martes, 10 de mayo de 2011

RESUMEN DE GALEGO 2º ESO TEMAS 7-8-9 : VOCABULARIO, ANTÓNIMOS, ORACIÓN SIMPLE/COMPOSTA, SUXEITO, CD, GRUPOS CONSONÁNTICOS BL/PL/FL, GRUPOS CONSONÁNTICOS -PC-/-PT-, USO DO H, CONECTORES TEXTUAIS, TEXTOS ARGUMENTATIVOS, RESUMO, ESQUEMA, XÉNEROS DOS TEXTOS XORNALÍSTICOS DE OPINIÓN, EN GALICIA, EN GALEGO, A PRESENZA SOCIAL DA LINGUA GALEGA, O GALEGO NA PRENSA,A TELEVISIÓN DE GALICIA E A RADIO GALEGA, UNHA LINGUA IRMÁ NO SUR

VOCABULARIO
ALFINETE = cravo        CENSURAR = prohibir        GABAR = eloxiar        GANDULO = folgazán  
RECENSIÓN = revisión dun texto   RIFAR = discutir       RISCAR = tachar       SOLETREAR = deletrear       TEIMOSO = cabezota     TORNAR = volver      ABAFANTE = asfixiante       ACORDANZA = memoria    ANTUCA = parasol   BUNGALÓ = casa de campo para as vacacións   CABO = tensor   ENXOITO = seco                       CACHARELA = fogueira    CHANTÓN = estaca    CONSTANCIA = firmeza   CUSTODIAR = gardar, vixiar      ESCAMPAR = para de chover    ESTACA = pao   ESTEIRA = tecido de xunco o esparto  MALLO = mazo  MARQUESIÑA = cuberta    MASTRO = pau    PERECER =  morrer  TREBÓN = treboada   
 TENDAL = tendedeira       RAIOLA = raio de sol cando esta o ceo cuberto        TOLDARSE = anubrar    TRAPELA = zapón, pequeña porta ou apertura      VENTAR  = soplar o vento     FOGÓN = fornelo   

OS ANTÓNIMOS : son palabras que teñen significados contrarios ou opostos

A ORACIÓN : unidade sintáctica composta, como mínimo, por un verbo (predicado).
A ORACIÓN SIMPLE : só ten un predicado.
A ORACIÓN COMPOSTA : ten máis dun predicado. As COMPOSTAS POR SUBORDINACIÓN teñen dentro una oración subordinada dependente da principal. As subordinadas poden ser SUBSTANTIVAS, ADXECTIVAS OU ADVERBIAIS.
AS ORACIÓNS COMPOSTAS BIPOLARES : dúas partes que se complementan mutuamente unidas mediante un NEXO. Poden ser CONDICIONAIS (se A, B), CAUSAIS (A porque B), CONSECUTIVAS (A, daquela B) e CONCESIVAS (aínda que A, B).
AS ORACIÓNS COMPOSTAS POR COORDINACIÓN : dúas oracións independentes unidas mediante un nexo. Poden ser COPULATIVAS (e, nin, mais), DISXUNTIVAS (ou), DISTRIBUTIVAS (ora…ora, ben … ben, ou…ou) e ADVERSATIVAS (pero, mais).

O SUXEITO : realiza a acción designada polo predicado e concordan os dous en número e persoa. As
 unidades que poden desempeñar a función de suxeito son un substantivo, pronome persoal, frase nominal, frase substantiva, oración, outros pronomes. A función de predicado pode ser desempeñada por un verbo en forma simple ou por una perífrase verbal.
AS ORACIÓN DIVÍDENSE EN : -TRANSITIVAS (cando o predicado acepta un complemento directo) - INTRANSITIVAS (cando o predicado non acepta o complemento directo).
NOS PREDICADOS REFLEXIVOS OU PRONOMINAIS : a acción recae sobre o mesmo suxeito. 
NOS PREDICADOS RECÍPROCOS : a acción recae sobre un suxeito constituído por varios axentes.
OS PREDICADOS IMPERSOAIS : non teñen suxeito.

O COMPLEMENTO DIRECTO : é una función que se dá dentro da oración. Ë sobre quen recae directamente a acción designada polos verbos transitivos.
AS UNIDADES QUE PODEN FUNCIONAR COMO COMPLEMENTO DIRECTO SON : a frase nominal, frase substantiva, frase preposicional, oración e pronome persoal átono.
NAS CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS : o pronome é obxecto directo.
A FUNCIÓN DE COMPLEMENTO DIRECTO : pode ser desempeñada por una frase preposicional encabezada pola preposición “en”.

GRUPOS CONSONÁNTICOS BL/PL/FL
- ESCRÍBESE BL/PL/FL NOS CULTISMOS (palabras que se incorporaron moi tarde do latín e do grego e que non presentan as evolucións fonéticas do galego) EX: bloque, cable, público, plano, plural, flora, fluxo
- ESCRÍBESE BL/PL/FL NOS PRÉSTAMOS RECENTES  (blusa, plátano, flan)
GRUPO CONSONÁNTICO BR/PR/FR
- ESCRÍBESE BR/PR/FR NOS SEMICULTISMOS (palabras que se incorporaron moi tarde do latín e que non presentan as evolucións fonéticas do galego) E NALGÚNS PRÉSTAMOS ANTIGOS (branco, nobre, dobre, prata, prato, preito,fraco, frecha, frouxo)
GRUPOS CONSONÁNTICOS  -PC-/-PT-
- OS GRUPOS –PT- E –PC- MANTÉÑENSE NOS CULTISMOS (acepción, percepción, aceptar, adoptar).
- NAS PALABRAS XA ANTIGAS NA LINGUA PÉRDESE O PRIMEIRO ELEMENTO (P) DO GRUPO (adscrición, inscrición, ditongo, tritongo, setembro, sétimo)
USO DO H
- ESCRÍBENSE CON H AS PALABRAS QUE COMEZAN POR PREFIXOS GREGOS : HECT- ou HECTO- (cento) EX: hectárea – HEMI- (medio) EX: hemisferio – HEPAT- ou HEPATO- (fígado) EX: hepatite – HIDR- ou HIDRO- (auga) EX: hidráulico – HIPER- (grande) EX: hipermetropía
- OS COMPOSTOS E DERIVADOS DAS PALABRAS QUE SE ESCRIBEN CON H MANTEÑEN O H (herba = herbívoro)
- AS SEGUINTES INTERXECCIÓNS TAMÉN LEVAN H (ah, uh, eh, ho, oh, boh, bah)
- O H TAMÉN SE USA NALGÚNS ESTRANXEIRISMOS (hippy, hall, hobby)
- HAI ALGUNHAS PALABRAS QUE SE PODEN ESCRIBIR CON OU SEN H (alcohol = alcol)

CONECTORES TEXTUAIS : - OPOSITIVOS (non obstante, porén, pero, mais, pola contra, con todo, malia todo, aínda así, no encanto) – CAUSAIS E CONSECUTIVOS (así que, así pois, xa que logo, daquela, polo tanto, por iso, polo que, de aí que) – ORGANIZADORES DO DISCURSO (en primeiro lugar, antes de nada, nun principio, en segundo lugar, por outra parte, deseguido, por último, para concluír, en conclusión, en resumo)
OS TEXTOS ARGUMENTATIVOS  : presentan feitos, ideas, e opinión sobre una cuestión determinada, coa finalidade de defender una tese e convencer da súa veracidade ás persoas que o len.
PARTES DUN TEXTO ARGUMENTATIVO : presentación da hipótese que se vai defender - argumentación para a demostración – conclusións que se deducen do anterior
O RESUMO : facer un resumo dun texto é crear un texto novo no cal aparezcan recollidas as ideas principais máis importantes do primeiro.
XÉNEROS DOS TEXTOS XORNALÍSTICOS DE OPINIÓN : O ARTIGO (que se atopa nunha columna), O EDITORIAL, A CRÍTICA OU AS CARTAS Á DIRECCIÓN DO XORNAL
O ESQUEMA : é una técnica que nos permite sintetizar a información máis importante dun texto e organizala de xeito visual. Características do esquema : - debe ser funcional – estilo telegráfico – as ideas organízanse xerarquicamente – o esquema adoita partir das ideas que previamente subliñamos nun texto.

EN GALICIA, EN GALEGO
Case todo o mundo en Galicia entende e fala o galego, pero leelo e escribilo non, porque a xente adulta non foi alfabetizada en galego. Moitas persoas, sobre todo a xente de máis idade, non queren falar o galego en público polos prexuizos negativos que aínda se asocian ao galego. De ai que falemos dunha parcial invisibilidade social da lingua, máis acusada nos ámbitos urbanos.
A PRESENZA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
 Moitas veces, a invisibilidade social da lingua fai que teñamos una percepción errónea da situación sociolingüística de Galicia. Por iso é importante sabernos os datos reais do seu coñecemento e do seu uso, pois só deste xeito se poden entender os factores positivos e negativos que inflúen no proceso de normalización da lingua.
O GALEGO NA PRENSA
A mayoría dos medios de comunicación escritos están redactados en castelán, o que transmite una realidade lingüística distorsionada, pois non cadra aos usos reais das dúas linguas na sociedade.
A TELEVISIÓN DE GALICIA E A RADIO GALEGA
 A TVG comezou as súas emisións o 25 de xullo de 1985 e a Radio Galega en marzo dese mesmo ano. Emiten desde San Marcos, preto de Compostela e naceron para difundir, protexer e potenciar a cultura e a lingua galegas.
UNHA LINGUA IRMÁ NO SUR
A orixe da lingua portuguesa e da galega proceden do latín. Compartimos un mesmo periodo literario medieval escrito en galego-portugués. Son dúas linguas moi semellantes, pero con significativas diferenzas. Os principais países nos que se fala portugués son : Brasil, Guinea-Bisau, Angola, Mozambique, Sao Tomé e Príncipe, Timor Leste e Cabo Verde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario