viernes, 13 de junio de 2014

resume sociais 4º eso 2ª República, Guerra civil, Ditadura de Franco, Transición, Comunidades autónomas, provincias e capitais

1. DEFINE TERMOS :
REPÚBLICA : organización política dun Estado onde a presidencia do Estado recae nun presidente elixido de forma democrática.
GOLPE DE ESTADO : toma do poder político dun modo ilexítimo e violento por parte dun grupo de poder no que se vulnera a lexitimidade dun estado.
BRIGADAS INTERNACIONAIS : grupo de persoas de todo o mundo que acudiron a España o comezo da Guerra Civil para defender a Democracia
1931 : abdicación de Alfonso XIII e comezo da 2ª República.
1936 : triunfo do Fronte Popular, coalición de partidos de esquerda, golpe de Estado e comezo da Guerra Civil española.
1939 : caída do goberno democrático da República, triunfo dos golpistas e remate da Guerra Civil.
TRANSICIÓN : periodo histórico que comeza en 1975 e dura ata 1982 no que se pasa da Dictadura á Democracia.
DEMOCRACIA : organización política onde o poder reside no pobo mediante eleccións con sufraxio universal.
PODER EXECUTIVO : reside no goberno (presidente, ministros) e ten como función administrar e gobernar un país.
PODER LEXISLATIVO : reside no parlamento e no senado e a súa función é aprobar leis, elexir o presidente de goberno e controlar ao goberno.
PODER XUDICIAL : reside nos tribunais e a súa función é facer cumprir as leis.
AUTARQUÍA : organización económica de autoabastecemento e pobreza, dase en España no primeiro periodo franquista.
PACTOS DA MONCLOA : foron un acordo entre todas as forzas políticas parlamentarias para intentar arranxar a desastrosa situación económica.
CONSTITUCIÓN : conxunto de leis que rixen a Democracia dun país recollendo os dereitos e deberes dos cidadáns
TERRORISMO : uso de violencia por parte de individuos ou grupos contra outros individuos ou sectores dunha sociedade para coaccionar gobernos ou entidades políticas a responder a demandas de orde política, social ou relixioso.
1975 : data na que more Franco, remata a dictadura e comeza a Transición.
1978 : data na que se elabora a Constitución vixente hoxe en España con consenso político.

2. IDENTIFICA PERSONAXES (función e feito representativo)
ALFONSO XIII : foi rei de España dende o seu nacemento ata a proclamación da II República. Pouco antes de morrer, cedeu os seus dereitos ao trono ao seu fillo, don Juan.
PRIMO DE RIVERA : capitán xeral de Cataluña, en de 1923, deu un golpe de Estado, apoiado polo rei Alfonso XIII, co que se iniciaría en España unha ditadura militar.  
AZAÑA : Formou parte do goberno provisional tras a caída da Monarquía e presidiu o goberno da Segunda República ata 1933. En maio de 1936 foi elixido presidente da República.
ALCALÁ ZAMORA : presidiu o primeiro goberno da Segunda República ao caer a Monarquía. Nomeado presidente desta en decembro de 1931.
FRANCO  : xeneral e ditador español que foi partícipe do golpe de Estado de 1936 que acabou coa Guerra Civil e que dende 1938 ata 1975 gobernou España baixo unha ditadura.
MOLA : Coordinou o levantamento militar de 1936. Elevado Franco á xefatura do Estado, encargouse do exército do Norte.
DALI : pintor surrealista do S. XX  
ADOLFO SÚAREZ : presidente de goberno en España pertecente o partido da UCD que comeza a Transición apoiado no rei.
FELIPE GONZÁLEZ : presidente de goberno de España do partido socialista que leva a cabo reformas
laborais, políticas e sociais na primeira etapa do seu mandato, na segunda problemas de corrupción.
JUAN CARLOS I : rei de España que comeza a Transición para dar paso a unha Democracia
AZNAR : presidente do goberno de España pertencente ao partido popular que implica a España na guerra de Irak, época de bonanza económica a nivel mundial.
ZAPATERO : presidente de goberno de España do partido socialista que leva a cabo importantes re-
formas sociais no primeiro periodo do seu mandato, na segunda España entra na crise económica
mundial

5. ARGUMENTA
Enumera 4 conflitos durante a rexencia de M. Cristina e o reinado de Alfonso XIII
A crise do turno de partidos : a quenda de partidos instaurada por Cánovas entrou en crise debido a sesaparición dos grandes líderes conservadores e liberais, tamén pola corrupción e aparición de partidos de masas que querían intervir na política
Problemas sociais (movemento obreiro, terrorismo e pistolerismo) : o movemento obreiro colleu moita forza nesta época polas malas condicións de vida e laborais dos obreiros que desemboca na cre- ación de grupos anarquistas que fan terrorismo. Ante isto os empresarios responderon co pistolerismo.
O desastre de 1898 e as guerras coloniais : en 1898 pérdese as últimas grandes colonias que eran de gran axuda para a economía do país, que levaron a guerras pola súa independencia.
A Semana Tráxica : en 1909 en Barcelona houbo grandes manifestacións populares debido á fame, aos problemas no mundo obreiro e ao embarque de tropas para a guerra de Marrocos que foron reprimidas polo exército.
Explica a dictadura de Primo de Rivera e a desaparición da monarquía e a instauración da 2ª República
En 1923 o xeneral Primo de Rivera da un golpe de Estado para supostamente solucionar os problemas de España, o parlamento dimite e o rei nomea presidente de goberno a Primo de Rivera que instaura un gobernó militar e despois un gobernó civil solucionando problemas como o de marrocos, algo a crise económica coa construcción de obras públicas e reprimindo todo movemento social. Esta represión desemboca na oposición da sociedade e búsqueda dos partidos dun novo réxime político.
A 2ª República proclámase o 14 de abril de 1931 despois dunhas eleccións municipais onde gañaron os partidos Republicanos nas cidades máis importantes. Isto supuxo o fin da monarquía de Alfonso XIII moi criticado pola súa intervención en política e por admitir a unha ditadura. 
Explica a etapa da 2ª República que tivo máis reformas comentando estas
Bienio Reformista (1931-1933) :  Republicanos de esquerda, presidente da República Alcalá Zamora, presidente do goberno Azaña. Elaborouse a Constitución de 1931 de tipo democrático e laico, reforma na educación para anular o gran analfabetismo, reforma militar tratando de facer un exército máis moderno e competente, reforma agraria repartindo terras non cultivadas que pertencían aos terratenentes, reforma social para mellorar a vida dos obreiros, reforma relixiosa sacándolle a educación á Igrexa, matrimonio e enterramento civil e lei do divorcio, reforma política admitindo a tramitación dos distintos estatutos de autonomía das nación chamadas históricas.
Explica bandos, data, apoios internacionais e evolución da Guerra Civil
Os dous bandos da Guerra Civil (17 de xulio de 1936 - 1 de Abril de 1939) foron o bando republicano (partidos de esquerda, sindicatos, milicias populares, brigadas internacionais e voluntarios de todo o mundo) que pediu axuda aos países democráticos e URSS e o bando nacional ou sublevados (partidos de dereitas, monárquicos, falanxistas, Igrexa) que lle pediu axuda a Hitler e Mussolini. Europa firma un tratado de non intervención, pero os países fascistas deciden axudar aos sublevados, mentras os republicanos obtiñan axuda das brigadas internacionais. O 1º obxectivo dos sublevados foi a ocupación de Madrid que foi defendida por milicias populares sendo derrotados os sublevados na batalla de Jarama e Guadalquivir. O fronte norte, necesario para a guerra pola industria siderúrxica, co brutal bombardeo de Guernica e os sublevados dominan pronto todo o norte. Últimas batallas e final da guerra onde Franco diríxese cara ao leste conquistando Barcelona,   producíndose a batalla do Ebro que perden os republicanos co que a guerra está perdida e xa ocupan Madrid e Levante.  
Fala das características e etapas do réxime franquista
Franco e o xefe do Estado tendo todos os poderes e sendo xefe de todos os exércitos.Non existe Cons- titución e créanse leis fundamentais. Suprímense os partidos políticos, dándolle  máis forza a falanxe, e suprímense tamén os sindicatos creando o sindicato vertical onde se incorporan obreiros e empresarios. Etapas :
- Etapa de autarquía (1939-59) : illamento internacional pois ao remate da 2 GM non se recoñece un goberno ditatorial. O ditador apóiase no exército, na falanxe e na Igrexa. Economía de autosuficiencia con escasez de productos básicos, racionamento de alimentos e un mercado negro con Portugal.
- A década do desenvolvemento (1960-70) : o ditador apóiase no exército, Igrexa e opus Dei debido a Guerra Fría, EEUU necesita a España como lugar estratéxico para poner bases militares, recoñecendo ao gobernó español, admitindoo na ONU despois da firma do concordfato co Vaticano. Con respeto a economía España comeza ao seu desenvolvemento coa apertura cara ao exterior, coa inversión de capital estranxeiro, turismo, chegada de divisas, etc.
- A crise do réxime : España entra nunha grave crise económica que tamén é internacional. Ao mesmo tempo sofre unha grave crise política coa enfermidade do ditador, coa gran oposición interior e exterior, co movemento estudiantil e obreiros con mitas folgas e co terrorismo de Eta e Grapo.
Explica o concepto de Transición e os seus problemas máis importantes
A Transición foi un proceso político que vai do 75 ata 81 e sería o paso da ditadura á Democracia. Tras a morte de Franco, as Cortes proclaman Rei a don Juan Carlos I quen nomea a Adolfo Suárez presidente do goberno, pola presión exercida pola sociedade que necesitaba unha democracia. Os seus problemas foron :
- Organización territorial : comunidades Autónomas con gobernos propios e competencias
- Crise económica : crise do 73 e 80. Problemas de reconversión industrial e moito paro. Entrada de España na CEE.
- problemas sociais : gran movilidade social con folgas debido á reforma laboral. Terrorismo con atentados
- cambios no sistema político : lexislación dos partidos políticos e sindicatos. Elaboración dunha Constitución para estabilizar a democracia.
Describe as características básicas da Constitución e explica os tres poderes que existen nunha democracia
As súas características son : - ten un estado social de dereitos, é laico - a soberanía nacional reside no pobo - é unha monarquía parlamentaria - ten separación de poderes - garantízanse os dereitos e liberdades - ten división administrativa.
Os tres poderes :
- Poder lexislativo (congreso e senado) : elabora leis e as aproba, elixe ao presidente e controla o goberno.
- poder executivo (goberno :presidente e ministro):goberna e administra, propón leis ao Parlamento.
- poder xudicial (tribunais) : fai cumprir as leis e vela pola Constitución.

6. COMENTARIO DE DIAPOS
Obra : Guernica      Autor : Picasso      Estilo : Cubismo      S : XX      Lugar : Reina Sofía (Madrid)
Comentario : este cadro fíxoo para o pabellón español que representaba a República na exposición universal de Paris. Basouse no bombardeo de Guernica por parte da lexión Cóndor alemana onde morreron moitos civís. No medio do cadro vemos a un cabalo ferido de norte que simboliza a República e democracia, no lado dereito dúas mulleres, unha fuxe e outra está envolta en lapas, ao mesmo tempo sae pola ventana unha muller cun candil que ilumina, símbolo da luz e razón. Nos pés do cabalo un home descuartizado ten na súa man una espada rota e una flor (guerra e paz), na esquerda una muller desesperada co fillo morto nos brazos, dtrás un touro co rabo levantado, prepotente e altivo, símbolo do ditador que mira orgulloso todo o que fixco e detrás una pomba agonizante. Todo o cadro está en branco e negro (morte).
Obra : Premonición da Guerra Civil           Autor : Dalí            Estilo : Surrealismo          S : XX    Lugar : Philadelphia
Comentario : é un cadro feito sobre a guerra civil española no que o autor non se implica senón que a ve como loita entre dous bandos que para él son iguais, sen existir culpables no que evidenciar a destrución. Un corpo totalmente destrozado fai o perfil do mapa de España, na parte superior, unha cabeza descamada da que sae unha perna e un peito e agarrada por unhas mans, pero ao mesmo tempo ela machaca o tronco inferior, símbolo da loita entre dúas Españas. No fondo, trozos de carne e osos, o duro e o brando, a vida e a morte, unha caixonera, símbolo do subconsciente.

4. MAPA DE AUTONOMÍAS E CAPITAIS
GALICIA : La Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Capital : Santiago de Compostela
PRINCIPADO DE ASTURIAS : Asturias. Capital : Oviedo
CANTABRIA : Santander. Capital : Santander
PAÍS VASCO: Álava (capital Vitoria), Guipúzcoa (capital San Sebastián) y Vizcaya (capital Bilbao)
COMUNIDAD FORAL DE NAVARRA : Navarra. Capital : Pamplona
LA RIOJA : La Rioja. Capital : Logroño
ARAGÓN : Huesca, Zaragoza y Teruel. Capital : Zaragoza
CATALUÑA : Barcelona, Tarragona, Lérida y Gerona. Capital : Barcelona
ISLAS BALEARES : Menorca, Mallorca, Ibiza, Formentera y Cabrera = una sola provincia : Baleares. Capital : Palma de Mallorca
ISLAS CANARIAS : Provincia de Santa Cruz de Tenerife con Tenerife, La Gomera, La Palma y El Hierro. Capital : Santa Cruz de Tenerife
Provincia de Las Palmas de Gran Canaria con Gran Canaria, Fuerteventura y Lanzarote. Capital : Las Palmas de Gran Canaria
 COMUNIDAD VALENCIANA : Castellón, Valencia y Alicante. Capital : Valencia
REGIÓN DE MURCIA : Murcia. Capital : Murcia
ANDALUCIA : Almería, Granada, Córdoba, Jaén, Sevilla, Málaga, Cádiz y Huelva. Capital : Sevilla
CASTILLA Y LEÓN : León, Palencia, Salamanca, Burgos, Zamora, Valladolid, Soria, Segovia y Ávila. Capital : Valladolid.
COMUNIDAD DE MADRID : Madrid. Capital : Madrid
CASTILLA LA MANCHA : Toledo, Ciudad Real, Cuenca, Guadalajara y Albacete. Capital : Toledo
EXTREMADURA : Cáceres y Badajoz. Capital : Mérida


No hay comentarios:

Publicar un comentario