O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
S. XVII : O descubridor da célula foi Robert
Hooke, observou unha lámina de cortiza e viu celiñas xeométricas ás que chamou
células. Despois Leeuwenhoek descubriu células vivas e microorganismos
na auga e chamounos animáculos.
S. XIX : o botánico Schleiden e
o zoólogo Schwann descubriron
que todos os seres vivos estaban formados por células. Enunciaron a Teoría Celular :
- A célula é a unidade vital , funcional e
xenética (contén
o material xenético dun ser vivo) dos seres vivos – Tódalas células proceden doutras células
Ramón y Cajal cos seus estudos sobre o tecido nervioso,
demostraron que as neuronas eran
individuais e tamén cumpría a teoría celular. Os virus non cumpren a teoría celular.
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Son os distintos graos de complexidade estrutural da materia, gardan unha relación xerarquizada. Cada nivel engloba ó anterior. Distinguimos :
Son os distintos graos de complexidade estrutural da materia, gardan unha relación xerarquizada. Cada nivel engloba ó anterior. Distinguimos :
NIVEIS ABIÓTICOS (non están vivos) : - 1) nivel
subatómico : formado por protóns,
neutróns, elec- tróns - 2) nivel átomico : formado por átomos (Na, K, Fe, O…) – 3) nivel molecular : formado por
moléculas que están formadas por átomos unidos por enlaces químicos,
coma a auga, o ácido clorhídrico (HCl)…
NIVEIS BIÓTICOS (exclusivos da materia viva)
:
4) nivel celular : son as células (procariota ou eucariota)
5) nivel pluricelular : formados por máis dunha célula. Divídese en 4
subniveis : - tisular
(tecidos) : os tecidos son un conxunto de
células similares coa mesma orixe e función (o muscular, o nervioso) - ór- ganos : conxunto de tecidos con funcións
concretas (corazón,
ril…) - sistemas : conxunto de
órganos que realizan funcións independentes
(sistema circulatorio…) - aparellos : conxunto
de órganos que realizan unha mesma función
(aparello dixestivo…)
6) poboación : conxunto de individuos da mesma especie que comparten un espacio e un
tempo determinados. As poboacións únense constituíndo comunidades.
7) ecosistema : é o conxunto de biocenose (formada polas poboacións e os factores ambientais bióticos) e
biotopo (engloba
o medio, o substrato e os factores ambientais abióticos)
TIPOS DE CÉLULAS
CÉLULA PROCARIOTA (en organismos pluricelulares como as bacterias)
CÉLULA PROCARIOTA (en organismos pluricelulares como as bacterias)
Son as máis primitivas, non teñen núcleo definido
e o ADN, que é circular, atópase disperso no citoplasma. Son máis sinxelas (non teñen
orgánulos) que as eucariotas, só presentan :
- parede celular : envoltura ríxida que dá forma á bacteria
- membrana plasmática : controla a entrada e saída de nutrientes. Ten unas
invaxinacións chamadas mesosomas nos
que ocorre a respiración.
- cromosoma bacteriano : molécula circular de ADN que se atopa nunha rexión
chamada nucleoide.
- ribosomas : sintetizan proteínas.
- flaxelos : interveñen na locomoción.
- fimbrias : fixan a bacteria ó substrato.
CÉLULA EUCARIOTA (en uni e pluricelulares coma o
glóbulo vermello e hepatocito)
Son as máis evolucionadas, teñen núcleo definido e son máis complexas.
Poden ser :
eucariota animal : non ten parede celular nin cloroplastos, ten centriolos, vacúolos
pequenos e lisosomas
eucariota vexetal : ten parede, cloroplastos e grandes vacúolos non descubertos, non ten
centriolos.
ORGÁNULOS COMÚNS A CÉLULA ANIMAL E VEXETAL
- membrana plasmática : capa que envolve a célula, permite o intercambio de
substancias co exterior.
- núcleo : contén o material xenético (ADN)
- citoplasma : medio acuoso, nel atopamos o citoesqueleto (fibras que interveñen no movemento da célula) e os orgánulos
- citoplasma : medio acuoso, nel atopamos o citoesqueleto (fibras que interveñen no movemento da célula) e os orgánulos
- retículo endoplasmático : rede de tubos e sacos membranosos. Hai 2 tipos : liso
(sintetiza
lípidos) e
rugoso (con
ribosomas pegados, que sintetiza proteínas)
- aparello de Golgi : conxunto de cisternas aplanadas que acumulan e logo
segregan substancias en vesículas.
- vacúolos : vesículas que acumulan substancias.
- mitocondrias : orgánulos alongados con dobre membrana. Participan na respiración
celular.
ORGÁNULOS SÓ NA CÉLULA ANIMAL
- centrosoma : formado por dous orgánulos cilindros perpendiculares entre sí (centríolos).
Participa na división celular.
- lisosomas : vesículas que conteñen enzimas. Participan na dixestión da célula.
ORGÁNULOS SÓ NA CÉLULA VEXETAL
- parede celular : formada por celulosa. Presenta unas canles (plasmodermos)
- cloroplastos : orgánulos de dobre membrana que conteñen clorofila. Realizan a
fotosíntese.
O NÚCLEO CELULAR
O núcleo celular é a estrutura máis voluminosa da célula. Nela atópase o ADN. Partes do núcleo celular :
O núcleo celular é a estrutura máis voluminosa da célula. Nela atópase o ADN. Partes do núcleo celular :
- envoltura nuclear : dobre membrana que o rodea. Ten poros nucleares que permiten o
intercambio de substancias.
- nucleoplasma : líquido do interior do núcleo
- nucléolo : corpúsculo esférico. Intervén na formación de ribosomas.
- cromatina : é o ADN. Aparece na célula en repouso. Condénsase e forma os cromosomas cando a célula se divide.
OS
CROMOSOMAS
Os cromosomas son estruturas filamentosas constituídas por ADN e proteínas, aparecen durante a división celular por compactación da cromatina. Hai 4 tipos : - metacéntricos (centrómero situado no medio) – submetacéntricos (centrómero desprazado a un extremo) – acrocéntricos (centrómero moi desprazado a un extremo) - telocéntricos (centrómero nun extremo)
Os cromosomas son estruturas filamentosas constituídas por ADN e proteínas, aparecen durante a división celular por compactación da cromatina. Hai 4 tipos : - metacéntricos (centrómero situado no medio) – submetacéntricos (centrómero desprazado a un extremo) – acrocéntricos (centrómero moi desprazado a un extremo) - telocéntricos (centrómero nun extremo)
TIPOS DE CÉLULAS POLO NÚMERO DE CROMOSOMAS
- haploides (n) : teñen 1 lote de
cromosomas (espermatozoides
e óvulos, teñen 23 cromosomas)
- diploides (2n) : teñen 2 lotes de
cromosomas (glóbulo
vermello, teñen 46 cromosomas)
O
CARIOTIPO
O cariotipo é o conxunto de cromosomas dunha especie. Nun cariotipo distinguimos :
O cariotipo é o conxunto de cromosomas dunha especie. Nun cariotipo distinguimos :
- heterocromosomas (cromosomas sexuais) :
determinan o
sexo, XX nas mulleres e XY nos homes.
- autosomas : resto de cromosomas
O CICLO CELULAR
O ciclo celular é o tempo que transcorre desde que unha célula se forma ata que se divide orixinando dúas células fillas. Ten 2 fases :
O ciclo celular é o tempo que transcorre desde que unha célula se forma ata que se divide orixinando dúas células fillas. Ten 2 fases :
- interfase (fase de non división) : fase de maior duración,
nela a célula medra. Ó final desta fase duplícase o ADN.
- fase M (fase de división) : de duración curta.
Fanse visibles os cromosomas. Divídese o núcleo
(mitose)
e o citoplasma (citocinese)
A
DIVISIÓN CELULAR : MITOSE E CITOCINESE
Na división celular a célula nai divídese en 2 células fillas con idéntico número de cromosomas que a célula nai.
Na división celular a célula nai divídese en 2 células fillas con idéntico número de cromosomas que a célula nai.
MITOSE : división do núcleo. Previamente tense que duplicar o ADN e o
centrosoma. Consta de 4 fases :
- Profase : Comeza a constituírse o fuso
acromático.
- Metafase : Fórmase a placa ecuatorial e
os cromosomas adhírense ás fibras do fuso
acromático.
- Anafase : As cromátidas irmás de cada cromosoma sepáranse e van a polos opostos da célula.
- Telofase : reaparece o nucléolo e comeza a formarse a membrana nuclear. Desaparece o fuso acromá-
- Anafase : As cromátidas irmás de cada cromosoma sepáranse e van a polos opostos da célula.
- Telofase : reaparece o nucléolo e comeza a formarse a membrana nuclear. Desaparece o fuso acromá-
tico e os cromosomas descondénsanse.
Ao final desta fase divídese o citoplasma.
CITOCINESE : división do citoplasma e
repartición dos orgánulos entre 2 células fillas. Nas células animais realízase por estrangulación
e nas vexetais fórmase un tabique de
celulosa (fragmoplasto)
A MEIOSE
A meiose é un tipo de división reducional dunha célula nai (2n) en
4 células haploides (n), coa metade do contido de ADN que a
célula proxenitora. Estas células son xeneticamente diferentes entre si e
distintas á célula nai. A meiose prodúcese nas gónadas e fórmanse os gametos (espermatozoides e
óvulos). Estas células son haploides (n). ( a célula n ten 23 cromosomas (home) – célula 2n
ten 46 cromosomas)
FASES DA MEIOSE
1ª DIVISIÓN : redúcese á metade o número de cromosomas :
- profase I : fanse visibles os cromosomas, os homólogos intercambian fragmentos de
ADN (sobrecruzamento)
así as células fillas son diferentes á nai.
- metafase I : os cromosomas homólogos dispóñense por parellas no ecuador da célula.
- anafase I : os cromosomas homólogos migran ós polos da célula.
- telofase I : fórmanse dúas células fillas (n), coa metade de cromosomas da célula nai.
2ª DIVISIÓN : é unha mitose normal. Consta de 4 fases : profase II, metafase II, anafase II, telofase II
IMPORTANCIA DA MEIOSE : asegura que o número de cromosomas se manteña
constante xeración tras xeración e asegura a variabilidade xenética da
descendencia grazas ao intercambio de información que ocorre entre cada parella
de cromosomas homólogos.
GAMETOXÉNESE : proceso de formación dos gametos, producense por meiose. Hai 2 tipos : espermatoxénese
(formación de espermatozoides) e ovoxénese (formación
de óvulos)
DIFERENZAS ENTRE MITOSE E MEIOSE
MITOSE : prodúcese nas células somáticas –
ocorre unha división e fórmanse 2 células – as células son idénticas xeneticamente entre si e á célula nai.
Non hai intercambio de información – as
células fillas teñen os mesmos cromosomas que a nai.
MEIOSE : prodúcese nas células xerminais (gametos) – ocorren 2 divisións e fórmanse 4 células – as células son diferentes entre si e diferentes á célula nai. Hai
intercambio de información durante o sobrecruzamento da profase I – as células fillas teñen a metade de
cromosomas que a nai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario