A saúde, segundo a
Organización Mundial da Saúde (OMS),
é un estado de completo benestar físico, mental ou social, e non consiste só na
ausencia de enfermidades. As enfermidades son as alteracións do estado de saúde
dos individuos.
TIPOS DE ENFERMIDADES
ENFERMIDADES FÍSICAS : adoitan ter uns síntomas máis facilmente
recoñecibles (lesións, infeccións,
procesos dexenerativos). Poden ser :
- enfermidades infecciosas : débense a invasión do noso organismo por un
axente patóxeno (fungos, protozoos,
bacterias ou virus). Estes axentes patóxenos contáxianos a través do aire (virus da gripe), por medio dalgún
obxecto contaminado coma cubertos, xeringas (bacteria do tétano), por contacto físico directo (enfermidades de transmisión sexual =ETS)
ou pola inxestión dun alimento contaminado (bac-teria
da salmonela, virus do tifo, protozoos das amebas).
- enfermidades non infecciosas : debidas a outras causas.
ENFERMIDADES MENTAIS : provocadas por un mal funcionamento do cerebro (diminución da capaci-
dade mental) ou por algunha alteración da conduta.
ENFERMIDADES SOCIAIS : provocadas por un contorno social violento ou con
graves carencias econó- micas ou educativas.
AXENTES CAUSANTES DE ENFERMIDADES
INFECCIOSAS
- FUNGOS : aliméntanse de tecidos humanos, medran sobre a pel, as uñas e o pelo e son
moi contaxio-
sos (enfermidades producidas polos fungos : pé de atleta, tiña, candidíase).
- PROTOZOOS : entran no noso organismo ao berbermos auga sen potabilizar, ao tomarmos
alimentos contaminados ou pola picadura dun insecto e prodúcennos febre e
outros trastornos (protozoos parási- tos como o Plasmodium que causa a malaria; o
Toxoplasma que produce a toxoplasmose; a ame- ba que causa a amebíase).
- BACTERIAS : inféctannos a través dunha ferida, ao inxerir alimentos contaminados ou ao
inhalar aire contaminado (enfermidades
de orixe bacteriana : tétano, pneumonia, difteria, salmonelose).
- VIRUS : non son seres vivos, son cápsulas de proteínas que conteñen unha febra de
ADN ou ARN que é inxectada nas células. Cando a célula está infectada co ADN ou
ARN, fabrica máis virus que saen e infectan outras células (enfermidades víricas : gripe, catarro, sarampelo, rubéola, sida,
hepatite).
A TRANSMISIÓN DE ENFERMIDADES
INFECCIOSAS
- MICROORGANISMOS HABITUAIS : viven normalmente na nosa pel e mucosas sen
producirnos prexuizos.
- MICROORGANISMOS OPORTUNISTAS : invaden o organismo cando faltan os habituais.
- ORGANISMOS VECTORES : cando nos contaxia un animal dise que é vector da
enfermidade (a femia do mosquito
Anopheles pode transmitir, coa súa picadura, un protozoo chamado Plasmodium,
que infecta os glóbulos vermellos e causa a malaria. Neste caso, o mosquito é o
vector da enfermida- de).
- CONTAXIO : é o proceso polo que os axentes patóxenos pasan dun enfermo a outro san.
- EPIDEMIA : cando unha enfermidade infecciosa se estende por unha zona, afectando a un
número cada vez maior de persoas. Cando unha epidemia se estende por todo o
mundo chámase PANDEMIA.
-
ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN SEXUAL (ETS) : transmítense principalmente a través do contacto sexual e afectan
principalmente o aparello reproductor (ETS
: CANDIDÍASE, fungo que se
desenvolve na vaxina e produce un proído e unha secreción vaxinal abrancazada – GONORREA, bac- terias que invaden o
aparello reprodutor e excretor, producindo inflamación e micción dolorosa – SÍFILIS, bacterias que invaden o
aparello reproductor producindo úlceras externas e lesións internas e poden
provocar a loucura - HERPES XENITAL,
virus que infectan as células dos tecidos epiteliais, aparecendo chagas e
ampolas no pene, na vaxina, no ano e na boca – HEPATITE B E C, virus que infectan as células do fígado – SIDA OU VIH, virus que destrúen as
células do sistema inmunitario e o corpo perde capaci-
dade de defensa e pode
ocasionar a morte).
AS DEFENSAS DO NOSO ORGANISMO
O noso sistema
inmunitario neutraliza os axentes estraños que chegan ata o noso organismo e
posúe tres niveis de defensa :
- BARREIRAS FÍSICAS : a pel, a mucosa e outras substancias (suor, lágrimas, moco, cerume dos
oidos, saliva) impiden o paso de case todos os axentes patóxenos ao interior do noso
organismo.
- RESPOSTA INMUNITARIA INESPECÍFICA : cando un axente patóxeno entra no interior do
corpo, un tipo de glóbulos brancos, os monocitos, saen dos vasos sanguíneos
transformándose en fagocitos, fagocitando (capturando e dixerindo) os organismos patóxenos.
- RESPOSTA INMUNITARIA ESPECÍFICA : cando os fagocitos non son capaces de destruir o
axente patóxeno danlle sinal a outro tipo de glóbulos brancos, os linfocitos, que son capaces de
recoñecer e neutralizar un antíxeno (toda substancia recoñecida como estraña
polo noso organismo, e que é capaz de activar a resposta inmunitaria) fabricando
anticorpos (proteínas producidas polos linfocitos para neutralizar un antíxeno).
O TRATAMENTO DE ENFERMIDADES
INFECCIOSAS
- ENFERMIDADES PRODUCIDAS POR FUNGOS : trátanse con antimicóticos.
- ENFERMIDADES PRODUCIDAS POR BACTERIAS : trátanse con antibióticos.
- ENFERMIDADES PRODUCIDAS POR PROTOZOOS:trátanse con substancias
químicas específicas.
- ENFERMIDADES PRODUCIDAS POR VIRUS: cúranse con anticorpos
que produce o noso organismo.
Nalguhnas infeccións
graves inxéctase directamente un soro cos
anticorpos específicos para ese virus ou para a toxina bacteriana.
PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES
INFECCIOSAS
VACINA : é un preparado que contén os virus ou as bacterias causantes da infección,
pero mortos ou inactivados, e serve para que o noso sistema inmunitario
reaccione producindo anticorpos para evitar a infección.
AS LESIÓNS E AS ENFERMIDADES NON
INFECCIOSAS
CAUSAS DAS LESIÓNS (danos producidos nun órgano ou
nun tecido)
- DEBIDO A GOLPES : son traumatismos
e producen fracturas e contusións.
- DEBIDO A MORTE MASIVA DAS CÉLULAS : por deficiencias
metabólicas (falta dun nutriente, acumulación de substancias tóxicas), por falta de osíxeno (trombose).
- DEBIDO A ENFERMIDADES : tanto infecciosas como non infecciosas.
TIPOS DE ENFERMIDADES NON
INFECCIOSAS
- ENFERMIDADES METABÓLICAS : debido a insuficiente produción dalgunha hormona, a incapacidade das células para
asimilar determinados nutrientes, ou a incapacidade das lándulas dixestivas
para elaborar o zume dixestivo. (EX:
diabetes)
- ENFERMIDADES XENÉTICAS : debido a alteracións na información xenética. (EX: daltonismo, hemofilia)
- ENFERMIDADES DEXENERATIVAS : debido á morte progresiva das células dun órgano. (EX: artrose, Alzheimer)
- ENFERMIDADES AUTOINMUNES : prodúcense se o sistema inmunitario reacciona
contra o propio organismo.
- ENFERMIDADES POR PROLIFERACIÓN CELULAR : cando as células comezan a reproducirse en
exceso, orixinando un tumor. Se o
tumor produce a morte das células de arredor del, dise que é maligno. (EX: cáncer)
A PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES.
HÁBITOS SAUDABLES.
- TOMAR MEDIDAS PROFILÁCTICAS : a profilaxe é un conxunto de medidas que se poden adoptar para
evitar unha infección (lavar ben
calquera ferida ou queimadura e desinfectar – non compartir utensilios como
cepillos de dentes, cubertos, vasos –
usar preservativo nas relacións sexuais – evitar o contacto con obxectos sucios
– usar zapatillas de goma e traxe de baño para evitar o contaxio de fungos).
- EVITAR FACTORES DE RISCO : evitar seguir dietas desequilibradas (doces, bolos, graxas animais)– evitar
consumo de substancias nocivas (tabaco,
alcohol, drogas).
- ADOPTAR HÁBITOS SAUDABLES : usar a luz adecuada – protexer os ollos e a pel da
radiación solar – seguir unha dieta variada – realizar un exercicio físico –
descansar o tempo necesario.
OS ACCIDENTES. PRIMEIROS AUXILIOS
Podemos evitar moitos
accidentes se tomamos unhas precaucións básicas : - respectar as normas de
circulación viaria – non manipular aparellos eléctricos
estando descalzos – ser moi prudentes ao usar ferramentas – empregar lentes
protectoras – usar escaleiras en boas condicións.
A DOAZÓN DE CÉLULAS, TECIDOS E
ÓRGANOS
Transplantar
é sustituir un órgano enfermo. Autotransplante é cando se emprega células ou tecidos do mesmo
paciente. Xenotransplante é cando se
usan órganos ou tecidos de orixe animal.
Tipos:
-
Transplante de órganos e tecidos: Son moitos os
órganos que poden ser trasplantados (corazón,
ril,fígado, etc.).
Unha transfusión
de sangue pódese considerar como un transplante xa que se trata dun tecido
líquido.
-Trasplante
de células (espermatozoides
ou óvulos): úsanse células nai que poden ser embrionarias ou adultas.
Os trasplantes poden plantexar varios
problemas:
- Rexeitamento : o
sistema inmune do receptor recoñece que o órgano trasplantado non pertence ao
organismo e destrúeo. Para evitar isto adminístranse inmunodepresores ás persoas
trasplantadas
-
contaxio de enfermidades : como a sida e a hepatite
- a
escasez de órganos : xa que aínda que españa é o país
con máis doantes, os prazos de espera son moi longos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario