A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES
Relacionámonos coa familia, cos amigos, cos veciños, etc., é dicir, vivimos en sociedade e son necesarias normas de comunicación. Temos relacións, colaboración, competencia e rivalidade que poden ser diversas, complexas e conflictivas. Por iso, na convivencia (vivir en grupo), necesítanse normas (para vivir mellor, para a igualdade, para o benestar, para a organización e para a xustiza) porque senón cada un faría o que quixera sobre todo os que teñen máis poder. Si non hai normas, os poderosos perxudican aos demais abusando deles (EX: os pais abusan dos fillos e os fillos dos pais).
QUE É UN ESTADO?
ESTADO : é o conxunto de institucións (políticas, xurídicas e administrativas) que exercen un poder soberano nun determinado territorio delimitado por fronteiras. Os elementos que converten España nun estado son o territorio, a poboación e o poder soberano. Galicia non é un estado porque lle falta poder e non ten soberanía.
GOBERNO : é unha institución política formada polo presidente e os ministros que exerce o poder executivo e orienta a política global do estado.
FRONTEIRAS : poden ser terrestres ou augas xuridiscionais. As augas que non pertencen a ningún estado son as augas internacionais. Tamén hai fronteiras aéreas e espazo aéreo.
XURISDICCIÓN é a capacidade de dirixir, etc.
CIDADANÍA : o conxunto de poboación que forma parte dun estado son cidadáns. Os cidadáns teñen unha condición. Toda a cidadanía ten unha nacionalidade.
NACIONALIDADE : a cidadanía pertence a un estado. Hai persoas que por algunha circunstancia non ten nacionalidade (apatrias). O principal motivo para ter unha nacionalidade é nacer nun estado. Algúns países esixen que sexan os dous pais dese estado, outros só un. Se ti resides nun estado podes nacionalizarte nese estado. E por algún mérito tamén te podes nacionalizar. Hai estados que aceptan a dobre nacionalidade, ti podes ter dúas nacionalidades. Non son nacionais os inmigrantes (persoas procedentes doutros países). Hai tamén turistas.
FUNCIÓNS DO ESTADO
Durante moitos séculos fixeron guerras. Os estados foron formas de dominio controlados pola nobreza e os reis e utilizaban o estado para manter o seu poder. Contra esa forma de oposición se rebela o anarquismo que é o rexeitamento ao poder do estado. Ao longo dos dous últimos séculos, unha serie de revolucións conseguiron democratizar o estado, de xeito que hoxe moitos estados serven para :
GOBERNAR : as normas do estado son decididas polos representantes dos cidadáns, elixidos polos cidadáns (eleccións).
XUSTIZA : que nos proporciona o estado para que a xente se sinta protexida e segura.
ECONOMÍA : o estado fai que crezca a economía para satisfacer as necesidades da poboación. O estado promove a produción e o consumo.
RELACIÓNS CON OUTROS PAÍSES : o estado relaciónase con outros estados mediante a amizade, a alianza ou ben enfrontándose (guerras).
BENESTAR : o estado proporciona servizos para o benestar da poboación (a saúde e a educación).
FISCALIDADE : mecanismo co cal o estado obtén recursos para financiar todas as súas funcións
COMO SE ORGANIZA O ESTADO?
O estado organízase en forma de institucións, organismos e organizacións. Cada un deses organismos ocúpase dunha tarefa e cada institución ten unha competencia e está formada por xente (traballadores e profesionais que se encargan de dirixir). O estado está organizado xerarquicamente.
CARGO PÚBLICO : un cargo público é unha persoa que ocupa un posto para dirixir unha institución. Pode ser elixido por votación ou ser nomeado por unha institución maior.
TRABALLADOR : persoa que traballa para o estado e recibe un salario (profesor, médico, bombeiro, policía).
DEMOCRACIA
Si tiraniza a súa cidadanía é dictadura pero se a protexe sería democracia.
REPRESENTACIÓN POLÍTICA : é un mecanismo ou procedemento polo cal unhas persoas actúan en nome de outras.
DEMOCRACIA : é o sistema no que todos deciden a través dun representante.
Para que haxa democracia representativa é necesario que sexa auténtica, que o representante represente auténticamente, que esa representación sexa auténtica e que haxa unha participación xenuina.
SUFRAXIO : é o dereito que teñen os cidadáns a votar. Para que sexa democrático ten que ser : - directo ou indirecto – universal – masculino e femenino – o voto ten que ser secreto, porque se non o é, non é opinión libre.
Pódese votar aos representantes ou a un referendo (consulta a todos cidadáns).
SUFRAXISMO : é a loita polo recoñecemento dos dereitos políticos, en concreto polo voto da muller. Naceu a finais do S. XVII, coa Revolución Francesa, cando algunhas pensadoras comezaron a tomar conciencia da discriminación das mulleres e decidiron loitar para poñer fin a esa inxustiza e acadar certos dereitos para as mulleres. Logrou o dereito ao voto en diferentes países occidentais ao longo do S. XX. En España o sufraxio femenino foi obtido en 1931 durante a Segunda República. Hoxe en teñen igualdade de dereito tanto os homes como as mulleres.
VIDA POLÍTICA
Na vida política hai dúas grandes posicións que son :
DEREITA : é conservadora (que está satisfeita), é monárquica (está ao lado do rei), protexe a clase alta (ricos, favorecidos), defensora do que ten, impostos baixos (para conservar o que teñen) e defende valores tradicionais. A dereita ten unha postura confesional (defenden a relixión católica), é dicir, todos os matrimonios aspiran a ter fillos e os matrimonios non se poden separar (PP)
ESQUERDA : é progresista (que non está contenta co que ten), é republicana (está ao lado do pobo), protexe a clase media baixa (pobres, necesitados), ten xustiza de reparto (reparte), ten impostos altos dos ricos (para mellorar os seus mesmos), gasta e defende valores modernos. A esquerda ten unha postura laica ou secular, defende que as normas deben de estar ao marxe de calquera relixión (PSOE)
PARTIDOS POLÍTICOS
Os partidos políticos son necesarios para que os cidadáns poidan elixir a un representante e tamén para agrupar as decisións dos cidadáns. Se só houbera un partido, os cidadáns non poderían expresar o que pensan, os partidos políticos son os intermediarios entre a sociedade e o estado. Sin os partidos políticos non habería eleccións. As ideas teñen que estar representadas por partidos. Todos teñen dereito a representar todas as ideas. En democracia directa non se necesitan partidos pero nunha democracia representativa fan falta.
CONTROL DO PODER POLÍTICO
Hai unha comunidade de seres humanos (EX: esta clase que compiten entre eles para cubrir as súas necesidades, como aprobar). Podería haber violencia, abusos, etc. A iso denomínase o primeiro medo que é o medo que temos todos de vivir nunha sociedade sen normas, medo a que calquera nos faga calquera cousa. A solución para o medo é que haxa unha lei e alguén que a impoña. O estado é a resposta a ese primeiro medo, pero logo aparece un segundo medo que se chama tiranía do estado ou dictadura. Ante ese medo aparece un réxime de dereito que ten dúas condicións :
- DEREITO DOS INDIVÍDUOS : os dereitos dos cidadáns son irrenunciables, é dicir, que o castigo que se poña sexa de acordo coa lei (EX: ninguén pode ser castigado sin un xuizo xusto).
- DIVIDIR O PODER EN PODERES COMPENSADOS : o poder do estado que estaba nunha soa persoa, no rei, queda dividido entre varias institucións.
OS PODERES E INSTITUCIÓNS
O PODER é a capacidade (a competencia), polo tanto é o que se fai. A INSTITUCIÓN e o organismo en
Carga do de realizar esa tarefa (quen o fai? Institucións, organismos – que se fai? Poder, competencia, prerrogativa, tarefa).
Para que estes poderes (lexislativo, executivo e xudicial) funcionen necesitamos institucións (parla
mento, goberno e tribunais) formadas por xente para realizar estas tarefas :
- PODER LEXISLATIVO : elabora e dicta as leis ou decretos . Faino o PARLAMENTO (deputados)
- PODER EXECUTIVO : aplica as leis e goberna. Faino o GOBERNO (ministros)
- PODER XUDICIAL : xulga e fai que se cumpla a lei. Fanno os TRIBUNAIS (xuices)
A CONSTITUCIÓN
A CONSTITUCIÓN é o reglamento do país, é obrigatorio para todos os cidadáns e para todas as institucións e é aprobada polos representantes dos cidadáns.
ESTADO DE CONSTITUCIÓN : un estado no que se cumpren 3 condicións : - imperio da lei – división de poderes – dereitos e liberdades dos cidadáns
DEREITOS DOS CIDADÁNS : é a condición humana, a conciencia que temos de ser seres humanos e dignidade humana. Porque sentimos rabia e inxustiza cando nos prohiben os dereitos. Cando lle prohiben dereitos a outras persoas, sentimos compaixón. Pero non existiron sempre eses dereitos, as mulleres e os escravos son exemplos de que non se respetaron os dereitos, polo tanto os dereitos son unha conquista ao longo da historia, é unha conquista que non se pode perder, os dereitos hai que defendelos exercéndoos e loitando cando os ameazan.
Os dereitos son de todas as persoas, son dereitos universais porque o teñen todas as persoas, son dereitos específicos de determinados grupos (EX :dereito a infancia :como non traballar ,dereito ao estudo, dereito da protección legal). Os dereitos teñen que estar establecidas nas leis. O Parlamento establece eses dereitos na Constitución. O goberno aplica eses dereitos mediante políticas. Os tribunais deben velar para castigar o incumprimento dos dereitos. Hai dereitos que son inmediatos (EX : o sufraxio é un dereito inmediato) e dereitos que hai que ir desenvolvendo . Os dereitos inmediatos teñen que estar protexidos polos tribunais. A lei debe protexer aos máis débiles.
TIPOS DE DEREITOS : - dereito civil (dereito da familia) – dereito político (dereito á votación) – dereito social ( dereito a un traballo ou a un sitio para vivir) – dereito laboral (dereito a ter un traballo, un salario, unha xubilación, un subsidio)
Estes dereitos son a igualdade real entre os cidadáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario