lunes, 28 de enero de 2013

resumo bioloxía 4º eso a orixe da vida


A ORIXE DA VIDA
Hai varias hipóteses sobre a orixe da vida :
XERACIÓN ESPONTÁNEA : Antigamente críase que os seres vivos xurdían por xeración espontánea, a partir da materia orgánica en descomposición. O primeiro científico en cuestionarse a xeración espontánea foi Fancesco Redi. No seu experimento colocou un anaco de carne nun recipiente aberto e outro cubriuno cunha reixa, ao pasar un tempo, decatouse de que o anaco de carne que había no recipiente aber- to descompuxérase, e afirmou que as larvas que naceran na materia orgánica foron polos ovos postos polas moscas. Pero esta teoría non rexeitou totalmente a xeración espontánea. No S. XVII Louis Pasteur foi quen rexeitou  totalmente a xeración espontánea e demostrou co seu experimento (puxo caldo en dous matraces de colo longo e estreito, que curvou co calor dunha chama, ferveu o líquido dos matraces para esterilizalos, varios días despois comprobou que o caldo non se estragara, cortou o colo dun deles e ao cabo duns días viu que se descompuxera) que son os microorganismos do aire os que descompoñen a materia orgánica, querendo dicir que todo ser vivo procede doutro ser vivo.
HIPÓTESE DA PANSPERMIA : a vida orixinouse no espazo e viaxou en forma de esporas.  
HIPÓTESE DA SÍNTESE PREBIÓTICA :a vida provén de moleculas orgánicas xurdidas no planeta a par- tir de materia inorgánica. Síntese prebiótica : Oparin e Haldane  propuxeron que puideron formarse unha serie de moléculas orgánicas simples a partir de gases presentes na atmosfera primitiva. Baseáronse en :  - que o planeta estaba rodeado dunha atmosfera sen osóxeno (atmosfera redutora), constituída por metano, hidróxeno, amoníaco e vapor de auga – cando a temperatura da terra descendeu o vapor de auga condensouse formando as nubes que deron lugar á chuvia que orixinou os océanos – a enerxía que chegaba do sol e as descargas eléctricas provocaron que os compostos inorgánicos interactuaran orixinando compostos orgánicos, estes precipitaron sobre a superficie terrestre e forn arrastrados pola chuvia ata os océanos formando a sopa primitiva.  Oparin propuxo que nesta sopa primitiva, estas moléculas asociáronse en esferas ocas chamadas coacervados que encerrarían no seu interior ácidos nucléicos. Estas esferas serían as precursoras das primeiras células. Stantley  Miller comprobou a hipótese de Oparin e Haldane, creando unhas esferas  como a terra primitiva, nelas introduciu auga e quentouna e viu que ao arrefriarse precipitaba e se creaban moléculas orgánicas sinxelas.  
A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA. A ORIXE DA BIODIVERSIDADE
A evolución biolóxica é o proceso continuo de transformación das especies ao longo do tempo. Hai varias teorías sobre a evolución :
FIXISMO :  pensaban que os seres vivos non cambiaban. As especies permanecían invariables ao longo do tempo. O naturalista Carl Von Linneo defendeu o fixismo.
CREACIONISMO : pensaban que as especies fóran creadas por Deus e que se mantiñan inmutables (baseánbanse na biblia).  
CATASTROFISMO : Georges Cuvier dicía que antigamente había seres vivos, que se fóron extinguindo por catástrofes naturais. Tras a desaparición destas especies eran creadas outras distintas.
EVOLUCIONISMO :os seres vivos cambiaron ao longo do tempo. Existen distintas teorías evolucionistas:
- O LAMARKISMO OU TRANSFORMISMO : primeira teoría sobre a evolución proposta polo naturalista Jean Baptiste Lamarck. A súa teoría baseábase en 3 puntos : - Os organismos mostran unha tendencia cara á complexidade - O uso repetitivo dun órgano produce o seu desenvolvemento, a función  crea o órgano (unha xirafa ía forzando o colo ata telo grande e logo os seus fillos tiñan o colo alto, algo que non é certo) - Os caracteres adquiridos son herdables (incorrecto, só se herdan aqueles caracteres cuxa información está nos xenes).
 - TEORÍA DE CHARLES DARWIN E  ALFRED RUSSEL WALLACE :  Ambos os dous científicos chega- ron ás mesmas conclusións para explicar a orixe da gran diversidade de seres vivos. No seu libro “A ori- xe das especies” Darwin propuxo que a evolución das especies se produce por selección natural (meca- nismo polo que as especies cambian). Na súa obra influíron varios feitos como por exemplo a súa via-  xe arredor do mundo (nas illas Galápagos atopou numerosas probas que foron claves para elaborar a súa teoría), e a partir de obras doutros ilustrados coma a do economista Thomas Malthus (deulle a idea da loita pola supervivencia) e a do xeó logo Charles Lyell (deulle a idea da sucesión e cambio
gradual ao longo do tempo). A teoría da evolución por selección natural ou darwinismo pódese resumir nos seguintes puntos : - existe entre os organismos unha loita pola supervivencia (os recursos do medio, coma o alimento e o espazo, son limitados. Se nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, entre eles prodúcese unha loita pola supervivencia) – entre os individuos dunha poboa- ción existe variabilidade (non todos son exactamente iguais) - o medio selecciona aos organismos mellor adaptados (aqueles individuos que presenten unha variación vantaxosa terán unha maior probabilidade de sobrevivir e reproducirse. Deste xeito, as especies van cambiando de forma  continua e gradual). 
O EQUILIBRIO PUNTUADO : os paleontólogos Eldredge e Gould expuxeron esta teoría e tratan de explicar a desaparición repentina dalgunhas especies e a aparición súbita doutras novas. Segundo esta teo- ría, non todos os cambios evolutivos son graduais, existiron períodos de curta duración (especiación),nos  que se producen rápidos cambios e aparecen moitas especies novas. A especiación é o conxunto de pro cesos que conducen á formación dunha nova especie a partir doutra preexistente. A condición esencial é
o illamento reprodutivo, (que se interrompa o fluxo de xenes entre dúas poboacións). Isto pode ocorrer por illamento xeográfico, debido a aparición  dunha  barreira xeográfica (montañas, etc). O material xenético inicial de cada unha das poboacións irá diferenciándose. Cada poboación evolucionará de forma diferente. Co paso do tempo, as poboacións serán diferentes e orixinaríanse dúas especies distintas.
TEORÍA DA SIMBIOXÉNESE : que un organismo transfira fragmentos de ADN a outro organismo dunha especie distinta denomínase transferencia xenética horizontal. A simbioxénese é unha teoría evolutiva defendida pola bióloga Lynn Margulis, que propón que a especiación está íntimamente ligada a adquisición de xenomas a través de transferencia xenética horizontal. 

A ORIXE DA VARIABILIDADE
Darwin non puido explicar como se orixina a variabilidade sobre a cal actúa a selección natural. Actual- mente sábese que é por variacións xenéticas e estas xeran dous procesos : 
MUTACIÓNS : son alteracións que se producen ao azar nos xenes, as que afectan aos gametos transmítense á descendencia. As mutacións poden ser : - prexudiciais (provocan unha desvantaxe. Estas mutacións tenden a ser eliminadas por selección natural) – favorables (propón algunha vantaxe) - neutras (non son vantaxosas nin prexudiciais)
REPRODUCIÓN SEXUAL : xera variabilidade debida á recombinación xénica que ocorre durante a meiose e mais á unión ao azar dos gametos durante a fecundación.

                                          A PRESIÓN DE SELECCIÓN E A ADAPTACIÓN
Aqueles factores que afectan de xeito negativo á supervivencia dos individuos denomínanse presión de selección. A selección natural ocorre cando a presión de selección se mantén sen cambio durante longos períodos de tempo. Despois de moitas xeracións, os individuos estarán adaptados ao medio. Este proceso que ten lugar nas poboacións como consecuencia da presión de selección e a selección natural chámase adaptación. Cantas máis variacións hereditarias para un carácter se xerasen ao azar nunha poboación, maior será a capacidade de superar a presión de selección.

PROBAS DA EVOLUCIÓN
Existen gran cantidade de probas que demostran a evolución :
PROBAS ANATOMICAS : baséanse no estudo comparado das estruturas corporais dos organismos :
- órganos homólogos (aqueles que teñen a mesma estrutura interna aínda que a aúa forma externa e función sexa diferentes→o brazo dunha persoa, a á dun morcego, a aleta dunha balea) - órganos  análogos (aqueles que desempeñan a mesma  función, pero teñen unha orixe distinta→ás de morcegos, aves e insectos) - órganos vestixiais (aqueles cuxa función se foi perdendo ao longo da evo lución. Son órganos que nos organismos actuais se encontran en desuso)
PROBAS PALEONTOLÓXICAS : baséanse no estudo de fósiles (restos de seres vivos no pasado). O rexistro fósil permitiu reconstruír a evolución de certos organismos ao observar modificacións graduais. Ás veces, os fósiles presentan características intermedias entre dous grupos (Archaeopteryx presenta tra
zos de réptil e de ave)    
PROBAS EMBRIOLÓXICAS : baséanse no estudo comparado do desenvolvemento embrionario de distintos animais.  
PROBAS BIOXEOGRÁFICAS : baséanse no estudo da distribución xeográfica das especies. Os organis- mos que habitan xuntos nunha determinada área evolucionan de maneira similar, pero cando certas po-
boacións quedan illadas, tenden a evolucionar cara a formas diferentes.
PROBAS BIOQUÍMICAS : baséanse na comparación de organismos diferentes a nivel molecular. Canto mais parecidas sexan dúas especies a nivel molecular maior será o parentesco evolutivo. Os métodos baséanse nas secuencias de ADN e de aminoácidos das proteínas.

TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN (NEODARWISMO)
Durante a primeira metade do S. XX, os avances en todos os campos da bioloxía permitiron dar novas interpretacións á teoría da evolución. Esta teoría chámase neodarwinismo ou teoría sintética xa que unifica diferentes áreas da bioloxía coma a xenética, paleontoloxía, bioquímica, ecoloxía e a xenética de poboacións . Baséase nos seguintes puntos : - a viabilidade xenética débese á mutación e recombinación - a selección natural actúa sobre a variabilidade xenética - a selección natural conduce a cambios no conxunto de alelos dunha poboación - evoluciona a poboación, non os individuos - a evolución  prodúcese de xeito gradual. O proceso para que aparezca unha nova especie é moi longo


A ORIXE E A EVOLUCIÓN DA ESPECIE HUMANA
ANTEPASADOS COMÚNS : o homo sapiens é a única especie do xénero Homo, e compón, xunto aos xéneros gorilas e orangutáns, a familia Hominidae, incluída dentro da orde Primates. Esta familia comprende tamén o Australopithecus e o Ardipithecus. Unha das principais características dos homínidos é o bipedismo, que consiste en camiñar sobre os dous pés, sen apoiar as mans. Camiñar erguido posibilita un grande aforro enerxético e permite percorrer maiores distancias.

A EVOLUCIÓN DO XÉNERO HOMO
Os primeiros homínidos xa estaban presentes no leste de África hai uns 7 ou 5 M.a. Co tempo, diversificáronse dando lugar a unha variedade de especies distintas, moitas das cales conviviron no mesmo espazo. Os Homo sapiens, somos os últimos representantes dos homínidos, xa que o resto das especies se extinguiu.   

resumo ccss 4º eso España no S. XIX


1. Termos
CONSTITUCIÓN : leis fundamentais dun estado democrático que fixa os dereitos e deberes dos cidadáns e o marco de funcionamento das institucións.
PRAGMÁTICA SANCIÓN : norma que promulgou Fernando VII, que derrogaba a Lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres. Quería evitar que a súa única herdeira, Isabel, fose eliminada da liña sucesoria, e con este documento recoñecéuselle como herdeira.
PRONUNCIAMENTO : forma de sublevación militar típica do S. XIX, que perseguía cambiar un determinado sistema político.
GUERRILLAS : partidas de civís armados que fustrigaban as tropas napoleónicas e entorpecían o seu control.
CORTES DE CÁDIZ : Asamblea formada polo goberno da Xunta Central, que durante a Guerra da Independencia crea a primeira Constitución Española (1812) que pon fin ao Antigo Réxime.
LIBERAIS : son os partidarios de Isabel II e da súa nai, a rexente María Cristina (1). Os liberais eran partidarios da monarquía constitucional e divídense en dous grupos : - os moderados (partidarios de reforzar a posición do rei e de aplicar unhas reformas limitadas) – os progresistas (que defendían unha política de reformas profundas).
DESAMORTIZACIÓN : expropriación de terras pertencentes á Igrexa, aos nobres e aos concellos para poñelos en subasta pública, para que as merquen os campesinos. Dáse en España no S. XIX 
GUERRAS CARLISTAS : enfrontamentos que se dan en case todo o S. XIX entre os absolutistas partidarios de Don Carlos e os liberais partidarios de Isabel II.
FEDERALISMO : organización de estado onde distintas zonas ou rexións teñen gobernos propios e moitas competencias administrativas.
QUENDA DE PARTIDOS : organización política da restauración organizada por Cánovas del Castillo onde se alternaban no poder os liberais e os conservadores para evitar enfrontamentos entre eles.
OLIGARQUÍA : goberno dunha minoría constituída polos máis poderosos. Dáse en España no S. XIX debido ao sufraxio censitario.
RESTAURACIÓN : é a volta á monarquía borbónica con Alfonso XII, despois do golpe de estado de Martínez Campos.
CANTONALISMO : movemento que tiña como obxectivo a creación de Estados soberanos e federados dentro de España.
REPÚBLICA : forma de goberno representativa na que o xefe do goberno non é hereditario nin vitalicio, senón o resultado dunha elección popular,directa ou indirecta.

2. Datas e personaxes
1808 :inicio da Guerra da Independencia, vencendo o exército español aos franceses na batalla de Bailén 
1868 : fin do reinado de Isabel II. Tras derrocar a raíña, constitúese un goberno provisional ata 1870.
1874 : fin do Sexenio Democrático e comezo da Restauración e do reinado de Afonso XII.
1812 : as Cortes de Cádiz aprobaron a primeira Constitución Española. Con iso establecíanse os fundamentos do réxime liberal en España.
1898 : España perde Cuba, Puerto Rico e Filipinas, debido ás guerras que mantiña España coas súas colonias na Restauración.
M. CRISTINA (1) : muller de Fernando VII e nai de Isabel II, foi a 1ª rexente do réxime liberal en España no S. XIX.
DON CARLOS : irmán do rei Fernando VII, os seus partidarios eran os absolutistas. Don Carlos era o lexítimo herdeiro ao trono. Os seus seguidores, os carlistas, ao non aceptar a Isabel II como raíña, darán lugar a unha serie de guerras ao longo do S. XIX (guerras carlistas).   
MENDIZÁBAL :ministro progresista durante a rexencia de M. Cristina (1), que realizou a desamortización. 
ESPARTERO : I ministro no bienio progresista.
NARVÁEZ : I ministro moderado, varias veces durante a primeira década do reinado de Isabel II   
ISABEL II : foi proclamada raíña en 1833 con tres anos de idade, por iso o seu reinado  iníciase con dúas  
rexencias, a da súa nai Mª Cristina (1) e a do Xeneral Espartero. Adiántase a súa maioría de idade e en
novembro de1843 empeza o seu reinado efectivo.
SERRANO : presidente do goberno unionista, tras derrocar a Isabel II cun pronunciamento que fixo xunto co xeneral Prim. Serrano convocou Cortes constituíntes que aprobaron a Constitución de 1869.
PRIM :  tras a marcha de Isabel II, o xeneral Prim foi o encargado de encontrar un novo rei para España,  o príncipe Amadeo de Saboia e foi o seu principal apoio ata que foi asesinado en Madrid.
AMADEO I DE SABOIA : rei de España desde 1871 ata 1873. Era un rei moderno e demócrata, pero non foi nada ben recibido xa que contou coa oposición dos monárquicos e da Igrexa. Tampouco o apoiaban os republicanos, e parte da poboación non o quería porque era estranxeiro.
AFONSO  XII : fillo de Isabel II. Foi proclamado rei polo xeneral Martínez Campos en 1874, co que diu comezo ao réxime da Restauración.
CÁNOVAS DEL CASTILLO : Afonso XII nomeouno presidente do goberno conservador. Cánovas organizou o sistema político baseándose nunha nova Constitución e na alternancia no poder dos partidos.
SAGASTA : presidente do goberno liberal na alternancia do poder dos partidos que propuxo Cánovas.
M.CRISTINA (2) : muller de Afonso XII. Ao morrer este en 1885, a raíña Isabel II abdica no nome do seu fillo e dáselle a rexencia a M. Cristina (2).

3.Xuntar dous personaxes e relacionalos (4 parellas)
AMADEO I DE SABOIA – PRIM : Prim foi o principal apoio de Amadeo I de Saboia
CÁNOVAS DEL CASTILLO – SAGASTA : No novo sistema político de Cánovas del Castillo existían dous partidos, o conservador, liderado por él mesmo e o liberal, liderado por Sagasta. 
AFONSO XII – M. CRISTINA (2) : Ao morrer Afonso XII, dáselle a rexencia a súa esposa M. Cristina (2)
ISABEL II – M. CRISTINA (1) : durante a minoría de idade de Isabel II, a súa nai M. Cristina (1) foi a primeira rexenta do réxime liberal instaurado en España no S. XiX

4. Explica as seguintes afirmacións :
1. Cales foron os motivos da Independencia de Latinoamérica?
Os crioulos (descendentes de españois) que foron educados en Europa con ideas liberais e nacionalistas.
2. Explica as fases da Independencia iberoamericana e os seus protagonistas?
1808-1815 : debido á Guerra da Independencia de España e que as colonias aproveitan, pola falta de exército español.
1815-1825 : cando se restaura en España a monarquía absoluta con Fernando VII, o que rexeitan as colonias iberoamericanas.
Os seus protagonistas foron Simón Bolivar, que independiza o norte de Sudamérica creando a gran Colombia e José Sanmartín, que independiza o sur de Sudamérica.
3. Por que abdicou Carlos IV, con quen e lugar onde o fixo?
Carlos IV cede a coroa a Napoleón, cansado das conspiracións da propia corte, levadas a cabo polo seu fillo Fernando, e os partidarios deste, que non soportaban o poder absoluto que estaba acumulando Godoy (primeiro ministro de Carlos IV) e presionado polo propio Napoleón, que convoca en Baiona aos reis de España.
4. Que medidas políticas se levaron a cabo durante a Guerra da Independencia?
Trátase de botar abaixo ao Antigo Réxime, poñendo un goberno liberal. Elabórase unha Constitución. Lóitase e expúlsase aos franceses, que se ven como invasores.
5. Por que reinou Isabel II no lugar do príncipe Don Carlos? E que provocou isto?
Isabel II puido reinar debido a Pragmática Sanción que promulgou o seu pai Fernando VII, que derrogaba a lei Sálica que impedía reinar ás mulleres. Isto provocou as Guerras Carlistas, enfrontamentos entre os absolutistas, partidarios de Don Carlos e os liberais, partidarios de Isabel II.
6. Cales foron os principais problemas do reinado de Fernando VII?
Suprímese a Constitución e vólvese a restaurar o absolutismo , intervén a Santa Alianza. Persecusións con fusilamentos dos liberais. Instáurase o Antigo Réxime e suprímese a lei Sálica que non deixaba reinar ás mulleres e establece a Pragmática Sanción.
7.Cales foron as dúas desamortizacións do S. XIX, a quen lle afectaron e durante que reinados ou periodos se fixeron?
Durante a rexencia de M. Cristina (1) prodúcese a desamortización de Mendizábal, expropiando as terras da Igrexa e dos nobres para poñelas a subasta pública, para que as merquen os campesinos.
Durante o bienio progresista do reinado de Isabel II, liderado por Espartero, prodúcese a desamortización de Madoz sobre bens de concellos e eclesiásticos, o que agravou a situación dos campesinos.
8. Por que tivo que abdicar Isabel II?
Pola unión de todos os partidos para botar a raíña, obligándoa a abdicar por problemas políticos e persoais.
9. Cales foron as etapas políticas do sexenio Democrático? Explica os problemas máis importantes.
1ª etapa 1868-1870 : Goberno Provisional – 2ª etapa 1870-1873 : Monarquía de Amadeo I de Saboia
3ª etapa 1873-1874 :1ª República
Elabóranse Constitucións democráticas. Trátase de solucinar os problemas nas colonias. Continúan as Guerras Carlistas. Diversidade nos tipos de República. Atentados terroristas. Cantonalismo ou movementos independentistas de certas zonas de España. Golpe de Estado.
10. Por que se proclamou a I República e cales foron os motivos da súa corta duración?
Proclamousa a I República porque non había rei. Durou un ano porque a maioría do seus diputados non eran republicanos e non apoiaban esa ideoloxía.
11. A que se debeu o nome de restauración e quen foi o seu creador e artífice?
O nome de Restauración debeuse á volta da monarquía borbónica con Afonso XII e o seu creador e artífice foi Cánovas del Castillo.
12. Como foi posible levar a cabo durante a Restauración a alternancia ou quenda de partidos?
Foi posible levar a cabo a alternancia dos partidos pola manipulación das eleccións mediante fraude electoral (pucheirazo) , polo caciquismo e pola corrupción.  
13. Cando se pasa definitivamente do Antigo Réxime o Estado Liberal en España e por que?
Nun primeiro momento implántase o estado liberal coas Cortes de Cádiz durante a Guerra da Independencia, onde se elabora a primeira Constitución. O Antigo Réxime desaparecerá definitivamente á morte de Fernando VII co reinado de Isabel II, que ten que apoiarse nos liberais debido ás Guerras Carlistas e establecer polo tanto un estado liberal.


OBRA : Casa Milá ou A Pedrera              AUTOR : Gaudí              SIGLO : principio do XX

ESTILO : Modernismo                              LUGAR : Barcelona
COMENTARIO
O Modernismo é un estilo que se estende por toda Europa (en España : Cataluña → Barcelona). Este estilo inspírase nas formas da natureza, no estilo gótico e algo na arte islámica. En Cataluña, Gaudí sería un dos arquitectos máis representativo, chamado desde distintas partes de España para traballar. A Casa Milá, encargada por esta familia de empresarios, ocupa toda a mazá, a familia estaría no primeiro andar. Os andares superiores eran para alugar e áinos de distintas formas e medidas, porque o edificio está feito con planta libre como arquitectura contemporánea. A súa fachada é unha onda con entrantes e saíntes semellando unha ola do mar, pois o material da fachada é unha pedra que imita a area, con balcóns de ferro semellando algas e os pisos todos distintos. No interior hai dous patios con formas circulares que van a dar a terraza superior onde se sitúan unas chimeneas con formas antropomórficas. Tanto esta terraza como as buhardillas da parte superior son de uso común.

OBRA : A Sagrada Familia                      AUTOR : Gaudí                    SIGLO : finais S. XIX ata XXI
ESTILO : Modernismo                              LUGAR : Barcelona
COMENTARIO
A esta obra adicoulle Gaudí toda a súa vida, na que invertíu todos os cartos que gañaba, pois está feita a base de donativos. É unha igrexa con 3 naves de gran altura e con influencias góticas. Gaudí só puido facer unha fachada e a zona da ábsida. Deseñou na súa totalidade a igrexa, traballando e vivindo nos últimos anos da súa vida na cripta. Neste deseño aparecían 3 fachadas con 4 torres cada unha, sendo en total 12, que simbolizan os 12 apóstolos; no cruceiro da igrexa habería unha gran torre, que simbolizaría a Cristo, rodeada de 4 pequenas torres, que simbolizarían aos 4 evanxelistas; enriba do altar hai 1 torre, símbolo de María. A fachada, que él construíu una súa totalidade, foi a do nacemento, con 3 portadas semellando grutas con estalactitas, nelas coloca esculturas moi realistas relacionadas coa vida de Cristo. Enriba desta 3 portadas colocaría 4 torres cilíndricas totalmente furadas e unha delas funcionaría como campanario. No remate das torres colocaría cerámica vidrada, que ao darlle a luz a unha certa hora, emitiría destelos, que simbolizarían á luz de Deus, ademais puxo gravados alabando a Deus. A outra fachada estaría construída nos anos 80 de forma moderna, o resto da igrexa constrúese seguindo os planos de Gaudí. Gaudí morre atropelado por unha carruaxe cando viña de recaudar cartos para seguir a construción da igrexa.

sábado, 26 de enero de 2013

exercicios con solucións galego 4º eso 1ª avaliación (parte 2)


1. Explica que funcións da linguaxe aparecen nas seguintes mensaxes:
Ex: Cala!: función apelativa, pois pretende influír na conduta do receptor ou movelo a facer algo, mediante unha oración imperativa.
a) A terra é redonda.
b) Amar é un verbo.
c) Toma un refresco.
d) Me pasas o sal?
e) Es un parvo!
f) Diga?
g) Os teus dentes, perlas brancas.

2. identifica os constituíntes de cada forma verbal : lexema, vt, mmt, mnp 
Forades:  
Viñeches:  
Puxesen.  
Fagas.  
Couberon.  

3. analiza morfolóxicamente estas palabras:
Inxusto:  
Bombeiros:  
Gatiño:  
Poidan:  
Andaremos:  
 Bisilábico:  

4. Comenta o significado denotativo das seguintes palabras e, a continuación, engade os posibles significados connotativos que se lles asocian normalmente:
- praia:
- exame:
- biblioteca:
- cidade:
- quenlla:
- vermello:
- felpudo:
- música:
- outono:

5. Elabora un cadro no que sinales os semas compartidos e distintivos das seguintes palabras pertencentes ao campo semántico dos deportes: baloncesto, vela, natación, fútbol, tenis.

6. COMPLETA as seguintes palabras con "B" ou "V":
___áter     ___ermello     ___esgo     ___erza     ___im___io     ___oda     ___oitre     ___ulto     a___elá a__eleira      automó__il      ___aldeirar      ___aleirar      __aleiro      ___enia      ___irollo      ___iruxe    __ol__oreta     chi__o     dé___eda     dú__ida     a__ultar     con__oi     cor__eta     co__arde    co__ardía chu__asco      chu__asqueiro      de___alar      de__ecer      escara__ello      escar___ar      es___elteza es___elto     gara___anzo     ga__ián     gra___ar     gra___ación     gra___ado     gra___ata     pa___illón pel___e     tre___o     __aixela     fi___ela     mara__illa     mara___illar     mara___illoso     mó___il mo___iliza___le     mo___ilización     mo___ilizado     mo___ilizar     ou___ear     pe___ida     re___entar ri___eira     tro___ador     ace___ro     adi___al     a___ó     a___ogacía     a___ogado     a___oengo a___ogar     á___rego     a___ogado     a___ultado     ___aixela     ___alado     ___aranda     ___arrer
___arredoiro     ___asoira     ___asoirada


7. Poñer b ou v ás seguintes palabras, segundo lles corresponda
































SOLUCIÓNS

 Respostas do exercicio 1
a) A terra é redonda: función representativa, transmite información mediante unha oración enunciativa.
b) Amar é un verbo: función metalingüística, fala da propia linguaxe.
c) Toma un refresco: función apelativa, pois pretende influír na conduta do receptor ou movelo a facer algo, mediante unha oración imperativa.
d) Me pasas o sal?: función apelativa, pois pretende influír na conduta do receptor ou movelo a facer algo, mediante unha oración interrogativa.
e) Es un parvo!: función expresiva, manifesta a emoción ou estado de ánimo do falante.
f) Diga?: función fático, inicia unha comunicación mediante muletas ou frases feitas.

2.
Forades: Raíz: fo-. VT: Ø. MMT: -ra-. MNP: -des.
– Viñeches: Raíz: viñ-. VT: -E-. MMT: Ø. MNP: -ches.
– Puxesen. Raíz: pux-. VT: -E-. MMT: -se-. MNP: -n.
– Fagas. Raíz: fag-. VT: Ø. MMT: -a-. MNP: -s.
– Couberon. Raíz: coub-. VT: -E-. MMT: Ø. MNP: -ron.

3.
Inxusto: in-: morfema, dependente, derivativo, prefixo + -xust-: lexema + -o:
morfema dependente constitutivo (xénero masculino).
Bombeiros: bomb-: lexema + -eir-: morfema dependente derivativo sufixo + -o-:
morfema dependente constitutivo (xénero masculino) + -s: morfema dependente
constitutivo (número plural).
– Gatiño: gat- lexema + -iñ-: morfema dependente facultativo diminutivo + -o:
morfema dependente constitutivo (xénero masculino).
– Poidan: poid-: raíz ou lexema (R) + -a-: morfema modotemporal (MMT) + -n:
morfema número-persoal (MNP).
– Andaremos: and-: raíz ou lexema (R), -a-: vogal temática (VT), -re-: morfema
modo-temporal (MMT); -mos: morfema número-persoal (MNP).
 – Bisilábico: bi-: morfema dependente derivativo prefixo + -silab-: lexema + -ic-:
morfema dependente derivativo sufixo + -o: morfema dependente constitutivo
(xénero masculino).

4.
Solución:
- playa: significado denotativo: 'ribera del mar o de un río grande, formada de arenales en superficie casi plana'; significados connotativos: verano, diversión, vacaciones, relajación, etc.
- examen: significado denotativo: 'prueba que se hace de la idoneidad de una persona para el ejercicio y profesión de una facultad, oficio o ministerio, o para comprobar o demostrar el aprovechamiento en los estudios'; significados connotativos: estudio, esfuerzo, dificultad, nervios, etc.
- biblioteca: significado denotativo: 'institución cuya finalidad consiste en la adquisición, conservación, estudio y exposición de libros y documentos'; significados connotativos: silencio, trabajo, lectura, respeto, cultura, etc.
- ciudad: significado denotativo: 'conjunto de edificios y calles, regidos por un ayuntamiento, cuya población densa y numerosa se dedica por lo común a actividades no agrícolas'; significados connotativos: ruido, aglomeraciones, anonimato, oportunidades, superpoblación, etc.
- tiburón: significado denotativo: 'pez selacio marino, del suborden de los Escuálidos, de cuerpo fusiforme y hendiduras branquiales laterales. La boca está situada en la parte inferior de la cabeza, arqueada en forma de media luna y provista de varias filas de dientes cortantes. Su tamaño varía entre cinco y nueve metros y se caracteriza por su voracidad'; significados connotativos: persona ambiciosa que a menudo actúa sin escrúpulos y solapadamente; ferocidad, peligro, miedo.
- rojo: significado denotativo: 'encarnado muy vivo; primer color del espectro solar'; significados connotativos: en política, radical, revolucionario; en colores, amor, pasión, fuerza, sentimiento.
- felpudo: significado denotativo: 'estera gruesa y afelpada que se usa principalmente en la entrada de las casas a modo de limpiabarros, o para pasillos de mucho tránsito'; significados connotativos: persona que se deja apabullar, demasiado servicil y dócil.
- música: significado denotativo: 'melodía, ritmo y armonía, combinados'; significados connotativos: placer, alegría, tranquilidad, fiesta, etc.
- otoño: significado denotativo: 'estación del año que, astronómicamente, comienza en el equinoccio del mismo nombre y termina en el solsticio de invierno'; significados connotativos: período de la vida humana en que esta declina de la plenitud hacia la vejez; melancolía, tristeza.


5.
 sema compartido : deporte    
 sema distintivo :                     
baloncesto  : De equipo , Con pelota
vela :  Acuático, De equipo                                                                   
natación : acúatico, de equipo ou non                        
fútbol : de equipo, con pelota                                                   
tenis : de equipo ou non, con pelota 

6.
 Váter, vermello, vesgo, verza, vimbio, voda, voitre, vulto, abelá, abeleira, automóbil, baldeirar, baleirar, baleiro, benia, birollo, viruxe, bolboreta, chibo, débeda, dúbida, avultar, convoi, corveta, covarde, covardía, chuvasco, chuvasqueiro, devalar, devecer, escaravello, escarvar, esvelteza, esvelto, garavanzo, gabián, gravar, gravación, gravado, gravata, pavillón, pelve, trevo, vaixela, fibela, marabilla, marabillar, marabilloso, móbil, mobilizable, mobilización, mobilizado, mobilizar, ouvear, pebida, rebentar, ribeira, trobador, acevro, adival, avó, avogacía, avogado, avoengo, avogar, ávrego, avogado, avultado, vaixela, valado, varanda, varrer, varredoiro, vasoira, vasoirada.

7.
    
  1. avogado
  2. voda
  3. baleirar
  4. barallar
  5. bolboreta
  6. varexar
  7. vasoira
  8. deber
  9. dúbida
  10. cravar
  11. beixar
  12. trobador
  13. banal
  14. verruga
  15. orballo
  16. bater
  17. bévera
  18. vexiga
  19. vasco
  20. balea
  21. gabear
  22. escaravellar
  23. debullar
  1. vacaloura
  2. ouvear
  3. biscoito
  4. bocoi
  5. beira
  6. baixar
  7. carballo
  8. sarabia
  9. bisavoa
  10. buraco
  11. bufar
  12. pobo
  13. cóbado
  14. debullar
  15. vermello
  16. varrer
  17. rebento
  18. verza
  19. polbo
  20. esvarar
  21. balbordo
  22. salvidade
  23. sobordar
  1. viruxe
  2. verniz
  3. vulto
  4. gravata
  5. cavorco
  6. vimbio
  7. ribeira
  8. mobilidade
  9. gabeta
  10. marabilla
  11. sorber
  12. disolver
  13. obvio
  14. gravadora
  15. voitre
  16. pavillón
  17. vacina
  18. gabián
  19. bravo
  20. acivro
  21. aparvar
  22. nobelo
  23. balde