jueves, 20 de octubre de 2011

tema 2 bioloxía 3º eso A ALIMENTACIÓN HUMANA

A ALIMENTACIÓN E A NUTRICIÓN. OS NUTRIENTES
Os seres humanos necesitamos materia e enerxía para elaborar novas estructuras e manter as funcións vitais. O proceso mediante o cal se logra dita materia e enerxía denomínase nutrición. As substancias que nos permiten obter enerxía e sintetizar a nosa propia materia denomínanse nutrientes (son os compostos químicos que teñen os alimentos e que chegan a todas as nosas células a través do aparato circulatorio) . Os nutrientes atópanse nos alimentos (son substancias sólidas e liquidas que inxerimos e que nos van proporcionar a materia e a enerxía necesaria para realizar as nosas funcións vitais). A través da alimentación os seres vivos tomamos alimentos.  

TIPOS DE NUTRIENTES
NUTRIENTES INORGÁNICOS: poden proceder de orixe animal ou vexetal, e tamén de fontes non orgánicas :  
- AUGA : é a substancia máis abundante do organismo e serve para refrixerar e transportar substancias
 (froitas, verduras, leite, zumes)
 - SALES MINERAIS (froitas e verduras) : teñen función plástica (o calcio dos ósos) e reguladora (o ferro do sangue)      
NUTRIENTES ORGÁNICOS : só se atopan nos alimentos de orixe orgánico tanto animal como vexetal :  
 - GLÍCIDOS (productos lácteos, leite, cereais, pan):  son a principal fonte de enerxía (glicosa e amidón)   
- LÍPIDOS : poden ter función enerxética, plástica ou reguladora (graxas)
 - PROTEÍNAS : teñen función plástica (formando as estructuras celulares), enerxética e reguladora.
  (carnes, peixes, ovo, leite, cereais e legumes).  
- VITAMINAS : son substancias con función reguladora que o organismo non pode fabricar (froitas e verduras)
A enerxía corporal obtense dos glícidos e dos lípidos mediante a respiración celular.

O VALOR ENERXÉTICO DOS ALIMENTOS
 Nas células do noso corpo, os alimentos sofren reaccións de oxidación que liberan enerxía. A enerxía liberada mídese en calorías (cal) ou quilocalorías (1kcal = 1000 cal).Tamén se pode expresar en joule (j) o quilojoule (kj) (1kcal = 4,18 kj).
CALORÍA : é a cantidade de calor que hai que suministrarlle a un gramo de auga para elevar a súa tem-
peratura 1º C.
 Os nutrientes teñen diferentes valores enerxéticos (1 gramo de lípidos produce 9 kcal. -1 gramo de glícidos ou proteínas produce 4 kcal).

AS NECESIDADES ENERXÉTICAS DO SER HUMANO
Para calcular as necesidades enerxéticas do ser humano utilízase o término TASA DE METABOLISMO BASAL (TMB). Son as calorías que o noso corpo consome nun día, en repouso absoluto e a unha temperatura constante. É a enerxía mínima que necesita o noso corpo para manter as constantes vitais. A TMB depende de diferentes factores, como o estado de saúde, o peso, a idade ou o sexo.
¿Cómo se calcula a TMB? Coa ecuación de Harris e Benedict :
Home  TMB = 66 + (13,7 x peso (kg)) + (5 x talle (cm)) – (6,8 x idade (anos) = ________ kcal
Muller  TMB = 65,5 + (9,6 x peso (kg)) + (1,8 x talle (cm)) – (4,7 x idade (anos)) = ________ kcal
Cando realizamos algunha actividade física, aumentan as nosas necesidades enerxéticas e o consumo de osíxeno, en función do tipo e da intensidade da actividade física que realicemos.

OS DIFERENTES TIPOS DE ALIMENTOS
Segundo a función que cumpren no organismo, podemos clasificar os alimentos en 3 tipos: energxéticos, plásticos e reguladores. A función de cada alimento depende fundamentalmente dos nutrientes máis abundantes na súa composición :
 - ALIMENTOS ENERXÉTICOS : son fonte de enerxía. Son alimentos ricos en glícidos e lípidos (pan,
pastas, legumes, cereais, azucre, mel, chocolate, doces, graxas, aceites…)  
 - ALIMENTOS PLÁSTICOS OU FORMADORES : son necesarios para formar as células, tecidos e órga-
nos do noso corpo. Son alimentos ricos en proteínas (iogur, queixo, carne, peixe, ovo, froitos secos, mariscos…)
 - ALIMENTOS REGULADORES OU PROTECTORES : imprescindibles para que o noso organismo poida utilizar correctamente os demais alimentos e desenvolver as súas funcións. Proporcionan vitaminas e minerais (legumes, tubérculos, froitos secos, verduras, hortalizas, froitas)   

UNHA DIETA SAUDABLE E EQUILIBRADA
DIETA : é un conxunto de substancias sólidas e líquidas que inxerimos regularmente como alimento. Unha dieta completa, variada e equilibrada permite manter un bo estado de saúde e debe seguir algunhas regras : - debe proporcionar suficientes calorías e nutrientes esenciais que o organismo non pode fabricar – o 55% - 60% das calorías deben proceder de glícidos e o 30% - 35% das graxasa proteína e máis a graxa de orixe vexetal debe dominar sobre a de orixe animal debe incluir fibra vexetal.   
DIETA MEDITERRÁNEA : alimentación tradicional dos países do sur de Europa, entre eles España. É considerada unha das dietas máis equilibradas e saudables, con múltiples beneficios. Conten aceite de oliva, cereais, legumes, peixes, verduras e froitas.

TRASTORNOS RELACIONADOS COA ALIMENTACIÓN
DESNUTRICIÓN : falta dalgún nutriente, carencia de alimentos.
OBESIDADE : acumulación de graxa corporal. Debido a inxesta excesiva de graxas e doces . Esta enfermidade pode provocar outras enfermidades (diabetes, dores de lombo, problemas circulatorios e respiratorios, etc.) 
ANOREXIA : as persoas vense gordas aínda estando moi delgadas. No recoñecen a súa enfermidade. Non comen. Pode provocar a morte.
BULIMIA : preocupación excesiva por el peso y figura. Comen grandes cantidades de comida de forma compulsiva e desordenada. Despois teñen sentimento de culpabilidade e vomitan, toman laxantes ou diuréticos
A CONSERVACIÓN E MANIPULACIÓN DOS ALIMENTOS
Teñen como obxectivo protexer os alimentos dos compoñentes atmosféricos e da presenza de microorganismos :
CONSERVACIÓN EN FRÍO : atrasa a deterioración dos alimentos ao reducir a velocidade da reproduc-
ción dos microorganismos : - refrixeración (por riba dos 0ºC) - conxelación (por debaixo dos 0ºC).    
CONSERVACIÓN POR CALOR : - Esterilización (sup. aos 100ºC ), conserva indefinidamente – Pasteu
rización (non sup. aos 100ºC) (leite), conserva 48 h.
CONSERVACIÓN POR DESHIDRATACIÓN: eliminación de auga, impide o desenvolvemento de microorganismos.
CONSERVACIÓN POR ADICIÓN DE SUBSTANCIAS: substancias que impiden o desenvolvemento  dos microorganismos (azucre, sal, vinagre). OS ADITIVOS ALIMENTARIOS: -  conservantes (prolongan a duración do alimento) - antioxidantes (evitan as alteracións por oxidación) - colorantes (devólvenlle a cor orixinal do alimento) - edulcorantes (danlle un sabor doce) - potenciadores do sabor (aumentan o sabor do alimento) - estabilizantes, espesantes, xelificantes e emulsionantes  (manteñen o aspecto e a textura dos alimentos).

ALIMENTOS TRANSXÉNICOS : Un organismo transxénico é aquel no que se  introduciu  información xenética doutro ser vivo. Alimentos transxénicos son os que conteñen organismos transxénicos. Aumentan e melloran a productividade,  per teñen riscos para a saúde (alerxias).
ALIMENTOS ECOLÓXICOS :Calquera alimento pode ser ecolóxico, só necesita ser cultivado de xeito natural e sen tratamentos químicos. Non conteñen substancias tóxicas, respectan os ciclos naturais, non contaminan, non desertizan, benefician á saúde, aumentan o emprego agrícola, evitan o malgaste de
enerxía, aforran auga, non destrúen aos seres vivos necesarios nos cultivos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario