35.
a) Relacionando as palabras da esquerda coas da dereita, e facendo as transformacións que precises, forma palabras compostas:
Auga mol = .............. punta lamas = .............. salvar auga = .............. ollo serra = .............
Parar pé = .............. gardar arder = .............. moto vidas = ..............
b) Agora utiliza as palabras compostas que formaches no apartado anterior para completar as seguintes oracións:
- De primeiro prato temos _______________ ó forno.
- Deulle un ______________ á pelota e mandouna ó tellado.
- Bótalle ó café unhas pingas de _______________.
- Se vas saír ó mar recorda levar o ______________.
- O teu coche ten un golpe no _______________ traseiro.
- Levaremos o ____________, parece que vai chover.
- Colle a ______________ e vai espolar uns carballos.
41.
Nas seguintes frases, pon o acento diacrítico nas palabras que o precisen :
- Nos temos que marchar axiña, xa nos avisaron na casa.- Dame a carteira que está enriba da mesa.
- Aínda non e inverno e xa vai moito frío.
- A miña irmá vive fora de Galicia, pero ven todos os anos pasar aquí as vacacións.
- Algunhas persoas so ven a palla no ollo alleo.
- Vos sempre queredes mais, mais eu xa non vos fago caso.
- Fixo un no no amalló do zapato.- Se vas a praia, vai pola autoestrada, e moito mais cómoda ca estrada.
- Dixéronlle o rapaz que baixase da pola da cerdeira, que tiñan moita presa.
- O meu coche consome mais co teu, teño que falar co mecánico.
- Merca unha bola de pan e unha lata de olivas sen oso.
- Se non nos das unha explicación das túas ausencias, mandaremos chamar os teuspais.
94.
a) Identifica de qué tipo é cada unha das seguintes oracións coordinadas :
-Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito.
-Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamente ben.
-Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine.
b) Escribe completa a correspondente oración coordinada, engadíndolle á primeira proposición outra da clase que se che indica, co enlace axeitado a cada caso:
-Sube á terraza (coordinada copulativa)..............................................................................................
-Helena xa é maior (coordinada adversativa)..............................................................................................
-É un home moi lacazán (coordinada disxuntiva)………………………………………………………………….
-Quere estudiar unha carreira (coordinada distributiva)……………………………………………………………
96.
Substitúe nas seguintes oracións as subordinadas substantivas de ComplementoDirecto por pronomes átonos. Exemplo : - Quixo que o levase. - Quíxoo.
- Intúo que non me queres convidar
.- Pola túa carta sabemos que estás moi contenta aí
.- Acordamos que serás un novo membro do grupo.
- Mañá lembrareille a Xoán que lle toca fregar os pratos.
- Souben que foras admitido na nosa universidade
97.
Indica qué tipo de subordinadas substantivas (de suxeito, complemento directo ou atributo) aparecen en cada unha das seguintes oracións :
- As escritoras queren que a súa literatura non sexa considerada feminina.
-Semella interesante que asistas a ese curso de ofimática.
-Que veñades á festa do meu aniversarioé moi importante para min.
- Os pacifistas piden que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico.
- O problema é que non temos o carné de socios desa biblioteca.
-Os que vimos a este cursoestamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento.
98.
Completa as seguintes oracións cunha proposición subordinada substantiva de MOD.
- Non é miña a decisión ____________________
- Aínda que tivo moita sorte na lotería, semella farto _________________________
- O comentario _________________________fixo que rexeitase o premio como sinalde protesta
- Non estamos moi orgullosos ______________
- Os prognósticos ________________________ fixeron que decidisemos adiar a viaxe.
99.
Indica qué tipo de subordinadas substantivas (de SUX, CD, ATRIB ou MOD) aparecen en cada unha das seguintes oracións :
-As noticias do xornal dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto.
- Os agoiros de que ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos.
- Xa estou bastante cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas.
-A miña máxima ilusión é facer un cruceiro polo Mediterráneo.
- Que decidades pasar as vacacións connosco é marabilloso.
100.
a) As seguintes oracións compostas inclúen unha proposición subordinadaadxectiva. Subliña esa proposición e volve escribir a oración substituíndoa por un adxectivo que conserve o significado. Fíxate no exemplo : - Coñecemos unha rapaza que é de Cataluña. - Coñecemos unha rapaza catalana.
- Visitaremos un castelo que ten moitos anos.
- Xurxo mercou unha cazadora que non deixa pasar a auga.
- Pasaremos un día que non poderemos esquecer.
- Esta é unha terra que dá boas colleitas.
- Atopamos auga que era boa para beber.
- O meu fillo é un neno que non para de falar.
b) Agora vas facer a actividade contraria. Transforma as seguintes oracións simples en oracións compostas substituíndo o adxectivo subliñado por una proposición subordinada adxectiva. Fíxate no exemplo : - Atopamos unha casa abandonada. - Atopamos unha casa que estaba abandonada.
- O libro premiadovai ser editado.
- A literatura infantilconta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese producto inflamable.
- Ponlle á túa bici unhas marcas reflectoras.
- Ten unha forma de ser riseira.
- Nesa tenda venden productos artesáns.
c) Completa estas oracións cunha proposición subordinada adxectiva :
- A ministra __________________________________ prometeu a Constitución.
- A vila _______________________ é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos ______________________ estaban enferruxados.
- Xa vin a película _____________________________ .
101.
Clasifica as seguintes oracións compostas segundo conteñan proposicións subordinadas adverbiais de lugar, de modo ou de tempo.
- Colocou os libros no andel de xeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario.
-Mentres viaxas en tren podes ler unha revista.
- Os últimos anos da súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia.
- Non hai quen o ature desque gañou o concurso de contos no colexio.
- Antía cando era nena vivía cos seus avós.
-Non ben entrou a traballar, xa comprou un coche como o dos novos ricos.
-Sempre que te vexo levo unha alegría.
- Facer, farei o exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro.
-Onde nós estábamos non podiamos ver a estrada.
-Cada vez que o vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos.
- Faloume como se me coñecese.
- Dedicouse a pasear polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines.
-Agora que xa está fóra do cárcereactúa sempre conforme manda a lei.
-Logo que deixou o instituto, púxose a traballar co pai.
- Estableceremos a nosa residencia onde teñamos unha vida tranquila.
102.
a) Completa as seguintes oracións compostas subordinadas adverbiais comparativas utilizando o enlace correspondente segundo se che indica :
-Xosé é __________ traballador __________ ti. (Superioridade)
-Xosé é __________ traballador __________ ti. (Inferioridade)
-Xosé é __________ traballador __________ ti. (Igualdade)(Fíxate que nestas tres oracións o verbo da proposición subordinada estáomitido.)
b) Agora escribe unha oración composta subordinada adverbial comparativa utilizando cada un dos seguintes enlaces :
O mesmo que: _______________________________________________
Mellor do que: _____________________________________________
Peor do que: _______________________________________________
103.
a) Completa a proposición principal engadindo en cada caso a proposición subordinada adverbial que se che indica :
- Chegaremos a tempo porque (causal). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo así que (consecutiva). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo para que (final). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo aínda que (concesiva). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Chegaremos a tempo se (condicinal). . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
b) Nas seguintes oracións compostas, subliña a proposición subordinada adverbial, mete nun círculo a palabra ou palabras que funcionan como nexo, e indica de qué clase é cada unha delas (causal, consecutiva, concesiva, final, ou condicional) :
-Aínda que o ano non foi bo, tivemos unha excelente colleita. Clase:. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Chameite por teléfono porque desexaba falar contigo. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Xa está todo feito, xa que logo podemos marchar. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Se estás canso, sentaremos un anaco. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Le o texto de vagar para comprenderes o seu significado. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Non saín da casa pois caía a auga a cachón. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Pese a que instalaron unha alarma, entraron os ladróns. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Coloca ben os traxes a fin de que caiban todos na maleta. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Se fixeses a túa parte do traballo poderiamos entregalo hoxe. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
- Poñerei a gabardina xa que comeza a chover. Clase :. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
SOLUCIÓNS
ACTIVIDADE 35
a)
augardente salvavidas paraugas puntapé ollomol gardalamas motoserra
b)
- De primeiro prato temos ollomol ó forno.
- Deulle un puntapé á pelota e mandouna ó tellado.
- Bótalle ó café unhas pingas de augardente
.- Se vas saír ó mar recorda levar o salvavidas
.- O teu coche ten un golpe no gardalamas traseiro.
- Levaremos o paraugas, parece que vai chover.
- Colle a motoserra e vai espolar uns carballos.
ACTIVIDADE 41
Nós temos que marchar axiña, xa nos avisaron na casa.
-Dáme a carteira que está enriba da mesa.
- Aínda non é inverno e xa vai moito frío.
- A miña irmá vive fóra de Galicia, perovén todos os anos pasar aquí as vacacións.
- Algunhas persoas só ven a palla no ollo alleo
.- Vós sempre queredes máis, mais eu xa non vos fago caso
.- Fixo un nó no amalló do zapato.
- Se vas á praia, vai pola autoestrada, é moito máis cómoda cá estrada.
- Díxeronlle ó rapaz que baixase da póla da cerdeira, que tiñan moita présa
.- O meu coche consome mais có teu, teño que falar co mecánico.
- Merca unha bola de pan e unha lata de olivas sen óso
.- Se non nos dás unha explicación das túas ausencias, mandaremos chamar ós teus pais.
ACTIVIDADE 94
a)
- Nin quere estudiar, nin quere traballar. Copulativa
- Tráeme a fariña que che encarguei ou non poderemos facer o biscoito. Disxuntiva
- Eu non cambio de equipo de fútbol, aínda que este ano non vaiamos precisamenteben. Adversativa
- Onte á noite ceamos fóra da casa e mais vimos unha película no cine. Copulativab)
A modo de exemplo:- Sube á terraza e tráeme os lentes que deixei enriba da mesa. (Coordinadacopulativa)
- Helena xa é maior mais conserva a inocencia dunha nena. (Coordinada adversativa)
- Ou é un home moi lacazán ou se está a rir de nós. (Coordinada disxuntiva)
- Xa quere estudiar unha carreira, xa quere poñerse a traballar de calquera cousa.(Coordinada distributiva)
ACTIVIDADE 96
- intúoo
.- Pola túa carta sabémolo
.- Acordámolo
.- Mañá lembrareillo a Xoán.
- Sóubeno
ACTIVIDADE 97
- As escritoras queren que a súa literatura non sexa considerada feminina. (Sub.Subs. de C.D.)
- Semella interesante que asistas a ese curso de ofimática. (Sub. Subs. de SUX.)
-Que veñades á festa do meu aniversario é moi importante para min. (Sub. Subs. deSUX.
)- Os pacifistas piden que se busque axiña unha saída ó conflicto bélico. (Sub. Subs.de C.D.)
- O problema é que non temos o carné de socios desa biblioteca . (Sub. Subs. deATRIB.)
- Os que vimos a este curso estamos moi satisfeitos co seu desenvolvemento. (Sub.Subs. de SUX)
ACTIVIDADE 98
A modo de exemplo:-Non é miña a decisión de que sexades expulsados. (MOD dun substantivo)
-Aínda que tivo moita sorte na lotería, semella farto de que todo o mundo lle pidacartos. (MOD dun adxectivo)
- O comentario de que o proceso de elección non fora completamente clarofixo que rexeitase o premio como sinal de protesta. (MOD dun substantivo)
- Non estamos moi orgullosos de que foses elixida para a bolsa de estudio no estranxeiro. (MOD dun adxectivo)
- Os prognósticos de que era probable a declaración de guerra, fixeron quedecidisemos adiar a viaxe. (MOD dun substantivo)
ACTIVIDADE 99
- As noticias do xornal dos últimos días prognostican que a guerra vai durar máis do previsto. (Sub. Subs. de C.D.
-Os agoirosde que ía coñecer estes días ó home da miña vida, resultaron ser certos.(Sub. Subs. de MOD dun substantivo)
- Xa estou bastante cansa de que me fagan sempre as mesmas preguntas. (Sub.Subs. de MOD dun adxectivo)
-A miña máxima ilusión é facer un cruceiro polo Mediterráneo. (Sub. Subs. de ATRIB.)
-Que decidades pasar as vacacións connosco é marabilloso. (Sub. Subs. de SUX.)
ACTIVIDADE 100
a)
- Visitaremos un castelo que ten moitos anos. Antigo
- Xurxo mercou unha cazadora que non deixa pasar a auga. Impermeable
- Pasaremos un día que non poderemos esquecer. Inesquecible
- Esta é unha terra que dá boas colleitas. Fértil
- Atopamos auga que era boa para beber. Potable
- O meu fillo é un neno que non para de falar. Falangueiro
b)
A modo de exemplo:- O libro que recibiu o premio vai ser editado.
- A literatura que está escrita para nenos conta con prestixiosos autores.
- Leva coidado con ese producto que pode prender lume
.- Ponlle á túa bici unhas marcas que reflictan a luz
.- Ten unha forma de ser que é moi riseira
.- Nesa tenda venden productos que están feitos a man
c)
A modo de exemplo:-A ministra que vén de entrar no novo equipo gubernamental prometeu a Constitución.
- A vila onde vivo agora é moito máis grande que na que vivía antes.
- Os parafusos que deixei nesa caixa para tirar estaban enferruxados.
- Xa vin a película que me recomendaches
ACTIVIDADE 101
-Colocou os libros no andel d exeito que fose doado atopalos polo seu xénero literario. (Sub. Adv. de Modo)
-Mentres viaxas en tren podes ler unha revista. (Sub. Adv. de Tempo)
-Os últimos anos da súa vida pasounos onde tiña toda a súa familia. (Sub. Adv. deLugar)
- Non hai quen o ature des que gañou o concurso de contos no colexio. (Sub. Adv.de Tempo
- Antía cando era nena vivía cos seus avós. (Sub. Adv. de Tempo)
- Non ben entrou a traballar , xa comprou un coche como o dos novos ricos. (Sub. Adv.de Tempo
- Sempre que te vexo levo unha alegría. (Sub. Adv. de Tempo)
- Facer, farei o exercicio segundo ti me dis, pero eu non o vexo nada claro. (Sub. Adv.de Modo)
- Onde nós estábamos non podiamos ver a estrada. (Sub. Adv. de Lugar
- Cada vez que o vexo vai máis vello, mais xa terá os seus oitenta anos. (Sub. Adv. deTempo
- Faloume como se me coñecese. (Sub. Adv. de Modo)
- Dedicouse a pasear polo paseo marítimo, mentres nos iamos ver unha película ós multicines. (Sub. Adv. de Tempo
- Agora que xa está fóra do cárcere actúa sempre conforme manda a lei . (Sub. Adv. deModo)
- Logo que deixou o instituto , púxose a traballar co pai. (Sub. Adv. de Tempo
- Estableceremos a nosa residencia onde teñamos unha vida tranquila. (Sub. Adv. deLugar)
ACTIVIDADE 102
a)
- Xosé é máis traballador ca ti. (Superioridade)
- Xosé é menos traballador ca ti. (Inferioridade)
- Xosé é tan traballador coma ti. (Igualdade)
b)
A modo de exemplo:O mesmo que: Comín do pastel o mesmo que comiches ti.
Mellor do que: Porteime moito mellor do que vós esperabades.
Peor do que: A película resultou moito peor do que nos dixeran.
ACTIVIDADE 103
a)
A modo de exemplo:- Chegaremos a tempo porque aínda é cedo.
- Chegaremos a tempo así que non teñas présa.
- Chegaremos a tempo para que poidamos tomar un café antes de entrar.
- Chegaremos a tempo aínda que a min non che me apetece moito ir.
- Chegaremos a tempo se marchamos axiña.
b)
-[Aínda que] o ano non foi bo, tivemos unha excelente colleita. Clase: concesiva
- Chameite por teléfono [porque] desexaba falar contigo. Clase : causal
- Xa está todo feito, [xa que logo] podemos marchar.Clase: consecutiva
-[Se] estás canso, sentaremos un anaco.Clase: condicional
- Le o texto de vagar [para] comprenderes o seu significado.Clase: final
- Non saín da casa [pois] caía a auga a cachón.Clase: causa
l-[Pese a que] instalaron unha alarma, entraron os ladróns.Clase: concesiva
- Coloca ben os traxes [a fin de que] caiban todos na maleta.Clase: final
-[Se] fixeses a túa parte do traballopoderiamos entregalo hoxe.Clase: condicional
- Poñerei a gabardina [xa que] comeza a chover.Clase: causal
No hay comentarios:
Publicar un comentario