viernes, 15 de marzo de 2013

LINGUA E LITERATURA GALEGA 4º ESO A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976, ORACIÓNS COORDINADAS, ORACIÓNS SUBORDINADAS, CONECTORES, SINONIMIA, POLISEMIA, HOMONIMIA, ANTONIMIA


A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976
BLANCO AMOR
características da súa obra :  -  Un mesmo espazo literario (a cidade de Auria, imaxe de Ourense) – ambientación urbana, sobre todo o suburbio – temporalmente sitúanse nas dúas primeiras décadas do S. XX – temática (problemática das clases sociais máis desfavorecidas) – narrador partícipe dos feitos (homodiexético) – protagonismo infantil e xuvenil (agás A esmorga) – linguaxe popular supradialectal
A esmorga :  - 1ª parte (narrador-autor explica como obtivo a información para escribir a obra : sucesos ocorridos durante un día de esmorga pola cidade de Auria a tres personaxes, Cibrán, O Bocas e O Milhomes, así como o tráxico remate da historia) – 2ª parte (cinco capítulos nos que Cibrán declara ante o xuiz e conta a historia) – 3ª parte (reaparece o narrador-autor para deixarnos a dúbida de se a morte do Cibrán no xulgado despois da declaración se produce por suicidio ou polos culatazos dos gardas civís ao negarse ir ao cuartel como inculpado).
Característica d’A esmorga : - dous narradores (o autor-editor e Cibrán) – técnica do interrogatorio – personaxes marxinais – tempo da narración non coincide co da historia – oposición da clase social alta fronte a sociedade marxinal – denuncia dos abusos do poder, da situación da lingua, da miseria
ÁLVARO CUNQUEIRO
Merlín e familia : consiste nunha sucesión de episodios engarzados arredor da figura do personaxe central, o mago Merlín, que Cunqueiro instala en Galicia, xunto á súa raíña dona Xenebra e o seu criado Felipe de Amancia, que, desde a vellez, narra de forma retrospectiva as visitas que facían estraños e estrañas personaxes á casa do mago buscando a solución dun problema de carácter máxico (unha serea con problemas de escamas, un paraugas máxico que non funciona...)
características de Merlín e familia : - recupera e galeguiza a materia de Bretaña – mestúranse dous mundos (o mítico e o real) – desenvólvese en terras luguesas – o tempo é indeterminado – composto por pequeñas unidades narrativas con nexo de unión e mesma estrutura – narrador principal en 1ª persoa – xogo coa dicotomía (real/maravilloso – soño/realidade) – intertextualidade (referencia a outros autores) – humorismo – recreación de ironía dos mitos
NOVA NARRATIVA GALEGA
- Temática : a violencia, os soños, a morte, o desarraigo, o sexo, a emigración, expresión do absurdo da existencia, pesimismo, desesperanza, asasinatos, suicidios, fracasos persoais, amor insatisfeito, soidade, episodios patolóxicos
- Personaxes : inadaptados sociais (perdidos, desarraigados, movidos polas circunstancias, sen control do seu destino, violentos, agresivos, solitarios, desequilibrados, autodestructivos) e antiheroes que habitan nun mundo dominado polo absurdo da existencia.
 - espazos : preferencia polo espazo urbano fronte ao rural, recorren a un mundo simbólico, ambientes claustrofóbicos e sórdidos, cosmopolitismo, localizacións estranxeiras.
- técnica narrativa : - preferencia pola primeira persoa protagonista - o monólogo interior  - perspectivas obxectivistas (mostran a historia sen explicala)  - o multiperspectivismo (utilización de diferentes voces narradoras nun mesmo relato) - a ruptura da orde cronolóxica

ORACIÓNS COORDINADAS
- COPULATIVAS : e, nin, e mais, a mais
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante(s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo 
- DISTRIBUTIVAS : ou...ou, xa...xa, volta...volta, quer...quer, ben...ben, nin…nin, ora…ora

ORACIÓNS SUBORDINADAS
- SUBSTANTIVAS : desempeñan unha función típica dos substantivos (Sux Que fixeras iso non nos gustou nada, CD Pedinlle que viñera, SuplementoXoán non se lembrou de que tiña que recoller o seu cuarto.)
- ADVERBIAIS IMPROPIAS :
- CAUSAIS (efecto-causa) : Enlace : porque, xa que, pois, por mor de,   
Castigáronme(efecto) porque cheguei  tarde(causa)   
- CONSECUTIVAS (antecedente-consecuente) : Enlace : así que, de modo que, logo, daquela, en- tón, por iso, por tanto  
Es moi bo estudante(antecedente) así que sacarás unas notas estupendas(consecuente)
- CONCESIVAS (obxección-concesión): Enlace : ainda que, anque, malia que, a pesar de que 
Aínda que chova(obxección) iremos de excursión(concesión)
- CONDICIONAIS (condicionante-condicionado) : Enlace : se, sempre que, con tal de que, con tal que, coa condición de que, excepto que     
Se queres ir(condicionado) terás que portarte ben(condicionante)
- COMPARATIVAS (Termo 1- Termo 2) : Enlace : igual, máis, menos, tan, tanto/ca, coma, como, que    A cidade era(Termo 1) máis grande do que pensaba(Termo 2)
- ADXECTIVAS : desempeñan a mesma función que a frase adxectiva e funcionan como  modificador 
(O rapaz que coñecemos onte era moi amable). Tamén se coñecen como oracións de relativo porque van introducidas por un pronome relativo (antecedente)  Aqueles libros que liamos de pequenos tiñan moitas ilustracións (función de relativo : CD)

CONECTORES DE CAUSA : así, porque, de aí (que), por iso
CONECTORES DE CONSECUENCIA : entón, pois, polo tanto, por conseguinte

SINONIMIA : 2 ou máis significantes a un mesmo significado, hai unha sinonimia total, cando dous termos son totalmente intercambiables (rematar/acabar), sinonimia conceptual, cando os termos se poden cambiar en todos os contextos (asno, burro) e sinonimia contextual, cando os termos poden intercambiarse só nun determinado contexto sen que varíe o seu significado (a novela é curta ou breve; Ma- ría é curta ou vergonzosa, pero non breve)  
POLISEMIA : un único significante pero máis dun significado  (cabeza, banco, pico, ollo, pé…).
HOMONIMIA : teñen unha orixe etimolóxica diferente, hai 2 tipos: homógrafas (pronunciación e escritura igual banco) e homófonas (pronunciación igual pero escritura diferente botar/votar)
ANTONIMIA : con significados opostos (caro/barato)



No hay comentarios:

Publicar un comentario