lunes, 13 de febrero de 2012

resumen galego 3º eso temas 4-5 : PREFIXOS DE ORIXE LATINA E GREGA, ORACIÓN COMPOSTA, O ACENTO DIACRÍTICO, ACTA DE REUNIÓN, O TEXTO DIDÁCTICO-EXPOSITIVO, A LINGUAXE NON-SEXISTA, O GALEGO NOS S XV-XVIII, PROSA DE FICCIÓN E NON FICCIÓN, OS SÉCULOS ESCUROS

PREFIXOS DE ORIXE LATINA : bi-, bis-, com-, con-, co-, des-, ex-, im-, in-, i-, intra-, pre-, re-, ex-, trans-, ultra-   
PREFIXOS DE ORIXE GREGA : a-, an-, anti-, arqui-, en-, hiper-, hipo-, mega-, micro-, mono-, poli-, tele-,  
A ORACIÓN COMPOSTA : está formada por dúas ou máis oracións simples unidas mediante unha con-
xunción. Poden ser :   
- COMPOSTAS COORDINADAS : copulativas (e, nin, mais), disxuntivas (ou), distributivas (ou...ou, ben...ben, ora...ora), adversativas (pero, mais, senón, senón que, así e todo, aínda así .... ).
- COMPOSTAS SUBORDINADAS : dúas ou máis oracións simples en diferente nivel sintáctico (Xoán dorme porque está moi canso).
AS ORACIÓNS SUBORDINADAS SUBSTANTIVAS : compórtanse igual ca se fosen unha frase substantiva ou nominal. Os nexos : “que”, agás nas de CD, que poden ter como relacionante “se”  
AS ORACIÓNS SUBORDINADAS ADXECTIVAS : compórtanse como unha frase adxectiva, sendo habitualmente o modificador dunha frase substantiva ou atributo. Os nexos : que (pronome relativo), quen, o cal, a cal, os cales, as cales, o que, a que, os que, as que, onde, cando, como)
O pronome relativo “que” non debe confundirse coa conxunción  “que”. Cando é pronome relativo pode ser substituído por “o cal, a cal…”, isto non ocorre cando se trata da conxunción .

O ACENTO DIACRÍTICO : permite diferenciar na escrita palabras que se escriben igual pero teñen un significado diferente :
á (das aves, preposición a + artigo a) - a (artigo; pronome átono; preposición) - pé (do corpo) - pe (letra) -     as (artigo; pronome átono) -  ás (plural de á; da baralla; preposición a + artigo as) - ca, cas (conxunción e preposición respectivamente) - cá, cás (conxunción ca + artigos a, as) - cha, chas (pronome átono che + artigos a, as) - chá, chás (plana) - da, das (preposición de + artigos a, as) - dá, dás (verbo dar) - e (conxunción) - é (verbo ser) - mais (conxunción) - máis (adverbio de cantidade) - por (preposición) - pór (sinónimo de poñer) - se (conxunción; pronome átono) - sé (imperativo do verbo ser; sede eclesiástica) - besta (animal doméstico para carga e transporte) - bésta (arma que dispara frechas) - bola (peza de pan) - bóla (corpo esférico) - co, cos (preposición con + artigos o, os) - có, cós (conxunción ca + artigos o, os) - compre, compren (verbo comprar) - cómpre, cómpren (verbo cumprir: ser necesario) - do (preposición de + artigo o) - dó (sentimento de compaixón; nota musical) -fora (verbo ser ou ir) - fóra (adverbio de lugar) - no (preposición en + artigo o) - nó (atadura) - nos (preposición en + artigo os; pronome átono) - nós (plural de nó; pronome tónico) - o, os (artigo; pronome átono) - ó, ós (preposición a + artigos o, os) - oso (mamífero carnívoro) - óso (parte do esqueleto)  - pe, pes (nome da letra «p») - pé, pés (extremidade do corpo) - pola (galiña; preposición por + artigo a) - póla (parte dunha planta) - presa (dique, peza de caza, reclusa) - présa (rapidez, apuro) - so (preposición: baixo, debaixo de) - só (adxectivo e adverbio) - te (pronome átono; nome da letra «t») - té (infusión) - ven (verbo ver; imperativo de vir) - vén (verbo vir) - ves (verbo ver) - vés (verbo vir) - vos (pronome átono) - vós (pronome tónico)
A COMPOSICIÓN : consiste na unión de dous ou máis lexemas nunha soa palabra. As combinacións de lexemas son moi variadas : subs + subs (beiramar) – v + subs (afialapis), etc. Hai compostas non- lexicalizadas (garda civil, camión cisterna).
 CASOS PROBLEMÁTICOS DE ACENTUACIÓN : non levan acento os adverbios rematados en mente, o pronome el e os pronomes demostrativos, os interrogativos e exclamativos (menos os interrogativos indirectos) – seguen as regras de acentuación as palabras compostas sen guión, os latinismo e os estranxeirismos   

 A ACTA DE REUNIÓN : é un documento que recolle por escrito o acontecido nunha reunión (asistentes, data e lugar en que tivo lugar, temas tratados e acordos adoptados).
O TEXTO DIDÁCTICO-EXPOSITIVO : busca que o alumno/a comprenda e aprenda todo tipo de contidos.
Estes textos teñen certos trazos específicos : estructura clara e ben organizada, recursos tipográficos (negras, cursivas), vocabulario común (con tecnicismos), elementos gráficos (mapas, esquemas).

A LINGUAXE NON-SEXISTA : en que consiste a linguaxe sexista? En utilizar palabras ou estruturas
discriminatorias, aínda que gramaticalmente non son incorrectas. Por exemplo: realizamos un uso sexista da lingua cando nomeamos só en masculino ou só en feminino determinadas profesións, ocultando que son exercidas polos dous sexos (médicoavogado fronte a enfermeira ou limpadora...); ou cando nos diriximos en masculino a un público integrado por homes e mulleres. Que importancia ten isto? Dado que a lingua é o medio que empregamos para nos comunicar, ela é o reflexo e o mecanismo de transmisión do que pensamos, sentimos e facemos todas as persoas. A lingua non é sexista, pero si o pode ser o uso que nós fagamos dela se cando nos expresamos só mencionamos o relacionado cos homes e ocultamos as capacidades e funcións das mulleres na sociedade. Calquera uso dun idioma que invisibiliza as mulleres debe ser rexeitado a favor, na medida do posible, de formas non sexistas de expresión.
Como podemos facer, entón, para non ocultar a ninguén e, ao mesmo tempo, empregar correctamente a lingua? Contamos con varias posibilidades:
•  Empregar os dous xéneros e a flexión de xénero sempre que sexa posible: as rapazas e os rapaceso xuíz, a xuíza.  
•  Empregar substantivos colectivos ou abstractos: o alumnado, o profesorado, as persoas interesadas.
•  Empregar as barras: A/o alumna/o.  
aínda que sexa en contextos desenfadados, os chistes ou expresións discriminatorios deben ser evitados.

O GALEGO NOS SÉCULOS XV-XVIII : despois dun período medieval de grande esplendor para a nosa lingua e a nosa literatura, o galego pasa por unha etapa de decadencia coñecida como Séculos Escuros (do S. XV ao XVIII). Galicia queda sometida á coroa de Castela e o castelán pasa a actuar como lingua do poder e de maior prestixio, desprazando o galego dos usos cultos e escritos.

 PROSA DE  FICCIÓN  
- Ciclo bretón ou Materia de Bretaña : narra as aventuras que corren o rei Arturo e os cabaleiros da Mesa Redonda (Livro de Xosé de Arimatea, A demanda do Santo Graal, Merlín, Livro de Tristán)
- Ciclo clásico ou troiano : recrea historias dos deuses do Olimpo, as viaxes de Ulises, a guerra de Troia
(Crónica troiana, Historia troiana)
PROSA DE NON- FICCIÓN   
- Prosa histórica : narracións de acontecementos históricos (Crónica general, General estoria, Crónica de Santa María de Iria)
- Prosa haxiográfica : obras de tipo relixioso como a vida e milagres de santos, traducións da historia sagrada (Os milagres de Santiago, Legenda áurea)
- Prosa didáctica e xurídica : tratados sobre o coidado de animais, regulamentos de gremios, testamentos, contratos (Tratado de albeitaría, Arte de trovar, Livro de cambeadores)
                                                 OS SÉCULOS ESCUROS     
Entre os séculos XV e XVIII a nosa lingua desaparece dos círculos do poder e da cultura escrita; por isto as mostras de literatura culta (literatura escrita) en galego son practicamente inexistente. É o período coñecido como Séculos Escuros. Desta época só conservamos escasos textos de lírica culta, unha vizosa e abundante lírica popular, moitos contos e lendas populares e algunha obra de teatro como o “Entremés famoso sobre a pesca do  río Miño” (1671), de Gabriel Feixoo de Araúxo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario