A
NOITE D’O RISÓN
AUTOR :
Gonzalo Moure
XÉNERO :
Terror
TEMA : A
noite d’O Risón baséase en catro historias de hai corenta anos, sobre tormentas,
naufraxios e mortos, contadas por mariñeiros e outros personaxes misteriosos
que quedan atrapados unha noite, polo temporal, nun bar de pescadores (O Risón).
RESUMEN
O
narrador, que ten 54 anos, escribe este libro na cafetería do aeroporto do Prat
de Barcelona (29 de outubro 2005),
está agardando polo seu voo, que ten moito retraso (25 de setiempre de 2007), para ir ata Figueras en Asturias. A
Novela está ambientada na Ría de Ribadeo e o seu río, o Eo (Lugo). O narrador é de Humeiros, a baiuca (taberna) d’O Risón estaba en Castronéboa, e o seu amigo francés Remy,
de voz rouca e acento patois, era de Frontedeo. A historia sucede a comezos do
inverno.
Todo
empeza cando o narrador vai á festa de Frontedeo e queda a durmir na casa das
tías do seu amigo Remy (no Cantón de
Chocolate). Pero por culpa dunha gran treboada, non puido volver a casa, xa
que a treboada provocara enchentas. Hai que saber que Humeiros está a un lado
da Ría de Ribadeo e que Frontedeo queda do outro lado da ría. Daquela o medio
de transporte para cruzar a ría era ir nunha lancha, porque aínda non
construíran a ponte para cruzala, había poucos coches e ademais as estradas e
os teléfonos estaban cortados polas enchentas. O narrador estaba nervioso e
preocupado, por non poder avisar a seus pais e decidíu ir pedirlle a Carnao, o
mellor barqueiro de Humeiros, que o levase polo menos ata Castronéboa, que
quedaba só a 400 metros de Frontedeo, na súa lancha Carmenchu.
E
así foi como chegou ata o Risón, co seu sebastopol (impermeable) e alí escoitou 5 historias de medo, baixo a luz dun
petromax (enorme candíl de queroseno) :
- A DE BALBINO :
contou que cando chegou o enxeñeiro, Amador Velasco de Velasco a Frontedeo, pedíulle
a Servando (o encargado do hotel)
que lle dixera quen era a moza máis linda de Frontedeo. Servando díxolle que
era Bolboreta, o enxeñeiro chamouna e casaron ao ano seguinte e que había 15
anos, que o antigo mozo de Bolboreta, matara o enxeñeiro dun disparo, preto da
igrexa.
Chegan
ao Risón a moza esbrancuxada (13 anos),
que parecía estar esperando alguén e o rubio, un coxo cun caxato, que semellaba
ser cura.
- A DO MARIÑO MERCANTE (futuro navegante dos
cascos polares e fumaba nunha cachimba) : contou
como foi ao Olga dos Corais, un gran estanque que quedaba illado coa marea
baixa e onde se collían lagostas enormes e outros crustáceos. Foi desde El
Mugido (un golfo), cun mozo de San
Vicente e o cociñeiro, nun bote, e encheron sacos de lagostas. Un home ollaba
para eles dende o alto dos cantís, parecía un cura. No fondo do Olga dos Corais
había nenos afogados, vestidos con camisas grises, e todos tiñan os ollos
abertos (había polo menos 10 nenos).
Eses nenos desapareceran dun colexio relixioso, había 38 anos.
Chega
ao Risón o mariño Lanzal, é o seu propio fantasma e é capitán do Mizar. Ao
entrar mirou para moza esbrancuxada e ela devolveulle a mirada cun sorriso.
- A DO MARIÑEIRO DE
CUDILLERO : contou como perdeu o seu dedo furabolos,
quedoulle prendido no motor da lancha e cortouno para soltarse.
-
A DE SABEL, O CARBOEIRO (vello
sen cor) : contou o do Faro de Onzas. O faro tornou maldito logo da morte
do fareiro, don Elixio do Barbés. Contou o afundimento do Gipsy Glory e do
Idiazábal. Os tripulante do Gipsy Glory morreran todos. Elixio viu unha rata na
boca do noruegués e sacouna cun bicheiro. O Gipsy Glory estaba cheo de ratas.
Elixio morreu devorado por elas.
- A DO MARIÑO LANZAL
: contou como atopou, no New Birth, unha foto antiga dunha
nena, que o perseguiu toda a vida. Era como si alguén dentro del, o empuxase a
mirar esa foto.
A
moza esbrancuxada saíu d’O Risón e detrás dela, o Mariño Lanzal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario