A FRASE : unidade
sintáctica caracterizada por posuír obrigatoriamente un núcleo (N), constituído por un nome, adxectivo ou
adverbio, segundo sexa o tipo de frase, e que desempeña algunha función dentro
da oración ou doutra frase. Ao lado do núcleo, e en diferentes graos de
obrigatoriedade, encontramos outros elementos funcionais→os determinantes (DET) e os modificadores (MOD). Clasificación
das frases polo núcleo : - Fn frase nominal (núcleo un nome ou
pronome) - Fv frase verbal (núcleo un verbo) - Fadx frase
adxectiva (núcleo
un adxectivo) - Fadv frase adverbial (núcleo un adverbio) - Fprep frase
preposicional (fórmana un director (DIR)→preposición
ou locución prepositiva e un termo (T)→ Fn, Fadv, ou outra Fprep)
A ORACIÓN : contén obrigatoriamente 1 verbo e o enunciado
contén unha mensaxe con sentido pero sen verbo (Perigo!). A oración pode ser simple (cun predicado e
cun verbo) ou composta (con dous
ou máis predicados e con dous ou máis verbos). A
oración composta pode ser coordinada (unión
de dúas oracións simples mediante conxuncións coordinantes→ María le e Antón xoga!)
ou subordinada (cando
unha proposición depende da outra, unha ten sentido independentemente e a
outra non. Ten unha proposición principal e unha ou varias proposicións
subordinadas→ Díxome que a esperaba.)
ORACIÓNS COORDINADAS
- COPULATIVAS : e, nin, e mais, a mais
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante(s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante(s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo
- DISTRIBUTIVAS : ou...ou, xa...xa,
volta...volta, quer...quer, ben...ben, nin…nin, ora…ora
ORACIÓNS
SUBORDINADAS
- SUBSTANTIVAS : desempeñan unha función típica dos substantivos (Sux→ Que fixeras iso non nos gustou nada, CD→ Pedinlle que viñera, Suplemento→Xoán non se lembrou de que tiña que
recoller o seu cuarto.)
- ADVERBIAIS : equivalen a frases adverbiais (Vivían así) desempeñan a
función de CC (Vivían como
podían)
- ADXECTIVAS : desempeñan a mesma función que a frase
adxectiva e funcionan como modificador (O rapaz que coñecemos onte era moi amable). Tamén se coñecen como
oracións de relativo porque van introducidas por un pronome relativo (antecedente) → Aqueles libros que liamos de pequenos tiñan moitas ilustracións (función de relativo : CD)
- ADVERBIAIS IMPROPIAS :
- CAUSAIS (efecto-causa) : Enlace : porque, xa que, pois, por
mor de,
Castigáronme→(efecto) porque cheguei tarde→(causa)
- CONSECUTIVAS (antecedente-consecuente) : Enlace : así que, de modo que, logo, daquela, en- tón, por
iso, por tanto
Es moi bo
estudante→(antecedente) así que sacarás unas notas estupendas→(consecuente)
- CONCESIVAS (obxección-concesión): Enlace : ainda
que, anque, malia que, a pesar de que
Aínda que chova→(obxección) iremos de excursión→(concesión)
- CONDICIONAIS (condicionante-condicionado) : Enlace
: se, sempre que, con tal de que, con tal que, coa condición de que,
excepto que
Se queres ir→(condicionado) terás que portarte ben→(condicionante)
- COMPARATIVAS (Termo 1- Termo 2): Enlace : igual, máis, menos, tan, tanto/ca, coma,
como, que
A cidade era→(Termo 1) máis grande do que pensaba→(Termo 2)
FUNCIÓNS
SINTÁCTICAS DENTRO DA ORACIÓN
SUXEITO (Sux) : está formado por unha frase nominal (fn) e concorda en número e persoa co verbo
(Xoán mercou patacas - esa rapaza é moi
guapa - Mar azul é un tema
especial - ela é así - andar dúas horas diarias é
moi saudable)
Ollo! en ocasión o suxeito
lóxico confundímolo co gramatical (A Luisa
dóelle a cabeza)
PREDICADO (P) : é a función fundamental da oración. Está formado por unha frase verbal (fv) que ten
un verbo ou unha perífrase verbal (Moito ladraban os cans onte á noite - Todos falaban moito)
CD : Indica a acción expresada polo verbo (Comín mazás). Para identificalo teño dúas
probas: pronominalizalo (comeu mazás
> comeunas), ou pasalo a pasiva (comeu mazás > as
mazás foron comidas por el/ela). Ollo! o CD “nunca” leva preposición, agás no caso de
ser CD de persoa que pode levar a prep “a” (Vin
a María > Vina)
CI : sempre é
unha f.prep, porque vai introducido
polas prep “a”/”para” e é
substituible polo pronomes persoais
átonos “lle/lles” (Regalamos un coche eléctrico a Luís > Regalámosllelo). Ás veces o CI
aparece duplicado (deixeille o
libro a Ana)
CC : Especificamos o CCL, CCT, CCM.
Todos eles modifican ao verbo e aportan información relacionada coas
circunstancias que rodean o predicado. Normalmente esta función é desenvolvida
por adv, f. adv ou por f. prep. (Onte vino na rúa
falando con ela/así)
SUPLEMENTO : Sempre é unha f.prep
e aparece cando o verbo esixe preposión (pensar en - confiar en
- falar de - crer
en - con
todos os verbos pronominais: namorarse de,
esquecerse de, despedirse de…)
ATRIBUTO (Atr.) : Aparece só cos verbos
copulativos (ser;
estar e parecer), concorda co Sux en xénero e número. Adoita ser
unha f.adx. (Antía é alta).En ocasións
pode ser Atr. unha f.Prep ou un adv (Ela é de Madrid
= madrileña - eles son así = graciosos).
- PREDICATIVO (C.Pvo) : complementa ao mesmo tempo o verbo e o suxeito ou o CD, aparece cos verbos
predicativos. Esta función é desempeñada por un adxectivo ou unha frase
adxectiva (A casa quedou baleira - Nomearon a
Pedro presidente -
María quedou encantada co teu agasallo)
- COMPLEMENTO AXENTE (C.Ax) : é un complemento que se emprega na oración pasiva e indica quen realiza a
función expresada polo verbo. Está formado por unha frase
preposicional introducida pola preposición por (A proposta foi aprobada
por todos os
empresarios). Realiza a
función de Sux na voz activa (O bocadillo foi comido polo neno – O neno comeu o bocadillo)
SINONIMIA : 2 ou máis significantes
a un mesmo significado, hai unha sinonimia
total, cando dous termos son totalmente intercambiables (rematar/acabar), sinonimia conceptual,
cando os termos se poden cambiar en todos os contextos (asno, burro) e sinonimia contextual, cando
os termos poden intercambiarse só nun determinado contexto sen que varíe o seu
significado (a
novela é curta ou breve; Ma- ría é curta ou vergonzosa, pero non
breve)
POLISEMIA : un único significante
pero máis dun significado (cabeza, banco,
pico, ollo, pé…).
HOMONIMIA : teñen unha orixe etimolóxica diferente, hai 2 tipos: homógrafas (pronunciación e escritura igual →banco) e homófonas (pronunciación igual pero escritura diferente → botar/votar)
HOMONIMIA : teñen unha orixe etimolóxica diferente, hai 2 tipos: homógrafas (pronunciación e escritura igual →banco) e homófonas (pronunciación igual pero escritura diferente → botar/votar)
ANTONIMIA : con significados
opostos (caro/barato)
USO DO X
- NAS PALABRAS PATRIMONIAIS : xente, queixo, xamón, xílgaro,
xogador, xuntar, xardín, xábrego, xoia, xel, xesta, axente...
- NAS PALABRAS CULTAS : texto, taxi, exame, sexto, tórax, extra, paradoxo...
- ESCRÍBENSE CON S E NON CON X : escavar (e derivados), esperto (non dorme), espiar (asexar)
espremer, espremedor, estender (pero extensión,
extenso, extensivo, extensamente ), esterno
(óso), estirpe (linaxe), estraño (e
derivados), estranxeiro (e derivados),
misto (fósforo)
- NAS PALABRAS COS PREFIXOS HEXA-
E SEX- : hexaedro, sexteto...
- NAS PALABRAS CO PREFIXO EX- E
EXTRA- : exculpar, ex-ministra,
extraterrestre, extrafino...
- SE NUNHA MESMA PALABRA
COINCIDEN DOUS X, PÓDESE SUBSTITUÍR O PRIMEIRO POR S OU DEIXAR OS DOUS X : esaxerar, esixir, osíxeno ou exaxerar, exixir, oxíxeno.
- LEVAN X, DE XEITO DIFERENTE AO
CASTELÁN : xarampón, taxa,
Bruxelas, enxalzar, graxa, xastre, corni- xa, igrexa, cónxuxe, inxección,
pexorativo, proxectil, traxecto, xeso, xacer, conxuntura, maxestático,
proxecto, subxugar, xema, xugular, xustaposición, bolxevique, clixé, haxix,
xilin, xilaba, arxila, bocexar, bosquexo, cervexa, conxectura, enxiva, lixivia,
oxalá, pelexa, solfexo, xaxún
USO DO S
- NAS PALABRAS : escusa, estraño e escavar; e nos seus derivados
- NAS PALABRAS QUE COMEZAN POR
ESTRA- (non sendo este prefixo) :
estrafalario, estratexia, estragar, estranxeiro...
LEVAN S : biscoito, bisneto, escaso, escepticismo, escéptico, escisión, esculcar,
espectacular, espectáculo, espectador, espléndido, esplendor, espoliar,
espontáneo, espremedor, espremer, estender, estranxeirismo, estranxeiro,
estrañar, estraño, lapis, mesquiño, mesquita, polisón, centinela, xasmín
NON LEVAN S : subtraer, interese, tose, valse, amigdalite, artrite, dermatite,
gastrite, hepatite, anadiplose, artrose, aférese, apoteose, met´stase,
paréntese, tese, xénese
USO DO X, DO LL E DO I
LEVAN X : bixutería, conxugal, conxuntural, dexección, disxunción,enxalzamento, enxesar,
exaculación, exacular, excelente, exceso, expectación, experto (sabedor), expiar (pagar por
unha falta), extensión, extenso, externo (fóra),
extirpe (verbo extirpar), extremidade, extremo, inxectar,
mixto (mesturado), paixón, proxección,
proxectar, proxector, sinxelo, subxacer, traxectoria, vertixe, xacente, xampú, xaxuar,
xenro, xeo, xintoísmo, xintoísta, xiringa, xordo, xugo, xugular, xustaposición,
xustapoñer
LEVAN LL : agasallo, agulla, alleo, allo,
antollar, antollo, aparellador, aparellar, atallar, atallo, bacallau, baralla,
barallar, brillante, brillar, brillo, burbulla, callado, callar, cella,
cerralleiro, coello, espello, estropallo, falla (‘fallo ou carencia’),
gargallada, lentella, mallo (‘apeiro’), mexillón, migalla, ollal, olleiras,
palla, pallaso, parella, partilla, semellante, semellar, tallo, tella, tellado,
vasilla
LEVAN I : aboiar, abraiar, alboio, alfaia, alfaiate, apoio, baioneta, boia,
croio, ensaiar, ensaio, escaiola, escaiolar, faia (‘árbore’), faiado, ianqui,
iate, Iemen (‘país’), iemení, ien (‘moeda xaponesa’), iodo, ioga, iogur, iogureira,
ioió, laiar, laio , maio (‘mes’), maionesa, maior, mayoría, maiúscula, minisaia,
papagaio, paraguaio, pararraios, Praia, raia, raiar, raio, saia, uruguaio,
xoia, xoiaría, xoieiro
USO DO H
- EN PREFIXOS CULTOS : halo- (sal), hex-/hexa- (seis), hept-/hepta- (sete),
hendeca- (once), hect-/hecto- (cento), heli-/helio- (sol),
hemi- (metade), hemo-/hema-/hemat-/hemato- (sangue), hemero- (día),
he- ter-/hetero- (diferente), homo- (idéntico), hipo- (cabalo ou
baixo), hiper- (superior ou moito), hidr-/
hidro- (auga), hipno- (sono),
hepat- (fígado)
- VERBOS CON H E OS SEUS DERIVADOS : haber, habitar, habituar, herdar, homenaxear, honrar, hospedar, humillar,
hai, habitaba, herdou, honrade...
- NAS PALABRAS QUE COMEZAN POR HUM- : humidade, humilde, humano...(Excepción :
úmero.)
- NAS PALABRAS QUE COMEZAN POR
HORR- OU POR HOSP- : horrible, hospital, hóspede...
- NA PALABRA ALCOHOL (aínda que tamén se admite alcol) e nos seus
derivados : alcohólico, alcohole- mia...
- EN MOITAS INTERXECCIÓNS : ah, bah, eh, ho, hurra, oh, ouh...(Excepción:
ai, ola, ei).
- LEVAN H INICIAL : harén, harmonía, harpía, hasta (pau, corno),
hedra,
Helena, hélice, helmo, Henrique, herba, hirto, histeria, home, hora,
horta, hoxe…
- ESTRANXEIRISMOS : Helsinki, hándicap, hóckey, hall, hippy…
- DÍGRAFOS : cheminea, chuvia, rocha, unha, alguna, ninguna…
- LEVAN H INTERCALADO : aprehensión, filarmonía, coherente, exhaustivo, vehículo…
- NON LEVAN «H» : achar, arpa, arpón, ata, até, baía, encher, ermida, ermitán, ermo, inflar,
inchar, ir- mán, ombro, oco, ola, orfo, óso, ovo, truán, aí, desinchar,
exorbitante, exuberante, transeúnte, vaído, velaí…
A POESÍA GALEGA DE POSGUERRA
O réxime franquista
liquidou as formas democrático-constitucionais e as garantías cidadás,
empregando unha política centralista e homoxeneizadora. Os anos seguintes a
guerra civil impuxeron un silencio na literatura galega.
Alguns autores seguiron publicando dende o exilio e ademais impulsaron a
conciencia galeguista e a difusión da cultura galega. Mentres, en Galicia,
vivíanse os horrores da posguerra, a censura e o proceso unificador do
castelán, e só en 1950 reinicióuse pouco a pouco a labor cultural que empezaran
os homes da época Nós. En 1947 Aquilino
Iglesias Alvariño publica “Cómaros verdes” (primeiro libro publicado en galego logo da
guerra). En 1950 fúndase a
Editorial Galaxia (a foi primeira obra
publicada nesa editorial foi “Antífona da cantiga” de Ramón Cabanillas en 1951).
Hai
3 xeracións de autores :
XERACIÓN DO 36 : nados entre 1910 e 1920 e
marcados pola guerra civil, moitos non publican ata os anos 50 e 60. As
direccións poéticas que seguen son moi diversas : - neotrobadorismo
(Cunqueiro→ Dona de Corpo delgado) – paisaxismo (Aquilino Iglesias Alvariño→Cómaros verdes) – socialrealismo (Celso Emilio Ferreiro→Longa noite de pedra) – intimismo (María Mariño→Palabra no tempo)
PROMOCIÓN DE ENLACE (Luz Pozo, Cuñas Novás, Antón Tovar, Mªcarmen Kruckenberg): nados
entre 1920 e 1930, que tamén comezan a publicar nos anos 50. Serven de ponte
entre a xeración do 36 e os máis novos. Comezan escribindo en castelán, pero
rematan escribindo en galego. O ton intimista é unha característica común, aínda
que con mundos persoais diferentes.
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS : non viviron directamente a
Guerra Civil. A maioría realizou estudos universitarios en Santiago,
participando en acontecementos comúns (Festas Minervais, xornal La Noche). Compromiso social
e político ante a falta de liberdades. Algúns deles fundaron en Madrid o grupo
poético Brais Pinto. Protegonizaron unha fonda renovación temática (existencialismo→Escola
da Tebra – paisaxismo - poesía social - intimismo) e formal da nosa
poesía.
CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova, 1912-Vigo, 1979) :
No 1935 publica o seu primeiro poema na obra “Cartafol de poesía”. Participa na
Guerra Civil no bando franquista de xeito forzoso. En 1943 casa con Mª Luísa
Moraima. En 1948 funda a colección de poesía Benito Soto. En 1954 publica a súa
primeira obra poética, “O soño sulagado”. En 1962 publica “Longa noite de
pedra”. En 1966 emigra a Venezuela de onde volve no 1973. En 1968 publica
“Viaxe ao país dos ananos”. Liñas
poéticas :
- poesía social : denuncia as inxusticias
sociais (fascismo,
belicismo, imperialismo, racismo, ameaza nuclear, explotación dos
traballadores) e solidarízase cos oprimidos.
- poesía intimista : soidade, desacougo,
pesimismo, saudade de Celanova, a morte, o amor
- poesía satírica : mediante
o humor, a ironía e o sarcasmo denuncia da mesquindade humana.
SIMBOLOXÍA : - a luz→asóciase a todo o positivo – a escuridade→ refírese ao presente, onde domina a
inxustiza e a falta de liberdade – o vento, a escuma e
animais (pomba, bolboreta, anduriña, pega)→ reflicten liberdade
UXÍO NOVONEYRA (Parada de Moreda, Courel, 1930-Santiago, 1999) : os
seus libros recoñecidos son Os eidos (1955) – Elexías do Courel e outros poemas (1966) – Os eidos II (1974)
– Poemas caligráficos – Vietnam canto (1979) –
Muller para lonxe (1986) – Do Courel a
Compostela (1988)
TEMA DA SÚA POESÍA : -
a paisaxe do Courel – a poesía social (onde amosa o seu
compromiso con Galicia denunciando a opresión, a falta de liberdade e a
situación da lingua) – poesía amorosa (composicións
breves e intensas, con amor e erotismo, paixón e intimismo)
A POÉTICA DA FALA : a
tentativa de Novoneyra de ir máis alá da escrita na súa obra, dá lugar a unha
poesía para ser oída e de aí van xurdir trazos como :
- fonosimbolismo : evocación
das sensacións non auditivas por medio da repetición de sons
- a onomatopea : usada para reproducir o son
de certos animais e os ruídos da natureza
- a elementalidade : alingua poética repudia todo aquilo que é superflo, ficando
co esencial
- o caligrama : a forma do poema intenta representar o seu contido
- o silencio : ademais de ocos entra as palabras, márcase a miúdo
cuns puntos suspensivos para definir aínda máis o contraste entre a palabra e a
nada.
VARIEDADES XEOGRÁFICAS
A variedade xeográfica
da lingua pódese representar nun mapa coa axuda das isoglosas (liñas imaxinarias que unen dous puntos do mapa que consta de
trazos lingüísticos).
BLOQUES E ÁREAS
BLOQUE OCCIDENTAL
• rematados en –n fan
o plural –ns (camións,
cans) • seseo implosivo (o s ao
final da palabra) en case todo o bloque e seseo explosivo (o s no inicio da palabra) nas zonas máis costeiras • gheada
(pronunciar o g como
h) • -án/-á (irmán/irmá). Ten 3 áreas :
- Área fisterrá : • seseo explosivo • cheísmo (emprego
do pronome che en función de CD→ collínche
no colo)
- Área bergantiñá : • non seseo explosivo • non cheísmo
- Área pontevedresa : • seseo explosivo • non cheísmo
BLOQUE CENTRAL
• rematados en –n fan
o plural –s (camiós, cas)
• non seseo (só nalgúns puntos da provincia da
Coruña) • zonas de gheada
• ditongo –oi (moito, troita) • -ao/-á
(irmao/irmá). Ten 4 áreas :
- Área mindoniense : • pronomes nosoutros/as,
vosoutros/as • diferencian lle de lles (non llelo pidas→a eles) • formas seña, esteña (analóxicas
de teña) • formas sallo, vallo
- Área lucu-auriense : • demostrativos→ iste,
ise, aquil - pronome→ il.
- Áreas central e oriental de transición
BLOQUE ORIENTAL
• rematados en –n fan
o plural –is (camiois, cais)
• conservación do ditongo en cua,
gua (cuando,
cuatro, guardar) • formas derivadas do latín ULT, UCT (muito/mutio/muto;
truita/trutia/truta) • termi- nacións –is (-i non
imperativo) da 2ª p. plural (cantais, colleis, cantai, collei.) • terminación –ín (pa- xarín, camín, muín). Ten 4 áreas :
- Área asturiana : • conservación do (-l-) intervocálico (avolo, molín,
animales) • terminac. –ius/-ías (vecius/vecías) • artigo det. masc. l’/el, fem. l’/a, neutro lo (l’amigo, el río, l’ herba, a casa, lo mismo)
• artigo indet. femin. úa,
con indefinidos algúa, ningúa alternando con unha,algunha, ningunha en
zonas próximas a Galicia • demostrativos estos, esos, aquelos • posesivos meu, tou, sou, mía, túa,
súa • pronome
átono de 3ª persoa lo / la
en calquera posición (xa lo / la ves, véxolo,
viulo)
- Área ancaresa : • gheada • cheísmo • formas collí, dixe, partí.
- Área zamorana : • vacilación nos ditongos oi/ou e ausencia
do mesmo (noite /
noute, dois / dous, truta, muto)
• terminación -iño (camiño, paxariño) • pronomes nós, vós con /o/
pechado • teísmo (emprego do pronome átono de CD te
cumprindo tamén as función de CI)
- Área oriental-central
No hay comentarios:
Publicar un comentario