miércoles, 13 de agosto de 2014

resumen lingua e literatura galega 4º eso as 3 avaliacións

HISTORIA DA LINGUA
 PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
Durante o primeiro terzo do S. XX xorden iniciativas para a dignificación da lingua galega, fúndase a Real Academia GalegaRAG (estudos da literatura e da lingua galega), créanse as Irmandades da Fala (defendían e promovían o uso exclusivo do galego), aparece a revista Nós (escrita en galego) e fórmase o Seminario de Estudos Galegos (promovían a investigación en Galicia, a elaboración e a publicación de estudos). Neste período nace o Partido Galeguista (1931), no que militarán personalidades como Castelao ou Bóveda, quen redactará o I Estatuto de Galicia, aprobado en xuño de 1936 que no poderá entrar en vigor ao iniciarse a Guerra Civil poucos días despois, pero propiciará a consideración de Galicia como nacionalidade histórica (xunto con Cataluña e Euskadi) ao instaurarse a democracia. Foi tamén neste tempo que moitos dos políticos máis destacados na historia de Galicia foron asasinados :
- Ánxel Casal : editor e alcalde do concello de Santiago de Compostela, apareceu morto nunha gavia de Teo (18 de agosto de 1936)
- Alexandre Bóveda : peza clave no Partido Galeguista, foi executado na Caeira en Poio (17 de agosto de 1936)
- Johán Carballeira : xornalista e político galego, foi alcalde do concello de Bueu, executárono na Caeira (17 de abril de 1937)
O GALEGO NAS DÉCADAS DA DITADURA
A lingua galega perde toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público debido a una  política dura e recesiva. Na década dos 50 A cultura galega só sobrevive no exilio americano. A capital cultural galega nos anos 40 e 50 é Bos Aires onde morreu Castelao en 1950. A produción cultural no exilo ten distintas vertentes :
- Edicións de obras que a censura non permitía publicar : sempre en Galiza (de Castelao)A Esmorga (de Blanco Amor)
- Publicación de revistas vinculadas a sociedades de emigrantes : GaliciaGalicia EmigranteEu- fonía
- Creación de grupos de teatro afeccionado que estrean moitas obras : Os vellos non deben de namorarse (de Castelao)A xustiza dun muiñeiro (de Varela Buxán)
A partir de 1950 iníciase unha recuperación da literatura galega da man da Editorial Galaxia e da  revista Grial.   
AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA
LINGUAS OFICIAIS : - Galego - Catalán  - Eúscaro  - Mirandés (Portugal)  .
NON OFICIAIS : Asturiano  - Aragonés  - Aranés  falantes  

VARIEDADES XEOGRÁFICAS
A variedade xeográfica da lingua pódese representar nun mapa coa axuda das isoglosas (liñas imaxinarias que unen dous puntos do mapa que consta de trazos lingüísticos).
BLOQUE OCCIDENTAL
•  plural en –ns (camións, cans) • seseo (sapato, cansión, lus, sinco) • gheada  (ghato, cheghar, amigho, ghamela) • terminación en -án/-á (irmán/irmá) • ditongo -oi- (loito, roibo, dioivo, choiva) • pronome 2ª pers. (ti). Ten 3 áreas : - Área fisterrá : • seseo e cheísmo  - Área bergantiñá : • non seseo explosivo • non cheísmo - Área pontevedresa : • seseo • non cheísmo
BLOQUE CENTRAL
- fan o plural –s (camiós, cas) • non hai seseo (só na área central de transición)  • hai gheadas no occidente e non hai no oriente • ditongo –oi (moito, noite, coiro) • termina- ción ao/-á  (irmao /ir- má)  • alternancia do pronome ti e tu • alternancia do ditongo cua/ca (cuatro/catro, cuanto /canto) Ten 4 áreas :
- Área mindoniense (nordés da Coruña e norte de Lugo) : • pronomes nosoutros/as, vosoutros/as
• diferencian lle de lles (non llelo pidasa eles) • formas seña, esteña (analóxicas de teña)  • for-
mas sallo, vallo
- Área central de transición (entre as áreas mindoniense e lucu-auriense, comprende zonas das
catro provincias galegas, entre outras as de meira, ordes, o Carballiño ou o Deza) : - Alternacia do femenino en án/á (miña irmán/miña irmá) – demostrativos (este, eses, aquel)
- Área lucu-auriense (comprende o centro e o sur da provincia de Lugo e case toda a provincia de Ourense, agás as comarcas do Carballiño, a Limia Baixa polo oeste e a franxa oriental):   - demos- trativos (iste, ise, aquil) – vogal radical “i” e “u” nos imperativos (culle, bibe)
- Áreas oriental de transición (entre as áreas lucu-auriense e o bloque oriental, comprende parte da comarca de verín) . - Ditongo -ui (muito, nuite, uito) - demostrativos (este, ese, aquel)
 BLOQUE ORIENTAL
• rematados en –s fan o plural –is (camiois, casi, pantalois) • conservación do -u- nos ditongos  (cuando, cuatro, guardar) • terminacións –is a 2ª p. plural (cantais, cantabais, bebeis, bebíais, mentís, mentíais, levais, levabais) • terminación –ín en lugar de -iño (paxarín, ca- mín, muín) non hai gheada nin seseo • pronome persoal tu • redución do ditongo -ai ante -x (caixa / caxa - baixar) / baxar) • o pronome o lígase ao verbo cando remata en ditongo
Ten 4 áreas :
- Área asturiana (concellos asturianos entre o río Navia e Eo e o concello galego de Negueira de Muñiz) : • conservación do (-l-) intervocálico (avolo, molín, animales, calente) • rematados en -ín fan o plural en -íus (molius, paxarius) • rematados en -ín fan o femenino en -ía (vecía, nenía) •   demostrativos (estos, esos e aquelos) • o l- pasa a ll- (llúa, lleite, caballo) • alternancia no artigo determ. masc. (o/el) • posesivos (meu, tou, sou, mía, túa, súa)
 - Área ancaresa (vertente leonesa dos Ancares) : • gheada • cheísmo • desaparición do -n final nas formas do pretérito (bebí, comí, partí) vogais nasalizadas • posesivos (meu,tou,sou,mía,túa, súa)
- Área zamorana (entre as Portelas da Canda e o Padornelo,en Zamora, e o concello da Mezquita en Ourense) : • desaparición do -n final nas formas do pretérito (bebí, comí, partí) • teísmo (non to dou) • ditongo -oi- (dois, oito) • terminación -iño (padriño, camiño)
 - Área oriental-central (o Courel, A Fonsagrada, a zona galega do Bierzo, Viana e valdeorras) : al-terna as formas do diminutivo -ín/-iño, pero o pluarl é sempre -iños • ditongo -ui- (muitos), en certas zonas aparecen (muto, mutio) • non hai vogais nasalizadas • formas do pretérito con -n final (bebín, comín, partín)
LINGUA ESTÁNDAR
 A lingua estándar é un modelo de lingua común, pois todos os idiomas precisan dunha norma que sirva de referencia para os usos formais, para poder ser ensinada nas escolas, para poder ser utilizada nos medios de comunicación e para facer que o idioma sexa sentido por todos os falantes como propio.
Daquela o estándar é unha variedade artificial e planificada construída a partir de distintas variedades lingüísticas dun idioma que se escolle como modelo de lingua común identificada e aceptada polos falantes como a forma correcta e normativa do código lingüístico. No caso do galego, xa no primeiro terzo do S. XX comezou o labor de construcción dunha variedade estándar, especialmente por parte das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Este labor continuou con atrancos na ditadura franquista, limitado  á literatura, e non foi ata 1983 cando se publicaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego. O proceso de estandarización implica a creación de : - unhas normas ortográficas - un diccionario - unha gramática - unha pronuncia estándar
COMO NACEN AS LINGUAS ESTÁNDAR
-  a partir dos dialectos locais falados nas rexións en que se asentan os centros de poder ou comercio  (español, portugués, inglés, chinés). 
 - do dialecto dunha rexión que foi centro cultural (italiano do dialecto toscano).
-  a partir das diferentes variedades xeográficas do idioma (árabe moderno, galego, alemán, éuscaro), incluso existen idiomas que posúen dúas variedades estándar (noruegués).

LITERATURA GALEGA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA
 A principios do S. XX prodúcense unhas mudanzas na sociedade e na poesía galega, deixando as tendencias do Rexurdimento polas novidades estéticas traídas das vangardas europeas. Escritores como Cabanillas combinan a estética do Rexurdimento coa introducción de elementos do Modernismo.  
RAMÓN CABANILLAS : as súas liñas poéticas permítennos distinguir 4 vertentes :
 - poesía intimista : na que trata temas referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do
seu pasado (A rosa de cen follas→ homenaxe a Rosalía de Castro).  
- poesía cívica : na que recolle as ideas das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos (No desterro )
- poesía costumista : na que fala de tipos e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística
- poesía modernista : ligada á beleza formal e de espazos (Na noite estrelecida)
A VANGARDA GALEGA : é a vontade de romper coas tradicións culturais. Desenvólvense  con varias correntes : - neotrobadorismo (cantigas medievaisFermín Bouza Bey) - hilozoísmo (poesía paisaxísticaLuís Amado Carballo) -surrealismo (consiste en afastar a razón dos textos para deixar  paso aos soños e ao subconscienteÁlvaro Cunqueiro) - creacionismo (consiste en afastar a poesía da realidadeManoel Antonio ).
 MANOEL ANTONIO :  representa o mellor autor vangardista en Galicia. É o autor do manifesto “¡Máis Alá!”. A súa obra máis relevante é De catro a catro” (son follas sen data dun diario de abordo), 19 poemas estruturados como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente pesimista da vida (monótona, repetitiva, en completa soidade e contínua despedida). O tema central é a soidade do suxeito, que adopta en moitos casos un Nós, como expresión de universalidade. A súa escrita vangardista podemos dividila en tres etapas: - unha primeira de formación - unha de ruptura vangardista - unha de retroceso. Caracterízase pola ausencia de argumento, a presenza do mar, a monotonía, soidade, simbolismo→o mar (símbolo da aventura) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con saudade do mar) 
A VANGARDA NA PINTURA GALEGA :nas primeiras décadas do S. XX xorde unha corrente de renovación das artes plásticas galegas (Maside, Maruja Mallo, Laxeiro, Colmeiro)  

PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A NARRATIVA
O GRUPO NÓS : a revista Nós nace en ourense en 1920. Nos 144 números publicados ata a Guerra civil de 1936 fíxose un esforzo por facer unha lingua de cultura, capaz de levar a Galicia as novidades da cultura europea (científica e literaria). 
A PROSA NESE PERIODO
- As mudanzas sociais : unha serie de novelas reflicten os cambios sociais da época (Os señores da terra de Otero Pedrayo)
- a valoración e o interese na cultura popular : as lendas e tradicións galegas centran a narrativa breve (O lobo da xente de Vicente Risco, Entre a vendima e a castañeira de Otero Pedrayo)
- as vangardas na prosa : as innovacións estéticas dos movementos de vangardas comezan a introducirse en textos
- o ensaio : este xénero experimenta un forte avance, axudado polo esforzó do grupo Nós para adaptar a lingua galega novos campos da ciencia. 
VICENTE RISCO 
- Invidualismo:xorde como reacción do individuo cara aos movementos políticos de masas do seu tempo (fascismo e comunismo)
- Crítica da ciencia : fronte a opinión da sociedade do momento que loaba a técnica, valora a historia e
a tradición popular por medio dun culturalismo relacionado co seu interese pola etnografía e os mitos.
- Relixiosidade e misticismo : a identificación do catolicismo como unha das bases da identidade galega é un dos seus principios.
- Ambigüidade respecto as vangardas : axudou a difundir entre escritores novos como Manoel Antonio,
as novas correntes estéticas.
OBRA DE VICENTE RISCO :  
- novelas curtas : tratan temas da literatura popular (O lobo da xente, A trabe de ouro e A trabe de alquitrán).
- novelas longas : O porco de pé, novela que satiriza un comerciante enriquecido usando unha linguaxe e unha estética vangardista.
- ensaio : temas etnográficos, políticos (Teoría do nacionalismo galego), viaxes e experiencia vital
(Mittleuropa)
- teatro : O bufón d-el Rei, nunha corte medieval o bufón descobre o adulterio cometido pola raíña.

1º TERZO DO SÉCULO XX : O TEATRO
A CREACIÓN DUN TEATRO GALEGO
A comezos do S. XX, o teatro era en Galicia un espectáculo principalmente urbano,e , polo tanto, acostumaba representarse nas principais vilas e ciudades galegas en castelán.  A partir de 1916, as Irmandades da Fala fixeron una posta en valor do teatro como forma de gañar prestixio social. Con este fin, inauguran en 1919 o Conservatorio Nacional de Arte Galega (CNAG) formando actores e aumentando de xeito importante o número de representacións de obras galegas. Inicialmente, o CNAG logra ter una programación estable de representacións de autores galegos (A. Villar Ponte, Leandro Carré). Posteriormente, leandro Carré Alvarellos recupera parte do labor do Conservatorio ao crear en 1922 a  Escola Dramática Galega. 
CASTELAO E “OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE” 
Castelao comezou a interesarse polo teatro despois de volver en 1921 dunha viaxe de estudos por Francia, Bélxica e Alemaña, ao impresionarlle a modernidade e a orixinalidade plástica dos espectáculos teatrais que viu en Europa. Os vellos non deben de namorarse componse de tres lances e un epílogo nos que presenta tres versións diferentes dunha mesma historia (un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova). Os personaxes son arquetipos e levan todos una máscara que os caricaturiza. A morte aparece como símbolo, ben sexa na figura dun sapo ou dun esmolante. Esta obra admite varias interpretacións. Os tres vellos representan distintos sectores da sociedade da época : o burgués das vilas  (D. Saturio, un vello boticario que tenta namorar a Lela), o fidalgo bebedor (D. Ramón que seduce a Micaela) e o labrego rico (Sr. Fuco que lle fai as beiras a Pimpinela). O pobo, ao xeito da traxedia grega, aparece como coro.
A LÍRICA ENTRE 1936 E 1976
XERACIÓNS DAS FESTAS MINERVAIS
Unha serie de autores como Manuel María ou Bernardino Graña, comezaron a colaborar na sección literaria do xornal compostelán La Noche. Preséntanse aos certames literarios que organizaba a Universidade co nome de Festas Minervais. Esta xeración mantivo o contacto cos escritores que destacaran antes da guerra. Hai varias tendencias dentro desa xeración : - Escola de Tebra - Grupo Brais Pinto - autores como Ricardo Carvalho Calero seguen unha liña culturalista, reinterpretando mitos usando fórmulas clásicas - individualidade
CELSO EMILIO FERREIRO
Celso Emilio Ferreiro foi o autor máis influínte desta corrente poética, desenvolvendo una poesía social. A partir do poemario O soño sulagado, os temas da súa poesía son o amor, os recordos da infancia e a denuncia das inxustizas. Coa obra Longa Noite de Pedra (1962) acadou un inmediato recoñecemento como poeta. Neste poemario combativo de temática social e política xorden dúas  realidades : a liberdade fronte á opresión. A Xeración de Festas Minervais vai evolucionando na metade da década de 1970 cara a expresións poéticas cada vez máis persoais. A publicación en 1976 da obra de X. L. Mén- dez Ferrín, Con pólvoras e magnolias, supón o final do periodo do socialrealismo e a chegada de novas tendencias á po
esía galega.
A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976
ÁNXEL FOLE : escritor lugués, é continuador dos temas e das fórmulas da tradición oral galega a través dos libros Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955).
ÁLVARO CUNQUEIRO : é un dos escritores máis persoais da literatura galega. A obra Merlín e familia iniciou en 1955 un conxunto de narracións (As crónicas do sochante, Se o vello Simbad volvese ás illas) que se caracterizan por : - seguen os modelos estilísticos da tradición oral – estas novelas teñen una estrutura aberta na que se introducen multitude de relatos autónomos entre sí – elimínanse as fronteiras entre a realidade e a ficción, introducindo personaxes míticos como Merlín e Simbad, e mestúrase o marabilloso e o cotián. O contraste entre o mundo mítico e o real resólvese por medio da ironía e o humor.
EDUARDO BLANCO AMOR : escritor ourensán que incorpora na súa traxectoria literaria técnicas procedentes das tentativas de renovación da novela do S. XX. As súas obras xiran arredor da cidade de Ourense  (A esmorga, Xente ao lonxe).
XOSÉ NEIRA VILAS : desenvolve a súa traxectoria literaria entre Cuba e Galicia. A súa obra describe por medio dunha prosa simple e emotiva a vida dos emigrantes galegos en América e o cotián no rural galego (Memorias dun neno labrego).
A NOVA NARRATIVA GALEGA : en 1960, un grupo de autores influído pola corrente literaria Nouveau Roman francés crea un movemento de ruptura coa narrativa tradicional e o ruralismo. A colección Illa Nova da Editorial Galaxia publicou a maioría das obras desta corrente que se caracterizou por achegar á literatura galega as innovacións formais dos movementos literarios europeos de vangarda. Entre estas novidades destaca : - a multiplicidade de puntos de vista na narración – a creación de personaxes e espazos literarios propios – enfocar a narración a través do obxectivo dunha cámara cinematográfica – a cousificación dos personaxes, descritos como se fosen obxectos.

O TEATRO ENTRE 1936 E 1976
DO TEATRO PARA SER LIDO AO NACEMENTO DO TEATRO INDEPENDENTE :  na primeira década despois da Guerra Civil só atopamos mostras de dramaturxia en galego de carácter costumista e folclórico. Coa creación da Editorial Galaxia en 1950 aparece una canle de publicación de textos dramáticos. Na década dos 60 crénase dous certames teatrais, o Certame do Miño e o Concurso Castelao de textos teatrais.
ÁLVARO CUNQUEIRO : a grande orixinalidade de Cunqueiro é un feito que define o autor. En 1959 Cunqueiro recupera o famoso personaxe de Shakespeare con “O incerto señor D. Hamlet, príncipe de Dinamarca”. A obra creou polémica, debido á innovación de adaptar un clásico da literatura universal ao galego e por ter una temática pouco galega. Algunhas innovacións literarias no Hamlet de Cunqueiro :  - a historia de Hamlet mestúrase co mito grego de Edipo - maior proximidade á orixe da historia - introduce o coro da traxedia grega - Cunqueiro recorre, ao igual que Shakespeare, a mostrar o teatro dentro do teatro, a peza é una representación protagonizada polos personaxes
En 1965 Cunqueiro escribe “A noite vai como un río”, onde a protagonista sofre por non atopar o namorado soñado.
XOHANA TORRES : a súa obra teatral caracterízase por dous feitos . o realismo asociado a temas sociais e o protagonismo femenino. En 1965 escribe “Á outra banda do Iber”, de tema político, onde xorden desputas ideolóxicas. En 1969 publica “Un hotel de primeira sobre o río”, obra de denuncia social coa temática da expropiación inxusta da terra.
RICARDO CARVALHO CALERO : chegaría a ser o primeiro catedrático de Literatura Galega, comeza a interesarse polo teatro como medio pedagóxico. Escribiu una serie de farsas como “A farsa das zocas” (1948). A súa obra posterior caracterízase por usar técnicas teatrais realistas, simbolistas e por tratar temas transcendentais como o amor, a norte, a arte ou a política.
O TEATRO DA DÉCADA DE 1950 : tendencias : - obras do vello teatro das Irmandades - pezas breves ao estilo do Teatro de Máscaras - presenza do teatro existencial - o teatro do exilio
O NACEMENTO DO TEATRO INDEPENDENTE : desde comezos dos anos 60 trabállase na recuperación do teatro galego. A agrupación de maior actividade será o Teatro de Cámara Ditea . Na Coruña, dous mozos sen case coñecemento do teatro anterior, Manuel Lourenzo e Francisco Pillado, crean o Grupo de teatro O Facho. Debido a diverxencias internas, Manuel Lourenzo crea posteriormente Teatro Circo, un proxecto ambicioso que tentará crear un arquivo e una biblioteca do teatro galego e abrir una escola de formación teatral.
A LITERATURA ACTUAL : A LÍRICA
O ACHEGAMENTO DA POESÍA A NOVOS PÚBLICOS : Coa chegada da democracia, a literatura galega vai poder expresarse en liberdade a través de novas formas de expresión literaria  que reflicten as mudanzas que se producen na sociedade. A publicación en 1976 do poemario Con pólvora e Magnolia (Méndez Ferrín), protagonizará o abandono progresivo da literatura comprometida coa sociedade,
nacendo así una maior preocupación pola forma e a estética na poesía.
A POESÍA NA DÉCADA DE 1980 : - presta máis atención á forma - destaca o verso libre - os temas principais son o amor, o erotismo, o intimismo, a terra - o culturalismo (afasta a literatura da sociedade)
Desta década destacan autores como Lois Pereiro (Poesía última de amor e enfermidade, 1995),  Miguel Anxo Fernán Vello (Do desexo de corpo e sombra, 1984), Pilar Pallarés (Sétima soidade, 1984)
A POESÍA DA DÉCADA DE 1990 ATA A ACTUALIDADE : - xorden grupos poéticos -  recupéranse obras de autores pouco canónicos (Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, María Mariño) - aumenta o número de concursos poéticos - as escritoras teñen unha destacada presenza nestas últimas décadas (Mª X. Queizán, Olga Novo, María Lado, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Lupe Gómez) - impúlsase a tradución de poetas de fóra de Galicia
TRAZOS DA POESÍA GALEGA ACTUAL : - o léxico usado é coloquial pero coidado - recupérase o poema para ser lido - a poesía céntrase en temas coñecidos (amor, erotismo, paso do tempo, morte, terra) - xorden novas temáticas (feminismo, vida cotiá, antimilitarismo, anticapitalismo, ecoloxía) - linguaxe poética marcada pola sinceridade e polas vivencias persoais  

GRAMÁTICA
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
comunicación é un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (persoa que transmite) - Receptor(persoa á que vai dirixida a mensaxe) - Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto(situación)
comunicación verbal pode ser oral ou escritaA linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)

PROPIEDADES TEXTUAIS
texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa determinada (informar, persuadir…). As súas propiedades son :
- adecuación : é a propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa na que se produce un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación comunicativa concreta e inadecuado noutra.
- coherencia : é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e clarificar o significado (organización da información).
- cohesión : son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro de unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores) 
CONTEXTO E SITUACIÓN
DENOTACIÓN : significado obxectivo, básico das palabras. 
CONNOTACIÓN : significado adicional, subxectivo, que pode adquirir unha palabra nun contexto.

A ADECUACIÓN : A INTENCIÓN
 REXISTRO FORMAL : é o empregado, por exemplo, nas conferencias, nos telexornais, na maior parte da  literatura, nos traballos da clase…Características : - Información ben seleccionada e organizada  - Corrección morfosintáctica - tecido  sintáctico ben construído con emprego de oracións compostas - Riqueza léxica con uso de si- nónimos, antónimos e hiperónimos - Léxico preciso, mesmo con emprego de vocabulario especializado - Ton impersoal e máis distante; tratamento de vostede 
 REXISTRO INFORMAL OU COLOQUIAL : é o que utilizamos a maior parte do tempo na nosa vida cotiá coas  amizades e con persoas de confianza. Características : - Adoita repetirse a información - Proble- mas de concordancias e oracións sen rematar - Tendencia a usar oracións simples ou abuso das coordinadas con e - Léxico repetitivo - uso  de palabras comodín, frases feitas, expresións de apo- io e xergas - Ton próximo aos interlocutores (tratamento de ti, vocativos, pronomes de solidariedade, diminutivos e abundantes interrogacións e exclamacións).

A PALABRA
MORFEMAS FLEXIVOS :  - de xenero (MFX) nen-o /nen-a - de número (MFN) canción-s /flore-s - vogal temática (VT) cant-a-mos /beb-e-mos /durm-i-mos - modo-temporal (MMT) cant-a-ba - número persoal
(MNP) cant-a-mos
MORFEMAS DERIVATIVOS : prefixos (des-orde) - sufixos (zapat-eiro) - interfixos (te-t-eira/en-s-anch- char)
PROCEDEMENTOS DE CREACIÓN DE PALABRAS : - palabras simples (só teñen un lexema e poden levar sufixos flexivosnen-o/nen-os) – palabras derivadas (teñen un lexema ao que lle engadimos prefixos e sufixos derivativos→des-honra/social-mente) – palabras compostas (proceden da unión de dous ou máis lexemas→agri+doce=agridoce) – palabras parasintéticas (fórmanse coa unión simul- tánea dun prefixo e dun sufixo, sen que se poida formar unha palabra intermedia  embarcación  non existe em, nin ción. Tamén se poden formar combinando dous lexemas e un sufixo→ sete-mes-iño)
CAMPOS SEMÁNTICOS : Conxunto de palabras que comparten un contido común : pai, nai, avoa (semas)  familia. Un campo semántico é un conxunto de palabras da mesma categoría que posúen un núcleo de significación común (sema compartido) e diferéncianse por unha serie de rasgos ou semas  distintivos. Un exemplo de campo semántico sería o de parede : 
     palabra                                   sema compartido                              semas distintivos
      parede                                obstáculo + vertical                                   alto
       muro                                  obstáculo + vertical                        alto + pedra + groso
       valo                                    obstáculo + vertical                              alto + rústico
      muralla                                obstáculo + vertical                               defensivo

O TEXTO ARGUMENTATIVO
texto argumentativo é aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor da súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea principal)
TIPOS DE ARGUMENTOS
- De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar os accidentes de tráfico benefícianos a todas as persoas.)
- De autoridade : empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema  (Unha im-
portante porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a po-
sibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.)
- De datos : ofrecen datos que corroboran os feitos (Segundo un estudo realizado recentemente,
prodúcese un 70% máis de accidentes cando as condicións climáticas son desfavorables)   
- De exemplo : un caso concreto serve como exemplo das ideas que se queren defender (Un claro
exemplo constitúeo o accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non es
tivese mollada e se se mantivese a distancia de seguridade, podería evitarse o impacto.)
- De experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha idea (Eu mes ma me teño visto envolta en máis dunha ocasión en accidentes deste tipo.)
- De analoxía : compáranse dúas situacións semellantes (No mes de agosto deste ano producíronse
67 accidentes menos que o ano pasado.)
- Legais : refírense ao establecido na lexislación (Segundo as leis vixentes é obrigatorio o uso do cinto  de seguridade nos asentos traseiros.)
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS :  - abundancia de substantivos abstractos e tecnicismos - predominio do presente de indicativo e de construcións impersoais ou de pasiva reflexa períodos sin tácticos longos - emprego de conectores - enumeracións  - definicións, citas e exemplos que apoien os argumentos
ORACIÓNS COORDINADAS
- COPULATIVAS : e, nin, e mais, a mais
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante (s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo 
- DISTRIBUTIVAS : ou...ou, xa...xa, volta...volta, quer...quer, ben...ben, nin…nin, ora…ora

ORACIÓNS SUBORDINADAS
- SUBSTANTIVAS : desempeñan unha función típica dos substantivos (Sux Que fixeras iso non nos gustou nada, CD Pedinlle que viñera, SuplementoXoán non se lembrou de que tiña que recoller o seu cuarto.)
- ADVERBIAIS IMPROPIAS :
- causais (efecto-causa) : Enlace : porque, xa que, pois, por mor de  
Castigáronme(efecto) porque cheguei  tarde(causa)   
- consecutivas (antecedente-consecuente) : Enlace : así que, de modo que, logo, daquela, entón, por iso, por tanto  
Es moi bo estudante(antecedente) así que sacarás unas notas estupendas(consecuente)
- concesivas (obxección-concesión): Enlace : ainda que, anque, malia que, a pesar de que 
Aínda que chova(obxección) iremos de excursión(concesión)
- condicionais (condicionante-condicionado) : Enlace : se, sempre que, con tal de que, con tal que,
coa condición de que, excepto que     
Se queres ir(condicionado) terás que portarte ben(condicionante)
- comparativas (Termo 1- Termo 2) : Enlace : igual, máis, menos, tan, tanto/ca, coma, como, que    A cidade era(Termo 1) máis grande do que pensaba(Termo 2)
- ADXECTIVAS : desempeñan a mesma función que a frase adxectiva e funcionan como modificador  (O rapaz que coñecemos onte era moi amable). Tamén se coñecen como oracións de relativo porque van introducidas por un pronome relativo (antecedente) → Aqueles libros que liamos de pequenos tiñan moitas ilustracións (función de relativo : CD)

CONECTORES DE CAUSA : así, porque, de aí (que), por iso
CONECTORES DE CONSECUENCIA : entón, pois, polo tanto, por conseguinte

SINONIMIA : 2 ou máis significantes a un mesmo significado, hai unha sinonimia total, cando dous termos son totalmente intercambiables (rematar/acabar), sinonimia conceptual, cando os termos se poden cambiar en todos os contextos (asno, burro) e sinonimia contextual, cando os termos poden intercambiarse só nun determinado contexto sen que varíe o seu significado (a novela é curta ou breve; Ma- ría é curta ou vergonzosa, pero non breve)  
POLISEMIA : un único significante pero máis dun significado  (cabeza, banco, pico, ollo, pé…).
 HOMONIMIA : teñen unha orixe etimolóxica diferente, hai 2 tipos: homógrafas (pronunciación e escritura igual banco) e homófonas (pronunciación igual pero escritura diferente  botar/votar)
ANTONIMIA : - antónimos graduais (establécese una graduación entre os termosbranco, ne-
gro / frío, calor) - antónimos complementarios (o significado dun termo elimina o outroseco, mollado / vivo, morto) - antónimos recíprocos (a existencia dun termo implica a do outropai, fillo / comprar, vender)

A FRASE : unidade sintáctica caracterizada por posuír obrigatoriamente un núcleo (N), constituído por un nome, adxectivo ou adverbio, segundo sexa o tipo de frase, e que desempeña algunha función dentro da oración ou doutra frase. Ao lado do núcleo, e en diferentes graos de obrigatoriedade, encontramos outros elementos funcionais→os determinantes (DET) e os modificadores (MOD). Clasificación das frases polo núcleo : - Fn frase nominal (núcleo un nome  ou pronome) - Fv frase verbal (núcleo un verbo) - Fadx frase adxectiva (núcleo un adxectivo) - Fadv frase adverbial (núcleo un adverbio) - Fprep frase preposicional (fórmana un director (DIR)preposición ou locución prepositiva e un termo (T) Fn, Fadv,  ou outra Fprep)
A ORACIÓN :  contén obrigatoriamente 1 verbo e o enunciado contén unha mensaxe con sentido pero sen verbo (Perigo!). A oración pode ser simple (cun predicado e cun verbo) ou composta (con dous
 ou máis predicados e con dous ou máis verbos). A oración composta pode ser coordinada (unión de dúas oracións simples mediante conxuncións coordinantes María le e Antón xoga!) ou subordinada (cando unha proposición depende da outra, unha ten sentido independentemente e a outra non. Ten unha proposición principal e unha ou varias proposicións subordinadas Díxome que a esperaba.)
ORACIÓNS
O suxeito indica o protagonista da acción verbal, pero non é imprescindible. Debemos distinguir varias posibilidades nas oracións :
ORACIÓNS CON SUXEITO EXPRESO : expresado na oración→Ti sabes moito
ORACIÓNS CON SUXEITO ELIDIDO : suxeito omitido→Verémonos mañá
ORACIÓNS SEN SUXEITO : - están en 3ª pers. sing ou pl. e con verbos referidos a fenómenos da natureza (Choveu a mares onte á tarde), pero tamén poden estar en sentido figurado e entón sí que teñen suxeito (Ese ano chovéronlle os suspensos) - cos verbos haber, facer, ser, estar (Non hai fantasmas) - as impersoais, van en 3ª pers. con “se (En Galicia cómese moito) ou co pronome un/una (Un sabe perfectamente o que fai)
Temos que distinguir dous tipos de oracións :
ORACIÓNS COPULATIVAS : cos verbos copulativos (ser, estar, parecer e semellar) + atributo  (O neno é feliz - O neno está feliz - O neno parece feliz - O neno semella feliz)
ORACIÓNS PREDICATIVAS : con verbos predicativos (todos menos ser, estar, parecer e semellar) + calquera complemento, menos un atributo
As oración predicativas poden estar : - en voz activa (o suxeito realiza a acciónOs nenos xogan no parque) - en voz pasiva (o suxeito recibe a acciónO paciente foi intervido polo cirurxián)

COHESIÓN TEXTUAL
CONECTORES : - condicionais (se) - hipótese (en caso contrario, do contrario, a non ser que, a menos que, salvo que) - conclusivos (en fin, por último, en suma, finalmente, rematando, para resumir, en síntese, en resumo)
PALABRAS XUNTAS E SEPARADAS
CONSTITUÍNTES XUNTOS
- substantivos e adxectivos : se a flexión de xénero ou número se realiza só no último constituínte ou se a palabra composta é invariable, a unión entre os seus componentes prodúcese directamente (cartafol
Cartafoles / vacalouravacalouras / abrelatasinvariable)
 - adverbios : abofé, acotío, adrede, amais, amodo, antonte, apenas, arstora, arreo, asemade, dabondo, decontado, decontino, decote, decotío, deseguida/o, devagar, disque
- pronomes numerais:dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, douscentos, trescentos, novecentos
- conxuncións : conque, porque, senón
CONSTITUÍNTES SEPARADOS
- Substantivos e adxectivos : de realizarse a flexión de xénero ou número nos dous constituíntes o usó no primeiro, estas escríbense de forma separada (sen guión)  (garda civilgardas civis / camión cisternacamións cisterna)
- locucións adverbiais : á beira, a cada pouco, a carón, a deshora, a eito, á mantenta, a miúdo, á présa, a tempo, de certo
- pronomes numerais : vinte e un, vinte e dous, vinte e tres, vinte e catro, trinta e un, trinta e dous, cento un, cento cinco, mil douscentos, mil trescentos
- locucións conxuntivas : a mais, así e todo, con todo, des que

A PUBLICIDADE
O texto publicitario (estruturatítulo, texto, marca) é unha forma de comunicación que pretende transmitir información e incitar a certos comportamentos. É importante o compoñente visual (ima- xes), o emprego de personaxes famosos e a linguaxe visual (argumentos racionaisexplicando as vantaxes do produto / apelacións emocionaispoden chegar a non ter relación co produto).
Os flyers son folletos publicitarios, de tamaño reducido, de papel fino e de pouca  calidade.
O banner (imaxes ou animacións que se amosan cada vez que o navegador abre a páxina que o contén) é a forma de publicidade máis común en internet.



No hay comentarios:

Publicar un comentario