78. Completa as palabras das frases seguintes, escribindo x ou s segundo corresponda :
- É un profesor
e_celente, pero moi e_i_ente.
- A e_cavadora está
traballando no e_terior do recinto.
- Se falla o o_í_eno
prodúcese a_fi_ia.
- Pasei con é_ito o
e_ame e mañá poderei ir de e_cursión.
-É moi e_traño, parece
obra de e_traterrestres.
- A tarde foi
e_pléndida e a comida e_quisita.
- Teño dificultade con
ese idioma e_tran_eiro, o meu lé_ico aínda é e_caso.
- Recolle o e_premedor
e e_tende o mantel.
94.
a) Identifica de qué
tipo é cada unha das seguintes oracións coordinadas:
- Nin quere estudiar, nin quere traballar.
- Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito.
- Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamente
ben.
- Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine.
b) Escribe completa a
correspondente oración coordinada, engadíndolle á primeira proposición outra da
clase que se che indica, co enlace axeitado a cada caso:
- Sube á terraza (coordinada copulativa)
..............................................................................................
- Helena xa é maior (coordinada adversativa)
..............................................................................................
- É un home moi lacazán (coordinada disxuntiva)
..............................................................................................
- Quere estudiar unha carreira (coordinada distributiva)
..............................................................................................
95.Substitúe nas seguintes oracións as frases nominais por proposicións
subordinadas substantivas de Suxeito. Exemplo: - Os denunciantes son
veciños do inmoble. - Os que presentaron a denuncia son veciños do
inmoble.
- Inquietounos a túa
reacción tan violenta.
- Os aprobados
poden pasar a recoller a súa documentación.
- As testemuñas do
crime deben prestar declaración.
- Gustoume moito a
túa interpretación da miña canción preferida.
- Os asinantes da
nota de prensa pedimos unha maior presencia do galego nos medios de
comunicación de masas.
96. Substitúe nas seguintes oracións as subordinadas substantivas de
Complemento Directo por pronomes átonos. Exemplo: - Quixo que o levase.
- Quíxoo.
- Intúo que non me
queres convidar.
- Pola túa carta
sabemos que estás moi contenta aí.
- Acordamos que
serás un novo membro do grupo.
- Mañá lembrareille a
Xoán que lle toca fregar os pratos.
- Souben que foras
admitido na nosa universidade.
97. localiza e indica qué tipo de subordinadas substantivas aparecen en cada unha das
seguintes oracións :
- As escritoras queren
que a súa literatura non sexa considerada feminina.
- Semella interesante
que asistas a ese curso de ofimática.
- Que veñades á festa
do meu aniversario é moi importante para min.
- Os pacifistas piden
que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico.
- O problema é que non
temos o carné de socios desa biblioteca.
- Os que vimos a este
curso estamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento.
- As noticias do xornal
dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto.
- Os agoiros de que ía
coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos.
- Xa estou bastante
cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas.
- A miña máxima ilusión
é facer un cruceiro polo Mediterráneo.
- Que decidades pasar
as vacacións connosco é marabilloso.
100.
a) As seguintes
oracións compostas inclúen unha proposición subordinada adxectiva. Subliña esa
proposición e volve escribir a oración substituíndoa por un adxectivo que
conserve o significado. Fíxate no exemplo: - Coñecemos unha rapaza que é de
Cataluña. - Coñecemos unha rapaza catalana.
- Visitaremos un
castelo que ten moitos anos.
- Xurxo mercou unha
cazadora que non deixa pasar a auga.
- Pasaremos un día que
non poderemos esquecer.
- Esta é unha terra que
dá boas colleitas.
- Atopamos auga que era
boa para beber.
- O meu fillo é un neno
que non para de falar.
b) Agora vas facer a actividade contraria. Transforma as seguintes oracións
simples en oracións compostas substituíndo o adxectivo subliñado por unha proposición
subordinada adxectiva. Fíxate no exemplo : - Atopamos unha casa abandonada.
- Atopamos unha casa que estaba abandonada.
- O libro premiado
vai ser editado.
- A literatura infantil
conta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese
producto inflamable.
- Ponlle á túa bici
unhas marcas reflectoras.
- Ten unha forma de ser
riseira.
- Nesa tenda venden
productos artesáns.
c) Completa estas oracións cunha proposición subordinada adxectiva :
- A ministra
__________________________________ prometeu a Constitución.
- A vila
_______________________ é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos
______________________ estaban enferruxados.
- Xa vin a película
_____________________________
101.localiza e clasifica as seguintes oracións compostas segundo conteñan proposicións
subordinadas adverbiais de lugar, de modo ou de tempo.
- Colocou os libros no
andel de xeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario.
- Mentres viaxas en
tren podes ler unha revista.
- Os últimos anos da
súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia.
- Non hai quen o ature
desque gañou o concurso de contos no colexio.
- Antía cando era nena
vivía cos seus avós.
- Non ben entrou a
traballar, xa comprou un coche como o dos novos ricos.
- Sempre que te vexo
levo unha alegría.
- Facer, farei o
exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro.
- Onde nós estabamos
non podiamos ver a estrada.
- Cada vez que o vexo
vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos.
- Faloume como se me
coñecese.
- Dedicouse a pasear
polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines.
- Agora que xa está
fóra do cárcere actúa sempre conforme manda a lei.
- Logo que deixou o
instituto, púxose a traballar co pai.
- Estableceremos a nosa
residencia onde teñamos unha vida tranquila.
102. Completa as seguintes oracións compostas subordinadas adverbiais comparativas utilizando o enlace
correspondente segundo se che indica :
- Xosé é __________
traballador __________ ti. (Superioridade)
- Xosé é __________
traballador __________ ti. (Inferioridade)
- Xosé é __________
traballador __________ ti. (Igualdade)
(Fíxate que nestas tres oracións o verbo da proposición subordinada está
omitido.)
103
a) Completa a proposición principal engadindo en cada caso a proposición
subordinada adverbial que se che indica :
- Chegaremos a tempo porque
(causal) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
.
- Chegaremos a tempo así
que (consecutiva) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo para
que (final) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. .
- Chegaremos a tempo aínda
que (concesiva) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo se
(condicinal) . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . .
b) Nas seguintes oracións compostas, subliña a proposición subordinada
adverbial, mete nun círculo a palabra ou palabras que funcionan como nexo, e
indica de qué clase é cada unha delas (causal, consecutiva, concesiva, final,
ou condicional) :
- Aínda que o ano non
foi bo, tivemos unha excelente colleita.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Chameite por teléfono
porque desexaba falar contigo.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Xa está todo feito,
xa que logo podemos marchar.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Se estás canso,
sentaremos un anaco.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Le o texto de vagar
para comprenderes o seu significado.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Non saín da casa pois
caía a auga a cachón.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Pese a que instalaron
unha alarma, entraron os ladróns.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Coloca ben os traxes
a fin de que caiban todos na maleta.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Se fixeses a túa
parte do traballo poderiamos entregalo hoxe.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
- Poñerei a gabardina
xa que comeza a chover.
Clase: . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
105. Relaciona o significado da
palabra á que aparece nestas
frases cos seguintes significados que lle dá o diccionario :
frases
1. O merlo tiña rota a á
dereita.
2. As oficinas están na
á esquerda do edificio.
3. Unha á do
exército dirixiuse cara ó norte.
4. Eles pertencen a á
máis moderada do partido.
significados
- Cada un dos membros
do corpo das aves, dos insectos e dalgúns outros animais que lles serven para
voar.
- Tendencia dentro dunha organización,
partido, etc.
- Cada unha das partes
que se estenden ós lados do corpo principal dun edificio.
- Nunha formación
militar ou similar, cada unha das partes situadas nos extremos.
108.
a) Escribe ó carón de cada palabra da esquerda o seu sinónimo da
dereita.
Aboiar
............................... Destreza
Aloumiño
.......................... Caricia
Abraio
............................... Rectificar
Conxura
........................... Flotar
Dorso
............................... Asombro
Humildade
........................ Costas
Maña
................................... Confabulación
Emendar
.......................... Modestia
b) Volve escribir as frases seguintes substituíndo a palabra destacada
por un sinónimo.
-
Regaláronme uns guantes de la.
-
Mándoche un forte abrazo.
-
Limos a noticia nun periódico estranxeiro.
-
Ti podes sentar nesa butaca.
-
Non puidemos conter as lágrimas.
- Xosé vai comprar un vello muíño.
109.
a) Escribe ó carón
de cada palabra da esquerda o seu antónimo da dereita.
Sosego
.................... Cheo
Baleiro
..................... Esquecer
Doce
........................ Enfermo
Afrouxar
................... Malo
Lembrar
................... Desacougo
San
.......................... Empurrar
Tirar .........................
Apertar
Bo
............................ Acedo
b) Volve escribir as frases seguintes substituíndo a palabra destacada por
un antónimo:
- Hoxe vai moito frío.
- Véxote triste.
- A casa está lonxe da
estrada.
- Este exercicio non é doado
de facer.
- Cando chegamos era cedo.
- Deitouse á
tardiña.
- Merca todo o
que poidas.
- Non me gusta o café frío.
64. No seguinte texto, localice as oracións compostas por
coordinación. Sinale o seu nexo e clasifíqueas.
Con Lola tivemos
problemas, pero eran doutra clase. Coñeceu un rapaz e cegouse. Non é que el
fose unha mala persoa, pero era un neno, igual ca ela [...] Lola acababa de
saír do colexio onde estivo catro anos. Comía alí e volvía polo serán;
merendaba, xogaba un pouco e xa ía para a cama. Non sabía nada da vida nin vira
nada. Coñeceu a Gabriel e pensou que o mundo acababa nel.
65. Nestas oracións compostas, subliñe as subordinadas substantivas e
indique a súa función.
Xa lembro onde gardei esa receita
Nós confiamos en que todo vaia ben
Imaxinade que aquí hai un fantasma
Quen se deite cedo virá mañá comigo
O máis difícil será saír de aquí
Non sei se haberá clase mañá
Estaba encantado de que o chamaran
É conveniente que fagas os exercicios
66. Substitúa as proposicións subordinadas de relativo (en negra) polos
adxectivos aos que sexan equivalentes. Exemplo : Falou aquel rapaz que é
longo coma un día sen pan - Falou
aquel rapaz tan alto
O osiño que ten o
traxe azul está enriba do andel
Ese rapaz que
colecciona selos chámase Breixo
Agora a miña axenda é algo sen o cal non
podo vivir
Coloquei os libros no andel onde sempre os
poño
67. Indique se as oracións son subordinadas de relativo, adverbiais ou
substantivas.
Sorprendeume moitísimo o modo como me mirou
Non sei como o fixo
Fai ese debuxo como ti queiras
Xa che dixen cando chegará
Cando poidas, axúdame a abrir esta lata
Os feitos sucederon naqueles tempos cando todo
eradistinto
Esa é a caixa onde gardo os cartos
Pregúntalle onde meteu as chaves
Deixa o abrigo onde poidas
5. Póñalles h ás palabras que o precisen.
_erba, _orta, _inchar,
_illa, _oxe, a_í, _arrolar, _ata, alco_ol, _ovo, _ospedaxe, des_onrar, _irmá,
_ollar, pro_ibir, _esquío , _espir, _armonía, _ombreiro, _enrique, _orfo,
_ermida, _elena, in_umano, co_erente, _inchazón, _embigo, ve_ículo, _óso,
_ermo, _encher
SOLUCIÓNS
ACTIVIDADE 78
- É un profesor excelente,
pero moi esixente.
- A escavadora
está traballando no exterior do recinto.
- Se falla o osíxeno
prodúcese asfixia.
- Pasei con éxito
o exame e mañá poderei ir de excursión.
- É moi estraño,
parece obra de extraterrestres.
- A tarde foi espléndida
e a comida exquisita.
- Teño dificultade con
ese idioma estranxeiro, o meu léxico aínda é escaso.
- Recolle o espremedor
e estende o mantel.
ACTIVIDADE 94
a)
- Nin quere estudiar,
nin quere traballar. Copulativa
- Tráeme a fariña que
che encarguei ou non poderemos facer o biscoito. Disxuntiva
- Eu non cambio de
equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamente ben. Adversativa
- Onte á noite ceamos
fóra da casa e mais vimos unha película no cine. Copulativa
b)
A modo de exemplo:
- Sube á terraza e
tráeme os lentes que deixei enriba da mesa. (Coordinada copulativa)
- Helena xa é maior
mais conserva a inocencia dunha nena. (Coordinada adversativa)
- Ou é un home moi
lacazán ou se está a rir de nós. (Coordinada disxuntiva)
- Xa quere estudiar
unha carreira, xa quere poñerse a traballar de calquera cousa. (Coordinada
distributiva)
ACTIVIDADE 95
- Inquietounos que
reaccionases tan violentamente.
- Os que aprobaron
os exames, poden pasar a recoller a súa documentación.
- Os que viron o
crime, deben prestar declaración.
- Gustoume moito hoxe que
interpretases a miña canción preferida.
- Os que asinamos a
nota de prensa, pedimos unha maior presencia do galego nos
medios de comunicación
de masas.
ACTIVIDADE 96
- Intúoo.
- Pola túa carta sabémolo.
- Acordámolo.
- Mañá lembrareillo a
Xoán.
- Sóubeno.
ACTIVIDADE 97
- As escritoras queren que
a súa literatura non sexa considerada feminina. (Sub. Subs. de C.D.)
- Semella interesante que
asistas a ese curso de ofimática. (Sub. Subs. de SUX.)
- Que veñades á
festa do meu aniversario é moi importante para min. (Sub. Subs. de SUX.)
- Os pacifistas piden que
se busque axiña unha saída ó conflicto bélico. (Sub. Subs. de C.D.)
- O problema é que
non temos o carné de socios desa biblioteca. (Sub. Subs. de ATRIB.)
- Os que vimos a
este curso estamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento. (Sub. Subs. de
SUX)
- As noticias do xornal
dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto.
(Sub. Subs. de C.D.)
- Os agoiros de que
ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos. (Sub.
Subs. de MOD dun substantivo)
- Xa estou bastante
cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas. (Sub. Subs. de MOD dun
adxectivo)
- A miña máxima ilusión
é facer un cruceiro polo Mediterráneo. (Sub. Subs. de ATRIB.)
- Que decidades
pasar as vacacións connosco é marabilloso. (Sub. Subs. de SUX.)
ACTIVIDADE 100
a)
- Visitaremos un
castelo que ten moitos anos. Antigo
- Xurxo mercou unha
cazadora que non deixa pasar a auga. Impermeable
- Pasaremos un día que
non poderemos esquecer. Inesquecible
- Esta é unha terra que
dá boas colleitas. Fértil
- Atopamos auga que era
boa para beber. Potable
- O meu fillo é un neno
que non para de falar. Falangueiro
b)
A modo de exemplo:
- O libro que
recibiu o premio vai ser editado.
- A literatura que
está escrita para nenos conta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese
producto que pode prender lume.
- Ponlle á túa bici
unhas marcas que reflictan a luz.
- Ten unha forma de ser
que é moi riseira.
- Nesa tenda venden
productos que están feitos a man.
c)
A modo de exemplo:
- A ministra que vén
de entrar no novo equipo gobernamental prometeu a
Constitución.
- A vila onde vivo
agora é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos que
deixei nesa caixa para tirar estaban enferruxados.
- Xa vin a película que
me recomendaches.
ACTIVIDADE 101
- Colocou os libros no
andel de xeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario. (Sub.
Adv. de Modo)
- Mentres viaxas en
tren podes ler unha revista. (Sub. Adv. de Tempo)
- Os últimos anos da
súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia. (Sub. Adv. de Lugar)
- Non hai quen o ature des
que gañou o concurso de contos no colexio. (Sub. Adv. de Tempo)
- Antía cando era
nena vivía cos seus avós. (Sub. Adv. de Tempo)
- Non ben entrou a
traballar, xa comprou un coche como o dos novos ricos. (Sub. Adv. de Tempo)
- Sempre que te vexo
levo unha alegría. (Sub. Adv. de Tempo)
- Facer, farei o
exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro. (Sub. Adv. de
Modo)
- Onde nós estabamos
non podiamos ver a estrada. (Sub. Adv. de Lugar)
- Cada vez que o
vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos. (Sub. Adv. de Tempo)
- Faloume como se me
coñecese. (Sub. Adv. de Modo)
- Dedicouse a pasear
polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines.
(Sub. Adv. de Tempo)
- Agora que xa está
fóra do cárcere actúa sempre conforme manda a lei. (Sub. Adv. de Modo)
- Logo que deixou o
instituto, púxose a traballar co pai. (Sub. Adv. de Tempo)
- Estableceremos a nosa
residencia onde teñamos unha vida tranquila. (Sub. Adv. de Lugar)
ACTIVIDADE 102
a)
- Xosé é máis traballador
ca ti. (Superioridade)
- Xosé é menos traballador
ca ti. (Inferioridade)
- Xosé é tan traballador
coma ti. (Igualdade)
ACTIVIDADE 103
a)
A modo de exemplo:
- Chegaremos a tempo porque
aínda é cedo.
- Chegaremos a tempo así
que non teñas présa.
- Chegaremos a tempo para
que poidamos tomar un café antes de entrar.
- Chegaremos a tempo aínda
que a min non che me apetece moito ir.
- Chegaremos a tempo se
marchamos axiña.
b)
- [Aínda que] o ano non
foi bo, tivemos unha
excelente colleita.
Clase: concesiva
- Chameite por teléfono
[porque] desexaba falar contigo.
Clase: causal
- Xa está todo feito, [xa
que logo] podemos marchar.
Clase: consecutiva
- [Se] estás canso,
sentaremos un anaco.
Clase: condicional
- Le o texto de vagar [para]
comprenderes o seu significado.
Clase: final
- Non saín da casa [pois]
caía a auga a cachón.
Clase: causal
- [Pese a que]
instalaron unha alarma, entraron os ladróns.
Clase: concesiva
- Coloca ben os traxes [a
fin de que] caiban todos na maleta.
Clase: final
- [Se] fixeses a túa
parte do traballo poderiamos entregalo hoxe.
Clase: condicional
- Poñerei a gabardina [xa
que] comeza a chover.
Clase: causal
ACTIVIDADE 105
Cada un dos membros do
corpo das aves, dos insectos e dalgúns outros animais que lles serven para
voar. Frase número 1
- Tendencia dentro
dunha organización, partido, etc. Frase número 4
Cada unha das partes
que se estenden ós lados do corpo principal dun edificio. Frase número 2
- Nunha formación
militar ou similar, cada unha das partes situadas nos extremos. Frase número 3
ACTIVIDADE 108
a)
Aboiar - Flotar
Aloumiño - Caricia
Abraio - Asombro
Conxura - Confabulación
Dorso - Costas
Humildade - Modestia
Maña - Destreza
Emendar - Rectificar
b)
- Regaláronme unhas luvas
de la.
- Mándoche unha forte aperta.
- Limos a noticia nun xornal
estranxeiro.
- Ti podes sentar nesa cadeira.
-
Non puidemos conter as bágoas.
- Xosé vai mercar un
vello muíño.
ACTIVIDADE 109
a)
Sosego - Desacougo
Baleiro - Cheo
Doce - Acedo
Afrouxar - Apertar
Lembrar - Esquecer
San - Enfermo
Tirar - Empurrar
Bo - Malo
b)
- Hoxe vai moita calor.
- Véxote leda.
- A casa está preto da
estrada.
- Este exercicio non é difícil
de facer.
- Cando chegamos era tarde.
- Ergueuse á
tardiña.
- Vende todo o
que poidas.
- Non me gusta o café quente.
5.
Herba, horta, inchar,
illa, hoxe, aí, arrolar, ata, alcohol, ovo, hospedaxe, deshonrar,
irmá, ollar, prohibir,
espir, harmonía, ombreiro, Henrique, orfo, ermida, Helena,
inhumano, coherente,
inchazón, embigo, vehículo, óso, ermo, encher, esquío.