domingo, 23 de octubre de 2011

RESUMEN TEMA 1 DE GALEGO 3º ESO : O LÉXICO DO GALEGO, DA PALABRA Á ORACIÓN, REGRAS XERAIS DE ACENTUACIÓN, O XORNALISMO, ORIXE E FORMACIÓN DO GALEGO, HISTORIA DA LITERATURA GALEGA

O LÉXICO DO GALEGO
• léxico é o conxunto de palabras que compoñen unha lingua. O léxico do galego foise conformando e modificando, desde a súa orixe, ao longo dos séculos: unhas palabras desapareceron (arcaísmos :
britador), outras permaneceron (pero con cambios : coello) e outras novas incorporáronse (tenis).

 DA PALABRA A ORACIÓN
• As unidades morfosintácticas son o monema (unidade máis pequena con significante e significado: nen- + -a), a palabra (formada por monemas: nena), a frase (formada por palabras: a nena) e a oración (formada por frases: A nena dorme.)
• signo lingüístico xorde da unión de dúas partes diferentes pero inseparables : o significante (conxunto de sons que configuran a imaxe acústica do signo) e o significado (concepto ou idea que evocan eses sons). O signo lingüístico pode ser biplánico, arbitrario e articulado.
• Hai dous tipos de monemas básicos: lexemas e morfemas.
Na palabra nenas, o lexema achega o significado básico e invariable da palabra (nen-, ‘humano novo’ ) e os morfemas ofrecen o significado gramatical de xénero (-a‘feminino’) e de número (-s‘plural’).
• Os morfemas poden ser independentes (queen...) ou dependentes (constitutivos : nena; facultativos : casiña; derivativos : posguerra, coruñes).

  REGRAS XERAIS DE ACENTUACIÓN
• As palabras agudas levan acento gráfico cando acaban en -n-s-ns ou vogal (atúncompás, limóns
 avó). As palabras graves levan acento gráfico cando rematan en consoante diferente de -n-s ou ns
(cáliztóraxcónsul). As palabras esdrúxulas levan sempre acento gráfico (médico, matemáticas).

 O XORNALISMO
• Os xéneros periodísticos poden ser de información (noticia, reportaxe...), de opinión (artigo de opinión, carta ao director...) e mixtos (crónica, entrevista...). A linguaxe periodística caracterízase por ser sinxelaconcisa obxectiva.

 ORIXE E FORMACIÓN DO GALEGO
• Fases da formación da lingua galega: substrato (linguas prerromanas: bercelama, A Coruña, carballo, toxo, laxe, croio, Breogán, Brandán, billa...), romanización
(o latín, base da nosa lingua: canportafalar, lobo, fiestra, pé, mazá, ourense, Lugo, Claudia, Laura, eu, ti,o, as, un, alto, cheo, xantar, amar, aquí, agora, nunca...) e superestrato (linguas xermánicas e árabe : frecha, agasallo, Allariz, Carlos, Elvira, sopa...; xinete, azucre, Sada, Rábade, Fátima, Azucena, almirante, alfombra, aceite...).

 HISTORIA DA LITERATURA GALEGA
• Distinguimos seis períodos na historia da literatura galega: A literatura medieval (sécs. XII-XIV), Os Séculos Escuros (sécs. XV - XVIII), Século XIX (Rexurdimento), Primeiro terzo do século XX, De 1936 a 1975 e A nosa literatura actual.


No hay comentarios:

Publicar un comentario