lunes, 13 de febrero de 2012

resumen francés tema 2 3º eso : VOCABULARIO, PRONOMS RELATIFS, PRÉSENT VERBES IRRÉGULIERS,

La banquise = banco de hielo     le champ = campo     les chutes = cataratas     la colline = colina
La côte = costa    le delta = delta    le désert = desierto    la dune = duna    le fleuve = río    l’île = isla
La forêt = bosque    le glacier = glaciar    le golfe = golfo    le marais = marisma    le mont = monte
L’océan = océano    le parc = parque    la plage = playa    le plateau = meseta    la prairie = pradera
La résèrve naturelle = reserva natural    la rivière = río    le ruisseau = arroyo    la savane = sabana
Le sommet = cumbre    la vague = ola    la vallée = valle    la vigne = viña    le volcan = volcán
La nature = naturaleza    les paysages = paisajes    la chasse = caza    le conteneur = contenedor
Le déchet = resíduo    la déforestation = deforestación    la destruction = destrucción    la planète=planeta
Le geste écologique = gesto ecológico    l’incendie = incendio    le papier recyclé = papel reciclado
La randonnée = excursión    le recyclage = reciclaje    les ressources naturelles = recursos naturales
L’écologie = ecologia    l’environnement = medio ambiente    les continents = continentes    l’Afrique=África
L’Amérique du Nord/Sud = América del norte/sur   l’Antartique = Antártica    l’Asie = Asia  l’Europe=Europa
L’Océanie = Oceanía    les animaux sauvages = animales salvajes    la baleine = ballena    le gorille=gorila
L’écureuil = ardilla    l’éléphant = elefante    le flamant rose = flamingo rosa    le kangourou = canguru
Le lynx ibérique = lince ibérico   la mouette = gaviota    l’ours = oso    le panda = panda    le requin=tiburón
Le taureau = toro    le tigre = tigre    la défense = defensa    l’espèce = especie    la fourrure = piel
Le mâle, la femelle = macho/femia   cent = cien    deux cents = doscientos    mille =mil    dix mille = diezmil
Un millon = un millón    biodégradable = biodegradable    fermé/e = cerrado/a    horrible = horrible
Menacé/e = amenazado/a    mort/e = muerto/a    naturel/le = natural    ouvert/e =abierto/a    usé/e=usado/a
Sauvage =salvaje    toxique = tóxico/a    tropical/e = tropical    allumer = encender    camper= acampar
Chasser = cazar    créer = crear    cueillir = coger plantas    déranger = molestar    descendre = bajar
Détruire = destruir    dévorer = devorar    économiser = economizar    entendre = entender    fumer=fumar
Fabriquer = fabricar    gaspiller = gastar    interdire= prohibir    jeter = tirar    lutter = luchar   pêcher=pescar
Massacrer = masacrar    nourrir = alimentar    pique-niquer = comer de campo    planter = plantar
Polluer = contaminar   préserver = preservar   protéger = proteger   recycler = reciclar   se pedre=perderse
Se dégrader= degradarse   se laver les dents = lavarse los dientes   se rapprocher = acercarse, parecerse
Suivre un itinéraire = seguir una ruta    tomber = caer    tracer = trazar    traverser = cruzar    tuer = matar
Trier ses déchets = separar sus resíduos   l’aérosol = aerosol   la balade = paseo   la bête = animal, bestia
La boîte de conserve = lata de conserva    la bouteille en verre = botella de vidrio    le bruit = ruido
Le chewing-gum=chicle   le chien en laisse=perro con correa   le commerc = comercio    le danger=peligro
L’habitat=habitat   le logo= logo   le médicament = medicamento   la peau de banane = cáscara de platano
La pile = pila    la poubelle = basura    le record = record    le refuge = refugio    le robinet = grifo
Le sac en plastique = bolsa de plástico    le symbole = símbolo    la tonne = tonelada          
Les transports en commun = transporte público    il faut/il ne faut pas = hay que…/no hay que…
Il est interdit de/d’= está prohibido    le/la/les plus/moins + adjectif = el/la/los/las más/menos + adjectivo               
Le Nil est le fleuve le plus long du monde = el Nilo es el río más largo del mundo
L’Everest est le sommet le plus haut du monde = el Everest es el pico más alto del mundo  
Tenerife est l’île espagnole la plus grande = Tenerife es la isla española más grande  
Malte est le pays le moin grand de l’Union européenne = Malta es el país el menos grande de la Unión europea     á cause de/en raison de/parce que = porque    comme = como

PRONOMS RELATIFS :  QUI = qui + verbo          QUE = que, qu’ + sujeto + verbo                     

PRÉSENT, VERBES IRRÉGULIERS
CROIRE : je/tu crois – il/elle/on croit – nous croyons – vous croyez – ils/elles croient
DESCENDRE : je/tu descends – il/elle/on descend – nous descendons – vous descendez – ils/elles descendent
ENTENDRE : j’/tu entends – il/elle/on entend – nous entendons – vous entendez – ils/elles entendent
PRENDRE : je/tu prends – il

resumen bioloxía 3º eso o aparello circulatorio e excretor

O APARELLO CIRCULATORIO
 O medio interno é o conxunto de líquidos que rodean as células dun organismo. As células extraen del os nutrientes e o osíxeno en el verten os refugos e o dióxido de carbono que producen no seu metabolismo. Nas persoas, o medio interno está formado principalmente por :           
- PLASMA INTERSTICIAL : é un líquido, con funcións defensivas e nutritivas, que se queda entre as células.
- SANGUE : é un medio de transporte de substancias que discorre polo interior dos vasos sanguíneos.
- LINFA : é un líquido que se forma a partir do plasma e circula polos vasos linfáticos uns condutos que desembocan nos vasos sanguíneos.
O medio interno ten unhas características e propiedades (composición, temperatura, etc) que permiten o bo funcionamento do organismo. O mantemento destas propiedades denomínase homeostase. Nas persoas, o aparato circulatorio ou de transporte de substancias ten 2 sistemas, o sistema circulatorio sanguíneo (polo que circula o sangue) e o sistema circulatorio linfático (polo que circula o linfa).

O SISTEMA CIRCULATORIO SANGUÍNEO (vasos sanguíneos, o sangue e o corazón)
VASOS SANGUÍNEOS
- VEAS : levan o sangue desde os órganos ata o corazón. Teñen paredes finas e pouco elásticas, o sangue circula con pouca presión e teñen válvulas no seu interior que impiden o retroceso do sangue.
- ARTERIAS : conducen o sangue desde o corazón ata tódolos órganos. Teñen paredes grosas, resistentes e elásticas e o sangue circula a elevada presión.
- CAPILARES : vasos microscópicos que comunican as arterias coas veas. Teñen paredes moi finas para o intercambio de substancias.

O SANGUE
O sangue é un líquido viscoso, de cor vermello e sabor salgado que circula polo interior dos vasos sanguíneos. No sangue interveñen diferentes funcións (nutrición, respiración, excreción, defensa e regulación térmica).
A COMPOSICIÓN DO SANGUE
PLASMA : é un líquido de cor amarelada constituido nun 90% de auga que contén sales, proteínas, nutrientes e substancias de refugo. Na coagulación (solidificación) o plasma perde proteínas e chámase soro sanguíneo.
CÉLULAS SANGUÍNEAS : fórmanse na médula ósea vermella que está dentro dos ósos. Hai tres tipos :
- GLÓBULOS VERMELLOS OU ERITROCITOS : son células que non teñen núcleo e son os máis abundantes do sangue. Son os encargados do transporte de osíxeno e de eliminar o dióxido de carbono. Son vermellos porque teñen hemoglobina (unha proteína).
- GLÓBULOS BRANCOS OU LEUCOCITOS : son células máis grandes cas anteriores, que interveñen na defensa do organismo fronte ás infeccións.
- PLAQUETAS OU TROMBOCITOS : encárganse de taponar os vasos sanguíneos (coagulación) cando se produce unha ferida.

O CORAZÓN
A súa función é impulsar o sangue. É un órgano musculoso e oco. As súas paredes están formadas por tecido muscular chamado miocardio. O corazón está dividido en dúas partes (dereita e esquerda) non comunicadas entre sí. Cada metade subdivídese en dúas cámaras, aurícula (a superior) e ventrículo (a inferior). Entre a aurícula e o ventrículo de cada lado hai unha válvula chamada válvula aurículo-ventricular que só permite o paso do sangue desde a aurícula ata o ventrículo. A válvula do lado dereito chámase tricúspide e a do lado esquerdo mitral. Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas (superior e inferior) e á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares. Desde o ventrículo dereito sae a arteria pulmonar e desde o ventrículo esquerdo sae a arteria aorta. No inicio das dúas arterias atópanse as válvulas sigmoides que impiden o retroceso do sangue desde as arterias ata o corazón.

O FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN
A función do corazón é bombear sangue de forma permanente mediante movementos rítmicos : sístole
(contracción) e diástole (relaxación).
CICLO CARDÍACO
- 1ª FASE : SÍSTOLE  AURICULAR : as aurículas, que están cheas de sangue contráense e pasan o sangue aos ventrículos.
- 2ª FASE : SÍSTOLE VENTRICULAR : contráense as paredes dos ventrículos e as válvulas auriculo-ventriculares cérranse impidindo que o sangue retroceda.
- 3ª FASE : DIÁSTOLE : as aurículas vólvense encher, os ventrículos reláxanse e cérranse as válvulas arteriais.
A CIRCULACIÓN DO SANGUE
O circuito circulatorio humano é completo (porque non se mestura o sangue osixenado co desosixenado) e dobre (porque ten dous circuitos). Os dous circuitos son :
- CIRCUITO MENOR OU PULMONAR : o sangue desosixenado sae do ventrículo dereito á arteria pulmonar cara aos pulmóns. Aquí intercámbianse os gases e o sangue cede CO2 e colle O2. O sangue pasa ás veas pulmonares que levan o sangue osixenado desde os pulmóns ata o corazón.
- CIRCUITO MAIOR OU XERAL : o sangue osixenado sae do ventrículo esquerdo á arteria aorta dirixíndose a todo o organismo. Ao chegar aos distintos órganos prodúcese o intercambio gasoso cedendo O2 e nutrientes e recollendo CO2 e substancias de refugo. Osangue pasa ás veas cavas que levan o sangue desosixenado ata a aurícula dereita do corazón.
SISTEMA CIRCULATORIO LINFÁTICO
O sistema circulatorio linfático encárgase de recoller o exceso de líquido que se queda entre as células, devolvéndollo ao sangue e ademais, transporta as graxas que se absorben no intestino. Este sistema está constituido por capilares linfáticos que son cegos, atópanse nos tecidos e únense formando condutos cada vez maiores chamados vasos linfáticos e que desembocan nas veas sanguíneas. O plasma intersticial entra nos capilares linfáticos pasando entón a chamarse plasma linfático que é conducido ata o sangue. Nalgúns lugares dos vasos linfáticos atópanse os ganglios linfáticos que liberan linfocitos ao plasma linfático. O plasma linfático e os linfocitos forman a linfa.

ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES (do corazón)
- ARTERIOSCLEROSE : endurecemnto das arterias debido ao depósito de graxas e de colesterol que pode provocar trombos producindo unha trombose. 
- INFARTO DE MIOCARDIO : morte de células musculares producida por un trombo que pode desencadear unha anxina de peito. Síntese presión e dor intensa na zona torácica.
SAÚDE CARDIOVASCULAR : facer exercicio, ter unha boa alimentación, non fumar.

O APARELLO EXCRETOR
A excreción é o proceso polo cal se eliminan as substancias de refugo do sangue procedentes do metabolismo celular. Os principais órganos excretores son os riles (eliminan substancias de refugo), os
pulmóns (eliminan o dióxido de carbono producido na respiración), as glándulas sudoríparas (eliminan a suor) e o fígado (expulsan residuos da dixestión e dalgún fármaco, que son eliminados nas feces).

O SISTEMA URINARIO (riles e vías urinarias)
- RILES : son dous órganos situados na cavidade abdominal nos que se forma a urina. O sangre sin filtrar entra pola arteria renal e sae limpo (filtrado polos riles) pola vea renal. Nun corte transversal dun ril distinguimos 3 partes : o córtex, a médula e a pelve renal.
- VÍAS URINARIAS : os uréteres, encargados de levar a urina ata a vexiga urinaria, onde se acumula a urina. A uretra, é o conduto que comunica a vexiga co exterior.

O FUNCIONAMENTO DOS RILES
As nefronas son unidades microscópicas capaces de formar urina. Ao principio hai un ensanchamento en
forma de copa. A cápsula de Bowman rodea ao glomérulo (nobelo de capilares sanguíneos). A conti-
nuación hai un túbulo renal onde se forma a urina. Estes acaban no conduto colector que verte a urina na pelve renal.
A FORMACIÓN DA URINA
Realízase nas nefronas do ril. Consiste en dúas fases :
1. FILTRACIÓN GLOMERULAR : fórmase o filtrado glomerular formado por líquido do sangue e substancias sinxelas que sairon do sangue e pasaron á cápsula de Bowman
2. REABSORCIÓN TUBULAR : no filtrado glomerular ademais de urea e substancias de refugo hai substancias nutritivas e auga que hai que aproveitar reabsorbéndose nos túbulos renais.
ENFERMIDADES DO APARELLO EXCRETOR
CÓLICO NEFRÍTICO : prodúcese pola acumulación de cálculos (pedras) de diferentes sales minerais. É moi doloroso, sobre todo ao urinar.
CISTITE : Inflamación da vexiga urinaria que produce incontinencia.
PREVENCIÓN 
manter a hixiene – ter unha alimentación adecuada – beber auga con abundancia

resumen tema 3 inglés 3º eso : VOCABULARIO, PAST CONTINUOUS, ADVERBS

ARSON = incendio provocado          BURGLARY = robo          DRUG DEALING = tráfico de drogas 
HACKING = piratería informática   JOYRIDING = robar automóviles por diversión   MURDER = asesinato
SHOPLIFTING = robo en tiendas     THEFT = robo     VANDALISM = vandalismo     RAINY = lluvioso 
SPEEDING = superar el límite de velocidad       BEAUTIFUL = precioso      OPTIONAL = opcional
FAMOUS = famoso    DANGEROUS = peligroso    CLOUDY = nublado    POWERFUL = poderoso
NATIONAL = nacional    MYSTERIOUS = misterioso    HEALTHY = saludable    CAREFUL = cuidadoso
MUSICAL = musical    COLOURFUL = colorido    DIRTY = sucio    JUICY = jugoso    NATURAL = natural
TASTY = sabroso    QUICK = rápido   QUICKLY = rápidamente    BAD = malo   BADLY = malamente
SLOW = lento    SLOWLY = lentamente    CAREFULLY = cuidadosamente   NOISY = ruidoso
NOISILY = ruidosamente   FUNNY = divertido   FUNNILY = divertidamente   PRETTY = atractivo
PRETTILY = atractivamente   HAPPY = contento   HAPPILY = felizmente   GOOD = bueno   WELL = bien          
LATE = tarde, retrasadamente   EARLY = temprano, pronto   FAST = rápido, rápidamente
HOW ABOUT (READ)ING? = que te parece la lectura o leer?
WHAT ABOUT (READ)ING? = que pasa con la lectura o leer?
WHY DON’T YOU/WE (READ)? = porque no lees o leemos?

PAST CONTINUOUS
FORMA AFIRMATIVA : sujeto + was/were + forma en –ing del verbo principal
I was laughing he/she/it was laughing we/you/they were laughing
FORMA NEGATIVA : sujeto + was/were + not + forma en –ing del verbo principal
I wasn’t laughing he/she/it wasn’t laughing we/you/they weren’t laughing
FORMA INTERROGATIVA : Was/Were + sujeto + forma en –ing del verbo principal
Was I laughing? Was he/she/it laughing? Were we/you/they laughing?
                    
USOS DEL PASADO SIMPLE Y PASADO CONTINUO
§ PASADO SIMPLE (comía) 
1.- Acciones que ocurrieron en el pasado en su  momento y que no tienen continuidad en el presente.  
( Last year I went to lots of pop concerts)
 2.- Acciones que ocurren consecutivamente en una secuencia de hechos.
( I opened the door and I saw all my friends outside. They wanted to congratulate me on my graduation)
§ PASADO CONTINUO (estaba comiendo)                 
1.- Acciones que duraron cierto tiempo en el pasado.  (We were working hard last weekend)
2.- Acciones que estaban ocurriendo a la vez en el tiempo. Normalmente introducidas por las conjunciones  While / as (mientras)      (While we were having coffee, the kids were playing in the playground)
3.- Acción que estaba sucediendo en el pasado y se ve interrumpida por otra acción, introducida por when (cuando)   (They were going on their way home when it started to rain heavily)
ADVERBS
- la mayoría se forma añadiendo –ly (quick/quickly – bad/badly – slow/slowly – careful/carefully)
- los adjetivos que terminan en –y cambian la –y por –i (noisy/noisily – funny/funnily – pretty/prettily – happy/happily)
- el adverbio derivado de good es well
- algunos adjetivos y adverbios presentan formas idénticas (late/late – early/early – fast/fast)


resumen galego 3º eso temas 4-5 : PREFIXOS DE ORIXE LATINA E GREGA, ORACIÓN COMPOSTA, O ACENTO DIACRÍTICO, ACTA DE REUNIÓN, O TEXTO DIDÁCTICO-EXPOSITIVO, A LINGUAXE NON-SEXISTA, O GALEGO NOS S XV-XVIII, PROSA DE FICCIÓN E NON FICCIÓN, OS SÉCULOS ESCUROS

PREFIXOS DE ORIXE LATINA : bi-, bis-, com-, con-, co-, des-, ex-, im-, in-, i-, intra-, pre-, re-, ex-, trans-, ultra-   
PREFIXOS DE ORIXE GREGA : a-, an-, anti-, arqui-, en-, hiper-, hipo-, mega-, micro-, mono-, poli-, tele-,  
A ORACIÓN COMPOSTA : está formada por dúas ou máis oracións simples unidas mediante unha con-
xunción. Poden ser :   
- COMPOSTAS COORDINADAS : copulativas (e, nin, mais), disxuntivas (ou), distributivas (ou...ou, ben...ben, ora...ora), adversativas (pero, mais, senón, senón que, así e todo, aínda así .... ).
- COMPOSTAS SUBORDINADAS : dúas ou máis oracións simples en diferente nivel sintáctico (Xoán dorme porque está moi canso).
AS ORACIÓNS SUBORDINADAS SUBSTANTIVAS : compórtanse igual ca se fosen unha frase substantiva ou nominal. Os nexos : “que”, agás nas de CD, que poden ter como relacionante “se”  
AS ORACIÓNS SUBORDINADAS ADXECTIVAS : compórtanse como unha frase adxectiva, sendo habitualmente o modificador dunha frase substantiva ou atributo. Os nexos : que (pronome relativo), quen, o cal, a cal, os cales, as cales, o que, a que, os que, as que, onde, cando, como)
O pronome relativo “que” non debe confundirse coa conxunción  “que”. Cando é pronome relativo pode ser substituído por “o cal, a cal…”, isto non ocorre cando se trata da conxunción .

O ACENTO DIACRÍTICO : permite diferenciar na escrita palabras que se escriben igual pero teñen un significado diferente :
á (das aves, preposición a + artigo a) - a (artigo; pronome átono; preposición) - pé (do corpo) - pe (letra) -     as (artigo; pronome átono) -  ás (plural de á; da baralla; preposición a + artigo as) - ca, cas (conxunción e preposición respectivamente) - cá, cás (conxunción ca + artigos a, as) - cha, chas (pronome átono che + artigos a, as) - chá, chás (plana) - da, das (preposición de + artigos a, as) - dá, dás (verbo dar) - e (conxunción) - é (verbo ser) - mais (conxunción) - máis (adverbio de cantidade) - por (preposición) - pór (sinónimo de poñer) - se (conxunción; pronome átono) - sé (imperativo do verbo ser; sede eclesiástica) - besta (animal doméstico para carga e transporte) - bésta (arma que dispara frechas) - bola (peza de pan) - bóla (corpo esférico) - co, cos (preposición con + artigos o, os) - có, cós (conxunción ca + artigos o, os) - compre, compren (verbo comprar) - cómpre, cómpren (verbo cumprir: ser necesario) - do (preposición de + artigo o) - dó (sentimento de compaixón; nota musical) -fora (verbo ser ou ir) - fóra (adverbio de lugar) - no (preposición en + artigo o) - nó (atadura) - nos (preposición en + artigo os; pronome átono) - nós (plural de nó; pronome tónico) - o, os (artigo; pronome átono) - ó, ós (preposición a + artigos o, os) - oso (mamífero carnívoro) - óso (parte do esqueleto)  - pe, pes (nome da letra «p») - pé, pés (extremidade do corpo) - pola (galiña; preposición por + artigo a) - póla (parte dunha planta) - presa (dique, peza de caza, reclusa) - présa (rapidez, apuro) - so (preposición: baixo, debaixo de) - só (adxectivo e adverbio) - te (pronome átono; nome da letra «t») - té (infusión) - ven (verbo ver; imperativo de vir) - vén (verbo vir) - ves (verbo ver) - vés (verbo vir) - vos (pronome átono) - vós (pronome tónico)
A COMPOSICIÓN : consiste na unión de dous ou máis lexemas nunha soa palabra. As combinacións de lexemas son moi variadas : subs + subs (beiramar) – v + subs (afialapis), etc. Hai compostas non- lexicalizadas (garda civil, camión cisterna).
 CASOS PROBLEMÁTICOS DE ACENTUACIÓN : non levan acento os adverbios rematados en mente, o pronome el e os pronomes demostrativos, os interrogativos e exclamativos (menos os interrogativos indirectos) – seguen as regras de acentuación as palabras compostas sen guión, os latinismo e os estranxeirismos   

 A ACTA DE REUNIÓN : é un documento que recolle por escrito o acontecido nunha reunión (asistentes, data e lugar en que tivo lugar, temas tratados e acordos adoptados).
O TEXTO DIDÁCTICO-EXPOSITIVO : busca que o alumno/a comprenda e aprenda todo tipo de contidos.
Estes textos teñen certos trazos específicos : estructura clara e ben organizada, recursos tipográficos (negras, cursivas), vocabulario común (con tecnicismos), elementos gráficos (mapas, esquemas).

A LINGUAXE NON-SEXISTA : en que consiste a linguaxe sexista? En utilizar palabras ou estruturas
discriminatorias, aínda que gramaticalmente non son incorrectas. Por exemplo: realizamos un uso sexista da lingua cando nomeamos só en masculino ou só en feminino determinadas profesións, ocultando que son exercidas polos dous sexos (médicoavogado fronte a enfermeira ou limpadora...); ou cando nos diriximos en masculino a un público integrado por homes e mulleres. Que importancia ten isto? Dado que a lingua é o medio que empregamos para nos comunicar, ela é o reflexo e o mecanismo de transmisión do que pensamos, sentimos e facemos todas as persoas. A lingua non é sexista, pero si o pode ser o uso que nós fagamos dela se cando nos expresamos só mencionamos o relacionado cos homes e ocultamos as capacidades e funcións das mulleres na sociedade. Calquera uso dun idioma que invisibiliza as mulleres debe ser rexeitado a favor, na medida do posible, de formas non sexistas de expresión.
Como podemos facer, entón, para non ocultar a ninguén e, ao mesmo tempo, empregar correctamente a lingua? Contamos con varias posibilidades:
•  Empregar os dous xéneros e a flexión de xénero sempre que sexa posible: as rapazas e os rapaceso xuíz, a xuíza.  
•  Empregar substantivos colectivos ou abstractos: o alumnado, o profesorado, as persoas interesadas.
•  Empregar as barras: A/o alumna/o.  
aínda que sexa en contextos desenfadados, os chistes ou expresións discriminatorios deben ser evitados.

O GALEGO NOS SÉCULOS XV-XVIII : despois dun período medieval de grande esplendor para a nosa lingua e a nosa literatura, o galego pasa por unha etapa de decadencia coñecida como Séculos Escuros (do S. XV ao XVIII). Galicia queda sometida á coroa de Castela e o castelán pasa a actuar como lingua do poder e de maior prestixio, desprazando o galego dos usos cultos e escritos.

 PROSA DE  FICCIÓN  
- Ciclo bretón ou Materia de Bretaña : narra as aventuras que corren o rei Arturo e os cabaleiros da Mesa Redonda (Livro de Xosé de Arimatea, A demanda do Santo Graal, Merlín, Livro de Tristán)
- Ciclo clásico ou troiano : recrea historias dos deuses do Olimpo, as viaxes de Ulises, a guerra de Troia
(Crónica troiana, Historia troiana)
PROSA DE NON- FICCIÓN   
- Prosa histórica : narracións de acontecementos históricos (Crónica general, General estoria, Crónica de Santa María de Iria)
- Prosa haxiográfica : obras de tipo relixioso como a vida e milagres de santos, traducións da historia sagrada (Os milagres de Santiago, Legenda áurea)
- Prosa didáctica e xurídica : tratados sobre o coidado de animais, regulamentos de gremios, testamentos, contratos (Tratado de albeitaría, Arte de trovar, Livro de cambeadores)
                                                 OS SÉCULOS ESCUROS     
Entre os séculos XV e XVIII a nosa lingua desaparece dos círculos do poder e da cultura escrita; por isto as mostras de literatura culta (literatura escrita) en galego son practicamente inexistente. É o período coñecido como Séculos Escuros. Desta época só conservamos escasos textos de lírica culta, unha vizosa e abundante lírica popular, moitos contos e lendas populares e algunha obra de teatro como o “Entremés famoso sobre a pesca do  río Miño” (1671), de Gabriel Feixoo de Araúxo.

resumen física/química 3º eso a medida-estados de agregación-mesturas

A MEDIDA
CONCEPTOS BÁSICOS
MAGNITUDE FÍSICA : propiedade dos corpos que se pode medir. Non son magnitudes físicas o odio, a fame, os sentimentos…
MEDIR : é comparar unha cantidade descoñecida de certa magnitude con outra cantidade perfectamente coñecida desa mesma magnitude.
UNIDADE : é unha cantidade establecida para cada magnitude que se emprega para medir.
SISTEMA DE UNIDADES : é un conxunto ordenado de unidades de medida que garda entre sí relacións definidas e sinxelas. O sistema máis coñecido é o Sistema Internacional de Medidas (SI).
MAGNITUDES, UNIDADES E SÍMBOLO : masa, quilogramo, kg – lonxitude, metro, m – tempo, segundo, s – temperatura, kelvin, k – velocidade, metro/seg., m/s – superficie, metro cuadrado, m2 – volume, metro cúbico, m3 – densidade, quilogramo/metro cúbico, kg/m3.
As magnitudes poden ser de dous tipos :
- MAGNITUDES FUNDAMENTAIS : son aquelas máis sinxelas que non dependen de ningunha outra (EX: masa, lonxitude, tempo, temperatura).
- MAGNITUDES DERIVADAS : son aquelas que se obteñen por combinación de outras (EX: velocidade, superficie, volume, densidade).
As magnitudes tamén se poden clasificar en :
- MAGNITUDES ESCALARES (tempo, masa, volume, densidade, temperatura) : quedan determinadas por un valor numérico e a unidade de medida.      
- MAGNITUDES VECTORIAIS (velocidade, aceleración,  forza) : represéntase por un vector (segmento orientado no espacio) con módulo (valor numérico), dirección (línea recta sobre a que actúa) e sentido (é o indicado pola punta da frecha)

MÚLTIPLOS E SUBMÚLTIPLOS
Para expresar cantidades moi grandes ou moi pequenas dalgunha magnitude non resulta cómodo expresalas nas unidades que marca o sistema internacional, por esa razón úsanse múltiplos e submúltiplos :
hexa, H, 10    - peta, P, 10   - tera, T, 10   xiga, G, 10   - mega, M, 10   - kilo, K, 10   - hecto, ha, 10   - deca, da, 10 – unidade, 1 – deci, d, 0,1 = 10   - centi, c, 0,01 = 10   - mili, m, 0,001 = 10   - micro,    , 10   -
nano, n, 10   - pico, p, 10   - fento, f, 10    - alto, a, 10

NOTACIÓN CIENTÍFICA
Exemplo à Expresa 40.500.000 en notación científica.
Na práctica calquera número enteiro ten a coma detrás do último díxito aínda que non se especifique:
40.500.000 à 40.500.000’0
Para expresalo en notación científica temos que mover a coma o número de veces necesario para deixalo despois do último díxito. Neste caso necesitamos desprazar a coma 7 lugares cara a esquerda. Isto significa que para expresar o número hai que multiplicar por 107. Polo tanto a cantidade queda :  4’05 x 107
- Se o número é menor ca 1 movemos a coma á dereita,  o número de veces necesario para que quede despois do primeiro díxito. Sempre nos queda unha potencia negativa.
Ejemplo à Expresa 0’00136 en notación científica.
Neste caso movemos a coma á dereita ata despois do primeiro díxito distinto de cero. Neste caso necesi
tamos desprazar a coma 3 lugares cara  a dereita. Isto significa que para expresar o número hai que mul
tiplicar por 10-3. Polo tanto a cantidade queda : 1’36 x 10-3
- CIFRAS SIGNIFICATIVAS :  Son o número de cifras que ten valor real. Unha regra que se pode empregaré considerar tódalas cifras diferentes de cero que non esté nin a esquerda nin a dereita coma cifras significativas  (2305 ten 4 cifras significativas - 2350 ten tres cifras s. - 0,0234 ten tres cifras s.).
 - REDONDEO : para reducir cifras decimais ou enteiras (3,141526 = 3,14 – 3,2876 = 3,29)  

CAMBIO DE UNIDADES CON FACTORES DE CONVERSIÓN
Por exemplo si queremos pasar 1 kilometro a metros procederemos da seguiente forma:
- Escribimos as unidades do factor de conversión:
Si a unidade que queremos cambiar se atopa no numerador :
Si a unidade se atopa no denominador :
- Preguntamos á unidade máis grande do factor de conversión para atopar a equivalencia:
nos dous exemplos anteriores preguntámoslle ao kilómetro, ¿1 kilómetro cantos metros ten?
              
a) Calculamos O factor de conversión preguntándolle á maior das unidades:
Expresamos o resultado en notación científica:
b) Calculamos o factor de conversión preguntándolle á maior das unidades:
Expresamos o resultado en notación científica :
c) neste caso temos que cambiar dúas unidades, polo tanto necesitamos dous factores de
conversión :                                      
e) neste último caso temos que realizar dous cambios de unidades e unha das unidades esta elevada ao cubo:                    
ESCALAS DE VOLUMEN : kl = m3  -  l = dm3  -  ml = cm3

O ERRO NA MEDIDA
Cando se toman medidas cométense erros. Poden ser :
- ERROS SISTEMÁTICOS : débese a un erro no aparello de medida ou un mal uso do aparello e pódense evitar  aprendendo o uso correcto dos aparellos  e coa práctica.
- ERROS ALEATORIOS : son erros que aparecen ao azar (derramamos un líquido, o aparello estaba sucio ou unha corrente de aire alterou a medida) e para correxilos tómanse varias medidas e calcúlase o valor medio (que se pode tomar como verdadeiro). Para saber se unha medida foi ben ou mal tomada, colócase o erro absoluto (é a diferencia entre o valor desa medida e o valor medio). O erro relativo mide a importancia do erro cometido e adoita expresarse en tanto por cento (%).
Ex : Medidas de tempo dun percorrido efectuadas por diferentes alumnos : 3,01 s; 3,11 s; 3,20 s; 3,15 s
1.    Valor que se considera exacto:
2.    Errores absoluto y relativo de cada medida:
Medidas
Errores absolutos
Errores relativos
3,01 s
3,01 - 3,12 = - 0,11 s
-0,11 / 3,12 = - 0,036    (- 3,6%)
3,11 s
3,11 -3,12 = - 0,01 s
-0,01 / 3,12 = - 0,003    (- 0,3%)
3,20 s
3,20 -3,12 = + 0,08 s
+0,08 / 3,12 = + 0,026    (+ 2,6%)
3,15 s
3,15 - 3,12 = + 0,03 s
+0,03 / 3,12 = + 0,010    (+ 1,0%)

- INCERTIDUME : a incertidume dun valor medido depende da técnica empregada e indica a máxima diferencia que pode existir entre o que se mide e o valor real (EX: se medimos unha mesa cun metro normal, poderíamos dar un dato de 52,3 mm, sen embargo se a mesma mesa a medimos cunha regra que só marca cm o dato sería de 5,23 cm).

ESTADO DE AGREGACIÓN DA MATERIA
 Materia é todo aquilo que ten masa e ocupa un espacio, é dicir, que ten volume. Pódese
clasificar en
dous grandes grupos :
- SUBSTANCIAS PURAS : están formadas por un único compoñente. Poden ser substancias simples,
formadas por un único tipo de átomo (osíxeno).
- COMPOSTOS : están formados por dous ou máis elementos químicos unidos entre sí en proporcións fixas (auga, H2O - sal de cociña, Nacl - azucre, cnH22).

MESTURAS
Están formadas por dous ou máis substancias. Poden ser :
- MESTURAS HETEROXÉNEAS : non é uniforme e distínguense os seus compoñentes a simple vista (granito).
- MESTURAS HOMOXÉNEAS : chámanse tamén disolucións, nelas os seus compoñentes non se distinguen a simple vista e están perfectamente mesturados (auga e sal – auga e alcohol – bronce – latón).
SEPARACIÓN DE MESTURAS
MÉTODOS BASEADOS NO GROSOR DAS PARTÍCULAS
- FILTRACIÓN : serve para separar un sólido do líquido co que está mesturado. O filtro permite o paso do líquido e retén as partículas do sólido (café, area e auga)
- PEINERADO:para separar sólidos de distinto tamaño mediante un tecido de arame (area fina da grosa)
MÉTODOS BASEADOS NA DENSIDADE DAS SUBSTANCIAS
- DECANTACIÓN : utilizase para separar  líquidos  inmiscibles, que non se poden mezclar, mediante un funil (aceite e auga) 
- SEDIMENTACIÓN : para separar sólidos en suspensión en líquidos (auga con terra, glóbulos vermello no sangue)
MÉTODOS BASEADOS NO DIFERENTE PUNTO DE EBULICIÓN
- DESTILACIÓN : permite separar 2 ou máis líquidos con diferente punto de ebulición (auga e alcohol)
- EVAPORACIÓN : deixase evaporar a temperatura ambiente o líquido para recuperar a parte sólida disolta (obtención de sal nas salinas)

ESTADOS DE AGREGACIÓN
A DENSIDADE : é a relación que hai entre a masa e o volume dun corpo  D = masa (m) / volumen (v)            
Chámanse estados de agregación ás formas en que a materia se pode atopar. Poden ser sólidos, líquidos e gasosos. A existencia dos tres estados explícase mediante a teoría cinética. As partículas que forman a materia están en movemento continuamente, de maneira que segundo o movemento que experimenta a materia pode atoparse nun estado distinto :
-SOLIDOS : teñen forma e volume constantes, as partículas están fortemente unidas por forzas de cohesión e ocupan posicións fixas arredor das cales vibran, pero non se desplazan entre elas.
- LÍQUIDOS : teñen forma variable e volume constante,  as partículas vibran e rotan, movéndose entre elas, por esta razón ocupan as partes máis baixas do recipiente que as contén. As forzas de unión entre elas son moito máis febles ca nos sólidos.
- GASES : teñen forma e volume variables, as partículas vibran, rotan e trasládanse en completo desorde, de maneira que ocupan a totalidade do recipiente que os contén, chocando entre elas e coas paredes do recipiente. Estes choques son os responsables da presión que exerce o gas. Se o recipiente está aberto, escapa.    

A LEI DOS GASES
Os gases teñen un comportamento característico debido a que as partículas do mesmo estanse movendo
Continuamente. Ao estudar o estado dun gas hai que ter en conta varios factores :
- A TEMPERATURA : a temperaturas altas as partículas móvense máis (axitación térmica).
- O VOLUME : o gas ocupa todo o volume dispoñible.
- A PRESIÓN : é unha medida dos choques das partículas de gas contra as paredes do recipiente onde está contido.
Estes tres factores chámanse variables de estado e é necesario coñecer os tres para saber o estado dese gas. Se variamos un deses factores necesariamente vai variar algún dos outros :
- SI T É CONSTANTE  (lei de Boyle-Mariotte) : a súa presión aumenta ao diminuir o seu volume a súa presión diminue ao aumentar o seu volume.                            P1 x V1 = P2 x V2        
- SI P É CONSTANTE (1ª lei de Charles e Gay-Lussac) : o seu volume aumenta ao elevar a temperatura o seu volume diminue ao baixar a temperatura.                V1/T1 = V2/T2     
- SI V É CONSTANTE (2ª lei de Charles e Gay-Lussac) : a súa presión aumenta si aumentamos a temperatura  - a súa presión diminue  ao diminuir  a temperatura     P1/T1 = P2/T2
A escala de temperaturas normalmente usada é a Celsius(ºC), aínda que no S.I úsase a escala Kelvin, de maneira que:       K = ºC + 273           ºC = K - 273
A unidade de presión máis utilizada é a atmosfera (atm). Outra unidade de presión é o milímetro de mercurio (mm Hg) sendo a equivalencia      1atm = 760 mm Hg
Algúns autores falan dun cuarto estado. Nesta situación a materia atópase a alta temperatura e os áto-
mos están parcialmente rotos. Isto ocorre no interior do sol e nos reactores nucleares.
A ecuación xeral  dos gases perfectos :  P1 x V1/T1 = P2 x V2/T2  

CAMBIOS DE ESTADO
Desde o punto de vista da teoría cinética, unha substancia cambia de estado cando as partículas da que está formada móvense de menos a máis. Iso ocorre a media que a temperatura aumenta (hai que lembrar que a temperatura é unha media do movemento das partículas dun corpo). Todo cambio de estado está condicionado polos valores da presión e a temperatura, pero é a temperatura a variable que máis influe, pois si modificamos convenientemente a temperatura dunha substancia, esta pode pasar dun estado de agregación a outro diferente. Durante un cambio de estado a temperatura non varía.
TIPOS DE CAMBIOS DE ESTADO
Cambios de estado que teñen lugar QUENTANDO a materia :
- FUSIÓN : é o paso de sólido a líquido pola acción da calor (xeo a auga líquida). A temperatura á cal unha substancia pura funde á presión dunha atmósfera denomínase punto de fusión. No caso da auga o punto de fusión é de 0ºC.
- VAPORIZACIÓN : é o paso de líquido a gas pola acción da calor. Podemos distinguir dous tipos de vaporización: evaporación, ocorre na superficie dun líquido a calquera temperatura (secado de un charco, secado de la ropa, obtención de la sal del mar) e ebulición, ocorre en toda a masa dun líquido a unha temperatura determinada para unha presión dada. A temperatura a cal ferve un líquido puro á presión de unha atmósfera denomína punto de ebulición. No caso da auga o punto de ebulición é de 100ºC.
- SUBLIMACIÓN : é o paso directo de sólido a gas, sen pasar por líquido, pola acción da calor.
Cambios de estado que teñen lugar ENFRIANDO a materia :
- SOLIDIFICACIÓN : é o paso de líquido a sólido por pérdida de calor
- CONDENSACIÓN : é o paso de gas a líquido por pérdida de calor 
- SUBLIMACIÓN INVERSA : é o paso directo de  gas a sólido, sen pasar por líquido, por pérdida de calor

GRÁFICAS DE QUECEMENTO E ENFRIAMENTO
AO analizar unHa gráfica deste tipo haberá que especificar onde hai un cambio de estado, para iso deberemos observar nela a existencia de tramos horizontais onde a temperatura non varía.
GRÁFICA DE QUECEMENTO DUNHA SUBSTANCIA
          
  GRÁFICA DE ENFRIAMENTO DUNHA SUBSTANCIA
  
CÁLCULO DA CALOR
ABREVIACIÓNS QUE HAI QUE SABER : Lf = calor de fusión – Q = calor en cal ou j – m = masa en kg ou g – Ce = calor específico –  AT = aumento de temperatura  – Tf = temperatura final – Ti = temperatura inicial - Lv =  calor de vaporización
CALOR ESPECÍFICO DALGUNHAS SUBSTANCIAS : auga = 1 cal/gºC – xeo = 0,50 cal/gºC – vapor = 0,46 cal/gºC – ferro = 0,11 cal/gºC
CALOR LATENTE DE FUSIÓN DALGUNHAS SUBSTANCIAS : auga = 80 cal/g – ferro = 6 cal/g
CALOR LATENTE DE VAPORIZACIÓN DALGUNHAS SUBSTANCIAS:auga =540 cal/g – aire=51cal/g
CALCULAR AUMENTO DA TEMPERATURA :  Q = m · ce · At
CALCULAR O EQUILIBRIO TÉRMICO : nun proceso de mestura de dous corpos a distinta temperatura, a cantidade de calor cedida polo corpo quente será igual á cantidade de calor absorbida polo corpo frío
ata alcanzar o equilibrio térmico : Q cedido = Q absorbido
EX: Sexa a temperatura do corpo quente t 1, a súa masa m 1 e o seu  calor específico c 1
       Sexa a temperatura do corpo frío t 2, a súa masa m 2 e o seu calor específico c 2
       Sexa t m a temperatura final de equilibrio :
Como Q cedido = Q absorbido ==> m 1 · c 1 · (t 1 - t m) = m 2 · c 2 · (t m - t 2)
CALCULAR CAMBIOS DE ESTADO :    Lf = m/Q  ou  Q = m · Lf    -    Lv = m/Q  ou  Q = m · Lv
DISOLUCIÓNS
Unha disolución é unha mestura homoxénea e uniforme formada por varias substancias puras en pro
está en maior proporción e soluto á que se atopa nunha proporción menor. A auga é o disolvente máis común. Nunha disolución de auga e sal a auga é o disolvente e a sal o soluto. Tipos de disolucións :
DISOLVENTE LÍQUIDO
- SOLUTO LÍQUIDO : auga (disolvente) e alcohol (soluto)
- SOLUTO GASOSO : gaseosa = auga (disolvente) + dióxido de carbono (soluto)
- SOLUTO SÓLIDO : auga (disolvente) con sal (soluto)
DISOLVENTE GASOSO
- SOLUTO LÍQUIDO : néboa = aire (disolvente) + auga (soluto)
- SOLUTO GASOSO : aire = nitróxeno (disolvente) + osíxeno (soluto)
- SOLUTO SÓLIDO : fume con cinsas = aire (disolvente) + cinsa (soluto)
DISOLVENTE SÓLIDO
- SOLUTO LÍQUIDO : amalgamas = mercurio (disolvente) + outro metal (soluto)
- SOLUTO GASOSO : superficie de fornos autolimpiables = material das paredes (disolvente) + gases desprendidos dos alimentos (soluto)
- SOLUTO SÓLIDO : aceiro = ferro (disolvente) + carbono (soluto)
Chámase concentración dunha disolución á relación entre a cantidade de soluto e a cantidade de disolvente ou de disolución. Pode expresarse de varias maneiras :
- % EN MASA : é a masa de soluto que hai en 100 g de disolución : % en masa = masa soluto/masa disolución  x 100  - coñecendo o % en masa e os gramos dunha solución pódese calcular os gramos de soluto : g de soluto = % masa x g de solución / 100 – coñecendo o % masa e os gramos de soluto pódese calcular os gramos de solución: g de solución = g de soluto / % masa x 100
- % EN VOLUME : é o volume de soluto que hai por cada 100 unidades de volume de disolución.  
 % en volume = volume soluto/volume disolución x 100 – coñecendo o % volume e os ml solución pódese calcular os ml de soluto : ml soluto = % volume x ml de solución / 100 - coñecendo o % volume   e os ml de soluto pódese calcular os ml de solución : g de solución = g de soluto / % volume x 100
- CONCENTRACIÓN EN G/L : indica a masa de soluto expresada en gramos que hai por litro de disolución : concentración en g/L = masa soluto (g) / volume disolución (L)
- CONCENTRACIÓN MOLAR : é a cantidade de moles de soluto que hai en cada litro de disolución.
- SOLUBILIDADE DUNHA SUBSTANCIA : é á máxima cantidade de soluto que se disolve nun disolvente a unha temperatura determinada. É a característica de cada substancia. Exprésase en g/L.