1. •¿Que significaba bárbaro?
Estranxeiro.
• ¿Que significa agora?
Ten diversas definicións : bruto, cruel, sanguinario…
•¿Cal cres que pode ser a orixe do significado actual?
O desprezo que sentían os romanos polos estranxeiros, aos que consideraban pouco civilizados.
2. • ¿Por que entraron os xermanos no imperio romano?
Polas riquezas de Roma.
• ¿Por que decaeu a economía entre os séculos V y VI?
Porque a sucesión de guerras, primeiro entre romanos e xermanos, e tamén entre os distintos grupos xermanos, fixo que cundira a inseguridade; as cidades foron saqueadas e a poboación trasladouse ao campo, onde buscou a protección dos ricos propietarios. A economía pasou entón a basearse casi exclusivamente na agricultura e a gandaría, cuxos produtos se destinaban ao consumo familiar, polo que o comercio casi desapareceu.
3. • ¿De onde procedían os xermanos?
Do norte do imperio romano, máis aló dos ríos Rin e Danubio.
Tiñan unha sociedade baseada no clan familiar e numerosos mitos guerreiros.
•¿En que reinos se fragmentou o imperio romano de Occidente? ¿Por onde se estendeu cada reino?
O reino dos visigodos por Hispania, o reino dos francos polas actuais Francia, Bélxica, Luxemburgo, Alemania e Suiza, o reino dos ostrogodos, primeiro e lombardos despois, pola península Itálica, o reino dos anglosaxóns en Inglaterra, etc.
4. ¿Por que os xermanos terminaron adoptando o latín como lingua e o cristianismo como relixión?
Porque se foron mesturando lentamente cos romanos, que eran maioría.
5. ¿Porque en 1985 a UNESCO declarou o centro de Constantinopla (actual Estambul) Patrimonio da Humanidade?
Porque conserva numerosos edificios e monumentos da súa historia pasada, resultado das múltiples culturas que alí se asentaron.
6. Explica as diferencias entre:
a) Igrexa ortodoxa e igrexa católica
A Igrexa ortodoxa, a diferenza da católica, non recoñece a autoridade máxima do papa, senón a do patriarca de Constantinopla.
b) Unha pintura e un mosaico
Un mosaico está formado por pequenas pezas de pedra, vidro, cerámica, etc., xeralmente de distinta cor, que forman un debuxo, mentres cunha pintura pódese dicir que é un debuxo coloreado.
• ¿Que é unha icona?
Unha manifestación do cristianismo ortodoxo oriental.
No Imperio de Bizancio adquiriu o significado máis definido de «imaxe cristiá sagrada», calquera que fose o material e tamaño en que se realizara. Hoxe en día, aplícase dito termo ás imaxes cristiás sagradas pintadas sobre táboa de reducido tamaño en estilo bizantino.
• ¿E unha planta de cruz grega?
Planta de cruz grega: aquela cuxos brazos eran de igual tamaño.
7. Explica que é o Cisma de Oriente, cando se produciu e por que tivo lugar.
É a separación entre a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica.
Producíuse no ano 1054, cando os bizantinos non recoñeceron a autoridade do papa de Roma.
8. ¿Por que se di que o Imperio Bizantino estaba moi influenciado pola relixión?
Porque a relixión impregnaba a vida e a cultura no imperio bizantino, e era un motivo fundamental de
disputas; ademais, a maior parte dos restos artísticos que se conservan daquela época son relixiosos.
9. • ¿Por onde se extendía o Imperio Bizantino cando alcanzou a súa máxima extensión?
Pola cunca mediterránea, sobre todo polo seu sector máis oriental. O norte de África, parte da península Ibérica e de Italia, península Balcánica, Anatolia, Siria, Palestina, etc.
• ¿Cales destes territorios foron conquistados por Xustiniano?
O norte de África, parte da península Ibérica e de Italia.
• ¿Como evolucionou o imperio tras a súa morte?
Tras a morte de Xustiniano I, comezou un longo proceso de perdas territoriais:
Primeiro, os lombardos conquistaron todo o centro e norte da península Itálica.
Despois, os visigodos expulsaron aos bizantinos da península Ibérica.
Durante os séculos VI e VII os musulmáns conquistaron toda a costa mediterránea de África, así como Siria e Palestina.
Desde entón, e ata 1453, en que foi tomada Constantinopla, os turcos foron conquistando todo o imperio bizantino.
• Describe como era Santa Sofía de Constantinopla
Era unha igrexa de planta de cruz grega, coroada por unha enorme cúpula sostida por outras máis pequenas e recuberta no seu interior por mármore e mosaicos
10. Resume as características do imperio bizantino na época de Xustiniano
Goberno
|
O emperador ou basileus concentraba todos os poderes: dirixía o exército e a administración e era o xefe relixioso. Apoiábase nunha ampla rede de funcionarios especializados que executaban as ordes do emperador e un poderoso exército que defendía as fronteiras. Existía tamén un corpo de diplomáticos que mantiña as relacións con outros pobos e favorecía o comercio.
|
Economía
|
Era moi próspera. Os bizantinos dominaron o comercio mediterráneo e as grandes rutas que unían Europa con Asia e África. Por iso, as moedas bizantinas foron o principal medio de pago no Mediterráneo durante moito tempo.
Os bizantinos vendían os seus produtos agrícolas e artesáns e compraban especias, trigo, peles…
|
Cultura
|
Construiron igrexas de planta de cruz grega cubertas por grandes cúpulas. Tamén destacaron polos seus mosaicos.
|
12. Describe como é unha mesquita.
Unha mesquita consta de diversas partes. En primeiro lugar, un gran patio nol que se sitúa unha fonte para realizar as ablucións antes de entrar á sala de oración e dominado por un alminar ou minarete desde o que o muecín chama á oración aos fieles.
Na sala de oración distínguese a sala de columnas, onde os fieles rezan; o muro chamado quibla,
onde está o mihrab, un nicho baleiro orientado cara A Meca, e o mimbar ou púlpito desde o que o imán dirixe a oración.
13. Explica a diferenza entre:
a) Monoteísmo e politeísmo
Denomínase monoteísmo á crenza nun único Deus, e politeísmo á crenza en numerosos deuses.
b) Musulmán e árabe
Musulmán é a persoa que practica o Islam, e árabe a persoa nacida na península Arábiga.
c) Califa e ulema
Califa é a máxima autoridade política e relixiosa do imperio islámico, mentres que o ulema era a persoa que interpretaba a lei coránica.
• ¿Como chaman os musulmáns a Deus?
Alá.
• ¿Que é a héxira?
A héxira é a fuxida de Mahoma á Meca no ano 622.
• ¿E a yihad?
A yihad é a guerra santa para estender o Islam.
14. • Anota os cinco preceptos básicos do Islam
A profesión de fe pola que todo musulmán testifica que «non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu profeta».
A oración cinco veces ao día.
A peregrinación á Meca ao menos unha vez na vida.
O xaxún durante o mes de Ramadán, todos os días desde a saída ata a posta do sol.
E a esmola para axudar aos pobres.
• Engade outros aspectos da relixión musulmá.
Nun primeiro momento os musulmáns tiñan tamén a obriga de defender a súa relixión e estendela por medio da yihad, pero esta obriga só é respaldada polos grupos máis extremistas.
O Corán recolle tamén certas obrigas para a vida cotidiá: permítese a poligamia e prohíbese comer carne de porco, beber viño e participar en xogos de azar.
15. • ¿A palabra Islam designa unha relixión ou un territorio?
Ambas cousas. Designa a unha relixión e designa tamén o territorio que abarcaba o imperio creado polos sucesores de Mahoma durante a Idade Media.
• ¿Era o Islam unha civilización rica?
Sí. Era unha das máis desenvolvidas da súa época: unha civilización culta, avanzada e urbana, superior á bizantina e só comparable á do imperio chino. As cidades foron focos de desenvolvemento económico, cultural e artístico, como Bagdad, O Cairo e Córdoba. Nelas constrúense palacios, escolas, bibliotecas, hospitais e mesquitas. O islam tivo contacto con numerosas culturas, desde Asia ao Mediterráneo, que enriqueceron a súa propia. Desenvolveu unha ciencia moi avanzada para o seu tempo e unha arte de gran riqueza. Contaba cunha próspera economía basada en:
Unha agricultura innovadora e moi produtiva, unha artesanía de gran calidade e un comercio florecente que se estendía por Europa, Asia e África. O comercio era a base da economía islámica. Os comerciantes vendían os artículos que elaboraban os artesáns, e compraban outros artículos de valor e especias en terras alonxadas.Tiñan a mellor frota e portos comerciais máis activos. Acapararon as mercadurías máis ricas: as especias de Asia oriental, as pedras preciosas e as madeiras de India, a seda de China e o ouro e o marfil de Sudán. A moeda islámica converteuse na máis importante e apreciada no comercio internacional. A moeda de ouro recibiu o nome de dinar e foi aceptada por todos os Estados medievais. Os viaxeiros árabes trouxeron de países de Oriente como China e India artículos como o papel, a pólvora, o compás e o astrolabio. Estes dous últimos instrumentos foron fundamentais no desenvolvemento da navegación. Os musulmáns foron excelentes astrónomos, capaces de elaborar amplos catálogos de astros, e grandes matemáticos, que difundiron o uso do cero e progresaron enormemente en álxebra e trigonometría. Tamén progresaron moito no campo da química e a medicina. Destacan autores andalusíes como Avicena e Averroes. E tamén unha época de florecemento literario: poesía, fábulas, contos, relatos de viaxes, de xeografía e historia. Destacan especialmente os de As mil e unha noites, cuxos relatos proceden de distintos países como India e Persia e de diferentes épocas. Algunhas das historias máis coñecidas, como Alí Babá e os cuarenta ladróns e Aladino e a lámpada maravillosa. A gran expansión que alcanzou a civilización islámica puxo en contacto a persoas con linguas, formas de vidaey crenzas diversas, que se viron unificadas baixo a relixión musulmá e o uso da lingua árabe.
16. • ¿Onde se orixinou a civilización islámica?
Na península Arábiga, en torno ás cidades de Medina e A Meca.
• ¿Por onde se estendeu?
Por Oriente Próximo e o norte de África, ata a península Ibérica.
• ¿Que sucedeu na península Ibérica?
Que estivo dominada casi na súa totalidade polos musulmáns durante 8 séculos.
• Anota as datas de cada unha das etapas da historia do Islam medieval
Arabia antes de Mahoma: ata o año 570.
Época de Mahoma: desde o 570 ao 632.
Califato ortodoxo: desde o 632 ao 661.
Califato Omeia: desde o 661 ata o 750.
Califato Abasida: desde o 750 ata o 1258.
Desintegración en reinos independentes: a partir do 1258.
17. ¿Que aspectos do Islam medieval continúan vixentes?
Continúan vixentes os cinco preceptos básicos da relixión islámica e certas obrigas para a vida cotidiá.
19. • Carolus é Carlos en latín ¿Que cres que significa carolinxio?
Pódese responder que se trata dun adxectivo que significa «pertencente ou relativo a Carlomagno, a súa familia, a súa dinastía ou a seu tempo».
• ¿Que significa a expresión “xurar fidelidade”?
Prometer servir lealmente a Carlomagno.
• ¿En que se parece un conde e un marqués?
En que son gobernadores dun territorio.
• ¿En que se diferencian?
En que un conde, dentro das súas terras, tiña todo o poder: reclutaba guerreiros para o seu exército,
recaudaba impostos e administraba xustiza.
Un marqués era un xefe militar. A súa misión era a defensa contra ataques exteriores nun territorio fronteirizo denominado marca.
20. •¿Como se gobernaba o imperio carolinxio?
Carlomagno estableceu a súa residencia en Aquisgrán, desde onde dominaba o seu imperio, e para
gobernalo mellor dividíuno en provincias, chamadas condados, porque estaban gobernados por un conde,
e nas zonas de fronteira creou as chamadas marcas, territorios cun exército ao mando dun marqués;
•¿Que medios puxo en marcha Carlomagno para asegurarse de que se lle servía con fidelidade?
Carlomagno nombraba aos condes e aos marqueses, que lle debían xurar fidelidade. En ocasións enviaba funcionarios para inspeccionar a súa actuación e para controlalos
• ¿Como era a forma de vida no imperio carolinxio?
Era rural. A maioría da poboación vivía da agricultura e residía no campo. As cidades eran pequenas e a artesanía e o comercio, escasos.
Polas actuais Francia, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo e un sector no oeste de Alemania, entre o Rin e o Danubio.
b) ¿Cales conquistou Carlomagno?
O noroeste de Alemania ata o río Elba, Suiza, Austria e o oeste de Hungría.
c) ¿Que eran as marcas?
Territorios ao mando dun marqués nas zonas fronteirizas do imperio carolinxio.
¿Cal estaba na península Ibérica?
A Marca Hispánica.
d) ¿En que territorios se dividiu o imperio no ano 843?
En tres reinos: o reino de Carlos o Calvo,o reino de Lotario e o reino de Luis o Xermánico.
• ¿Por que?
Á morte de Carlomagno, moitos nobres seguen exercendo o poder nas súas terras sin que os reis puideran imporse. Á muerte de Luís o Piadoso, fillo de Carlomagno, o imperio dividíuse entre os seus fillos, como era costume entre os francos.
• ¿Que ocurreu posteriormente coa Lotarinxia?
Que tras a morte de Lotario dividíuse entre os seus irmáns.
22. ¿Por que cres que Carlomagno quería ser nomeado emperador?
O seu obxectivo era reconstruir o imperio romano de Occidente. Apoiábase na Igrexa romana para reforzar o seu poder: faise coroar polo Papa en Roma. Ademais, proclámase xefe e defensor da Igrexia polo que él é quen nomea aos bispos. E utiliza ao clero nas súas tarefas de goberno.
26. Escribe ordeadamente os pasos para elaborar un mosaico.
a) cóbrense as paredes con tres capas de xeso, cal, area e palla para que poidan aguantar as teselas.
b) colócanse unha a unha as teselas sobre o debuxo facendo coincidir as cores.
c) píntase a pared eco debuxo que se desexe representar.
a) cóbrense as paredes con tres capas de xeso, cal, area e palla para que poidan aguantar as teselas.
b) píntase a pared eco debuxo que se desexe representar.
c) colócanse unha a unha as teselas sobre o debuxo facendo coincidir as cores.
27. Describe o mosaico da igrexa de S. Vital de Rávena en que aparece Xustiniano e a súa corte.
Representa ao emperador bizantino Xustiniano I e a súa corte: os seus cabaleiros de confianza, asesores, xenerales e ministros, todos eles vestidos de maneira elegante, con túnicas e sandalias, e nalgún caso con capas, e que destacan alguns obxetos: o escudo, os broches –sobre todo, o de Xustiniano–, a coroa do rey, a cruz, o libro, o incensario, etc.)
28. Completa o cadro comparando civilizacións
Reinos xermanos
|
Imperio bizantino
|
Islam
| |
¿Quen controlaba
o gobierno?
|
Cada reino estaba gobernado por un rei, asesorado por un consello de nobres e guerreiros.
|
O emperador ou basileus concentraba todos os poderes:
dirixía o exército e a administración e era o xefe relixioso. Apoiábase nunha ampla rede de funcionarios
especializados que executaban as ordes do emperador e un poderoso exército que defendía as fronteiras.
|
A máxima autoridade era o califa, que disponía do poder político e relixioso. Estaba asistido polos seus conselleiros, os visires, e por numerosos funcionarios:
os valíes gobernaban as provincias, os ulemas interpretaban a lei coránica
e os cadíes eran os xuices.
|
¿Era unha civilización
rural ou urbana?
|
Unha civilización rural
|
Unha civilización urbana.
|
Unha civilización urbana.
|
¿Que
actividades
económicas
destacaban?
|
Agricultura e gandaría.
|
Comercio e artesanía
|
Agricultura, comercio
e artesanía.
|
¿Que relixión
profesaban?
|
Eran politeistas,
pero nos lugares máis romanizados acabaron adoptando
o cristianismo
|
Nun primeiro momento, a relixión católica; desde o ano 1054, o cristianismo ortodoxo.
|
O Islam.
|
¿Había un gran
Desenvolvemento cultural?
|
Non.
|
Sí
|
Sí
|
29. • ¿Que dúas civilizacións se parecen máis?
O imperio bizantino e o Islam porque en ambos casos trátase de civilizacións urbanas, moi desenvolvidas desde o punto de vista económico, artístico e cultural.
• ¿Que civilización estaba menos avanzada?
A dos reinos xermanos porque a súa economía era básicamente agropecuaria e a súa cultura estaba
menos desenvolvida que a bizantina e a musulmá.
TEMA 2 A SOCIEDADE FEUDAL
1. • ¿Que é o feudalismo?
O novo sistema de organización política, económica e social que xurdiu en Europa occidental durante a
Idade Media, entre os séculos IX e XIII. Nel existía unha cadea de lazos persoais que ligaba ao rei cos
nobres do reino. Formábase un entramado complexo de relacións de dependencia porque un señor podía, á vez, ser vasalo doutro ou outros señores.
• ¿Que partes se distinguen nun feudo?
En cada feudo había un castelo, que era a residencia do señor, varias aldeas, nas que vivían os campesiños que dependían do señor, e terras de cultivo, pastos e bosques. As terras dividíanse na reserva e os mansos.
A reserva era a parte da terra explotada polo propio señor; os cultivos que se obtiñan nela pertencían na súa totalidade ao señor. Os mansos eran porcións de terra que o señor concedía aos campesiños para o seu sustento; a cambio destas terras, os campesiños tiñan que pagar ao señor unhas rendas, que podían ser diñero, produtos (unha parte da colleita, tecidos, animais…), e, sobre todo, servizos persoais, como traballar determinado tempo as terras do señor de balde.
• ¿Que é un estamento?
Cada un dos grupos sociais existentes na sociedade medieval. Eran grupos pechados porque só se podía acceder a eles por nacemento.
• ¿Que quere dicir cunha persoa medieval era privilexiada?
Que tiñan unha serie de vantaxes: non pagaban impostos e sí os cobraban. Ademais non realizaban traballos manuais.
¿E non privilexiada?
Carecían desas vantaxes: pagaban impostos e traballaban para manter ás persoas privilexiadas.
2 • Explica en que consistiron as segundas invasións.
Na segunda metade do século IX e o seculo X tres novos pobos invadiron Europa: os vikingos, os maxiares e os sarracenos. A extrema crueldade dos invasores deu lugar a un clima de violencia e inseguridade que se estendeu por todo o continente.
• Enumera os estamentos en que se distinguían na sociedade medieval e describe a súa situación.
Os nobres, os clérigos e os traballadores. Os nobres eran os cabaleiros e as súas familias; a súa misión consistía en defender ao resto da poboación.
Os clérigos eran os monxes e os sacerdotes; debían rezar para lograr a salvación espiritual das persoas.
Os traballadores eran na súa maioría campesiños, ainda que tamén había artesáns e comerciantes; ocupábanse de producir os alimentos e os produtos que necesitaba a sociedade.
3. • Explica como influiron as segundas invasións na formación da sociedade feudal
A extrema crueldade dos invasores diu lugar a un clima de violencia e inseguridade que se estendeu por todo o continente.
• ¿Que outros factores interviron na aparición do feudalismo?
O feito de que, tras a fragmentación do imperio carolinxio, toda Europa se dividiu en numerosos reinos. Os reis eran moi débiles e non tiñan exércitos propios nin medios para protexer os seus reinos; por iso os campesiños buscaron a protección dos nobres (condes, duques, marqueses, etc.), que dispuñan dun exército propio e dun castelo no que podía protexerse a poboación da zona si era atacada. A cambio da
súa protección, o nobre esixía aos campesiños que traballasen para él e que se someteran completamente a súa autoridade; desta forma, os campesiños convertéronse en servos dos nobres.
• Explica como lograba facerse obedecer un rei medieval.
A través dun pacto chamado vasalaxe, mediante o cal os nobres convertíanse en vasalos do rei nunha
cerimonia chamada homenaxe, na que lle xuraban fidelidade, axuda militar e consello no goberno; a cambio, o rei cedía unha porción de terras (o feudo) a seu vasalo.
• ¿Conseguíao sempre?
Non sempre. A veces un ou varios nobres deixaban de recoñecer a autoridade dun rei e loitaban contra él. Outras veces, era o rei quen trataba de apoderarse pola forza das terras dalgún nobre. Tamén eran frecuentes as loitas entre nobres. Todo iso provocaba frecuentes guerras.
4. • Describe unha cerimonia de homenaxe
Un nobre ponse de xeonllos e bica a man do rei, xurándolle fidelidade, de forma que se converte en vasalo do rei.
• Explica que era un feudo e descríbeo.
En cada feudo había un castelo, que era a residencia do señor e dos cabaleiros armados que eran os seus vasalos, varias aldeas, nas que vivían os campesiños que dependían do señor, e terras de cultivo, pastos e bosques. As terras dividíanse na reserva e os mansos. A reserva era a parte da terra explotada polo propio señor; os cultivos que se obtiñan nela pertencían na súa totalidade ao señor. Os mansos eran porcións de terra que o señor concedía aos campesiños para o seu sustento; a cambio destas terras, os campesiños tiñan que pagar ao señor unhas rendas, que podían ser diñero, produtos (unha parte da colleita, tecidos, animais…), e, sobre todo, servizos personais, como traballar determinado tiempo as terras do señor gratuitamente.
5. Fai un esquema coas relacións entre os membros da sociedade feudal
REI
|
concede un feudo ð
ï xuran fidelidade
|
NOBRES
|
Conceden protección ð
ï páganlles rendas
|
CAMPESIÑOS
|
6. • ¿Que é unha linaxe?
A descendencia dun nobre ou cabaleiro.
• ¿Que diferenza hai entre unha guerra e un torneo?
Unha guerra é un enfrontamento armado, no que dous exércitos se enfrontan a morte, mentres cun torneo é un combate no que non se arrisca a vida.
• ¿Que é unha mesnada?
O exército formado polos cabaleiros e os seus vasalos.
• ¿De onde cres que procede o termo cabaleiro?
Guerreiro a cabalo
7. • ¿Todos os cabaleiros eran igual de poderosos?
Non. Os grandes señores eran donos de grandes feudos e de inmensas riquezas, mentres que os cabalei-
ros só posuían as súas armas e o seu cabalo.
• ¿Cal era a situación das mulleres nobres?
A súa función fundamental era casarse e ter fillos que aseguraran a permanencia da linaxe. Os matrimonios concertábanse polos pais dos noivos, a veces cando estes eran nenos. As mulleres dirixían as labores dos servintes, educaban aos fillos máis pequenos e bordaban e tecían; rara vez saían do castelo. As mulleres nobres estaban sometidas completamente ao marido, ao que non podían desobedecer. As mulleres que permanecían solteiras ingresaban en mosteiros.
9. • ¿Tiña o papa poder político durante a Idade Media? ¿Por que?
Sí. Porque gobernaba un Estado propio, os Estados Pontificios, situados no centro da península Itálica.
10. • Explica como é a estructura da Igrexa católica.
Estaba moi xerarquizada. En primeiro lugar, estaba dividida en dúas ramas: o clero secular e o clero regular.
Á cabeza do clero secular estaban os bispos, que controlaban un extenso territorio chamado diócese;
cada diócese comprendía varias parroquias, onde realizaban a súa labor os sacerdotes.
O clero regular, pola súa parte, estaba formado polas ordes relixiosas, cada unha delas estaba encabezada polo abade principal, por debaixo do cal estaban os superiores, que dirixían os mosteiros, nos que vivían os freires, os monxes e as monxas.
• ¿En que lugar do mosteiro situarías ao monxe amanuense? ¿Por que?
Na biblioteca. Porque alí copiaban a man manuscritos.
11. • ¿Cres que a excomunión tería consecuencias políticas para os gobernantes de agora?
Pódese aventurar que poucas ou ningunha polo xeral, xa que a maioría dos países do mundo son Es-
tados laicos, é dicir, que a relixión no coincide co poder civil.
12. • Explica como era a vida dun campesiño servo e un libre.
Un campesiño servo estaba sometido á autoridade do señor. Non podía abandonar o feudo nin casarse sin o
seu permiso, traballaba gratuitamente para él, ben cultivando as tierras da reserva señorial ou realizando os traballos domésticos; a cambio, o señor alimentábao e mantíñao.
Un campesiño libre podía abandonar o feudo e decidir os seus actos persoais, traballaba os mansos do señorío e, a cambio, pagaba unha renda ao señor, pero dispuña do resto da colleita.
• ¿Por que dicimos que os campesiños medievais eran autosuficientes?
Porque producían todo aquilo que necesitaban. Alimentábanse do que cultivaban e vestíanse coas roupas que tecían as mulleres. E eles mismos levantaban as súas casas e elaboraban os seus mobles.
13. • ¿Que significa a frase: “a condición de servos pasaba de pais a fillos”?
Que o fillo dun campesiño servo era tambén servo.
• ¿Que tipo de rendas pagaba un campesiño medieval a seu señor?
Podían ser diñero, produtos (unha parte da colleita, tecidos, animais…), e, sobre todo, servizos persoais, como traballar determinado tempo as terras do señor gratuitamente.
• ¿Por que dicimos que os campesiños medievais tiñan un nivel de vida baixo?
Porque comían mal, e a carne e o pescado eran luxos que só se permitían nos días especiais. Tampouco tiñan menciñas. Por todo isto, as enfermidades eran, a miudo, mortíferas e a vida moi curta: os que superaban os 40 anos considerábanse anciáns. Calquer calamidade (unha seca, unha inundación, unha epidemia, unha praga) significaba moitas mortes.
14. • Explica que funcións tiña a vivenda campesiña.
Servía para que toda a familia comese e durmise, incluso tamén os animais domésticos.
• Describe en que consistía a técnica do barbeito.
Consistía en que, como non tiñan abonos, cada ano cultivaban só a metade da parcela; a outra metade
deixábase sin cultivar (en barbeito), para que a terra recuperase a súa fertilidade.
• Describe como realizaban os campesiños a sega.
Con ferramentas moi rudimentarias: fouces, gadañas…
15. Organiza a información. Completa o cadro
A vida dun campesiño medieval
| |
Alimentación
|
Comía mal. A carne e o pescado eran luxos que só se permitían nos días especiais.
|
Vivenda
|
Era moi pobre, feita de adobe, madeira e canas; tiña unha soa habitación na que toda a familia comía e durmía. Os mobles eran moi escasos: algún arcón, unha mesa e o xergón sobre o que durmían.
Era moi común que compartisen esa misma habitación co seus animais domésticos.
|
Vestido
|
Vestíanse pobremente coas roupas que tecían as mulleres.
Os homes levaban túnica curta e medias e as mulleres falda longa e corpiño e cubrían a súa cabeza cun pano, un gorro ou un manto.
|
Saúde
|
Como comían mal e tampouco tiñan menciñas, as enfermidades eran a miudo, mortíferas e a vida moi curta: os que superaban os 40 anos considerábanse anciáns.
Calquer calamidade (unha seca, unha inundación, unha epidemia, unha praga) significaba moitas mortes.
|
16. Pon un exemplo de cada concepto
a) Privilexiado b) Non privilexiado
a) Un nobre. b) Un campesiño.
17. Une os conceptos que teñen relación entre sí
bispo con diócese;
abade con mosteiro;
sacerdote con parroquia;
campesiño servo con reserva;
campesiño libre con mansos.
18. ¿Cal é a diferenza ente…
a) investidura e homenaxe
A investidura é o acto polo que o rei cedía unha porción de terras (o feudo) ao seu vasalo, mentres que a homenaxe é a cerimonia pola que, de xeonllos e bicando a man do rei, o nobre lle xuraba fidelidade, axuda militar e consello no goberno ao rei.
b) claustro e sala capitular
O claustro era o patio cun xardín central e cuberto polos seus lados, por onde os monxes paseaban e meditaban, mentres que a sala capitular era onde se reunían os monxes.
c) décimo e barbeito
O décimo era a porcentaxe da colleita cun campesiño libre debía pagar á Igrexa, mentres co barbeito consistía en que, como non tiñan abonos, cada ano cultivaban só a metade da parcela; a outra metade deixábase sin cultivar (en barbeito), para que a terra recuperase a súa fertilidade.
d) señor e vasalo
Denomínase señor ao rei ou ao nobre que establece unha relación feudal cun vasalo, a quen entrega un beneficio –xeralmente un feudo– a cambio da súa fidelidade e dun servizo de armas. O vasalo é a persoa vinculada a un señor feudal polo pacto do vasalaxe, é dicir, por unha relación de dependencia e fidelidade.
20. Ordena correctamente os grupos que compoñen a sociedade feudal.
Rei, gran nobre, cabaleiro, artesán, campesiño rico, campesiño pobre.
21. Sinala os privilexiados e os non privilexiados
Privilexiados: o rei, o gran nobre e o cabaleiro. Non privilexiados, o resto.
22. • ¿Por que os artesáns e comerciantes son non privilexiados?
Porque no pertencen ao estamento privilexiado, xa que traballan coas mans e pagan impostos.
• ¿Quenes ocupan o último lugar?
Os campesiños pobres. Porque o seu nivel de vida era moi baixo.
Analizar un tapiz: o tapiz de Bayeux
23. Analizar o seu contexto histórico
• Di cando sucederon os feitos relatados no tapiz e se coinciden coa época en que foi confeccionado.
No ano 1066. Sí, coincide.
• ¿O tapiz é unha fonte primaria ou secundaria?
É unha fonte primaria. ( bordouse no século XI con escenas históricas que narran a conquista de Inglaterra polos normandos no ao 1066, é dicir, é contemporánea aos feitos aos que se refire.)
• ¿É unha fonte material, literaria, iconográfica ou oral?
É unha fonte material.
24. Describe como é o tapiz
• Que ves nas franxas superior e inferior?
Na franxa superior vese un barco coa vela hinchada polo vento; o personaxe da esquerda leva o temón, mentres un marino, á dereita, vixía a profundidade do mar cunha pértiga. Esta escena representa a saída no ano 1064 de Harold o Saxón, cuñado do vello rei Eduardo, das costas inglesas en dirección a Normandía, en Francia, para ofrecer a coroa ao duque Guillermo de Normandía, xa que o rei inglés non ten herdeiro directo. Precisamente, o personaxe que está ao temón do barco nesta escena é Harold.
O tapiz conta –en 58 escenas– como, a pesar de xurar fidelidade a Guillermo, Harold faise co trono ao seu regreso a Inglaterra, tras a morte repentina de Eduardo en xaneiro de 1066, coronándose como Harold II. Guillermo prepara durante varios meses unha gran armada e desembarca co seu exército nas costas inglesas, derrotando e dando morte finalmente a Harold na batalla de Hastings.
Na franxa inferior : a sección final do tapiz, que se supón que mostraba a rendición dos saxóns e a
coroación de Guillermo como Guillermo I de Inglaterra, perdeuse . Na franxa inferior vese parte dun banquete. Uns criados preparan a comida –parecen pinchos– e a levan á mesa.
• Que ves na franxa central?
Trátase dunha escena da loita entre os normandos e os ingleses. Pódese explicar que esta escena representa o primeior momento da batalla final entre ambos pobos, que terminou coa morte de Harold. Os normandos cabalgan cara os ingleses, que os esperan a pé e están botados cara atrás como polo forte empuxe dos inimigos. Un arqueiro está disimulado entre os ingleses. As lanzas e mazas voan e no bordo inferior do tapiz aparecen soldados mortos.
• En que idioma cres que está a inscrición? Cal cres que era a súa función?
En latín. A súa función era contar a conquista de Inglaterra polos normandos no ano 1066.
• Que cores se utilizaron? É o estilo moi detallista?
Verdes, vermellos , ocres, negro… Sí.
25. • Explica como van vestidos os personaxes que aparecen nas diferentes escenas.
Na escena superior os personaxes son, na súa maioría, mariñeiros; na escena central, aparecen guerreiros, con armadura, casco, escudo e armas: lanzas, arcos, etc.; e na escena inferior, vense algúns criados.
• Sinala como son os barcos e se coinciden co que estudaches no tema sobre as embarcacións viquingas.
Son de madeira, pequenos, cun mastro de madeira e unha vela, mascaróns tanto na proa como na popa e impúlsanse pola forza dos remos e do vento. Sí, coinciden.
• Indica os tipos de personaxes que podes identificar nestas escenas do tapiz (cabaleiros, soldados de infantaría, cortesáns, reis, damas, monxes, etc.) e explica os trazos que os identifican.
Pódese identificar, por exemplo, a un cabaleiro na escena central, porque vai a cabalo; na mesma escena aparece un grupo de soldados de infantería, que van a pé; na escena inferior vese a uns criados, que serven a comida –uns pinchos– e tamén a uns cortesáns que comen e beben.
• Representouse algún elemento fantástico? Cal?
Sí, nos mascaróns do barco e, sobre todo, nas cenefas que enmarcan as escenas aparecen algúns animais fantásticos.
TEMA 3. A ÉPOCA DO ROMÁNICO
1. Explica o que significan as seguintes expresións : cristiandade, décimo e tregua de Deus.
- Coñécese como Cristiandade a todos os territorios nos que o cristianismo era a relixión maioritaria,en todos os países e rexións de Europa.
- O décimo era a porcentaxe da colleita cun campesiño libre debía pagar á Igrexa, a décima parte das súas colleitas.
- Denominábase como «Tregua de Deus» aquel período no que estaba prohibido loitar.
2. • En que se baseaba o poder económico da Igrexa?
A riqueza da Igrexa baseábase en que gran parte das terras eran propiedade dos mosteiros e os bispados. A Igrexa cobraba rendas ao seus servos como calquer señor, pero, ademais, todos os campesiños debían pagarlle o décimo.
• Cal era a influencia da Igrexa na sociedade medieval?
A influencia da igrexa sobre a sociedade medieval era moi grande. Tiña un gran poder social e político,
debido a que posuían numerosas terras, e tamén gran influencia política, xa que os papas interviñan nos asuntos dos Estados cristiáns. Ademais interviña en guerras e organizaba grandes exércitos para loitar por motivos relixiosos, como pasou nas Cruzadas.
3. Cres que a Igrexa católica continúa tendo alguna influencia na sociedade actual?
A influencia da Igrexa católica na sociedade actual é, polo xeral, moito menor que no pasado.
4. Cales son as características máis importantes da arte románica?
As características da arte románica son:
- A relixiosidade é a característica máis importante da arte románica, porque o obxectivo principal das obras de arte era provocar un acercamento dos fieles a Deus.
- O uso de símbolos; no Románico todo transmite unha mensaxe, desde as formas dos edificios, ata os materiais utilizados ou os motivos da decoración.
5. Cando falamos dunha busca do sentido espiritual, a que facemos referencia?
a) ao interese pola forma física e a beleza.
b) ao culto aos espíritos dos mortos.
c) á esencia das cousas máis aló da forma física.
O concepto de Espiritualidade refírese á esencia das cousas máis aló da forma física.
6. Documento 5.
a) Explica estes termos coas túas propias palabras : arco de medio punto, contraforte, bóveda de canón, nave, ábsida, cruceiro, ciborio, xirola, torre campanario.
Arco de medio punto : arco de media circunferencia
Contraforte: pilar que reforza os muros polo exterior.
Bóveda de canón: formada por arcos de medio punto
Nave: cada un dos espacios que se dispón entre muros ou filas de arcadas ao longo dun templo.
Ábsida: cabeceira; parte do templo, abovedada e comúnmente semicircular, que sobresae na fachada posterior e onde se dispuñan o altar.
Cimborrio: cúpula que se dispón sobre o cruceiro
Torre campanario: torre que servía para situar as campás.
Cruceiro: o lugar en que se cruzan os bazos
Xirola: pasillo formado pola prolongación das naves laterais arredor do altar maior.
b) Como son as fiestras do edificio? Cres que por elas entraría moita luz?
As fiestras son escasas e de reducidas dimensións. Non entra moita luz.
c) Para que cres que servían as torres campanario da fachada?
As torres campanario da fachada serven para colocar as campás.
7. Dicimos que una escultura ten únicamente unha función decorativa cando:
a) serve para adornar e transmitir una mensaxe.
b) só serve para facer máis fermoso un edificio.
Unha escultura ten función decorativa se só serve para embelecer un edificio.
8. Por que se representaban os crucificados románicos co rostro sereno?
Os crucificados románicos represéntanse co rostro sereno porque venceran á morte. Aínda que todas as figuras aparecen sen expresión no rostro pois a arte románica carece de naturalidade.
9. • Documento 6. Que características da escultura románica podes observar?
As características románicas da talla Virxen co Neno son:
a temática relixiosa e a rixidez e falla de expresión, xa que no parece unha nai. Represéntana como o trono onde se senta Deus.
• Documentos 9 e 10.
a) Que figuras aparecen de maior tamaño? Por que?
As figuras do tímpano de San Pedro de Moissac que aparecen con maior tamaño son Cristo en primeiro
lugar, e despois os símbolos que representan aos catro evanxelistas (Tetramorfos). Simboliza que teñen
máis importancia co resto.
b) Que son os serafíns?
Os serafíns son anxos
c) Que tipo de decoración podes ver nas arquivoltas?
A decoración das arquivoltas son motivos xeométricos e/ou vexetais.
10. • Por que cres que se decoraban de maneira especial as portadas dos templos?
Decoraban as portadas dos templos para transmitir as mensaxes relixiosas a unha poboación que non sabe ler.
• Cres que as portadas podían estar coloreadas? Xustifica a opinión.
As portadas podrían estar coloreadas xa que algunhas aínda conservan restos da policromía orixinal, pero co paso do tempo perderon as cores.
11. Que significa que os personaxes se representaban de forma esquemática?
- que só se resaltaban os trazos físicos máis significativos.
- que se recollían minuciosamente todos os trazos da súa anatomía.
Os personaxes pintados representábanos de forma esquemática, significa que só se resaltaban os rasgos físicos máis significativos.
12. • por que as pinturas máis importantes se colocaban na ábsida principal?
As pinturas máis importantes colocábanse na ábsida principal porque nesa ábsida era onde se situaba o altar
e a función desas pinturas era adoctrinar aos fieles.
• Para quen cres que se realizaban os manuscritos con miniaturas?
Os manuscritos con miniaturas realizábanse para os clérigos importantes, xa que a maioría da poboación non sabía ler nin escribir.
13. • Documento 12. Que coincidencias ves entre a composición desta pintura e a dos relevos dos documentos 9 e 10?
A coincidencia entre a composición da pintura da ábsida de Santa María de Taull e os relevos do tímpano de San Pedro de Moissac é que se trata dunha similar composición:
Na parte superior e no centro aparece a figura principal: a Virxen María como trono de Deus, na pintura e o
pantocrátor (é decir, Cristo como sumo señor do tempo e das cousas) no relevo. Arredor e debaixo del dispóñense os demais personaxes algo máis pequenos.
• Documento 13. Representáronse de forma realista os elementos da paisaxe natural? E as persoas?
Na pintura da bóveda do Panteón dos Reis de San Isidro de León os elementos da paisaxe non se
representan de forma realistas. Tampouco as persoas. Represéntanse de forma esquemática e en posturas
ríxidas, porque o importante é a mensaxe que se pretende comunicar.
15. Expresa a idea principal contida neste prágrafo nunha soa frase.
Como a maioría das persoas non sabían ler nin escribir, as imaxes ensinábanlles os principais personaxes e temas da relixión cristiá. Por iso se di que as igrexas románicas eran “Biblias en imaxes”.
Dícese que as igrexas románicas son Biblias en imaxes, porque a función da pintura e a escultura nas igrexas románicas non era decorar, senón adoctrinar ao pobo.
18. Primeiro, describe a pintura e a súa composición.
• Que personaxes aparecen? Que posición ocupa cada un?
Os personaxes que aparecen na pintura de San Clemente de Taull en Lleida son: Cristo representado como o pantocrátor e catro anxos que levan os símbolos dos evanxelistas.
• Teñen todos o mesmo tamaño? Por que?
Non todos teñen o mesmo tamaño; o pantocrátor ten un tamaño maior. Porque é a figura máis importante.
• Cal é o centro da escena?
O centro da escena ocúpao o pantocrátor.
19. A continuación, explica a técnica empregada.
• Que tipos de cores se usan?
As cores usadas son vivas, intensas, brillantes ( vermello, amarelo, laranxa e azul); e o negro para perfilar as figuras.
• Dá sensación de volume?
Non da sensación de volume, é plano.
• Represéntanse as figuras de forma realista?
Non é realista, represéntanse de forma esquemática.
20. Por último, interpreta a pintura.
• Que representa?
Cristo represéntase como pantocrátor (é dicir, como sumo señor do tempo e das cousas), rodeado pola mandorla ou amendoa mística.
• Onde cres que está situada a pintura?
A pintura podría estar situada na ábsida principal da igrexa.
• En que época foi realizada?
Foi realizada a principios do século XII.
TEMA 4. O REXURDIR DAS CIDADES
1. • Explica que é unha feira
Unha feira é un mercado ol que acuden periódicamente comerciantes, artesáns, etc., a mostrar e vender os seus produtos.
• ¿Seguen celebrándose na actualidade?
Sí. Por exemplo, a feira da Ascensión en Oviedo. Tamén, as Feiras de Mostras ou as Expo mundiais.
2. • ¿Por que aumentou a produción agrícola a partir do século XII?
Porque, por unha parte, aumentou a superficie cultivada (grazas a que se talaron bosques e se desecaron pantanos e se cultivou nas novas terras. Ademais, en algunhas zonas implantouse a rotación trienal de cultivos, pola que se deixaba en barbeito só a terceira parte das parcelas).
Tamén a que se introduciron novas técnicas, que facilitaron o traballo agrícola (empezouse a usar o arado de veso, que labraba a terra máis profundamente, e na zona mediterránea extendeuse o regadío e introducíronse novos cultivos, en ambos casos debido á influencia islámica. Eses cultivos levan nomes árabes: albaricoque, acelga, algarrobo, alcachofa, azafrán, espinaca, sandía, garabanzo, cenoura, limón, laranxa, azucre, algodón, xazmín, alhelí, berenxena, etc.
En terceiro lugar, difundíronse os muiños, movidos polo vento ou pola auga, que facían o traballo de 40
persoas).
• ¿Por que se incrementou o comercio?
- Os excedentes agrícolas producidos polas innovacións tecnolóxicas e o incremento das roturacións permitiron a división do traballo e, por tanto, a reactivación da artesanía e do comercio.
- Ademais o crecemento da poboación aumentou as necesidades de produtos.
- As Cruzadas intensificaron ese comercio, baseado en mercancías caras, como as especias, o azucre e outros produtos de luxo.
No Mediterráneo, as cidades italianas mantiveron vivo o comercio marítimo, relacionándose co ámbito musulmán e o bizantino.
3. • ¿Que é a rotación trienal?
Consiste en que se deixa en barbeito, é dicir, sen cultivar, a terceira parte da parcela.
• ¿Por que favoreceu o aumento da produción?
Porque permitiu aumentar a superficie cultivada.
• ¿Onde se celebraban as principais feiras?
Na rexión francesa de Champaña.
• ¿Con que produtos se comerciaba en Europa?
Coa la castelá e inglesa, o viño francés, o estaño inglés, e o ámbar,as peles, a madeira e o trigo dos países bálticos.
4. Completa con estas frases:
Creceu a produción Aumentou a Increméntase o
agrícola poboación comercio
5. Enumera as causas polas que creceron as cidades a partir do século XII
Por un lado, a emigración de moitos campesiños ás cidades para buscar traballo, xa que coas novas técnicas agrícolas necesitábase menos man de obra; e por outro lado, a instalación de moitos mercaderes nas cidades, nas que tiñan lugar os mercados, xa co comercio se reactivou.
8. • ¿A que se dedicaban os seguintes oficios?
O cardador era o que cardabala la, é dicir, quitáballe o pelo.
O bataneiro era o que coidaba dos batáns ou traballaba neles; o batán era a máquina, xeralmente hidráulica, composta de grosos mazos de madeira,movidos por un eixe, para golpear, desengrasar e enfurtir os panos.
O tundidor era o que tundía os panos, é dicir, cortaba ou igualaba coa tesoura os pelos dos panos.
A fiandeira era a que fiaba, ou o que é igual, reducía a fio a la.
O tecedor era o que tecía, formaba a tea no tear.
E o tintureiro era o que tinguía os tecidos.
• ¿Nos obradoiros traballaban só homes?
Non.
9. • ¿Que eran os gremios?
As asociacións de artesáns dun mesmo oficio.
• ¿Que funcións cumplían?
Elaboraba as normas do oficio cos dereitos e obrigas.
Ocupábanse do control da produción: distribuían as materias primas, controlaban o número de traballadores, a calidade dos produtos e os prezos.
Atendían a asistencia aos membros do oficio e a súas familias.
• ¿Onde se realizaba a produción artesá?
En pequenos obradoiros.
• ¿Que teñen en común e en que se diferencian un mestre, un oficial e un aprendiz?
Eran as tres categorías de artesáns existentes en cada oficio.
O mestre era o dono do obradoiro, das ferramentas e das materias primas, era quen obtiña os beneficios e perdas do negocio;
O oficial era o traballador experto do taller, que recibía un salario pola súa labor.
O aprendiz era un xoven que quería aprender o oficio e traballaba durante varios anos no taller sin percibir un salario.
10. •Doc. 7 ¿Que representa? ¿Quen cres que era o seu dono?¿Por que? ¿En cantas plantas se divide? ¿Que planta se destinaba a vivenda? ¿E ao obradoiro? ¿Onde se vendían os produtos?
A vivenda obradoiro dun importante sastre, o que aparece na habitación superior. Porque é a habitación principal. En tres: a planta baixa, a primiera e a segunda. As plantas primeira e segunda. A planta baixa.
Na planta baixa.
• Doc. 8
a) ¿Que representa? ¿Que fan os tres personaxes que van diante? ¿E os demais?
A procesión do gremio dos abogados da cidade italiana de Perugia.Tocan instrumentos musicais. Levan velas encendidas
b) Describe como vestían
Vestían con túnicas (e algúns con sobretúnicas) de diferentes cores, probablemente en función da categoría de cada xurista dentro do gremio, pois no vestirían igual os xuristas noveles que os avogados, os notarios, os procuradores, etc.
11. • Explica que significa a expresión “terra de ninguén”
Significa que non estaba baixo o control de ningún rei.
• ¿Que é unha carta de liberdades e privilexios?
É un documento otorgado por un rei a unha cidade pola que quedaba libre de calquera dependencia feudal.
• ¿Quenes se reunían nun parlamento medieval e para que?
O rei, os nobres, os clérigos e os gobernantes das cidades. Polo xeral, reuníanse únicamente cando o rei o consideraba oportuno e as súas funcións principais eran establecer novos impostos e apro-
bar gastos extraordinarios para sufragar as guerras.
12. • ¿Como influiu a mellora económica no aumento do poder dos reis?
Os reis recaudaron máis impostos. Con eles, crearon exércitos propios e impuxeron, mediante a forza ou o acordo, a obediencia a moitos señores feudais.Tamén contrataron a xuristas e expertos formados nas universidades das cidades.
• ¿Por que os reis e as cidades se converteron en aliados?
Porque tanto aos reis como ás cidades lles interesaba arrebatar parte do poder á nobreza.
• ¿Por que os reis crearon Parlamentos?
Para rebaixar o poder da nobreza contando co apoio das cidades.
13. • ¿Cales son os símbolos da realeza?
A coroa, o trono e o cetro.
• ¿Que Estados actuais existían xa no século XIV? (mapa de 1360)
Portugal, Francia, Inglaterra, Polonia, Noruega, Suecia, Dinamarca, Irlanda, Hungría, Bulgaria, Moldavia, Lituania, Rusia, Turquía.
• Comparándoos coa actualidade, ¿son iguais?
Polo xeral, non. (Salvo Portugal, Noruega e tal vez tamén Dinamarca, que presentan unhas fronteiras semellantes que na actualidade.)
14. Completa o esquema
Cambios políticos: Afianzamento do poder do rei
Aparición dos Parlamentos
Perda do poder da nobreza.
Cambios económicos: Mellora da produción agrícola,
Auxe do comercio
Creación das técnicas bancarias
Auxe da artesanía.
Cambios sociais: Aumento da poboación,
Crecemento das cidades,
Desenvolvemento da burguesía.
15. a) ¿Como son as rúas da parte antiga da cidade de Ávila?
Estreitas e de trazado irregular.
b) ¿Que edificios destacan?
A catedral, as murallas…
• Analizando os cambios, ¿en que lugares se levantaron os edificios modernos?
Fora das murallas.
• ¿Hai algunha intervención que modificara o casco antigo?
Na fotografía non resulta visible ningunha. Pódese lembrar , sen embargo, que a construción de dous edi-
ficios diseñados polo famoso arquitecto español de fama internacional Rafael Moneo, na Praza de Santa Teresa ou do Mercado Grande, localizada no centro de Ávila, extramuros, despertaron certa polémica. Estes inmobles aumentaron as alturas e volumes dos edificios derribados. De feito, o maior deles impide ver a praza na súa totalidade desde a torre da Homenaxe (torre desde a que antigamente víase a praza por enteiro e que quedou oculta por esa construción.)
16. • ¿Como se realizaba o transporte por terra? ¿E por mar?
En carros. En barcos.
a) ¿Que animais tiraban do carro?
Bois.
b) ¿Cres que era un transporte cómodo? ¿E rápido?
Non en ambos casos porque o carro non ofrecía ningunha comodidade e os bois non corren demasiado.
a) ¿Como se movía o barco?
Con remeiros e a forza do vento. Porque algúns personaxes teñen remos e o barco ten velas.
b) ¿Que forma tiña a vela?
Na imaxe aparecen plegadas, pero probablemente fosen cadradas.
c) ¿De que materiais estaba feito o barco?
Principalmente de madeira.
d)¿Sería tan grande como os actuais?
Pódese aventurar que non.
17. Identifica o grupo social ao que pertencía cada muller. Xustifica a túa elección.
A A) representa unha muller nobre; a B), unha monxa; e a C), unha campesiña.
A primeira leva amplas roupas e xoias; a segunda viste hábitos; e a terceira leva unha saia longa, un pano, un sombreiro de palla e unha ferramenta para traballar no campo.
18. •¿Cal é a función práctica dos vestidos que levan estas mulleres?
Cubrir o seu corpo, en cada caso de acordo as súas labores cotiás.
a) ¿Podemos saber si as persoas que levan os vestidos son pobres ou ricas? Por que?
Sí. Porque se trata de vestidos máis ou menos simples.
b) Podería informarte o vestido do traballo que realiza unha persoa? Pon un exemplo.
Sí. O caso máis claro é o C), porque leva un vestido sinxelo, un pano, un sombreiro de palla e unha ferramenta para traballar no campo.
20. • ¿Que valor tivo o vestido da muller nobre para quen o fabricou?
Económico.
•¿E para quen o usou?
Valor práctico.
•¿E para un historiador que o atopara?
Infórmalle da época.
•¿E para un comerciante de antigüidades?
Ten valor económico.
TEMA 5. A ÉPOCA DO GÓTICO
1. Define coas túas propias palabras os seguintes conceptos: lonxa, concello, burgués e convento.
– Lonxa: lugar onde os mercaderes realizaban os seus intercambios comerciais.
– concello : lugar de reunión dos gobernantes dunha cidade.
– Burgués: Habitante dunha cidade.
– Convento: Edificio dentro dunha cidade onde viven freires ou monxas.
2. • Como influiron os burgueses ricos no desenvolvemento da arte?
Os burgueses ricos influiron no desenvolvemento da arte porque empregaron o seu diñeiro en construir palacios onde vivir, e no encargo de pinturas e esculturas para decoralos.
• Por que xurdiron as universidades?
As universidades xurden porque os mestres e os estudiantes desexaban fuxir do control da Igrexa e organizábanse como corporacións igual que os demais oficios.
3. • Que diferenzas encontras entre escolas catedralicias e as municipais?
As escolas catedralicias ou capitulares dependían do bispo, mentres que as municipais dependían dos concellos.
• Quen asistía principalmente ás escolas municipais?
Ás escolas municipais asistían especialmente os membros da burguesía urbana.
• Que grupos da sociedade cres que formarían parte da minoría que podía asistir á universidade? Por que?
Só unha minoría da sociedade podía asistir á universidade, os nobres e os burgueses ricos, debido á longa duración destes estudos.
4. Documento 4.
a) como eran as clases nas universidades medievais?
Os estudiantes seguían as clases sentados no chan, sobre moreas de palla, e tomaban notas das leccións dos mestres en pequenas follas de pergamino. Tamén dispuñan de libros de texto que, como aínda non existía a imprenta, copiábannos a man os libreiros e os escribanos establecidos nas rúas próximas á Universidade.
b) En que se parecen e en que se diferencian das clases actuais?
As aulas medievais parécense ás clases actuais en que os alumnos seguen situándose frente ao profesor, e diferéncianse, sobre todo, no número de estudiantes, moito maior na actualidade, o que fai necesario unhas aulas de dimensións máis grandes, e na situación do profesor, porque as aulas adoitan ter forma de anfiteatro, é dicir, elévanse pola parte de atrás, e os asentos dos alumnos dispóñense sobre unhas gradas semicirculares que descenden cara o estrado, onde se sitúa o profesor.
5. Por que o crecemento das cidades produciu un desenvolvemento da artesanía e da arte?
O crecemento das cidades produxo un desenvolvemento da artesanía porque xurdiron novas necesidades
de produtos: vestidos, mobles, ferramentas, etc., nunha poboación que diversificara o traballo. Xa non eran autosuficientes.Tamén se desenvovle a arte, porque os nobres e algúns burgueses enriquecidos co comercio empregaron o seu diñeiro en construir palacios onde vivir, e no encargo de pinturas e esculturas para decoralos.
6. A que lle chamamos arte gótica?
A arte Gótica é un estilo artístico que sucedeu ao Románico e que naceu a finais do século XII en Francia e
desde alí expandiuse rápidamente por toda Europa. Seguiu sendo relixioso, pero representou, sobre todo, o
poder e a riqueza das cidades.
7. • Cales foron as principais innovacións técnicas da arte gótica?
As innovacións técnicas da arte gótica foron, principalmente, o uso do arco oxival e da bóveda de cruzaría.
• Que consecuencias tiveron estas innovacións?
Como consecuencia destas innovacións puideron elevar a altura dos edificios e tamén alixeirar os seus
muros, o que permitiu abrir enormes fiestras.
8. Que diferenzas existían entre as bóvedas da arquitectura románica e as da gótica?
As diferenzas entre as bóvedas románicas e góticas eran:
O Románico utilizaba a bóveda de canón, máis pesada, que descansaba sobre os muros, por iso estes eran grosos e apenas tiñan ocos.
O Gótico empregaba a bóveda de cruzaría, máis lixeira, cuxo peso non descansa sobre os muros, senón sobre os piares no interior do edificio e os arcobotantes e contrafortes no exterior, o que permitiu elevar os edificios e alixeirar os seus muros abrindo grandes fiestras .
9. • Documentos 1, 2 e 3. Que características da arquitectura gótica podes observar neles?
O uso do arco oxival nos tres casos.
• Documento 8.
a) Que cres que predomina na catedral de Chartres, os espazos ocos ou os muros macizos?
Nos muros da catedral de Chartres predominan os espazos ocos.
b) Como se decorou a fachada principal da catedral?
A súa fachada principal decorouse con vistosas vidrieiras e esculturas.
c) Que elementos lle dan á catedral un aspecto esvelto?
Para dar á catedral un aspecto esvelto usaron os pináculos e os chapiteis.
10. • Que quere dicir que as obras góticas mantiveron a función educativa?
- que se seguiron usando para ensinar
- que as obras se fixeron só para as persoas
- que as obras se fixeron só para as universidades
As obras góticas manteñen a función educativa que tiña o románico xa que se seguiron usando para ensinar o cristianismo ás persoas.
• Que é unha gárgola? E un retablo?
Unha gárgola é unha escultura dun ser fantástico que remata o desagüe dun tellado.
Un retablo é un conxunto formado por unha estructura de madeira á que se lle engadían esculturas e pinturas.
11. Por que podemos dicir que a arte gótica é máis realista e naturalista ca románica?
A arte gótica é máis realista e máis naturalista ca románica porque as figuras represéntanse de forma máis realista e natural: os vestidos, as actitudes e os xestos dos personaxes eran cada vez máis detallistas.
12. • Documento 9. Que elementos da arquitectura gótica podes ver no sepulcro?
No Sepulcro de Felipe o Atrevido e Margarita de Baviera obsérvanse elementos característicos da escultura gótica no pedestal onde aparecen personaxes apenados que acompañan ao difunto.
• Documento 11. Compara esta Virxe coa que aparece no documento 6 do tema 3.
a) Como é a expresión do rostro de cada una das Virxes?
O rostro da Virxen románica ten unha expresión hierática, mentres ca do gótico expresa dulzura, alegría por
xogar co seu fillo.
b) Que diferenzas encontras na actitude dos Nenos?
O neno do románico ten tamén unha actitude hierática, de maxestade, mentres co neno do gótico, mira a súa nai e comunícase con ela.
c) Cal das dúas che parece máis representativa da actitude que tería unha nai co seu fillo?
As imaxes góticas representan mellor a actitude que tería unha nai co seu fillo.
13. Explica os seguintes conceptos : “retablo pictórico”, “realismo” e “retrato”.
Un retablo pictórico é un conxunto formado por diversas pinturas sobre taboa que representan unha historia.
O realismo é o desexo de reflexar a realidade, o detalle…
O retrato é a representación dun personaxe.
14. • Explica as principais características da pintura gótica.
A pintura gótica caracterízase pola riqueza de cores, o uso do dourado, a introducción de paisaxes de fondo, a búsqueda do realismo e o movemento das figuras.
• Por que a pintura mural perdeu importancia durante o Gótico?
A pintura mural perdeu importancia durante o gótico porque os muros foron sustituidos por grandes
vidrieiras .
• Cales eran as principais temáticas?
As principais temáticas eran básicamente relixiosas, aínda que tamén se fixeron retratos de nobres e burgueses.
15. • Documento 14. Cres que os rostros se representaban con realismo? Onde podes encontrar mostras de detallismo?
Os rostros dos personaxes móstranse con realismo.
O detallismo atópase nos rostros dos personaxes e nos pliegues das vestimentas, por exemplo.
• Documento 17. Que tipo de paisaxe se utilizou para crear profundidade?
Na Homenaxe a un home sinxelo utilizouse unha paisaxe urbana, edificios para crear profundidade.
17. Completa un mapa conceptual sobre a arte gótica.
19. Imos comparar esta escultura co documento 7. do tema 3.
• Primeiro, describe e clasifica as esculturas.
a) Son relevos ou esculturas exentas?
Esculturas de vulto redondo.
b) Que tema representan?
A crucifixión de Xesús.
c) De que material están feitas?
De madeira.
d) Están policromadas? Como son as cores?
A primeira non, a segunda sí. Escuros.
• A continuación, diferencia as principais características.
a) Cal deles dá maior sensación de movemento? Como o consegue?
O deste tema, o Cristo gótico. Coa posición da cabeza, caída sobre un lado, e tamén das pernas, co pé dereito sobre o pé esquerdo.
b) Como son as expresións dos rostros? Cal deles expresa maior sufrimento?
Serena no primeiro caso, porque vencera á morte; de sufrimento no segundo. O segundo.
c) Cal dos dous crucifixos cres que representa mellor un corpo colgado nunha cruz?
O Cristo gótico.
d) Que tipo de coroa leva cada un?
Unha coroa normal no primeiro caso, como símbolo de maxestade; unha coroa de espiñas no caso do
Cristo gótico.
e) Cantos cravos ten o Cristo románico? E o gótico? Como é a posición dos pés?
Un ou dous (nas mans, aínda que a man dereita non parece cravada á cruz). Tres, o gótico (un en cada man e outro nos pés). A posición dos pés é recta no caso do Cristo románico e cruzada no caso do Cristo gótico.
TEMA 6. AL-ANDALUS
2. •Que significan estas palabras árabes :
Al-Andalus, hayib, razzia?
- Al-Andalus: o territorio da península Ibérica baixo dominio musulmán.
- Hayib: primeir ministro.
- Razzia: campaña de saqueo, para recoller botín e prisioneiros.
•Que diferenza hai entre un emir e un califa?
Un emir era un gobernador, dependente do califato de Damasco, mentres co califa era a máxima autoridade política e relixiosa dos musulmáns.
• Que significan os adxectivos andalusí e nazarí?
Andalusí quere dicir característico do Al-Andalus, que é como lle chamaron os musulmáns ás terras da Península que caeron no seu poder.
O adxectivo nazarí refírese a que o reino de Granada estaba gobernado pola familia dos Nasr, desde que no século XIII, tras a desintegración do imperio almohade, Muhammad Ibn Nasr, membro dunha poderosa familia da aristocracia local, tomou o poder e proclamouse emir de Granada.
• Que quere dicir que o reino nazarí era vasalo de castela?
O reino nazarí era vasalo de Castela xa que os gobernadores granadinos debían pagar tributo aos reis casteláns e axudarlles en caso de guerra.
3. •Documento 2. Onde desembarcaron os exércitos musulmáns que conquistaron a Península? En que dirección avanzaron? Por que cidades pasaron? Canto tempo tardaron en completar o seu avance? Porque tardaron tan pouco?
Os exércitos musulmáns desembarcaron en Tarifa.
Avanzaron cara o norte. Pasaron por Córdoba, Toledo, Guadalajara.
Tardaron en completar o seu avance tan só catro anos. Porque encontraron pouca oposición: a nobreza visigoda estaba desunida e a poboación mostrouse indiferente á invasión.
• Documento 3. Que terras ocupaba Al-Andalus durante o califato? Como se gobernaban estas
terras? Quen vivía ao norte da Península?
Durante o califato ocuparon prácticamente toda a península, excepto o norte.
Estas terras eran gobernadas por un califa, auxiliado no goberno polo hayib, o primeiro ministro, e polos visires, especie de ministros. Os valíes dirixían as provincias e as marcas fronteirizas de Zaragoza, Toledo e Mérida.
Ao norte destas terras vivían os cristiáns.
• Documento 6. Como evolucionou Al-Andalus desde o século XVII?
A partir do século XII, Al- Andalus foi retrocedendo cara o sur debido ao avance dos reinos cristiáns.
4. Elabora una liña do tempo coas distintas etapas da historia de Al-Andalus e cos principais acontecementos.
EMIRATO
DEPENDENTE
|
EMIRATO INDEPENDENE
|
CALIFATO
|
REINOS DE
TAIFAS
|
IMPERIO
ALMORAVIDE
|
IMPERIO ALMOHADE
|
REINO NAZARÍ DE GRANADA
|
711 756 929 976 1031 1085 1147 1212 1492
711
|
Tarik, lugartenente do gobernador do norte de África Musa ben Nusayr, sae de Tánger á cabeza dun exército de 9.000 homes e desembarca en Xibraltar (Yebel Tarik). A ocupación da península realízase en cinco anos.
|
756
|
Abderrahman I, último omeia de Damasco supervivinte da persecución á que foi sometida a súa familia, chega á Península e ocupa Córdoba. Establece unha dinastía que gobernará al-Andalus ata o 1031.
|
929
|
Abderrahman III proclámase Príncipe dos Creentes e independízase de Bagdad. Comeza o califato de Córdoba.
|
961
|
O sucesor de Abderrahman III é al-Hakam II, rei erudito que crea unha biblioteca de máis de catrocentos mil volumes.
|
997
|
Campaña contra Santiago de Compostela a cargo de al-Mansur.
|
1031
|
Coa caída da dinastía omeia, comenzan a xurdir reinos independentes de taifas en todo al-Andalus.
|
1085
|
Alfonso VI toma Toledo. O rei de Sevilla al-Mutamid pide axuda aos almorávides, e xunto a eles derrota un ano máis tarde aos cristiáns en Sagrajas.
|
1195
|
As tropas almohades de Yaqub vencen ao exército cristián de Alfonso VIII de Castela en Alarcos.
|
1212
|
Os exércitos aliados de Castela, Aragón e Navarra vencen aos almohades na batalla das Navas de Tolosa.
|
1231
|
Al-Ahmar ibn Nasr, fundador da dinastía nazarí, foi nombrado gobernador de Arjona, a súa cidade natal, e pouco despois extenderá o seu poder sobre Jaén e Guadix.
|
1236
|
Córdoba ríndese ante Fernando III de Castela. Alguns anos máis tarde caerán Jaén y Arjona (1246), Sevilla (1248) e outras cidades de al-Andalus.
|
1482
|
Iníciase a guerra de Granada. Boabdil arrebata o trono ao seu
pai
|
Tras unha loita encarnizada, Málaga sométese ás forzas cristiás.
| |
1489
|
Baeza e Almería ríndense pacíficamente aos Reis Católicos.
|
1491
|
Boabdil, último rei nazarí, capitula ante os Reis Católicos e negocia a entrega de Granada o 25 de Novembro.
|
1492
|
O 2 de xaneiro os Reis Católicos entran en Granada.
|
7. • Por que dicimos que Al-Andalus tiña unha economía próspera e avanzada?
Al-Andalus tiña unha economía próspera e avanzada porque a súa agricultura estaba moi desenvolvida ; nas cidades houbo unha produción artesá de gran calidade e foi o centro dun comercio moi activo.
• Por que a sociedade andalusí era diversa?
A sociedade andalusí era diversa porque tras a conquista os musulmáns foron tolerantes cos cristiáns e os
xudeos, polo que estes quedaron no Al-Andalus e, ademais, ao principio, só algúns grupos de cristiáns
emigraron ás terras do norte.
8. • Debuxa unha pirámide social da sociedade andalusí e sitúa ordeadamente nela cada grupo social
a) xudeus b) árabes c) muladís d) bérberes e) mozárabes
a) xudeus b) árabes c) muladís d) bérberes e) mozárabes
f) mulleres
Árabes
Bérberes
-Muladíes-
- Mozárabes -
--Xu d í o s --
- - M u ll e r e s - -
• Xustifica por que situaches a cada grupo nese lugar.
En primeiro lugar sitúanse os árabes xa que se reservaron as mellores terras e os cargos de goberno.
Os bérberes situábanse en segundo lugar, pois obtiveron menos beneficios.
A continuación situábanse os muladíes, antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes do Islam.
Despois, os mozárabes, os cristiáns que seguiron practicando a súa relixión e, por tanto, pagaban impostos.
Finalmente, os xudeos, que xeralmente residían en barrios separados do resto da poboación.
Por último, as mulleres que eran propiedade dos homes. Non podían sair de casa sen permiso. Non tiñan dereito á educación (reservada para os homes).
• Escribe unha breve explicación sobre as características de cada un dos grupos sociais de Al-Andalus. Como cres que era a forma de vida de cada un destes grupos?
A súas características sociais eran:
Os árabes posuían as mellores terras e os cargos de goberno.
Os bérberes eran máis numerosos, pero obtiveron menos beneficios, polo que se rebelaron as veces.
Os muladíes eran antigos cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e os costumes do Islam; algúns fixérono porque desa maneira non tiñan que pagar impostos.
Os mozárabes eran os cristiáns que seguiron practicando a súa relixión e, por tanto, pagaban impostos; a partir do século IX, moitos emigraron aos reinos do norte, fuxindo das persecucións.
Os xudeos eran unha minoría moi activa no terreo económico, que xeralmente residían en barrios separados do resto da poboación.
As mulleres estaban supeditadas aos homes. Primeiro, ao pai e logo ao esposo, quenes as vixiaban e ocultaban.
9. • Busca no documento 19 os seguintes elementos:
a) a medina e os arrabaldes b) o alcázar c) a aljama d) o zoco e) as murallas
• Explica o que era cada unha destas partes da cidade.
A medina era o núcleo principal na que estaban os edificios máis destacados; a Mesquita Maior (aljama), a Madraza, a Alcaicería, o zoco e as máis importantes rúas comerciais.
Os arrabales eran os barrios máis populares, onde tamén se situaban os obradoiros artesáns. En ocasións recibían o nome da comunidade ou gremio que os habitaba. Dispuñan dos servizos necesarios para o seu funcionamento independente (mesquita, baño, zoco...).
A alcazaba era un recinto fortificado situado na parte alta da cidade, onde vivían as autoridades e os funcionarios.
A aljama era a mesquita maior, en torno á que xiraba a vida relixiosa da cidade.
O zoco era o mercado, en torno ao que se desenvolvía a vida social e económica.
As murallas rodeaban a cidade, que tiña varias portas que se cerraban pola noite.
Os arrabaldes aparecen ao estenderse a cidade extramuros. Rúas estreitas (o que axudaba a combatir a calor) e sinuosas, cun trazado casi laberíntico. Estaban empedradas e alumeadas de noite. Este alumeado, ao igual co sumidoiro, distribuíase mediante unha rede perfectamente organizada.
Os baños, bastante numerosos, ocupaban un lugar destacado na vida cotiá da poboación andalusí. Habíaos públicos e privados, luxosos e humildes, pero todos proporcionaban aos seus usuarios a necesaria hixiene persoal e espiritual, ademais de ser lugares de encontro e reunión. Homes e mulleres alternábanse no seu uso e disfrute sendo esta actividade unha das escasas oportunidades que a muller andalusí tiña para relacionarse e sair do entorno doméstico. Na Córdoba califal chegaron a existir máis de seiscentos.
10. Por que dicimos que Al-Andalus era un mundo urbano se a maioría da poboación vivía no campo?
Al-Andalus era un mundo urbano, a pesar de que a maioría da poboación vivía no campo porque as cidades tiñan unha gran importancia, xa que eran o centro da vida económica, relixiosa e cultural de Al-Andalus.
11. Documento 20.
a) Cal era a estrutura dos baños árabes?
Os baños árabes estaban formados por tres salas principais: unha para o baño de auga temperada , outra quente e unha sala fría, na que recibían os servizos de masaxistas e perruqueiros; os baños completábanse con outras habitacións de repouso e ocio.
b) Lembras como eran as termas romanas? Como explicarías as coincidencias?
As termas romanas tiñan dous recintos: a palestra, para realizar exercicios deportivos, e os baños públi-
cos, e que nestes podíanse tomar baños de auga fría no frigidarium e de auga quente no caldarium, así como descansar no tepidarium ou sala temperada, polo que se pode concluir cos baños musulmáns son herdeiros das termas romanas, ademais do resultado da necesidade de pureza ritual imposta pola relixión.
12. Documentos 22-24. Observa as fotografías e enumera as características típicas da arte musulmá que ves.
Materiais pobres: xeso, ladrillo, azulexo, madeira…
Decoración fermosa e abundante: motivos xeométricos, motivos vexetais, motivos caligráficos
Xogos de luces e sombras: vidrieIras, celosías, azulexos
Xogos con auga: fontes, piscinas, cascadas
Elementos de sostén: columnas, piares, arcos (de ferradura e polilobulados)
Cubertas: planas e cúpulas
14. Copia e completa un cadro cronolóxico sobre Al-Andalus coma o seguinte.
DATA
|
FEITOS
|
ARTE
|
ECONOMÍA
|
SOCIEDADE
| |
CONQUISTA
E
EMIRATO
|
711- 756
|
Invasión Abderramán I proclamouse emir de Córdoba
|
A mesquita de
Córdoba e o palacio de Medina Azahara.
|
Agricultura
de regadío moi produtiva
Cultivos de
Cereais vide e olivo Introducen novos cultivos: algodón, índigo, arroz, cana de azucre, berenjenas, alcachofas, laranxas, melóns, sandías
Artesanía de gran calidade.
Comercio moi activo.
|
Árabes e bérberes
son os grupos
dominantes.
• O resto organízase
por criterios
relixiosos: muladíes,
mozárabes e xudeos.
|
CALIFATO
929-1031
|
929
976
|
Abderramán III proclamouse califa.
Durante o califato de Hisham II, de só 11 anos, asumiu o goberno un brillante xeneral, Almanzor.
| |||
REINOS
DE TAIFAS
1031-1085
|
1031
|
O califato dividiuse en numerosos reinos de taifas. Toledo caeu
en mans cristiás.
|
O palacio da Aljafería, en Zaragoza, e grandes
castelos ou alcazabas,
como a de Málaga.
| ||
ALMORÁVIDES
ALMOHADES
1085- 1212
|
1085
1147
1212
|
Os almoravides
acuden desde
África en axuda musulmá
Os almorávides
foron sustituidos
polos almohades.
Os cristiáns derrotan aos almohades na batalla de As Navas de Tolosa.
|
Trasládanse a Al-Andalus os estilos propios do norte de África. Destacan a Torre do Ouro e a Xiralda de Sevilla.
| ||
REINO NAZARÍ
De GRANADA
1212-1492
|
1492
|
O reino de Granada foi conquistado polos Reis Católicos
|
Edificáronse a Alhambra e o Xeneralife, en Granada
|
TEMA 7. OS REINOS CRISTIÁNS HISPÁNICOS
1. • Documento 1. En que rexión se dividía o reino ástur-leonés? Cales eran as principais cidades?
Rexións do reino astur-leonés : Galicia, Asturias, Castela, León.
Principais cidades: Cangas de Onís, Oviedo, León, Astorga, Santiago de Compostela, Zamora, Toro, Sahagún, Oporto
• Documento 2. Que etapas se distinguen na historia do reino astur-leonés ata o séculoXI? Que monarcas destacaron? Por que? Cando se produciu a independencia de Castela?
Etapas da súa historia ata o século XI :
700-910: REINO DE ASTURIAS
722: Batalla de Covadonga
739: Inicio das campañas de Alfonso I
808: Traslado da capital do reino de Oviedo
856: Toma de León
866: Comeza o reinado de Alfonso III
910-1000: REINO DE LEÓN
910: León convértese en capital do reino
943: Rebelión de Fernán González
951: Castela condado autónomo
Monarcas destacados :
Na primeira etapa, don Pelaio, o primeiro rei astur, vencedor dos musulmáns na batalla de Covadonga (722).
Afonso I (739-757) aproveita as disputas internas dos árabes para asegurar a fronteira sur. Asume a herencia visigoda. Establece o "Fuero Juzgo" e outros elementos políticos. A emigración cara o norte de poboación visigodo-hispanorromana reforza esta continuidade.
Afonso II (791-842) lexitima o seu poder facendo do Reino de Asturias herdeiro directo dos visigodos, así como restaurando a orde visigoda na Igrexa e palacio e favorecendo certo renacemento cultural. Favorecido pola “fitna” (é dicir, a división interna dos territorios conquistados polos musulmáns, que non contaban aínda, con unidade política). No 808 Afonso II traslada a capital a Oviedo. Durante o seu reinado descóbrese a tumba do Santiago, orixe da gran peregrinación.
Afonso III (866-909) avanza a fronteira ata o Douro, repoboando desde Burgos ata Oporto e Coimbra. Durante o seu reinado, o reino astur-leonés alcanzou a súa máxima expansión. A súa morte trasládase a capital a León.
Ordoño II (914-924) trasladará a León o centro político do reino. A partir de entón, comézase a falar de reino astur-leonés, e despois de reino de León. Independencia de Castela : no ano1035.
• Documento 4. Que eran os beatos? Quen os realizaba?
Os beatos : Eran manuscritos relixiosos con ilustracións de gran beleza realizados polos monxes.
2. Por que os cristiáns se instalaron en zonas montañosas?
Os cristiáns instálanse nas montañas porque esas zonas foron as únicas que non quedaron baixo o dominio musulmán.
3. Que era a Marca Hispánica?
A Marca Hispánica era un territorio que formaba parte do imperio carolinxio e que estaba dividido en condados, cuxa misión era protexer o seu imperio do avance musulmán.
4. Que territorios se formaron a partir da Marca Hispánica?
Os territorios ca formaban eran tres núcleos diferentes: Navarra, Aragón e os condados cataláns.
5. • Documento 6.
a) Quen foi Sancho III o Maior?
Sancho III o Maior foi o monarca navarro baixo o que o reino de Navarra alcanzou o seu máximo esplendor, xa que se converteu no rei cristián máis poderoso da Península: incorporou ao seu reino os condados aragoneses, Castela e parte de León.
b) Que sucedeu cos seus territorios cando morreu?
A súa morte os seus territorios fragmentáronse.
• Documento 8.
a) Que territorios cristiáns se diferenciaron nos Pirineos?
Territorios cristiáns nos Pirineos : o reino de Navarra, os condados aragoneses e os condados cataláns
b) Cales eran reinos? Cales eran condados? Que significa isto?
Eran reinos Navarra. Eran condados os aragoneses e os cataláns. Diferéncianse en que os condados non eran autónomos.
c) Que condados cataláns se distinguían? Quen mandaría en cada un?
Condados cataláns : Pallars, Urgel, Cerdaña, Rosellón, Besalú, Ampurias e Barcelona.
En cada un mandaba un conde.
d) Cales eran as principais cidades?
Principais cidades : Pamplona, Xaca, Girona e Barcelona
• Documento 9. Explica brevemente a historia de Navarra, Aragón e Cataluña.
Historia de Navarra
Independencia: a principios do s. IX. Íñigo Arista.
Sancho III: máxima expansión (une Pamplona, Castela e Aragón).
Historia de Aragón
Século IX: independencia.
Século X: queda anexionado ao reino de Pamplona.
Século X: á morte de Sancho III, Ramiro I une os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza e proclámase primeiro rei de Aragón.
Alfonso I: conquista o reino taifa de Zaragoza.
Historia de Cataluña
Dominio franco máis duradeiro. Organizado en condados.
Século IX:ol condado máis importante será o de Barcelona. Wifredo o Piloso reconquistou algúns territorios e iniciou un proceso de independencia respecto ao debilitado reino franco.
Século X: deixaron de prestar a homenaxe feudal debido ao monarca francés. O condado de Barcelona pasou a ser un ente político independente (987)
Ramón Berenguer: completa a conquista do territorio catalán.
6. Documento 10.
a) Que fases se distinguen no avance dos reinos cristiáns?
Tres etapas:
- Séculos IX y X : Avance ata o Douro: repoboación de aldeas, colonización de terras polos campesiños.
- Séculos XI y XII : a conquista dos vales do Texo e do Ebro. Fundan cidades para dirixir os territorios
conquistados. Conceden privilexios a quenes emigren a ellas chamados foros (concedidos só polos reis)
ou cartas de poboamento (otorgadas por nobres, relixiosos ou polo propio rei)
-Séculos XIII y XIV : a conquista do val do Guadalquivir, Levante e Baleares.
Os reis dividiron grandes territorios pouco poboados da Mancha, Extremadura, Andalucía, Valencia, Murcia e Baleares en enormes latifundios e entregáronllos a familias nobres, á igrexa ou ás ordes militares. Os campesiños convertéronse en servos.
b) Que territorios se conquistaron ata o século X?
Os territorios situados ao norte do río Douro.
c) E nos séculos XI e XII?
No século XI y XII conquistan os situados nos vales do Texo e do Ebro.
d) Por que o século XIII foi decisivo na Reconquista?
O século XIII foi decisivo na Reconquista porque os cristiáns conquistaron o val do Guadalquivir, Levante e Baleares.
7. • Por que cres que non se encontraban voluntarios para a repoboación de moitas zonas?
A falla de voluntarios para repoboar os territorios conquistados debíase ao temor ás represalias dos musulmáns.
• Cres que o termo Reconquista é axeitado? Por que?
O termo é moi discutible. Pese aos esforzos dalgúns dos reinos cristiáns por presentarse como "sucesores" dos visiogodos, os reinos que "reconquistaron" a península naceron con posterioridade á invasión islámica. Non obstante, a expresión utilízase amplamente entre os historiadores, tanto en España como no estranxeiro, para designar este período histórico.
• E chamarlle Cruzada a este proceso?
Se nos atemos ao significado histórico de cruzada, deberíamos limitarnos ás 8 catalogadas «oficialmente»: a primeira que rexistran como tal os libros de historia foi a de 1096-1099, e a VIII diuse por concluida en 1270 ao moreir nela Luis IX, rei de Francia, en Túnez. Pero o termo seguiuse utilizando posteriormente e cando falamos na actualidade de «emprender unha cruzada», referímonos a unha longa campaña.
8. • Documento 12. Describe brevemente a historia da Coroa de Castela.
Castela e León uníronse varias veces. No ano 1230 producíuse a unión definitiva, cando Fernando III reuniu ambos reinos e fundou a Coroa de Castela. Este reino foise impoñendo como o máis poderoso da Península. En 1084 Afonso VI tomou Toledo; o val do Texo caeu en poder castelán. E, tras a derrota musulmá nas Navas de Tolosa (1212), os reis Fernando III e Afonso X conquistaron case toda Andalucía. Sen embargo, no século XII Castela sufriu unha gran pérdida cando Portugal se independizou. Afonso VI deixou o reino a súa filla, a reina dona Urraca, e o condado de Portugal a súa irmá dona Teresa. O fillo desta, Afonso Enríquez, foi recoñecido en 1143 como rei de Portugal.
• Documento 13. De que sector dependía a economía castelá? En que lugares se concentraban as actividades económicas?
Sectores dos que dependía a economía castelá : da agricultura e a gandaría.
Lugares nos que se concentraba a actividade económica : nas feiras, entre as que destacou a de Medina do Campo.
• Documento 15.
a) Que é o Pórtico da Gloria?
Unha das portas da catedral de Santiago de Compostela, que é obra do mestre Mateo e considerábase a obra cume da escultura románica.
b) Que escenas se representan?
O Xuizo Final e a Apocalipse.
c) Onde se sitúan as esculturas?
No tímpano do arco central, nas arquivoltas dos tres arcos, no parteluz do arco central, nas columnas, etc. Preside a escena unha image maxestática e hierática de Cristo Salvador, que mostra nas súas mans e pés as cicatrices das feridas. Rodeando o seu trono sitúanse os cuatro evanxelistas: San Mateo, sobre o cofre de recaudador de tributos; debaixo San Marcos, sobre o león alado; á esquerda San Xoan sobre a águia e debaixo San Lucas, sobre o touro. Ao seu redor dispóñense oito anxos levando instrumentos da paixón: a columna, a Cruz, a coroa de espiñas, os catro cravos e a lanza, etc. Adosadas ás columnas da portada aparecen figuras pertencentes tanto ao Antigo Testamento (Moisés, Isaías, Daniel, Jeremías…) como ao Novo (San Pedro, vestido de pontifical e as súas chaves na man; San Pablo, calvo e descalzo; Santiago leva un báculo e un cartel; San Xoan, xoven e de pé sobre unha águia… ). A columna central –parteluz– do arco central sosten a estatua sedente do apóstolo Santiago, como patrono, acollendo aos peregrinos. No arco lateral esquerdo represéntase un tema do Antigo Testamento: a expectación mesiánica. E no arco lateral da dereita probablemente o que orixinalmente era unha representación do Xuizo Final e finalmente converteuse nunha visión de Cristo liberador.
10. Que diferenzas existían entre un reino e unha Coroa?
Unha Coroa estaba formada por varios reinos.
11. • Documento 16. Que territorios españois ocupaba a Coroa de Aragón? E no Mediterráneo?
Territorios españois que ocupan a Coroa de Aragón : Cataluña, Valencia, Alicante, Murcia e Baleares.
Territorios mediterráneos que ocupan a Corona de Aragón : Sicilia, Cerdeña e Nápoles.
• Documento 17. Cales foron os principais monarcas aragoneses? Por que son famosos?
Ramón Berenguer IV, Xaime I o Conquistador e Afonso V o Magnánimo.
Foron famosos porque: Ramón Berenguer, conde de Barcelona, foi o creador da Corona de Aragón, cando se casou con Petronila, herdeira de Aragón; Xaime I o Conquistador tomou Valencia, Alicante, Murcia e Baleares; e Afonso V levou a cabo unha gran expansión polo Mediterráneo.
• Documento 18.
a) Que ves na ilustración?
A reconstrución das atarazanas do porto de Barcelona.
b) Por que era tan importante o porto de Barcelona durante a Idade Media?
Porque a Coroa de Aragón mantiña fluidos contactos comerciais con moitos países.
13. • Que é o foro?
É un contrato agrario que estipulaba unha renda e servizos de vasalaxe.
• Quen eran os irmandiños? Contra quen loitaban?
Era un exército formado por campesiños e burgueses que se rebelou contra os señores feudais.
14. • Que evolución tivo o reino de Galicia?
Tras a invasión musulmá da Península, Galicia incorporouse á monarquía asturleonesa no S. VIII. Galicia queda integrada na monarquía castelá no S. XIII. O descubrimento do sártego do apóstolo Santiago (813) desenvolveu o culto xacobeo vincunlando estreitamente Galicia cos reis cristiáns do occidente da Península.
• Como se organizaba a sociedade feudal?
A minoría eran nobres, abades e bispos e eran os propietarios das terras e tiñan o poder político. A maioría eran campesiños e eran servos.
16. Escribe unha liña do tempo a aparición e duración de cada territorio no seu lugar correspondente.
Asturias – Navarra – Aragón – Castela – Coroa de Castela – León – Marca Hispánica - Cataluña
•O reino de Asturias: apareceu na primeira metade do século VIII, concretamente no ano 718, cando os visigodos refuxiados na Cordilleira Cantábrica elixiron como rei a don Pelaio; en 910 a capital trasladouse a León, e o reino pasou a chamarse reino de León.
•O reino de Navarra: xurdiu no ano 803, cando o conde Íñigo Arista expulsou ás tropas francesas de Pamplona, e se mantivo ata que foi anexionado por Fernando o Católico en 1512.
•O reino de Aragón: nacieu en 1037 cando Ramiro I herdou do seu pai, Sancho III o Maior, os condados de Aragón, Sobrarbe e Ribagorza, e converteunos en reino.
•O reino de Castela: xurdiu no ano 1035. A Coroa de Castela: naceu coa unión definitiva de Castela e de León en 1230, cando Fernando III reuniu ambos reinos baixo a súa autoridade.
•O reino de León: nacieu no século X cando a capital do reino astur se trasladou a León e o reino pasou a chamarse reino de León, e no ano 1230 quedou definitivamente unido a Castela, formando a Coroa de Castela.
•A Marca Hispánica: xurdiu no século VIII, cando Carlomagno conquistou Barcelona e Xerona, e nas terras ao sur dos Pirineos creou a Marca Hispánica, un territorio dividido en numerosos condados; a partir do século IX, esas rexións independizáronse do dominio franco.
•Cataluña: xurdiu no ano 988, cando os condados cataláns se independizaron do dominio franco e no ano
1137 quedaron unidos a Aragón na Coroa de Aragón.
17. Completa estes cadros cronolóxicos cos acontecementos máis importantes de cada século e territorio.
A FORMACIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS
Século VIII
|
Século IX
|
Século X
| |
Asturias-León
|
718: os cristiáns da cordilleira Cantábrica elixiron como rei a don Pelaio.
722: Pelaio derrotou
aos musulmáns na batalla de Covadonga.
|
808: Traslado da capital do reino desde Cangas de Onís a Oviedo.
|
910: Traslado da capital desde Oviedo a León.
951: o conde Fernán González comenzou a gobernar de forma independente en Castela.
|
Navarra
|
803: o conde Íñigo Arista expulsou ás tropas francesas de Pamplona, dando lugar ao reino de Pamplona.
| ||
Aragón
|
820: o conde Aznar Galindo logrou a independencia do condado de Aragón do dominio franco.
|
922: Aragón quedou baixo o dominio dos monarcas navarros.
| |
Condados cataláns
|
874: Wifredo o Piloso reuniu os
condados cataláns e gobernounos con autonomía dos reis francos.
|
A EXPANSIÓN DOS REINOS CRISTIÁNS (SÉCULOS XI-XIII)
Que reino o conquistou
|
En que século
|
Como se levou a cabo a repoboación
| |
Douro
|
O reino de León.
|
no século X
|
Por grupos de campesiños que formaron pequenas aldeas.
|
Texo
|
Portugal e Castela
|
Durante
os séculos
XI e XII
|
Despois de conquistar un territorio, este dividíase en circunscripcións, dominadas por unha cidade ou vila,que actuaba como capital, e moitas aldeas que dependían dela. Para favorecer a emigración, os reis concedían privilexios chamados foros ou cartas de poboamento a estas vilas.Sin embargo, houbo territorios nos que a repoboación foi lenta, como A Mancha. Os reis entregaron estas terras ás ordes militares, que formaron grandes señoríos.
|
Guadalquivir
|
Portugal e Casella
|
no século XIII
|
a escasez de poboadores converteu en grandes señoríos gran parte de todo este territorio. Estas terras eran traballadas na súa maior parte por servos
|
Ebro
|
Aragón e
os condados
cataláns.
|
Durante os
séculos XI e XII.
|
Despois de conquistar un territorio, este dividíase en circunscripcións, dominadas por unha cidade ou vila,que actuaba como capital, e moitas aldeas que dependían dela.
Para favorecer a emigración, os reis concedían privilexios chamados foros ou cartas de poboamento a estas vilas.
Sin embargo, houbo territorios nos que a repoboación foi lenta, como as montañas de Teruel.Os reis diron estas terras ás ordes militares, que formaron grandes señoríos.
|
Levante
|
a Coroa de Aragón
|
no
século XIII
|
a escasez de poboadores converteu en grandes señoríos gran parte de todo este territorio. Estas terras eran traballadas na súa maior parte por servos.
|
18. Compara as Coroas de Castela e Aragón
Goberno
|
Economía
|
Cultura
| |
Coroa de Castela
|
o rey gozaba de máis poderes cos demais reis peninsulares.Tiña potestade para facer as leis, declarar a guerra e xulgar. As Cortes castelás non podían lexislar. A súa facultade máis importante consistía na capacidade de aprobar ou negar novos impostos solicitados polo rei.
|
a economía basabase na agricultura e a gandaría. A gandaría dependía esencialmente da cría da ovella meiriña, cuxa la de alta calidade era exportada a outros países ou destinada á industria textil. A venta da la e de panos elaborados con ela fixo ca artesanía e o comercio se desenvolveran moito.
|
Hai mostras interesantes
de estilo románico, como as igrexas de San Martín de Frómista (Palencia) e San Isidoro de León e parte da catedral de Santiago de Compostela, onde destaca o Pórtico da Gloria, obra do mestre Mateo.Tamén se fixeron fabulosos edificios góticos, como as catedrais de León, Burgos e Toledo, edificadas no século XIII
|
Coroa de Aragón
|
o poder do rei era menor co do castelán. Os reis non podían establecer novos impostos nin novas leis sen a aprobación das Cortes de cada reino. Ademais, a Generalitat en Cataluña e Valencia e o Justicia en Aragón
velaban polo respeto dos foros e das decisións das Cortes.
|
a maioría da poboación vivía da actividade agrícola. Sin embargo, a Coroa de Aragón mantiña fluidos contactos comerciais con moitos países. Os mercaderes cataláns, valencianos e mallorquíns contaban con delegacións ou consulados en numerosas cidades europeas, asiáticas e africanas.
|
De estilo románico sobresaen as pequenas igrexas pirenaicas, como San Clemente de Taüll, e o mosteiro de San Xoan da Peña (Huesca). O estilo gótico tivo un gran desenvolvemento
Levantáronse edificios relixiosos, como a igrexa de Santa María do Mar (Barcelona) ela catedral de Palma de Mallorca, pero tamén numerosos edificios civís, como as lonxas de Valencia e Palma. En pintura, destacan as obras dos irmáns Jaume e Pere Serra.
|
TEMA 8. A ÉPOCA DOS DESCUBRIMENTOS
1. Explica que eran : mapa portolano, compás, astrolabio, carabela.
Un mapa portolano é unha carta náutica, é decir, un mapa utilizado polos navegantes; neles debuxábanse a línea de costa e os obstáculos marítimos, e a distancia máis curta entre os diferentes portos por medio de líneas rectas.
Un compás é un instrumento de orientación que indica a situación do norte xeográfico.
Un astrolabio é un instrumento de orientación basado na posición das estrelas.
Unha carabela é un barco que combinaba velas cadradas e velas triangulares.
2. Que zonas do mundo coñecían os europeos ao final da Idade Media?
Europa e os territorios que rodeaban o mar Mediterráneo e o mar Negro.
3. • Por que motivos os europeos precisaban unha ruta nova para chegar a Extremo Oriente?
Os motivos polos que os europeos necesitaban unha nova ruta para chegar ao Extremo Oriente eran:
- Para comprar seda, especias e outros produtos.
- E porque os turcos conquistaran o imperio bizantino e apoderáronse das rutas comerciais entre Europa e Asia.
• Por que os instrumentos para orientarse permitiron desenvolver viaxes máis longas?
Porque lles permitiron alonxarse da costa sen temor a perderse.
4. Documento 2. Sinala as vantaxes da carabela.
Unía velocidade e capacidade de carga. Combinaba velas cadradas, que lle permitían coller velocidade, e velas triangulares, coas que maniobraba. Dispuña dunha gran capacidade de carga, xa que non levaba remeiros que lle restaran espacio ás bodegas; por elo, posuía unha gran autonomía e podía realizar longas viaxes. Ademais, levaba canóns, o que lle permitía defenderse do ataque de piratas e de barcos inimigos.
5. Que significaba a expresión “abrir unha nova ruta”?
Descubrir unha nova ruta cara a India.
6. • Que ruta cara Extremo Oriente utilizaron os portugueses? E os casteláns? Quen chegou primeiro á India?
A ruta cara Extremo Oriente utilizada polos portugueses era: bordeando África.
E a dos casteláns : navegando sempre cara o oeste.
Os primeiros en chegar á India foron: os portugueses, en concreto Vasco de Gama en 1498.
• A onde chegou Cristovo Colón?
Cristovo Colón chegou a un novo continente, América.
7. Que fin perseguían as viaxes de exploración? Quen o logrou?
A finalidade das viaxes de exploración era chegar á India e ás illas das especias para controlar o comercio.
Os primeiros co conseguiron foron os portugueses.
8. • Documento 5. É unha fonte de época? Cres que é unha imaxe realista?
Non é unha fonte da época. Foi pintado no século XIX.
Non é unha imaxe realista, a pintura mostra unha visión idealizada e gloriosa do descubrimento de América para exaltar o nacionalismo, propio da época.
• Documento 6. Por que terras pasaron as distintas viaxes?
Segundo o mapa das exploracións, as terras polas que pasaban nas distintas viaxes foron:
as viaxes de exploración castelás pasaban polas illas Canarias e as illas de Cabo Verde e dirixíronse a América. As viaxes de exploración portugueses pasaban polas mesmas illas, bordeaban África, pasaban pola costa da India e chegaban ás illas do sureste de Asia.
9. Elabora unha liña do tempo coas datas dos descubrimentos portugueses e casteláns.
11. Que é un imperio ultramarino? Por que recibe ese nome?
Un imperio ultramarino é un imperio que se estende por territorios moi alonxados entre sí, separados incluso polo océano.
12. Que foi o Tratado de Tordesillas? Que estableceu?
O Tratado de Tordesillas foi o acordo ao que chegaron Castela e Portugal para evitar problemas entre eles, repartíndose as áreas a explorar por cada un dos dous países. Estableceuse un meridiano que separaba as dúas demarcacións. A Portugal correspondíanlle as terras de África e Asia, así como Brasil; para Castela quedaron a maioría das terras de América.
13. Por que Portugal e Castela se converteron en grandes potencias grazas aos descubrimentos?
Porque ampliaron os seus dominios e as súas zonas de influencia noutros continentes, beneficiándose do comercio e da explotación das súas riquezas.
16. Observa a liña do tempo e responde.
• Sinala as causas do descubrimento de América.
As causas do descubrimento de América foron cando os turcos toman Constantinopla en 1453, os europeos
necesitan buscar novas rutas para chegar ao Extremo Oriente.
• Explica as consecuencias que tivo este acontecemento.
As consecuencias: España converteuse na primeira potencia europea no século XVI.
TEMA 9. OS CAMBIOS POLÍTICOS, ECONÓMICOS E SOCIAIS
1. Que significaba burgués na Idade Media? Que significado adquiriu na Idade Moderna?
Burgués na Idade Media: Habitante dun burgo.
Burgués na Idade Moderna: Persoa de certa riqueza.
2. En que consistiu a crise de finais da Idade Media?
A crise de finais da Idade Media, século XIV, consistiu:
Nunha combinación de malas colleitas, guerras e enfermidades. A agricultura non producía o suficiente para alimentar a toda a poboación. Esta situación debíase a que moitos solos se agotaron e a que anos sucesivos de fortes choivas provocaron a perda de colleitas. Por iso, gran parte da poboación estaba desnutrida e
moitas persoas morreron de fame. Tamén foi un período de contínuas guerras e revoltas populares, que asolaron as cidades e os campos e provocaron moitas mortes. Pero o acontecimento máis grave foi a terrible epidemia de peste que se desatou en Europa en 1348. Esta epidemia, coñecida como a peste negra, arrasou todo o continente e acabou con máis dunha cuarta parte da poboación.
3. • Por que se considera que durante o século XV se produciu unha transformación na economía europea?
No século XV producíuse unha transformación na economía europea:
Porque a situación mellorou e a poboación comezou a recuperarse lentamente e a demandar máis produtos agrícolas e artesáns. Ademais, os descubrimentos xeográficos incrementaron o comercio coas terras recién descubertas. Para facilitar as transaccións comerciais, mellorou o sistema bancario cun forte desenvolve-
mento dos métodos de pago e préstamo.
• Transformouse a sociedade?
Sí. A sociedade continuaba dividida en tres estamentos como na Idade Media, pero dentro do estamento non privilexiado a burguesía alcanzou unha gran preeminencia.
• Que relación hai entre o crecemento da economía e o da poboación?
O crecemento da poboación está relacionado co da economía xa que:
a población ao crecer demandaba máis produtos agrícolas e artesáns, e favoreceu tamén o desenvolvemento do comercio.
4. • Documento 2. Por que en Venecia se construíron grandes palacios entre os séculos XIII e XVI?
Porque a cidade de Venecia era unha das principais potencias comerciais desa época.
• Documento 3. A que grupo social pertencen estes personaxes? Como era a súa forma de vida?
os personaxes do cuadro de Van Eyck “O matrimonio Arnolfini”, pertencen á clase social: á burguesía. Vivían plácida e cómodamente.
• Documento 4. Describe a evolución da poboación europea entre os séculos XIV e XVI.
a poboación europea disminuiu drásticamente a mediados do século XIV, debido á epidemia de peste, e
recuperouse posteriormente.
5. • Define: rede diplomática, dinastía, alianza matrimonial.
Rede diplomática: grupo de persoas especializadas nas relacións con outros países e gobernos.
Dinastía: serie de gobernantes dun determinado país, pertencentes á mesma familia.
Alianza matrimonial: conexión ou parentesco contraído polo matrimonio.
• Explica a función do Tribunal da Inquisición.
A función do Tribunal da Inquisición era perseguir aos herexes, persoas doutra relixión distinta á católica ou que mantiveran ideas contrarias ás mantidas pola Igrexa .
6. • Que cambios políticos se produciron en Europa?
Cambios políticos producidos en Europa:
Os reis europeos seguiron reforzando o seu poder. Para iso crearon unha burocracia e unha administración centralizada e profesional que dependía directamente do rei, fortaleceron o exército, aumentaron os impostos
para obter ingresos cos que financiarse e crearon unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños.
• Por que se di que nos reinos españois se produciu unha unión dinástica?
Nos reinos españois produciuse unha unión dinástica polo matrimonio entre Isabel (Coroa de Castela) e Fernando (Coroa de Aragón).
• Como reforzaron os Reis Católicos o seu poder fronte aos municipios e fronte á nobreza?
Crearon unha burocracia e unha administración centralizada e profesional que dependía directamente deles:
a Santa Irmandade, a Chancelaría, os correxidores, crearon un exército permanente, reforzaron a Fazenda real para arrebatar os impostos que antes cobraba a nobreza, crearon unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños.
7. • Documento 6. Que consello lles dá Maquiavelo aos gobernantes?
Co fin xustifica os medios.
• Documento 7.
a) Indica cales eran os principais reinos europeos.
Francia, Inglaterra, o Sacro Imperio, Portugal e España.
b) Compara o mapa de Europa en 1500 co da actualidade. Di os países que permañecen e cales cambiaron.
Francia, Portugal, España e Inglaterra permañecen, aínda que as súas fronteiras non son as mesmas, salvo no caso de Portugal. O Sacro Imperio xa non existe.
c) Explica os territorios que posuían os Reis Católicos.
Posuían, ademais da Coroa de Castela e de Aragón, o reino de Nápoles, incorporado en 1504 á Coroa de Aragón, as prazas norteafricanas de Melilla e Orán, as illas Canarias…
10. Compara a situación a finais da Idade Media e a comezos da Idade Moderna.
Idade Media
|
Idade Moderna
| |
¿Cómo evolucionou a poboación?
|
Lentamente
|
Comezou a crecer a partir do século XV.
|
¿a sociedad dividíase en estamentos?
|
Sí. En tres: nobreza, clérigos, traballadores, na súa maioría campesiños
|
Sí, pero dentro do estamento non privilexiado a burguesía alcanzou unha gran preeminencia.
|
¿Que grupos eran máis poderosos?
|
a nobreza e os clérigos
|
a nobreza, os clérigos e a burguesía.
|
¿Cal era a principal actividade económica?
|
a agricultura e a gandaría
|
a agricultura e a gandaría. Empezou a desenvolverse o comercio
|
¿Eran comúns as técnicas bancarias?
|
Non
|
Sí
|
¿Que poder tiña un rei?
|
Moi limitado
|
Cada vez máis grande
|
¿Con que institucións
gobernaba?
|
A finais do século XII e durante o XIII os reis comezaron a convocar Cortes ou Parlamentos, aínda que se reunían únicamente cando o rei o consideraba oportuno e as súas funcións principais eran establecer novos
impostos e aprobar gastos extraordinarios para sufragar as guerras.
|
Crearon unha burocracia e unha administración
centralizada e profesional que dependía directamente do rei, e unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños.
|
a poboación, que crecera lentamente durante a Idade Media, comezou a crecer a partir do século XV. A
sociedade seguía dividida en tres estamentos, pero dentro do estamento non privilexiado a burguesía alcanzou unha gran preeminencia. A principal actividade económica seguiu sendo a agricultura e a gandaría, pero o crecemento da poboación e a mellora da agricultura favoreceron o desenvolvemento da artesanía e do comercio; por iso mellorou o sistema bancario cun forte desenvolvemento dos métodos de pago e préstamo. O poder do rei, limitado na época medieval, fíxose cada vez máis grande na Idade Moderna, porque crearon unha burocracia e unha administración centralizada e profesional que dependía directamente do rei, e unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños.
12. Indica os cambios que se produciron en cada un dos tipos sociais sinalados
• os reis aumentan o seu poder
Crearon unha burocracia e unha administración centralizada e profesional que dependía directamente do rei, fortaleceron o exército, aumentaron os impostos para obter ingresos cos que financiarse e crearon unha rede diplomática para manter relacións cos países veciños. A costa da nobreza, a Igrexa, os municipios e os Parlamentos.
• os nobres da Idade Moderna eran menos poderosos cos medievais
Porque os reis na Idade Media non tiñan exército, nin apenas terreos. Mentres cos nobres rexíanse pola vasalaxe.
• a burguesía segue pertencendo ao estamento non privilexiado.
Forman parte dela as familias dos grandes comerciantes e banqueiros.
• Cambia a súa situación respecto á Idade Media porque:
Algúns dos seus membros enlazaron con familias nobres buscando un ascenso na súa consideración social; outras familias lograron un gran poder político; outras relacionáronse directamente cos reis máis poderosos do seu tempo, aos que prestaban diñero e dos que recibían grandes privilexios.
• os campesiños
Melloraron a súa situación en Europa occidental. Porque na maioría dos países deixaron de ser servos e convertéronse en persoas libres.
13. • Que territorios se distinguían dentro de España?
a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón, esta última formada polo reino de Aragón, o Principado
de Cataluña e o reino de Valencia
• Cal era o máximo poder en todos eles? Tiñan os mesmos poderes en cada reino?
O rei.
Non : na Coroa de Castela o rei tiña un gran poder: dirixía o goberno axudado polos consellos, dirixía a política exterior, establecía as novas leis, exercía xustiza por medio da Chancelaría e mandaba sobre un exército profesional e permanente.
En Aragón o rei tiña menos poder: dirixía o goberno e lexislaba coas Cortes.
• Enumera as outras institucións que existían e explica cales eran as función de cada un dos organismos que compuñan a monarquía.
En Castela, as Cortes, limitábanse a aprobar os novos impostos solicitados polo rei.
No reino de Aragón, o reino de Valencia e o Principado de Cataluña, existían as Cortes, que aprobaban os impostos, supervisaban o goberno e lexislaban co rei.
E outro órgano que salvagardaba o cumplimento dos foros e administraba os impostos recaudados eran a Diputación e Justicia no reino de Aragón, a Generalitat no Principado de Cataluña e no reino de Valencia.
14. • Cales foron as causas do aumento da poboación no século XV?
O fin das numerosas guerras, da epidemia de peste e a mellora das colleitas.
• Que efectos provocou o aumento da poboación?
O crecemento da produción artesá e do comercio.
• Esa consecuencia, foi, á súa vez, causa dalgún outro feito? Por que tivo estas consecuencias?
Do aumento de poder da burguesía. Porque a burguesía estaba formada polas familias dos grandes comerciantes e banqueiros.
TEMA 10. O CAMBIO CULTURAL : RENACEMENTO E REFORMA
1. Que é o Humanismo?
É unha corrente cultural que alcanzou o seu pleno desenvolvemento no século XV e principios do século XVI, cuxas características fundamentais foron as seguintes:
• a preocupación polo ser humano;
• a inspiración na literatura, a filosofía e a arte da Antigüidade
• a búsqueda da verdade a través da razón e a experiencia
• Unha gran curiosidade.
2. • Documento 1. Explica quen foron os principais humanistas e o que proporcionaron.
Erasmo de Rótterdam, Tomás Moro e Luís Vives.
Erasmo defendeu a necesidade de aumentar a moralidade do clero e abogou por unha relixiosidade íntima e persoal; foi, ademais, un gran promotor dos estudos filosóficos e históricos.
Moro expuxo a posibilidade dunha sociedade diferente basada na tolerancia relixiosa e a propiedade común da terra.
Vives defendeu a separación entre a lóxica e a metafísica, así como a necesidade de basar o coñecemento humano na razón e a natureza.
• Documento 2. Que ideas do Humanismo reflicte?
O desexo de estudar os textos orixinais, en latín e grego, sen traduccións nin interpretacións medievais.
• Documento 3. Onde houbo centros de impresión? Que relación houbo entre a imprenta e o Humanismo?
En numerosas cidades europeas: Nuremberg, Augsburgo, Maguncia, Lovaina, París, Estrasburgo, Venecia, Milán, Bolonia, Florencia, Roma, Londres…, e españolas: Alcalá de Henares, Toledo, Valladolid, Burgos, Pamplona, Zaragoza, Barcelona, Valencia, Sevilla y Granada.
A imprenta axudou a difundir as obras dos humanistas.
3. Compara a cultura medieval e a humanista.
Medieval
|
Humanista
| |
Centro de referencia
|
nos primeiros séculos da Idade Media, os mosteiros, porque a maioría da poboación non sabía ler nin escribir.
A partir do século XIII nas cidades distínguense as escolas catedralicias ou capitulares, que dependían do
bispo, e as escolas municipais, dependentes do concello . Tamén xurdiron as primeiras universidades
|
as academias foron o lugar no que se desenvolveron os estudos humanísticos. Nelas reuníanse os eruditos para intercambiar as súas ideas. Destacou a Academia Platónica de Florencia. Tamén algunhas universidades - Padua, Bolonia, Florencia, Alcalá de Henares, Salamanca o Lovaina- incorporaron os principios do Humanismo.
|
Papel da investigación
|
Escaso,
prácticamente nulo
|
Importante. Os humanistas tiñan unha profunda curiosidade. Aspiraban a saber de todo. Por iso fomentaron o desexo de investigar
|
Medios de difusión
|
Escasos.
Grazas aos monxes que copiaban a man manuscritos salváronse as obras dos clásicos.
|
a imprenta e as academias.
|
4. Que características do Humanismo continúan na nosa mentalidade?
a preocupación polo ser humano, a búsqueda da verdade a través da razón e a experiencia; e unha gran curiosidade.
5. • Por que os artistas do século XV dicían que na súa época se producira un renacemento?
Porque recuperaron as formas simples e armoniosas da arte griega e romana.
• Que significan os termos Quattrocento e Cinquecento?
O Quattrocento refírese ao desenvolvemento do Renacemento no século XV, mentres co Cinquecento alude ao estilo renacentista no século XVI.
6. Enumera os principais avances científicos dos séculos XV e XVI.
No século XVI Nicolás Copérnico desenvolveu a teoría heliocéntrica, que defendía que o Sol era o centro do universo, mentres que a Terra e os demáis planetas xiraban en torno a él; a Igrexa negou esta teoría por razóns relixiosas, por iso o sistema de Ptolomeo, que defendía a posición central da Terra, seguiu sendo o
oficial durante moito tempo.
Tamén se avanzou no coñecemento do corpo humano, grazas aos estudos de anatomía de Andrés Vesalio e da circulación sanguínea de Miguel Servet.
Os descubrimentos xeográficos desenvolveron outras ciencias e disciplinas, como a xeografía, a zooloxía, a botánica e a cartografía.
7. Foron os Médici uns mecenas? Por que o cres?
Sí, porque eran persoas ricas que financiaban as obras e protexían aos seus autores.
8. Explica o que é unha vila palladiana.
Unha vila palladiana é unha casa de campo da aristocracia que segue o patrón diseñado polo arquitecto Andrea Palladio.
9. Explica como se plasman estas dúas ideas na arquitectura renacentista :
a) inspiráronse na Antigüidade.
Porque recuperou os elementos clásicos: arcos de medio punto, frontóns, bóvedas de canón e columnas clásicas (ordes dórico, xónico e corintio).
b) O ser humano é o centro
Considera que o ser humano é o centro porque os edificios eran máis pequenos e menos elevados cos góticos, porque os arquitectos renacentistas desexaban adaptalos ás proporcións do corpo humano.
10. • Documento 13 e 14.
a) Explica de que edificios se trata, a súa data e lugar de construción e o seu autor.
El doc. 13 mostra a fachada da igrexa de San Andrés de Mantua, construida por Alberti no século XV.
El doc. 14 reflexa a vila Rotonda, en Vicenza, obra de Andrea Palladio no século XVI.
b) Indica os elementos clásicos que distingues nestas fachadas.
Elementos clásicos que se distinguen nelas son os arcos de medio punto, frontóns, columnas clásicas, etc.
• Documento 15. É un edificio harmonioso? Como o conseguiu Brunelleschi? En que se diferencia dun edificio gótico?
A igrexa do Santo Spirito sí é un edificio harmonioso.
Brunelleschi conségueo a través da perfección xeométrica e a decoración sinxela e austera.
Diferénciase dun edificio gótico en que se trata dun edificio máis pequeno e menos elevado, e en que se utilizan os elementos clásicos e non as formas góticas.
11. Explica o que significan estas expresións :
a) idealizar as figuras
Fai referencia a que os pintores e escultores renacentistas buscaban a beleza, por iso idealizaban rostros, corpos e movementos.
b) escena mitolóxica
Alude a que un dos temas preferidos polos pintores e escultores renacentistas eran as escenas mitolóxicas, é dicir, a representación dos deuses da Antigüidade clásica.
12. • Explica as características xerais da pintura renacentista.
Unha das características da pintura renacentista foi a conquista da perspectiva e o dominio do espazo; a cor, a composición e as escenas que servían de fondo ás obras utilizáronse para crear distintos planos e conseguir dar sensación de profundidade.
Por outra parte, os pintores inspiráronse na Antigüidade clásica, por iso coidaron moito as proporcións das figuras e buscábase a beleza, idealizando rostros, corpos e movementos.
E, en terceior lugar, ampliáronse os temas dos cadros: aínda que seguiron realizándose moitas escenas relixiosas, tamén se representaban escenas mitológicas, nus e retratos.
• Indica quen foron os pintores máis importantes do Quattrocento e do Cinquecento e describe os trazos esenciais que caracterizaron a cada un deles.
Os pintores máis importantes do Quattrocento foron: Masaccio, coñecido polo seu tratamento da
perspectiva, e Botticelli, quen plasmou con perfección o dibuxo e soubo transmitir con maestría a sensación
de movemento das figuras.
• No Cinquecento sobresairon: Leonardo, que destacou na representación da natureza e as proporcións e foi un mestre do sfumato, técnica que consiste en difuminar os contornos para dar sensación de profundidade.
Miguel Anxo, que pintou escenas cheas de movemento e expresividade.
Rafael, que destacou pola súa perfección na cor, o dibuxo e a composición.
Tiziano, que se caracterizou polo colorismo e a riqueza das súas representacións.
• Cales son as características xerais da escultura do Renacemento?
A escultura tamén seguiu os modelos da Antigüidade clásica, por iso se prestou unha gran importancia ás proporcións e aos estudos anatómicos dos personaxes, o que se reflexou na proliferación dos nus. Outros xéneros que experimentaron gran desenvolvemento foron o retrato e a escultura ecuestre; en ambos casos, as figuras representábanse idealizadas, con corpos e rasgos cheos de beleza, aínda que tamén se intentaba plasmar a personalidade do retratado. A maioría das esculturas, igual que na Antigüidade, realizábanse en bronce ou en mármore.
• Cales foron os xéneros que alcanzaron un maior desenvolvemento? Eran os mesmos ou había
diferenzas coa escultura medieval?
O nu, o retrato e a escultura ecuestre.
Eran diferentes ás medievais; a escultura medieval era básicamente relixiosa.
• Cales foron os principais representantes da escultura renacentista?
Ghiberti, Donatello y Miguel Anxo.
• Cales foron as esculturas máis relevantes de Miguel Anxo?
A Piedade, o David e o Moisés.
13. • Documentos 16, 17, 18 e 19.
a) Quen pintou estes cadros?
b) Cando o fixeron?
c) Indica neles algunha característica da pintura renacentista.
SANTÍSIMA TRINIDADE E A VIRXEN
Autor: Masaccio
Fecha: século XV
Características: a búsqueda de perspectiva a través da representación da bóveda de canón.
neste fresco a escena queda emplazada dentro dun marco arquitectónico clasicista no que o espazo por vez primeira ten perspectiva.
A GIOCONDA
Autor: Leonardo
Fecha: século XVI
Características: a técnica do sfumato, que consiste en difuminar os contornos para dar sensación de profundidade
O NACEMENTO DE VENUS
Autor: Botticelli
Fecha: século XV
Características: a temática mitolóxica e a búsqueda da beleza ideal
A ESCOLA DE ATENAS
Autor: Rafael
Fecha: século XVI
Características: a inspiración na Antigüidade clásica e a sensación de profundidade.
• Documento 10 e 22
a)En que se parecen?
O único parecido é o tema: en ambos casos se representa a David, o pastor da Biblia que venceu ao xigante Goliat.
b) En que se diferencian?
Diferéncianse : En que o David de Donatello, que está esculpido en bronce, representa un xoven, prácticamente un adolescente, de formas perfectas, dotado de gracia e delicadeza. Pola súa parte, o David de Miguel Anxo, realizado en mármore, represéntase non como un adolescente, senón como un ser desafiante; toda a figura está en tensión, no hai nni un só membro distendido, e a mesma forza advírtese na súa cara; por iso considérase un símbolo da liberdade.
15. A que conceptos corresponden estas definicións :
a) estilo propio do Renacemento español caracterizado pola austeridade e solemnidade.
Definición correspondente á arquitectura herreriana.
b) Estilo propio do Renacemento español caracterizado pola súa abundante decoración.
Definición correspondente ao estilo plateresco.
16. Explica o que saibas de Durero e do Greco.
Durero foi o pintor que introduciu o Renacemento en Alemania tras as súas viaxes a Italia, que foi un excelente dibuxante, gravador e retratista.
O Greco foi o pintor máis importante do Renacemento español, que realizou pinturas relixiosas e retratos
cun estilo orixinal, cheo de dramatismo e movemento, destacando sobre todo o uso da cor e as súas
figuras alongadas, en obras como O enterro do conde Orgaz e o retrato do Cabaleiro da man no peito.
17. • Impúxose o estilo renacentista na arquitectura fóra de Italia?
Non se impuxo fora de Italia. En moitos países o gótico seguiu dominando a arquitectura ata o século XVII.
• En que se diferencian as esculturas renacentistas españolas das italianas?
os escultores españois buscaron a plasmación de intensos sentimentos relixiosos máis que a beleza ideal e a maioría das obras foron belas tallas de madeira pintadas con vistosas cores.
18. • Documento 27. Analiza os seguintes aspectos :
a) Que tema trata?
a tentación de Eva. (Adán suxeita coa súa man ezquerda unha rama da maceira , e Eva está situada xunto á maceira , no que se enrosca a serpiente tentadora.)
b) Explica como son as cores.
Destaca a diferencia de matices entre o corpo de Adán –tonos cálidos – e o de Eva –tonalidades frías.
c) Como son as figuras?
as figuras son xóvenes, belas, lixeiramente alongadas, etc. (pódese explicar que nestas dúas obras Durero utilizou o mundo bíblico como pretexto para plasmar os seus coñecementos e plantexamintos sobre o corpo humano, e pintou dous corpos de canon alongado, aos que as pernas cruzadas dela, e o paso insinuado dél, imprimen sensación de lixeireza.)
• Documento 28. Que elementos típicamente renacentistas observas no mosteiro de San Lourenzo?
a presenza de elementos clásicos (arcos de medio punto, columnas, cúpulas…) e a escasa e sinxela decoración, para dar sensación de orden e harmonía.
19. • Como se chaman as relixións que fundaron Lutero, Calvino e Henrique VIII?
Luteranismo, calvinismo e a igrexa anglicana, respectivamente.
• É o mesmo protestante ca luterano?
Sí; comezouse a chamar protestantes aos luteranos por oporse ao papado de Roma.
• Que é a Reforma? E a Contrarreforma?
A Reforma fai referencia á reforma da Igrexa proposta polo monxe alemán Martín Lutero, que terminou coa separación dos luteranos ou protestantes da Igrexa católica.
A Contrarreforma foi un movemento reformador no seo da propia Igrexa católica, que xurdiu co obxetivo de poñer freo á Reforma protestante e para mellorar o funcionamento da Igrexa.
• Que significa predestinación?
Que as persoas están condenadas ou salvadas ao nacer, sin importar as súa obras.
20. • Por que xurdiu a Reforma?
Porque a finais da Idade Media existía nalgúns sectores da sociedade europea un profundo malestar contra certas prácticas da Igrexa católica. Os críticos opinaban que as altas xerarquías vivían rodeadas de luxos e riquezas, o cal atentaba contra os principios da relixión cristiá. Ademais, denunciaban que gran parte do clero tiña unha escasa formación e non sabía ou nno quería exercer correctamente as súas labores pastorais. A esta situación uníase que moitos cargos eclesiásticos comprábanse e os compradores en ocasións non tiñan auténtica vocación relixiosa, senón que buscaban os beneficios asociados a ese cargo. Outro motivo de escándalo eran as indulxencias, un documento que emitía o papa polo que se compraba o perdón dos pecados; en 1515 o papa León X concedeu indulxencias a quenes diran diñeiro para pagar a construción
da basílica de San Pedro.
• Como estourou a Reforma luterana?
En 1515 o papa León X concedeu indulxencias a quenes diran diñeiro para pagar a construción da basílica de San Pedro. O monxe alemán Martíño Lutero respondreu contra a publicación de indulxencias coas súas 95 teses, nas que criticaba duramente ao papa. Este ordenoulle que recoñecera públicamente que se equivocara , pero Lutero non o fixo e foi excomulgado. Desde entón, comezou a difundir as súas ideas.
• Que ideas defendía Lutero?
Os seus principios básicos eran os seguintes: as persoas sálvanse pola súa fe, e non polas súas obras;
os crentes relaciónanse directamente con Deus pola oración, sin necesidade de que os sacerdotes exerzan de intermediarios; a única fonte de verdade son os textos sagrados, e cada persoa pode interpretar a Biblia, sin que teña que aceptar a interpretación da Igrexa; dos sete sacramentos, só dous son verdadeiros: o bautismo e a eucaristía; o culto á Virxen e os santos debe prohibirse; ademais, Lutero negou a autoridade do papa.
• Como reaccionou a Igrexa ante a Reforma? Conseguiuse con isto restaurar a unidade da Igrexa occidental?
Coa Contrarreforma, un movemento reformador no seo da propia Igrexa católica, que xurdiu co obxetivo de poñer freo á Reforma protestante e para mellorar o funcionamento da Igrexa.
Non se conseguiu restaurar a unidade da Igrexa occidental.
21. • Documento 31. En que se diferencia unha igrexa católica dunha protestante?
O templo calvinista non está decorado con obras de arte nin riquezas porque consideran que é unha mostra de ostentación contraria ao espírito evanxélico. Tampouco hai imaxes relixiosas, porque negan o culto as iconas.
• Documento 33. Que era un auto de fe? En que consistía?
O auto de fe era unha ceremonia pública na que a Inquisición lia as sentencias dictadas contra os condenados por delitos contra a fe, especialmente po herexía.
Consistía en que cando había unha certa cantidade de condenados pola Inquisición, reuníanse na praza pública da cidade os inquisidores, eclesiásticos e as máis destacadas personalidades do lugar, con gran pompa e solemnidade, para escoitar o veredicto das sentenzas individuais dictadas contra os reos da Inquisición, moitas veces de morte (na fogueira) que se cumplían a continuación.
• Documento 34. Explica a mensaxe que quixo reflectir o autor.
Quixo expresar as diferenzas relixiosas existentes naquela época en Europa.
23. Lembra os cadros de dobre entrada son moi útiles para sintetizar as ideas principais dun tema. Realiza un cadro en que expliques como era a cultura a comezos da Idade Moderna.
Humanismo
|
Renacemento
|
Reforma
| |||
¿Que é?
|
Corrente
cultural
|
En sentido amplo, coñécese como Renacemento aos séculos XV e XVI, debido aos profundos cambios sociais e culturais. En sentido máis restrinxido, é unha corrente artística.
|
Reforma da Igrexa proposta
polo monxe alemán Martín Lutero, que terminou coa separación dos luteranos ou protestantes da Igrexa católica.
| ||
Época
|
Alcanzou o seu pleno desenvolvemento no século XV e principios do século XVI.
|
os séculos XV e XVI.
|
o século XVI.
| ||
Caracte
rísticas
|
a preocupación polo ser humano; a inspiración na literatura, a filosofía e a arte da Antigüidade;
a búsqueda da verdade a través da razón e a experiencia; e unha gran curiosidade.
|
inspirábase nos modelos artísticos da Antigüidade.O ser humano convertiuse no centro da arte e os artistas preocupáronse por plasmar un ideal de beleza
|
Os seus principios básicos eran:
as persoas sálvanse pola súa fe, e non polas súas obras; os crentes relacionábanse
directamente con Deus pola oración, sin necesidade de que os sacerdotes exerzan de
intermediarios; a única fonte de verdade son os textos sagrados, e cada persoa pode interpretar a Biblia, sin que teña que aceptar a interpretación da Igrexa; dos sete sacramentos, só dous son verdadeiros:
o bautismo e a eucaristía; o culto á Virxen e os santos debe prohibirse; Lutero negou a autoridade do papa.
| ||
Protagonistas
|
Erasmo de Rotterdam, Tomás
Moro, Luis Vives.
|
Arquitectos: Brunelleschi, Alberti, Bramante, Palladio.
Escultores: Ghiberti, Donatello e Miguel Anxo.
Pintores: Masaccio, Botticelli, Leonardo, Miguel Anxo, Rafael,
Tiziano.
|
o monxe alemán Martín Lutero, Juan Calvino, Enrique VIII.
| ||
24. Os cadros son tamén moi útiles para facer comparacións.
• Compara a arte do Quattrocento e do Cinquecento.
24
|
QUATTROCENTO
|
CINQUECENTO
| ||
A
R
Q
U
I
T
E
C
T
U
R
A
|
c
a
r
a
c
t
e
r
í
s
t
i
c
a
|
recupéranse os elementos clásicos (arcos
de medio punto, frontóns, bóvedas de canón e columnas clásicas).Os edificios eran máis pequenos e menos elevados que os góticos, porque desexaban adaptalos ás proporcións do corpo humano. Os edificios decoráronse de forma sinxela e austera; pretendían dar unha sensación de orde e harmonía.
Florencia foi o principal centro artístico.
|
As mesmas características ca no Quattrocento. No século XVI o gran centro da arquitectura renacentista foi a cidade de Roma, onde se construiron magníficos edificios renacentistas baixo o mecenazgo dos papas Alexandre VI, Xulio II, León X e Clemente VII. Outro foco importante foi a cidade de Venecia, na que se construiron igrexas e palacios.
En Venecia xeneralizouse un novo tipo de construción civil, a vila, casa de campo da aristocracia.
| |
A
U
T
O
R
E
S
|
e
O
B
R
A
S
|
Brunelleschi (a cúpula da catedral de Florencia, a fachada do palacio Pitti, e as igrexas de San Lourenzo e o Santo Spirito, todas en Florencia) e Alberti (o palacio Rucellai en Florencia e a igrexa de San Andrés en Mantua).
|
Entre os edificios erexidos en Roma destacou a basílica de San Pedro, na que participaron Bramante (que realizou o primeiro proxecto), Miguel Anxo (que modificou a cúpula), e Maderno, a quen se lle debe o resto do edificio. En Venecia e arredores, Andrea Palladio realizou importantes vilas e igrexas (a igrexa do Redentor, vila Rotonda en Vicenza).
| |
P
I
N
T
U
R
A
|
C
A
R
A
C
T
E
R
Í
S
T
I
C
A
S
|
caracterizouse pola conquista da perspectiva e o dominio do espazo. A cor, a composición
e as escenas que servían de fondo ás obras (xeralmente edificios ou paisaxes) utilizáronse para crear distintos planos e conseguir dar sensación de profundidade.
Os pintores inspiráronse na Antigüidade clásica. Por iso coidábanse moito as proporcións das figuras e buscábase a beleza, idealizando rostros, corpos e movementos.
Os temas dos cadros ampliáronse. Aínda que seguiron realizándose moitas escenas relixiosas, tamén se representaban escenas mitolóxicas, nus e retratos
| ||
A
U
T
O
R
E
S
|
e
O
B
R
A
S
|
Masaccio (a Santísima Trinidade) e Botticelli
(o nacemento de Venus).
|
Leonardo (a Gioconda e a Última Cea),
Miguel Anxo (os frescos da Capela Sixtina),
Rafael (os frescos da Stanza della Signatura
do Vaticano como a Escola de Atenas, e as súas madonnas ou virxes), e Tiziano.
| |
E
S
C
U
L
T
U
R
A
|
C
A
R
A
C
T
E
R
Í
S
T
I
C
A
S
|
a escultura tamén seguiu os modelos da Antigüidade clásica; por iso prestouse unha gran importancia ás proporcións y a los estudios anatómicos de los personajes, lo que se reflejó en la proliferación dos nus. Outros xéneros que experimentaron gran desenvolvemento foron o retrato e a escultura ecuestre; en ambos casos, as figuras representábanse idealizadas, con cuopos e rasgos cheos de beleza, aínda que tamén intentábase plasmar a personalidade do retratado.
A maioría das esculturas, igual que na Antigüidade, realizábanse en bronce ou en mármore.
| ||
A
U
T
O
R
E
S
|
e
O
B
R
A
s
|
Ghiberti (as portas do baptisterio da catedral de Florencia) e Donatello (o David).
|
Miguel Anxo Buonarroti (a Piedade, o David e o Moisés).
| |
TEMA 11. O SÉCULO XVI: O APOXEO DO IMPERIO ESPAÑOL
1. Explica o que significa : vicerrei, gobernador, consello.
Vicerrei : é un representante do poder real.
Gobernador : o que goberna no nome do rei.
Consello : institución especializada en determinados temas ou tiñan carácter rexional.
2. • Por que se di que Carlos era rei e emperador? A que territorios afectaba cada un destes títulos?
Dos seus avós maternos, que eran os Reis Católicos, herdou as coroas de Castela e Aragón e todos os seus territorios en América, Italia e África, e como rei de España chamouse Carlos I.
Dos seus avós paternos herdou o título de emperador chamándose Carlos V e herdou as terras da familia en Alemania, nos Países Baixos e Francia.
• Que reino era o que sufragaba a maior parte da política imperial de Carlos V?
O reino de Castela era o que sufragaba a maior parte da política imperial.
Que problemas tivo nese territorio?
Carlos V gastou grandes sumas de diñeiro castelán para conseguir o nomeamento como emperador do Sacro Imperio.
Como o resolveu?
Estes feitos provocaron a Rebelión das Comunidades en Castela, é dicir, as principais cidades castelás rebeláronse contra Carlos V. Gañou Carlos V, pero a partir de entón os casteláns ocuparon os principais postos do goberno.
• Cales eran os obxectivos de Carlos V en Europa? Conseguiunos? Por que?
O principal obxectivo de Carlos V foi unificar a cristiandade baixo o seu mando. Non o conseguiu porque a súa política topou con tres grandes focos de oposición :
- Francia : foi o seu principal rival pola hexemonía en Europa; os dous países estiveron en guerra durante todo o reinado.
- Os turcos otománs : eran unha gran ameaza no Mediterráneo.
- Os príncipes protestantes alemáns : foi o seu problema máis grave. Carlos V intentou frear a expansión do luteranismo, pero fracasou.
3. Documento 1. Que territorios de Europa pertencían a Carlos V?
A Coroa de Castela e Aragón; Sardeña, Nápoles e Sicilia; illas Canarias, Melilla, Orán, Alxer, Bujía, Bona, Tunes, Xenova, Estados Pontificios, Luxemburgo, Franco Condado, Artois, Charolais, Sacro Imperio e Flandes.
4. Explica que significa : Monarquía Hispánica, bancarrota.
Monarquía Hispánica : nome do imperio de Filipe II, porque consideraba que España era o centro da súa monarquía.
Bancarrota : suspensión de pagamento das débedas por non poder facerlle fronte.
5. Cales eran os dous grandes obxectivos de Filipe II? Que problemas do seu reinado se relacionan co primeiro obxectivo? E co segundo?
Conservar os seus territorios e a defensa do catolicismo.
A guerra con Francia e os enfrontamentos cos turcos foron os problemas de conservar os seus territorios.
A revolta dos Países Baixos e os enfrontamentos con Inglaterra foron os problemas da defensa do catolicismo.
6. • Documento 7. Descríbeo.
“A relixión socorrida por España”, obra de Tiziano móstranos a labor de España como defensora do catolicismo. Aparece Neptuno vestido de turco que simboliza a armada alemá; España está representada por unha matrona seguida das súas tropas; unha muller espida simboliza a relixión espida e desamparada
• Documento 8. Que territorios herdou Filipe II? Que novas terras incorporou?
Herdou España, os Países Baixos e gran parte de Italia, outros territorios en Europa central, o imperio castelán en América, e moitas posesións do norte de África e Extremo Oriente.
Incorporou o Imperio portugués e as súas posesións en África, Asia e Brasil.
7. Por que se dicía que no imperio de Filipe II nunca se poñía o Sol?
Porque o seu imperio era tan extenso que cando se poñía o Sol nalgún lugar, xa estaba saindo por outro
lado do seu imperio.
10. Define : capitulación, monopolio, vicerreinado, Consello de Indias, Casa de Contratación.
Capitulación : autorización para recrutar un exército e conquistar un territorio determinado.
Monopolio : dereito en exclusiva ou institución sobre determinada actividade económica.
Vicerreinado : territorio gobernado por un vicerrei.
Consello de Indias : era o encargado de asesorar ao rei sobre o goberno en América.
Casa de Contratación : institución que regulaba o comercio entre España e América.
11. • Enumera as principais expedicións de conquista.
A de Hernán Cortés que conquistou o imperio Azteca e a de Pizarro, que conquistou o imperio Inca.
• Cómo se organizou a conquista de América?
As expedicións estaban dirixidas e organizadas por particulares, aos que o rei daba un permiso ou capitulación de conquista. O conquistador corría cos gastos. Unha vez que se conquistaba un territorio, este pasaba ao monarca e, a cambio, o rei concedíalle ao conquistador o título de gobernador e a propiedade de extensas terras. A conquista foi rápida debido á superioridade en armamentos, á existencia de certas tradicións indíxenas e os enfrontamentos entre os pobos americanos.
• Que institucións se crearon en España para administrar as colonias? E en América?
O Consello de Indias e a Casa de Contratación en España. Os dous vicerreinados e as audiencias en América.
• Que produtos obtiña España de América?
Metais preciosos, tomate, millo, tabaco, cacao, pataca.
12. • A sociedade española dividíase por estamentos ou por razas?
Por estamentos.
• En que era diferente a sociedade americana da española?
A sociedade americana dividíase por razas : españois, mestizos, indios e negros.
TEMA 12. O SÉCULO XVII : A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL
1. • Que era un valido? Pon exemplos.
O valido era a persoa de confianza do rei ao que encargaba a dirección do goberno.
O duque de Lerma foi o valido de Filipe III e o conde-duque de Olivares foi o valido de Filipe IV.
• Explica as diferenzas que hai entre unha política exterior pacifista e outra ofensiva. Pon exemplos relacionados co que estudaches.
A política exterior pacifista é querer a paz e a ofensiva é querer a guerra.
A Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas e a paz con Inglaterra son un exemplo de política exterior pacifista.
A Guerra dos Trinta Anos e o reinicio da guerra coas Provincias Unidas son un exemplo de política exterior ofensiva.
2. • Que problemas existían na Monarquía Hispánica durante o reinado de Filipe III? Que políticas se aplicaron para resolvelos? Conseguiuse?
Había moitas guerras abertas, problemas económicos e problemas coa relixión.
Para solucionar as guerras fixo unha política exterior pacifista firmando a paz con Inglaterra e firmando a tregua dos Doce Anos coas provincias Unidas. Para solucionar os problemas económicos freou os gastos militares e os gastos da Corte pero non o conseguiu xa que se declarou unha bancarrota. En política interior solucionou os problemas relixiosos coa expulsión dos mouriscos.
• Que foi a expulsión dos mouriscos? Cales foron os seus efectos?
É a expulsión da poboación de orixe musulmá, que en teoría se convertera ao cristianismo, pero
na práctica mantiña a lingua e os costumes islámicos.
A expulsión dos mouriscos fico que 275000 persoas abandonaran España, o que provocou a ruina económica e a despoboación.
• Que reformas emprendeu o conde-duque de Olivares? Por que o fixo? Cales foron os seus efectos? Olivares logrou o que se propoñía?
A política exterior foi ofensiva xa que reanudou a guerra coas Provincias Unidas e implicouse na Guerra dos Trinta Anos. Intentou reformar a política interior para repartir os gastos militares, xa que só Castela pagaba as guerras e para reforzar o poder do rei fronte á dos territorios. Estas reformas provocaron o levantamento de diversos territorios da Monarquía Hispánica e Francia declaroulle a guerra a España.
Non o logrou, xa que as tropas españolas foron derrotadas.
3. • Documento 6. Que imaxe cres que transmite Quevedo da España do seu momento?
A decadencia de España.
• Documento 7. Que territorios perdeu España na segunda metade do século XVII?
Francia, o Franco Condado, Estados Italianos, o Sacro Imperio e as Provincias Unidas.
4. Por que se di que a sociedade española do século XVII era unha sociedade rendista? Que valores fomentaban esta situación?
Porque a nobreza vivía de rendas que lles proporcionaban as súas terras e os seus cargos. Os valores predominantes na sociedade fomentaban a vida inactiva, despreciaban o traballo.
5. O século XVII foi un período de expansión ou de estancamento demográfico? E económico?
Foi un período de estancamento demográfico, máis ben a poboación disminuiu. Na economía igual, foi un período de retroceso.
6. Cres que a crise económica e social influiu na crise militar? E ao contrario?
Si, porque a guerra require cartos e xente.
Si, porque a crise militar fixo que españa perdese varios territorios.
7. Documento 10. A que se dedican os protagonistas do texto? Por que cres que di que o oficio de ladrón non é un traballo manual? Que valores sociais reflicte esta frase?
Son ladróns. Porque asocian o traballo manual a traballar baixo o mando dun xefe, e un ladrón traballa para si mesmo. Reflicte o desprezo ao traballo.
8. • Que institucións crearon os Reis Católicos en Galicia? Cales eran as súas funcións?
Crearon as Xuntas do Reino e a Real Audiencia. As Xuntas do Reino representaba as sete provincias galegas (Santiago, Lugo, Ourense, Betanzos, Mondoñedo, A Coruña e Tui) e a Real Audiencia era o tribunal de xustiza.
• Quen eran os rendistas e quen os foreiros? Quen eran os fidalgos? A que grupo correspondían?
Os rendistas eran os que cobraban rendas (fidalgos e abades) e os foreiros (campesiños) os que tiñan que pagar os foros aos señores.
Os fidalgos eran os segundóns da nobreza. Pertencen ao grupo dos privilexiados.
9. Como era a economía galega da época?
A agricultura desenvolveuse pola introdución de cultivos de América (millo, pataca e vide) e o auxe do
comercio marítimo debido aos contactos coas colonias americanas.
11. Que significa que un país ten a hexemonía no seu continente?
Ese país é o que ten o dominio.
12. • Que medidas tomou Luis XIV para aumentar o poder do rei en Francia?
Centralizou a política, intentou someter á Igrexa ás súas ordes, controlou á nobreza, converteu a Corte no centro da administración do estado e no principal foco cultural, ampliando as súas fronteiras e formando un imperio colonial.
• Como intentou mellorar a economía? Conseguiuno?
Creando monopolios estatais para a industria e o comercio, para impedir a importación. Pero fracasou.
13. Por que se considera que Luis XIV foi un rei absoluto? Que o diferenciaba doutros reis da súa época?
Porque foi o rei máis poderoso da súa época, tiña o poder absoluto, mandaba él en todo. Luis XIV tiña un poder ilimitado e os outros reis sí, dependían do parlamento.
14. Documento 17. Que símbolos do poder real aparecen representados na pintura?
O manto real, a espada medieval, a coroa, o cetro e a flor de lis.