacudida brusca no interior terrestre→hipocen- tro ou foco : punto
onde se xera o sismo / epicentro : punto da superficie máis próximo ao foco)
percorren o interior da Terra e
rexístranse nos sismógrafos. Dende o
foco libéranse ondas sísmicas que viaxan polo interior do planeta (ondas profundas,
que poden ser ondas primarias P ou secundarias
S) e pola superficie (ondas superficiais, que causan a destrucción asociada a un
terremoto) cambiando a súa velocidade e traxectoria nas descontinuidades sísmicas (zona do interior
terrestre que separa distintas capas).
Hai 4
descontinuidades : -
Descontinuidade de Mohorovic (30-70 km, sitúase
entre a codia e o man to sup.) - Descontinuidade de Repetti (670 km, separa
o manto sup. do inf.) -
Descontinuidade de Gutemberg (2900 km, separa o
manto do núcleo ext.) -
Descontinuidade de Lehman (5150 km, sepa ra o
núcleo ext. do núcleo int.)
LITOSFERA : capa do interior terrestre formada pola codia e a
parte máis externa do manto superior. Hai dous tipos : - Litosfera
continental (agrupa os continentes, vai de 200 -
400 km) - Litosfera oceánica (agrupa os océanos, vai de 20 - 100 km)
As placas tectónicas son anacos de
litosfera arrastrados por correntes de convección que se producen no manto (aínda que é sólido
compórtase coma fluído).
TEORÍAS SOBRE A ORIXE DOS
CONTINENTES
HUTTON E O TEMPO XEOLÓXICO
No S. XVIII
James Hutton foi o primeiro xeólogo que puxo unha idade á Terra (en millóns de
anos). Introduciu o concepto de tempo
xeolóxico para describir procesos moi lentos (erosión do relevo).
TIPOS DE TEORÍAS QUE EXPLICAN A
FORMACIÓN DO RELEVO
FIXISTAS : defenden que os continentes sempre permaneceron
nas mesmas posición que hoxe en día (EX : a teoría contraccionista dinos que as cordilleiras son
engurras que se formaron ao arrefriar o planeta)
MOBILISTAS : defenden que os continentes se desprazaron (EX: a deriva
continental, a expansión dos fondos oceánicos e a teoría tectónica de
placas = TTP)
MOVEMENTOS VERTICAIS DOS CONTINENTES
TEORÍA DA ISOSTASE : os continentes compórtanse como grandes
bloques flotando nun material máis denso (os continentes afunden cando acumulan sedimentos – os
continentes elévanse cando erosionan), este fenómeno dase en
Escandinavia.
MOVEMENTOS HORIZONTAIS DOS
CONTINENTES
TEORÍA DA DERIVA CONTINENTAL : en 1912 o meteorólogo alemán Alfred Wegener publicou no libro “A
orixe dos continentes e dos océanos” que os continentes, hai 300 millóns de
anos (M.A.)
estiveron unidos formando un super continente chamado Panxea. Segundo Wegener os continentes deslizaban sobre os fondos
oceánicos. Wegener aportou probas :
- probas xeográficas : os
continentes encaixaban coma un puzle
- probas paleoclimaticas : baséanse na aparición de tilitas (pegadas da erosión
do xeo) en continentes hoxe en día en latitudes tropicais.
- probas paleontolóxicas : baséanse na distribución de fósiles
iguais (reptiles
mesosaurios e lystrosaurios e a planta
glossopteris) en continentes actualmente separados por océanos.
Wegener non
foi capaz de explicar que forza empurraba os continentes. Aludiu a rotación
terrestre como posible causa, pero esta explicación non é válida.
AS CORRENTES DE CONVECCIÓN : en 1929 Arthur Holmes propuxo que o manto presentaba correntes de convección.
CARTOGRAFIADO DOS FONDOS OCEÁNICOS : os oceanógrafos
puideron cartografiar os fondos oceánicos grazas ao sonar.
TEORÍA DA EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS
- enunciado de Harry Hess (1962) : propuxo
que nas dorsais se creaba codia e que esta era empurrada cara os lados, así
canto máis nos afastamos da dorsal os basaltos son máis antigos.
- comprobación por Vine e Matthews (1963)
: demostraron esta teoría. Estudaron o magnetismo remanente das rochas oceánicas
(a magnetita dos
basaltos cando arrefría oriéntase segundo o campo magnético dese momento, aparecían
bandas magnéticas simétricas a ambos os dous lados da dorsal).
TTP : TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS (1968)
: explica calquera fenómeno xeolóxico que acontece no planeta.
Segundo esta teoría as placas litosféricas (cada un dos fragmentos da litosfera) desprázan- se
arrastradas polas correntes de convección do manto.
- Probas : - os volcáns e
terremotos coinciden cos bordos das placas – actualmente podemos medir a velocidade
a que se moven as placas grazas ao satélite – as dorsais presentan bandas
paralelas coa mesma simetría
- tipos de placas litosféricas segundo a composición : - p. oceánicas (compostas
por litosfera oce- ánica) – p. continentais (compostas
por litosfera continental) – p. mixtas (compostas
por litosfera oceánica e continental)
- tipos de placas litosféricas segundo o tamaño : - grandes (placa Euroasiática) - medianas (placa Arábiga) – pequeñas (Baleares)
- tipos de bordos : - diverxentes ou
construtivos : neles as placas sepáranse, créase nova litosfera
oceánica,
expandíndose os fondos oceánicos, coincide coas dorsais (Ex : dorsal Atlántica). As dorsais
son enormes cordilleiras submarinas de
2000 m de altura e teñen un val central chamado Rift - conver- xentes ou
destrutivos : neles as placas aproxímanse. Poden ser : - zonas de subducción, nestas zonas
destrúese a litosfera oceánica, que se dobra e afunde no manto (Ex : costa do
Pacífico en Sudamérica, dase unha intensa sismicidade e vulcanismo) - oróxenos
de colisión, que se producen cando dúas placas continentais chocan (Ex : Himalaya, as
rochas préganse formando relevos, tamén se produce sismicidade) – de cizalla ou pasivos, neles as placas deslízanse
lateralmente, nin se crea, nin se destrúe a litosfera (Ex : falla de San Andrés, prodúcese unha gran
sismicidade)
MANIFESTACIÓNS
DA DINÁMICA TERRESTRE
A
CONVECCIÓN DO INTERIOR TERRESTRE
É a enerxía térmica acumulada no interior da
Terra o que produce movementos de convección. Prodúcense correntes ascendentes
e descendentes.
MANIFESTACIÓN DA CONVECCIÓN
-
Magnetismo terrestre (prodúcese polas correntes de
convección que axitan o ferro líquido do núcleo externo) - Movementos
dos continentes – Vulcanismo – terremotos - Segregación de materiais por
densidades (a Terra estruturouse en codia, manto e
núcleo)
CONCEPTOS RELACIONADOS COA
CONVECCIÓN
Penachos térmicos : son columnas de material rochoso quente que
ascende dende a base do manto cara á superficie e nesa zona orixina un intenso
vulcanismo (punto quente). Hai 3 tipos de
relevos asociados aos puntos quentes : dorsais oceánicas, rifts continentais e arquipélagos volcánicos.
Solifluxión : é o comportamento dun material sólido como un
fluído moi viscoso. O manto presenta solifluxión.
CONSECUENCIAS DA CONVECCIÓN :
CONSECUENCIAS DA CONVECCIÓN :
as correntes ascendentes forman :
dorsais oceánicas (cordilleiras volcánicas submarinas
de miles de km de lonxitude e 2500 m de altitude. Teñen un val central chamado
rift que está atravesado perpendicularmente por grandes fracturas chamadas
fallas transformantes. No rift, o vulcanismo é moi intenso) - rifts
continentais ou mesetas elevadas (grandes chairas levantadas pola presión dun penacho térmico
situado debaixo→península ibérica)
as correntes descendentes forman :
zonas de subdución (orixínanse cando as placas
oceánicas dobran e afunden no manto adquirindo correntes convectivas
descendentes. Nestas zonas prodúcese sismicidade, vulcanismo e formación de
oróxenos) – 4 tipos de oróxenos (arcos de illas, son
arquipélagos lineais de illas volcánicas, fórmanse cando a placa cabalgante é
oceánica. Nestas zonas o risco sísmico e volcánico é moi elevado e pódense
producir tsunamis – oróxenos térmicos, son relevos volcánicos
que se forman cando a placa cabalgante é continental – oróxenos de colisión, son relevos que se producen cando chocan 2 placas
continentais. Nestes relevos a tectónica é moi importante e os materiais sofren
un intenso pregamento – relevos de intraplaca, son relevos que se levantan a centos de km de distancia da
colisión entre dous continentes)
A
DEFORMACIÓN DAS ROCHAS
Os esforzos producen tres tipos de
deformacións nas rochas :
ELÁSTICAS : deformación reversible. As rochas recuperan a súa forma inicial. É producido por ondas sísmicas.
ELÁSTICAS : deformación reversible. As rochas recuperan a súa forma inicial. É producido por ondas sísmicas.
PLÁSTICAS : pregamento das rochas por esforzos de
compresión, é irreversible. Nos pregamentos pó- dense identificar catro
elementos : - charneira
(parte na que as capas presentan maior curvatura)
- flancos (partes situadas a ambos os dous lados da charneira) - núcleo (parte central) - plano axial (plano imaxinario que pasa pola charneira).
Tipos de
pregamentos : - anticlinais (as capas máis modernas quedan envolvendo as máis antigas. O
seu núcleo está formado por capas antigas) – sinclinais (as capas máis
antigas envolven as
máis modernas. O seu núcleo está formado por
capas modernas).
Segundo a posición do plano axial e dos
flancos, os pregamentos pódense
clasificar, aínda sendo anticlinais ou sinclinais, en rectos, deitados,
tombados, en xeonllo …
FRÁXILES : rotura das rochas. Estas roturas poden
ser :
- diáclases : son roturas das rochas nas que os fragmentos
non se desprazaron senón que se manteñen na súa posición inicial. Pódense producir : - fendas de retracción (arxilas e lodos ao secarse) - fendas de xelifracción (acción do xeo) - disxunción columnar (coadas de lava ao arrefriarse) - laxamento por
descompresión (as rochas do interior da codia
expándense e fractúranse ao ascender á superficie terrestre)
- fallas : son roturas das rochas nas que hai unha
dislocación dos bloques ou labios. O plano de fractura
chámase plano de falla. Distínguese tres
tipos de fallas : - directa ou de gravidade (fórmanse por esfor-
zos distensivos. O labio afundido está apoiado sobre o plano
de falla e esvarou sobre el) – inversa (fórmase
por esforzos comprensivos. O labio afundido está baixo o plano de falla)
- de rumbo ou de esgazamento (a falla fórmase por
esforzos de cisalla. Non hai movemento vertical, senón só ho- rizontal. O plano
de falla adoita ser case vertical)
- manto de corremento : é unha falla inversa case horizontal na que
o labio levantado (alóctono) se des prazou
a gran distancia. Adóitanse formar en
oróxenos de colisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario