OS
RECEPTORES SENSORIAIS
Os receptores
sensoriais son estruturas formadas por células nerviosas, especializadas en
captar estímulos e transformalos en
impulsos nerviosos. Tipos de receptores segundo o
estímulo que reciben :
- MECANORRECEPTORES : cambios de presión
- TERMORRECEPTORES
: cambios de temperatura
- QUIMIORRECEPTORES
: substancias químicas
- FOTORRECEPTORES : sensibles á luz.
- NOCICEPTORES : presións internas, son responsables da dor.
Tipos de receptores segundo a súa
localización :
- INTERNOS (interorreceptores)
: informan sobre o estado e funcionamento de órganos
internos.
- EXTERNOS (exterorreceptores)
: captan estímulos exteriores, están na superficie do noso corpo.
O SENTIDO DA VISTA
O ollo é o órgano
que permite o sentido da vista. Trátase dun globo esférico que contén líquidos
(humor acuoso e vítreo) que lle dan
forma ao ollo. Está formado por :
ÓRGANOS ANEXOS
(protexen o ollo e permiten o seu movemento) : cellas, pálpebras, pestanas, aparello lacrimal e
músculos dos ollos
GLOBO OCULAR : ten 3 capas : esclerótica, coroide e retina.
FUNCIONAMENTO DO OLLO
A
luz entra pola córnea, atravesa a pupila (que regula a intensidade da luz),
cruza o cristalino (que enfoca segundo a
distancia) e incide sobre a retina formando
unha imaxe invertida sobre a mesma. A retina (que é fotosensible) transforma a imaxe en impulsos nerviosos que
sae a través do nervio óptico ata o cerebro. A nosa visión é binocular (enfoque dos dous ollos).
ENFERMIDADES DOS OLLOS : - hipermetropía : a imaxe enfocada fórmase detrás da
retina, o globo ocular é máis curto, non se ve ben de cerca. -
miopía : o globo ocular é máis
alongado. Non se ve ben de lonxe. - astigmatismo : incorrecta curvatura da córnea. - cataratas : na córnea hai zonas máis opacas, non
son transparentes. - glaucoma : a presión intraocular é
moi alta e produce cegueira. - conxuntivite
: inflamación do tecido conxuntivo.
HIXIENE DOS OLLOS : lavar, boa luz, distancias adecuadas, evitar ler en movemento,
revisións médicas
O SENTIDO DO OÍDO
os oídos son os órganos da audición
e do equilibrio. Distínguense 3 partes :
OÍDO EXTERNO : - Pavillón da orella (repregamentos cartilaxinosos) - conduto auditivo externo
(con glándulas que producen o cerume)
OÍDO MEDIO : -cadea de osiños
(martelo, bigornia e estribo que
conectan o tímpano co oído interno)
OÍDO INTERNO
: - a trompa
de Eustaquio (comunica o oído coa farinxe e equilibra a
presión a ambos lados do tímpano) - canais semicirculares (sentido
del equilibrio) - cóclea ou caracol (sentido auditivo)
FUNCIONAMENTO DO OÍDO
- AUDICIÓN : os sons recólleos o pavillón auditivo que os transmite ao tímpano
a través do conducto auditivo facendoo vibrar. O tímpano transmite
esa vibración a través da cadea de osiños ata os líquidos do caracol onde se atopan os mecanorreceptores
sensibles que converten o estímulo en impulsos nerviosos polo nervio auditivo
ata o cerebro.
- EQUILIBRIO : cando nos movemos móvese o
líquido que enche os canais semicirculares. Este movemento é captado por unhas
células ciliadas que informan ao cerebro e ao cerebelo, a través do impulso
nervioso.
ENFERMIDADES DO
OÍDO : - otitis : inflamación do oído medio. - síndrome de Meniere : afección do oído interno. Afecta ao
equilibrio e a audición.
HIXIENE DO OÍDO : limpar con auga e xabón, evitar música moi alta,
non introducir obxectos.
O SENTIDO DO TACTO
Os receptores do tacto están na pel. A pel ten 2 capas :
- EPIDERME : é a capa exterior, formada por tecido epitelial e células
mortas, que teñen queratina que
impermeabilizan a pel.
- DERME : é a capa interior, formada por tecido conxuntivo, que
proporciona elasticidade a pel. Na derme
desenvólvense os pelos onde están as terminacións nerviosas libres de
dor e onde atopamos os corpúsculos táctiles. Son cuatro : - de Meissner (que detectan contacto) - de Vater-Pacini (detectan
presión) - de
Krause (detectan frío) - de Rufini (detectan
calor).
ENFERMIDADES DA PEL : - urticaria : reaccións alérgxica que
producen manchas, ronchas, etc. - psoriase : descamación da pel.
O SENTIDO DO OLFACTO
O sentido do olfacto está no epitelio da mucosa
nasal denominada pituitaria. Nela hai 2 rexións :
- PITUITARIA VERMELLA (na parte inferiror) : contén abundantes capilares sanguíneos para quentar o
aire que inspiramos.
- PITUITARIA AMARELA (na parte superior) : contén os receptores olfactivos que forman o bulbo
olfactivo.
ENFERMIDADES
DAS FOSAS NASAIS : -
Rinite : inflamación da mucosa nasal.
O SENTIDO DO GUSTO
Os receptores do gusto atópanse nas papilas gustativas da
lingua, do padal, da farinxe e da larinxe. As papilas detectan catro tipos de
sabores : doce, salgado, ácido e amargo.
O APARELLO LOCOMOTOR
O aparello
locomotor é o encargado de realizar as respostas motrices elaboradas polo
sistema nervioso,
ademáis de ser o soporte interno do organismo e favorecer
os movementos. Está formado polo sistema
esquelético e polo sistema muscular
:
- SISTEMA ESQUELÉTICO (parte
pasiva) : é o responsable
de soster o corpo, protexer os órganos vitais, servir de inserción aos músculos
e fabricar as células sanguíneas na médula ósea. Está formado polo esqueleto (ca beza, tronco e extremidades) que
é un conxunto de ósos con articulacións
e ligamentos que permiten a súa unión.
- SISTEMA MUSCULAR (parte
activa) : produce os movementos, mantén a postura e
permite a mímica. Está formado polos músculos e os tendóns.
OS ÓSOS
Os ósos son
órganos vivos formados por células, que se nutren e medran. Están compostos por
coláxeno, sales de calcio e fósforo. Todo esto forma o tecido óseo que pode ser esponxoso (parte interna) e compacto (parte externa). Os ósos segundo a súa
forma poden clasificarse en : - ósos planos (omo-
plata, cranio) -
ósos
curtos (vértebras) –
ósos longos (tibia, fémur, úmero)
A zona central do
óso chámase diáfise (dentro ten a medula ósea amárela) e os dous extremos chá- manse epífise. Externamente están recubertos dun tecido chamado periostio. Ao nacer o esqueleto é de
cartilaxe, despois a cartilaxe transfórmase en óso nun proceso chamado osificación. Este proceso ter- mina
arredor dos 16 anos nas mulleres e 18 nos homes.
ARTICULACIÓNS
Os ósos únense uns a outros por medio das articulacións.
Poden ser de tres tipos :
- INMÓVILES : non se permite un desprazamento entre un óso e outro.
Tamén se chaman suturas.
- SEMIMÓBILES : unen fortemente os
ósos por medio de ligamentos e
tendóns aínda que se permite un certo
desprazamento entre os ósos. Entre vértebra e vertebra están os discos invertebrais.
- MÓVILES : permiten unha
gran variedade de movementos entre os ósos que as forman. Os ósos únense por
medio de ligamentos e entre ambos
hai un cartilaxe articular. Ademáis
entre os ósos hai unha bolsas de líquido
sinovial que actúa como lubricante.
OS MÚSCULOS
Os músculos están formados por células alongadas
denominadas fibras musculares. Os músculos son
capaces de contraerse e relaxarse, aumentando e disminuindo
a súa lonxitude e provocando movementos. Existen tres tipos de músculos :
- MÚSCULOS LISOS : é de contracción lenta
e involuntaria e está formados
por fibras musculares lisas (tubo dixestivo, vasos sanguíneos).
- MÚSCULOS
CARDÍACOS : é de contracción rápida
e involuntaria e están formados por fibras musculares estriadas (miocardio).
- MÚSCULOS
ESQUELÉTICOS : é de contracción rápida
e voluntaria e realizan o movemento do esqueleto xunto ao sistema esquelético. Está
formado por fibras musculares estriadas e cada unha rodéase dun ha fina capa de
tecidos conxuntivos denominado endomisio. Estas fibras agrúpanse
formando feixes musculares que están envoltos por un tecido chamado perimisio.
Estes feixes agrúpanse para formar os músculos e están envoltos por un tecido
chamado epimisio. Estas fibras prolónganse nos extremos dos músculos
formando os tendóns, que unen os músculos cos ósos.
CLASIFICACIÓN DOS MÚSCULOS POLA FORMA : - anulares (esfínter) – planos (pectoral) - fusifor- mes (bíceps) - orbiculares (ollo)
CLASIFICACIÓN DOS
MÚSCULOS POLA FUNCIÓN : - Flexores e extensores (bíceps e tríceps) - abdutores e adutores (afastan ou
achegan unha extremidade ao eixe corporal)
- pronadores e supinadores (xiran unha extremidade) - elevadores e depresores (levantan ou baixan partes do cuerpo) - esfínteres e dilatadores (cerran ou abren orificios)
MOVEMENTOS
Os movementos prodúcense pola acción combinada entre os
músculos e os ósos. Os músculos insértan- se nos ósos por medio de tendóns,
cando o músculo se contrae tira do óso sobre o que está anclado e móveo. Como
os ósos están en contacto por medio da articulación, e esta fai de punto de
apoio produce- se o movemento. Os músculos realizan os movementos por pancas.
No corpo podemos encontrar tres tipos de pancas segundo sexa o seu punto de potencia (P- punto onde se aplica a forza), o seu punto de resistencia (R-
lugar onde aparece a forza que queremos vencer) e o seu punto de apoio (A- lugar onde nos apoiamos para realizar o movemento). Hai tres
tipos de pancas:
- PANCA DE PRIMEIRO
XÉNERO : o punto de apoio está no centro (pescozo)
- PANCA DE SEGUNDO
XÉNERO : o punto de apoio está nun extremo e
a potencia no outro (tobillo)
- PANCA DE TERCEIRO
XÉNERO : o punto de apoio está no extremo e
a potencia no centro (brazo).
AS LESIÓNS DO APARELLO
LOCOMOTOR : - fracturas - distensións e escordaduras – luxacións - contracturas
musculares.
HÁBITOS SALUDABLES : - facer exercicio
físico (quecemento) - alimentación equilibrada - calzado adecuado - ter unha
postura adecuada - espaldas rectas ao levantar peso – non cargar excesivo peso
nas espaldas
No hay comentarios:
Publicar un comentario