lunes, 13 de febrero de 2012

resumen irmán do vento galego 3º eso

TÍTULO : Irmán do vento
AUTOR : M. Lourenzo González

ARGUMENTO
O libro amósanos cómo sobrevive un neno iraquí nun país en guerra.

ESPAZO E TEMPO
A historia está centrada na guerra de Iraq, sobre todo na segunda guerra. Vai desde 1987, á chegada do Dr Luís Meira ao Oriente Próximo ata o fin da segunda guerra de Iraq, no 2003. 

PERSONAXES
 Khaled = neno protagonista e un dos narradores da historia  
 Dr Luís Meira ou Al-Galego = arqueólogo, un dos personaxes principais e outro narrador 
Alberte = fillo imaxinario do Dr Meira e outro personaxe principal
Hadras = avó de Khaled, vendedor de pezas de antiguïdades falsas
Sayiam = pai de Khaled
Beth = nai de Khaled
Dulaah, Tsarha e Salima = tías de Khaled
Zubdalá = muller que coidaba de Khaled e a toda a familia, cuñada do avó
Pensha, Abdul e Onagro = tíos de Khaled
Ednal = muller de Pensha
Eimel = fillo de Pensha, curmán e mellor amigo de Khaled
Mr Ashdaf = mestre de Khaled
Zulaid = segunda muller do pai de Khaled
Dimas Ber = o alcalde
Amrah = filla do alcalde e moza de Khaled
Muhammad Abdul Adsi = curandeiro
Moun dei Ben Dabat = taberneiro
Tarik, Umar e Musa = amigos de Khaled
Kramal al-Nart = irmán de Tarik
Athaniel = o gandeiro que lle vendeu os cabalos ao pai de Khaled
Belda Mid = parteira
Mustafá Wasit = mestre prisioneiro
Sarif = soldado iraquí que abandona o seu uniforme
Irmán do vento = cabalo de Khaled

RESUMEN
En 1987 o Dr Luís Meira chega ao Oriente Próximo, formando parte dun equipo para  un estudo científico das ruínas de Petra en Xordania. En 1988 vai a Iraq. En 1990 coñece a Khaled, con 4 anos, nas ruínas de Niníve. Alí tamén coñece o seu avó, Hadras, que é vendedor ambulante de pezas de antiguïdades falsas. Hadras convida ao Dr Meira a ir a aldea onde viven, Qhissa Hanni, e quedou mes e medio na súa casa. Alí coñece a toda a familia de Khaled, que pertencen a raza dos koblai. En 1991 comezou a primeira guerra de Iraq e o Dr Meira volta a Galicia onde, aos dous meses, entérase de que acabara a guerra e que Pensha, un tío de Khaled, morrera nela. En 1995 morre a nai de Khaled, Beth, por unha gastroenterite. En 1997 o Dr Meira volve a Iraq e merca a casa que fora de Pensha e a súa muller, Ednal. Instálase definitivamente en Iraq e chámanno Al-Galego. En 2003 empeza a segunda guerra de Iraq.
O 1 de outubro de 2002, Khaled escribe a primeira, das moitas outras cartas, a Alberte, o fillo imaxinario do Dr Meira. Dille que lle regalaron un caderno para adestrarse como contador de historias porque o mestre, Mir Ashdif, considera que ten moitas habilidades para iso. Tamén lle presénta  a toda súa familia e comeza o seu conto, o dun califa que ten unha fermosa filla, Sadhua, da que Raid, o protagonista, se enamora, que Khaled seguirá contado en todalas cartas.
Así nos fai saber que a súa infancia non foi sinxela, a súa nai morrera e o seu pai volveu casar cunha 
muller, Zulaid, coa que tivo un fillo. A Khaled non lle importou, pero a familia da nai sentoulle moi mal, e
iso provocou enfrontamentos nela.
Un día, chegou a guerra de Bagdad e o seu pai tivo que ir cos outros soldados a loitar. Ao principio o pai mandáballe cartas e contáballe como era Bagdad, non mencionaba a guerra para non preocupalo. Recibía moitas cartas ao mes, pero pouco a pouco foron chegando menos, ata que chegou unha informando da súa desaparición.
Khaled vaino buscar a Bagdad, nunha caravana de beduinos, familiares da súa nai. Pasou moitas aventuras polo camiño, e iso encantoulle, pero ao chegar á cidade, atopouse co seu pai morto. Sentíase moi triste, e só, pero quixo levalo a súa aldea para enterralo onde estaba a súa xente.
O día do enterro coincidíu coa súa maioría de idade, 16 anos, e chegou Athaniel, o gandeiro ao que o seu pai lle deixara dito, que tal día como o de hoxe lle levara o cabalo que tanto lle gustara a Khaled e o que lle chamou “irmán do vento”.

OPINIÓN PERSOAL
O libro é moi interesante, pois cóntanos  unha historia que seguramente viva mais dun neno en Iraq e un conto inventado por el, no conto gañan os bos e na realidade non. Ademais tamén nos ensina a forma na que vive unha tribo iraquí, que o fan de xeito moi diferente ao noso e achéganos o sufrimento dos nenos e familias que viven en Iraq, e todo por culpa dunha guerra.  





2 comentarios:

  1. Irmán do Vento é un libro que nas primeiras páxinas te aburre un pouco pero ao comezar a aparición doutros persoñaxes vaiche enganchando.

    ResponderEliminar