martes, 27 de marzo de 2012

resumen sociais 3º eso as migracións

AS MIGRACIÓNS
MOTIVOS PARA EMIGRAR
- POLA BUSCA DE TRABALLO : xa que aquí é moi escaso, debido á economía. Tamén emigran a lugares rurais, xa que alí poderán ter fillos que os axuden coas tarefas cotiás e non supoñeran gastos, como nas cidades, que ao haber traballo, os fillos supoñen carga e gastos. Emigraríase porque non hai traballo onde vivimos e polo tanto hai que marchar a por oportunidades, porque o traballo pode ser mellor co que teño aquí, o que me da a oportunidade de sacar unha carreira, e ademais teño un mellor salario.    
- POLA CALIDADE DE VIDA : un país pode ofrecer mellor calidade de vida ca outro, como os servizos, dereitos, seguridade, infraestructuras, estradas, etc.   non se poden realizar no lugar de residencia.
- POR MOTIVOS POLÍTICOS : falta de dereitos, guerra, persecucións, inseguridade…
- PARA ESTUDAR : ás veces non se poden realizar no lugar de residencia.
- PARA IR DE VACACIÓNS : para descansar un pouco do traballo que hai nas cidades.
 MOTIVOS PARA NON EMIGRAR
- ARRAIGO : relación que tes co lugar onde vives, familia, amigos, etc. Falta de recursos, non emigra quen quere, senón quen pode. En principio a xente está arraigada nos lugares onde nace. Un motivo e recursos é o que fai falta para emigrar. O motivo principal é o traballo, despois o político.

MOVEMENTOS ESPACIAIS
Poden ser naturais ou espaciais. Os espaciais son os desprazamentos das persoas nun territorio, como a emigración e a inmigración. Tres tipos de movementos espaciais :
- A MOBILIDADE : son os desprazamentos frecuentes por motivos cotiás, como o formativo, o laboral, de ocio, mercado, sanidade.
- EMIGRACIÓN : como as vacacións ou turismo, a xente entra e sae do seu territorio. O turismo pode prolongarse en 6 meses como moito.
- MIGRACIÓN : só é un tipo de movemento espacial si dura máis de 6 meses e hai que cambiar de localidade. Polo tanto é un cambio de residencia durante máis de 6 meses.
Hai dúas maneiras de ver a migración, de entrada (inmigración) e de saída (emigración).

DURACIÓN E ÁREAS DAS MIGRACIÓNS
Poden ser estacionais, temporais e permanentes :
-  AS ESTACIONAIS : son as que se realizan para facer unha tarefa de varias semanas, son turísticas e            . Para realizar unha colleita e traballar nun hotel en verán, os traballadores repiten cada ano.
- AS TEMPORAIS : son unha migración cun tempo limitado con idea de volver, dura varios anos.
- AS PERMANENTES : son as que non se pensa en regresar.

DESDE O PUNTO DE VISTA ESPACIAL
Desde o punto de vista espacial, a principal é o éxodo rural que consiste en trasladarse permanentemente do campo á cidade. As migracións poden ser dentro (interiores) ou fóra do país (internacionais). Polo tanto toda migración supón atravesar : un límite administrativo, fronteiras de países, provincias de concellos.

MIGRACIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS
Cando unha persoa é perseguida no seu país por motivos políticos foxe a outro país e solicita asilo político que é acoller a unha persoa perseguida noutro país e é unha obrigación dos estados democráticos. Cando hai un conflicto violento nun país  (unha guerra) afecta a poboación civíl. Son civís os que non participan nesa guerra pero sófrena por grupos armados. Polo tanto esas persoas fuxen e son poboación civíl que fuxen dos seus fogares por inseguridade. Denomínanse desprazados, os que permañecen no seu país pero fóra do seu pobo. Os refuxiados pasan a outro país. Actualmente hai 20000000 de refuxiados no mundo e máis de 50000000 desprazados. En Afganistán hai desprazados e refuxiados que se foron a Pakistán. No Sahara hai saharaouis refuxiados en Arxelia. Hai máis de 1000000 palestinos en Israel porque ocupa o territorio de Palestina e a súa poboación son xudeos que emigraron a ese país. A principios do S. XX había 20000 xudeos e a finais 1000000 de xudeos. Os palestinos foron expulsados. Desprazados e refuxiados pódense producir por motivo de violencia ou por catástrofes naturais. As persoas que reciben asilo chámanse asilados. A deportación é cando unha persoa é trasladada forzosamente dun territorio a outro. España reclama a Venezuela que lle entregue ás persoas que cometeron un delito en España. Os países non democráticos poden castigar aos seus cidadáns expulsándoos do seu territorio. O desterro era a pena por ser expulsado dun territorio.
VOCABULARIO : Asilo – asilado – refuxiado – desprazado – deportación – desterro
Todas elas son formas de mobilidade forzada por motivos políticos ou catastróficos. Nas migracións as persoas deciden e na mobilidade forzada non. No mundo hai 7000 millóns de hab. Nos cales o 3% son migrantes. O 1% da poboación mundial tivo que trasladarse forzosamente.

A EMIGRACIÓN GALEGA
É algo que se produciu dende hai moitos séculos, no caso de España, como empeza a descubrirse América NO s. xv, polo tan
to os españois emigraron a América. España tiña 5 ou 6 millóns de hab. Emigraron cerca de 300000 mil nos S. XVIII e XIX. América independízase de forma violenta porque o poder español fixo guerras. Nese momento no S. XIX esa emigración cortouse. <unha vez pasado ese episodio volve a iniciarse esa emigración, na que se produce unha emigración moito máis numerosa. Un motivo para que a xente poidera viaxar era a revolución dos transportes. No S. XIX aparece o tren e despois no último terzo, o barco de vapor substitue ao veleiro.A xente emigraba porque a poboación é moito máis numerosa e hai moita máis xente que quere emigrar e canta máis xente embarca máis barata é a viaxe. A migración foi medrando ata chegar ao máximo dos anos anteriores. España non participa na guerra e polo tanto é un país neutro que pode venderlle aos dous bandos, o que fai que crezca económicamente. O comercio é máis caro e máis perigoso e emigraron a América 2 millóns. Despois da Segunda Guerra Mundial ábrese unha forte etapa de nova emigración cara Europa, que se produce durante o réxime franquista, esta etapa ocupa o  ¾  do S. XX. A finais do S. XX, España pasou a ser un país de inmigración. Emigraría a xente por motivos económicos. En América había máis traballo e mellor pagado e podíanse enriquecer e volver a España rico, a iso denomínase Indianos. Cando España comezou a crecer económicamente, acabouse esa emigración, a partir dos anos 10 do S. XX. Nesa época emigraron moitos europeos, 50 millóns. Durante 20 anos o franquismo aplicou unha política económica antárquica que foi contraproducente, é dicir, que produce o efecto contrario do buscado. Esa política bloqueou o crecemento económico. A reruralización, coa que se conseguía comida no campo.

EUROPA : II Guerra Mundial (1939-1945) - enorme destrución – fame – 1948-1949 destrución
Produción : morreron 50 millóns de mozos
Nun proceso de migración hai procesos de expulsión e de atración. Polo tanto

O ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN
QUE SIGNIFICA ESTRUTURA DA POBOACIÓN?
Significa organización, características básicas.A poboación está formada por individuos que pertencen a distintas categorías e en cada poboación hai un número concreto de cada categoría. Hai dúas dimensións decisivas para a evolución dunha poboación que afectan tanto as entradas como ás saídas, nacementos e falecementos, esas características son o sexo e a idade.A poboación divídese en homes e mulleres. En condicións normais nacen 106 homes por cada 100 mulleres pero en sociedades onde a cultura menosprecia a muller cométense abortos selectivos, infanticidios ou descuido discriminatorio contra as nenas creando fortes desproporcións. En China con 1300 millóns de hab. Faltan máis de 100 millóns de mulleres que naceron ou morreron de forma intencionada. En sociedades postransicionais a partir dos 35 anos empeza a haber máis mulleres que homes, pero en sociedades pretransicionais a alata mortalidade por maternidade fai que haxa menos mulleres que homes no país. A segunda variable é a idade, os grupos de idade denomínanse cohortes e refírese sempre a idade cumprida. Normalmente agrupamos a poboación e cohortes de 5 idaes, de 0 a 4, 5 a 9, 10 a 14, etc. As idades agrúpanse en 3 grandes categorías :
Nenos (de 0 a 14) – adultos (de 15 a 64) – anciáns (de 65 para arriba)
A súa vez os adultos divídense en xoves (de 15 a 39) e adultos maiores de 40 a 64. Os anciáns tamén se dividen en dous grupos de 65 a 79 e maiores de 80.

PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
É unha gráfica de barras de forma piramidal composta por barras horizontais e que se representa os grupos de idade por sexo.
No eixo vertical chamado coordenada sitúanse as idades normalmente en tramos de 5. Nos eixos horizontais chamados apcisas sitúanse as cantidades ben en número absolutos ou porcentaxes situando á esquerda os homes e á dereita as mulleres. A pirámide de 1900 ten forma de triángulo e a de 2010 de copa.
- PIRÁMIDE PRETRANSICIONAL : nacen moitos e morren moitos e forma triangular porque nacen moitos pero rápido adelgazamento porque morren moitos. O cume é estreito porque morren moitos.
- PIRÁMIDE POSTRANSICIONAL : forma de copa, porque ten a base estreita xa que nace pouca xente, e ancha no medio porque nacen moitos nas idades adultas porque a mortalidade descendeu e polo tanto é unha herdanza na última fase da maternidade. A natalidade baixou fortemente a partir dos 80. A fase final terá a pirámide forma de cohete, é dicir, estará equilibrada, porque nace pouca xente pero tamén morre pouca.
- PIRÁMIDE 2010 : entre os 40 e 44 anos son máis mulleres ca homes.

resumen física e quimica 3º eso enlace químico

PRIMEIRAS CLASIFICACIÓNS DOS ELEMENTOS
Algúns elementos químicos como o ouro, a prata, o cobre ou o ferro, son coñecidos desde a antigüidade.
A medida que foron aparecendo elementos químicos novos foi surxindo a necesidade de clasificalos. Unha primeira clasificación foi en metais e non metais pero no S. XIX había tantos elementos coñecidos que esta clasificación era insuficiente. Aparecen varios intentos de clasificalos :
- TRÍADAS DE DÖBEREINER (1829): químico alemán, estableceu grupos de tres elementos con propiedades semellantes, que chamou triadas. (exemplos de tríadas : Cl, Br e I  -  Li, Na e K  -  Ca, Sr e Ba  -  S, Se e Te)
 -OCTAVAS DE NEWLANDS (1864): químico inglés, agrupou os elementos en grupos e períodos. Despois de cada 8 repetíanse as propiedades, a esta ordenación chamoulle lei das octavas.
- TÁBOA DE MENDELEIEV (1869): químico ruso, clasificou os elementos en orde crecente da masa atómica, colocando na mesma columna aqueles con propiedades semellantes.
A TÁBOA PERIÓDICA ACTUAL : os 117 elementos clasifícanse en orde crecente de número atómico. Seguindo o modelo de Medeleiev, sitúanse na mesma columna aqueles que presentan propiedades semellantes. A táboa periódica resultante consta de 7 filas ou períodos (están os elementos que teñen o mesmo número de capas electrónicas) e 18 columnas ou grupos (colócanse no mesmo grupo os elementos que teñen o mesmo número de electróns na súa última capa e que, polo tanto teñen propiedades semellantes). Polo tanto, a táboa periódica vainos indicar o número de electróns, o número de niveis e o número de electróns do último nivel.
A ORGANIZACIÓN DA TÁBOA PERIÓDICA : se atendemos ás propiedades básicas dos elementos, na parte esquerda e central están os metais (grupos do 1 ao 12 : Fe, Na, Cu, Sn... ) adoitan formar catións (Na+, Ca2+, Al3+, K+, Li+, Ag+, Fe3+), na parte dereita os non metais (O, N, C... ) adoitan formar anións (N3-, P5- , O2-, Cl- ) e no extremo dereito os gases nobres (He, Ne, Ar, Kr, Xe e Rn). Hai unha zona entre metais e non metais na que os elementos que a ocupan teñen propiedades intermedias entre metal e non metal, chámanse semimetais (B, Si, Ge, As, Sb, Te, e Po) forman catións pero con dificultade. Aos elementos da zona “f” chámaselles ás veces terras raras (lantánidos e os actínidos). Hai que matizar que o Hidróxeno é un non metal pero sitúase na primeira columna pola súa configuración ele- ctrónica. Algúns grupos (columnas) teñen nomes propios, entre os que cabe destacar : - grupo 1 : metais alcalinos (Li, Na, K, Rb, Cs, Fr) – grupo 2 : metais alcalinos térreos (Be, Mg, Ca, Sr, Ba, Ra) – grupo 17 : halóxenos (F, Cl, Br, I, At) – grupo 18 : gases nobres
ENLACE QUÍMICO
Un enlace químico é cando os átomos se unen uns cos outros de forma que a enerxía final do conxunto sexa menor cá que tiñan antes de se uniren (unha excepción son os gases nobres ou gases inertes que teñen menos enerxía se están illados, por iso case nunca se combinan con outros átomos nin entre si). A diferencia entre as enerxías dos átomos antes e despois do enlace recibe o nome de enerxía de  enlace. O enlace químico é a unión de átomos de modo que a estructura resultante sexa máis estable cós átomos por separado.
CONFIGURACIÓN ELECTRÓNICA DO ENLACE QUÍMICO
Os elementos tratan de completar con oito electróns (regra do octeto) a súa capa de valencia para consegui-la estructura que teñen os gases nobres :
A configuración electrónica é a forma en que os electróns da codia dun átomo están repartidos entre as distintas capas ou niveis de enerxía. O número máximo de electróns, que pode ter un átomo no último nivel de enerxía, é 8, (estructura de gases nobres). Tódolos metais teñen no penúltimo nivel de enerxía dos seus átomos, a estructura do gas nobre anterior; é dicir, teñen 8 electróns, menos o Litio e o Berilio
que teñen 2, porque o gas nobre anterior que é o Helio so ten 2 electróns. Os non metais teñen no seu último nivel de enerxía tantos electróns como indica o número de grupo no que se encontra. En xeral os metais queren perder algún electrón e os non metais gañalo.
Vamos a ver todo o que podemos saber dun elemento, coñecendo a súa situación na táboa periódica :
Ex : ¿Que podemos saber do Calcio? Miramos a Táboa Periódica e vemos que se atopa no grupo 2 e no período 4 e o seu número atómico é 20, co cal sabemos que:
a) Ten 20 protóns positivos no núcleo, porque o seu número atómico é 20.
b) Ten 20 electróns negativos na súa codia, porque o átomo é neutro.
c) É un metal porque está situado a esquerda na táboa periódica.  
d) Ten 2 electróns no seu último nivel de enerxía, porque está no grupo 2.
e) Ten 4 niveis de enerxía, porque está no período 4.
f) O penúltimo nivel de enerxía ten a estructura do gas nobre anterior, o Argón (Ar), é dicir, ten 8 electróns
 (esta característica só se da nos metais).

ENLACE  IÓNICO : prodúcese cando existe un intercambio de electróns entre os átomos. Ao intercambiarse electróns, fórmanse ións positivos (metal) e negativos (non metal) que se atraen eléctricamente e sempre orixina cristais iónicos. (EX : Enlace do cloruro de sodio: o elemento sodio cede o elec-
trón máis externo ao elemento cloro, quedándose ambos con oito electróns na última capa electrónica. O catión sodio e o anión cloruro forman a molécula de cloruro de sodio pola acción das forzas eléctricas exercidas entre as súas cargas.)

ENLACE COVALENTE : dase entre átomos que comparten electróns (non metal con non metal) para completar a súa última capa. Esta idea da formación dun enlace compartindo un par de electróns foi proposta por Lewis, que consiste en representar os átomos mediante o seu símbolo cos electróns da capa de valencia ó seu redor, agrupados por parellas. Pode haber :
- ENLACE SIMPLE : moléculas de Cl2, F2 e Hl2 
- ENLACE DOBRE : cando un átomo quere gañar 2 electróns debe formar dous enlaces, como no caso do osíxeno. Se se unen 2 átomos de osíxeno fano compartindo 4 electróns (2 de cada átomo)       
- ENLACE TRIPLE : cando un átomo desexe gañar 3 electróns, debe formar tres enlaces, como o nitróxe- no. Se se une con outro nitróxeno forma un triple enlace con 6 electróns (3 de cada átomo)          se a uni- ón se produce entre nitróxeno (gañar 3 electróns) e hidróxeno (gañar 1 electrón), fórmanse tamén 3 enlaces, un con cada hidróxeno
Os enlaces covalentes represéntanse de dúas maneiras, con puntos (diagrama de Lewis) onde se indica o símbolo do elemento cos electróns da última capa con puntos ou cun guión que indica 1 enlace formado por dous electróns : 

 ENLACE METÁLICO :  ocorre soamente entre átomos dun mesmo elemento metálico (metal con metal) e fórmanse entre átomos que posúen poucos electróns (1, 2 ou 3 ) na súa capa máis externa. (Ouro, cobre, ferro, sodio, "aleacións").
 
 PROPIEDADES DOS COMPOSTOS
 COMPOSTOS IÓNICOS :  sólidos cristalinos a temperatura ambiente - puntos de fusión e ebulición altos disólven se na auga - conductores da corrente eléctrica en estado líquido e en disolución
COMPOSTOS COVALENTES : moitas substancias son gases, líquidos ou sólidos - puntos de fusión e  ebulición baixos -  forman moléculas discretas
 COMPOSTOS METÁLICOS : estado sólido - puntos de fusión e ebulición altos e medios - dureza alta-media - ningunha solubilidade en auga nin en ningún tipo de disolvente

bioloxia 3º eso a reprodución do ser humano

A REPRODUCIÓN DO SER HUMANO
 Na reprodución humana interveñen dous seres unisexuais que presentan dimorfismo sexual (diferenzas anatómicas debidas a seu sexo). Cada sexo ten gametos diferentes (espermatozoides e óvulos). A fecundación é interna.  A reprodución comprende os seguintes pasos : - produción de gametos fecundación desenvolvemento do cigoto; logo o cigoto transfórmase  un embrión e este nun feto - parto ou nacemento -  Desenvolvemento do neno.
CAMBIOS CARA Á MADUREZ SEXUAL
INFANCIA : desenvolvemento dos caracteres sexuais primarios (pene e escroto, vulva), desde o nacemento ata os dez anos aproximadamente.
PUBERDADE: comeza co desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios debido ás hormonas que producen os órganos sexuais. Comeza a primeira menstruación e a produción de espermatozoides.   
ADOLESCENCIA E IDADE ADULTA : a adolescencia é o periodo de transición psicolóxica e social entre a puberdade e a vida adulta e acádase a madurez sexual, etapa na que se está preparado para a reprodución.

O APARELLO REPRODUTOR FEMININO  
 No interior do aparato reprodutor femenino ten lugar a fecundación e desenvólvese o embrión e o feto ata que se produce o parto e nace o bebé.
ÓRGANOS INTERNOS : ovarios, trompas de Falopio, clítoris, 
ÓRGANOS EXTERNOS : útero, vaxina, labios maiores e menores
GAMETOS FEMENINOS
OS ÓVULOS : o óvulo é a célula reprodutora ou gameto femenino. É unha célula moi grande, de 1mm de diámetro, que madura dentro do ovario, nunha cápsula chamada folículo de Graaf. O folículo ábrese e verte á trompa de Falopio o óvulo, rodeado dunha masa de células moito máis pequenas ca el, que forman unha envoltura protectora. Desde que é expulsado, o óvulo permanece fértil durante unhas 24 horas. Si nese tempo non é fecundado, morre.
APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
O aparello reprodutor masculino está formado por órganos, que producen espermatozoides e os depositan no aparello reprodutor feminino.
ÓRGANOS INTERNOS : testículos, epidídimo, condutos deferentes, vesículas seminais, próstata, uretra
ÓRGANOS EXTERNOS : escroto, pene
GAMETOS MASCULINOS
OS ESPERMATOZOIDES : os espermatozoides próducense continuamente nos tubos seminíferos. Os espermatozoides son moito máis pequenos e numerosos que os óvulos. A súa saída realízase mediante a exaculación, na que se expulsa o seme, un líquido formado por espermatozoides, líquido lubricante, seminal y prostático. Ao ser depositado no interior da vaxina, permanecen vivos entre 3 e 5 días, tempo no que pode producirse a fecundación.

OS CICLOS DO APARELLO REPRODUTOR FEMENINO
As hormonas sexuais femininas son os estróxenos e a proxesterona. Os estróxenos prodúcense nos ovarios e son os responsables do desenvolvemento e mantemento dos caracteres sexuais secundarios, e tamén son os que inducen a formación do folículo de Graaf, no ovario. A produción de estróxenos segue un ciclo de uns 28 días de duración. Cando a súa cantidade en sangue é máxima, prodúcese a ovulación, é dicir, a rotura do folículo, coa saída do óvulo á trompa de Falopio.Tras liberar o óvulo, o folículo de Graaf produce proxesterona, que induce o crecemento e maduración do endometrio. Si non hai fecundación, o óvulo morre; o folículo dexenera, deixa de producir proxesterona, o endometrio despréndese, provocando a regra ou menstruación.

A FECUNDACIÓN  
A ovulación ten lugar 14 días antes da chegada da regra. O óvulo só pode ser fecundado durante 24 h
desde a ovulación. O coito consiste na introducción do pene na vaxina e ao exacular, os espermatozo
des libéranse dentro da vaxina. Ao contrario ca o óvulo, os espermatozoides son moi rápidos. Ademáis poden permanecer vivos no interior do aparello reprodutor feminino entre 3 e 5 días. Si o óvulo e os espermatozoides se atopan, estes rodean ao óvulo, pero só un consegue atravesar a envoltura protectora e introducir a cabeza no interior. A célula resultante recibe o nome de cigoto ou célula ovo.
COMEZO DO EMBARAZO
 O primeiro síntoma de embarazo e a falta de menstruación. Na parede do útero desenvólvese un órgano  que se chama placenta. A placenta comunícase coa nai polo cordón umbilical. A nai pasa ao feto os alimentos necesarios para vivir polo cordón umbilical e a placenta. Nas primeiras fases do embarazo fórmanse a placenta, o cordón umbilical e a bolsa amniótica (saco cheo de líquido amniótico).
O DESENVOLVEMENTO DO EMBARAZO
A xestación ou embarazo é o proceso que comeza coa fecundación e termina co parto. Nel prodúcense cambios moi significativos. O que comezou sendo unha única célula, o cigoto, convértese nun embrión; logo, en feto e, por último, nun ser humano completamente formado. Este proceso dura uns 280 días (40 semanas).

O PARTO
 O embarazo finaliza co parto. O parto consta de tres fases:
- DILATACIÓN :  dilatación do colo do útero - relaxación dos músculos da vaxina - rómpese a bolsa amniótica («romper augas»)
- EXPULSIÓN :  Contraccións do útero - Máxima dilatación do colo do útero e da vaxina - expulsión do feto ao exterior - Corte do cordón umbilical
- LIBRAMENTO : Expulsión da placenta - Expulsión dos restos do endometrio
AS COMPLICACIÓNS DO PARTO :  Mala postura do bebé - Insuficiente dilatación do colo do útero e da vaxina - Pinzamento do cordón umbilical

A ESTERILIDADE 
A esterilidade é a imposibilidade de ter fillos. A súa causa pode estar no home, na muller, o en ambos :
 - NO HOME : Número insuficiente de espermatozoides -  Espermatozoides con escasa movilidade ou malformacións - Inflamación dos condutos deferentes
- NA MULLER :  Obstrucción en trompas de Falopio -  Falta de ovulación por desequilibrios hormonais -  Dificultade de aniñación do cigoto no endometrio
TÉCNICAS DE REPRODUCCIÓN ASISTIDA
- INSEMINACIÓN ARTIFICIAL : cando a  esterilidade é debida á incapacidade dos espermatozoides para fecundar o óvulo
- FECUNDACIÓN IN VITRO (FIV) : cando a  esterilidade é debida a problemas coa ovulación ou co implante do embrión no endometrio

OS MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS
A sexualidade e a reprodución poden ser opcións diferentes. Os métodos anticonceptivos fan posible que as persoas manteñan relacións sexuais sin que teña lugar o embarazo. Diferentes métodos :
NATURAIS : oxino, temperatura basal, observación da mucosidade do colo do útero  
MECÁNICOS : preservativo masculino ou condón, preservativo feminino, diafragma, DIU
QUÍMICOS : espermicidas, pílula anticonceptivas    
CIRÚRXICOS : ligadura de trompas, vasectomía

A SEXUALIDADE E O SEXO
A sexualidade é o conxunto de condicións anatómicas, fisiolóxicas e psicolóxicas que caracterizan cada sexo. O sexo é unha condición biolóxica pola que se distingue entre individuos masculinos e femeninos. A relación sexual é o contacto sexual entre as persoas. Realízase pola atracción ou impulso sexual. As
relacións sexuais poden ser : -heterosexual (home e muller)– homosexual (dúas mulleres ou dous homes)
A reprodución e a sexualidade son dous conceptos diferentes. A saúde sexual require dun acercamento
respetuoso á sexualidade e ás relacións sexuais, así como á posibilidade de ter relacións sexuais placen
teiras seguras, libres de coerción, discriminación e violencia.

HÁBITOS SAUDABLES RELATIVOS Á SEXUALIDADE
Lavarnos con frecuencia - Utilizar preservativo - Evitar a promiscuidade - Evitar actitudes denigrantes cara a parella - Buscar un interlocutor adulto de confianza - Acudir ao médico - Ignorar os consellos de persoas pouco e mal informadas