sábado, 2 de junio de 2012

resumen libro a noite d'o risón galego 3º eso


A NOITE D’O RISÓN
AUTOR : Gonzalo Moure
XÉNERO : Terror
TEMA : A noite d’O Risón baséase en catro historias  de hai corenta anos, sobre tormentas, naufraxios e mortos, contadas por mariñeiros e outros personaxes misteriosos que quedan atrapados unha noite, polo temporal, nun bar de pescadores (O Risón).
RESUMEN
O narrador, que ten 54 anos, escribe este libro na cafetería do aeroporto do Prat de Barcelona (29 de outubro 2005), está agardando polo seu voo, que ten moito retraso (25 de setiempre de 2007), para ir ata Figueras en Asturias. A Novela está ambientada na Ría de Ribadeo e o seu río, o Eo (Lugo). O narrador é de Humeiros, a baiuca (taberna) d’O Risón estaba en Castronéboa, e o seu amigo francés Remy, de voz rouca e acento patois, era de Frontedeo. A historia sucede a comezos do inverno.
Todo empeza cando o narrador vai á festa de Frontedeo e queda a durmir na casa das tías do seu amigo Remy (no Cantón de Chocolate). Pero por culpa dunha gran treboada, non puido volver a casa, xa que a treboada provocara enchentas. Hai que saber que Humeiros está a un lado da Ría de Ribadeo e que Frontedeo queda do outro lado da ría. Daquela o medio de transporte para cruzar a ría era ir nunha lancha, porque aínda non construíran a ponte para cruzala, había poucos coches e ademais as estradas e os teléfonos estaban cortados polas enchentas. O narrador estaba nervioso e preocupado, por non poder avisar a seus pais e decidíu ir pedirlle a Carnao, o mellor barqueiro de Humeiros, que o levase polo menos ata Castronéboa, que quedaba só a 400 metros de Frontedeo, na súa lancha Carmenchu.
E así foi como chegou ata o Risón, co seu sebastopol (impermeable) e alí escoitou 5 historias de medo, baixo a luz dun petromax (enorme candíl de queroseno) :
- A DE BALBINO : contou que cando chegou o enxeñeiro, Amador Velasco de Velasco a Frontedeo, pedíulle a Servando (o encargado do hotel) que lle dixera quen era a moza máis linda de Frontedeo. Servando díxolle que era Bolboreta, o enxeñeiro chamouna e casaron ao ano seguinte e que había 15 anos, que o antigo mozo de Bolboreta, matara o enxeñeiro dun disparo, preto da igrexa.
Chegan ao Risón a moza esbrancuxada (13 anos), que parecía estar esperando alguén e o rubio, un coxo cun caxato, que semellaba ser cura.   
- A DO MARIÑO MERCANTE (futuro navegante dos cascos polares e fumaba nunha cachimba) : contou como foi ao Olga dos Corais, un gran estanque que quedaba illado coa marea baixa e onde se collían lagostas enormes e outros crustáceos. Foi desde El Mugido (un golfo), cun mozo de San Vicente e o cociñeiro, nun bote, e encheron sacos de lagostas. Un home ollaba para eles dende o alto dos cantís, parecía un cura. No fondo do Olga dos Corais había nenos afogados, vestidos con camisas grises, e todos tiñan os ollos abertos (había polo menos 10 nenos). Eses nenos desapareceran dun colexio relixioso, había 38 anos.
Chega ao Risón o mariño Lanzal, é o seu propio fantasma e é capitán do Mizar. Ao entrar mirou para moza esbrancuxada e ela devolveulle a mirada cun sorriso.
- A DO MARIÑEIRO DE CUDILLERO : contou como perdeu o seu dedo furabolos, quedoulle prendido no motor da lancha e cortouno para soltarse.
- A DE SABEL, O CARBOEIRO (vello sen cor) : contou o do Faro de Onzas. O faro tornou maldito logo da morte do fareiro, don Elixio do Barbés. Contou o afundimento do Gipsy Glory e do Idiazábal. Os tripulante do Gipsy Glory morreran todos. Elixio viu unha rata na boca do noruegués e sacouna cun bicheiro. O Gipsy Glory estaba cheo de ratas. Elixio morreu devorado por elas.
- A DO MARIÑO LANZAL : contou como atopou, no New Birth, unha foto antiga dunha nena, que o perseguiu toda a vida. Era como si alguén dentro del, o empuxase a mirar esa foto.
A moza esbrancuxada saíu d’O Risón e detrás dela, o Mariño Lanzal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario