miércoles, 5 de junio de 2013

resumen do libro Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro

AGOSTO DO 36 (Xosé Fernández Ferreiro)
En Agosto do 36 (Premio Xerais de 1991), Fernández Ferreiro aborda o tema da Guerra Civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o "paseo" do que foi vítima unha parella de profesores rurais, Gregorio e Sara,de ideoloxía "vermella", nunha remota aldea da serra de Ourense, un mes despois do alzamento militar. Na súa novela, Fernández Ferreiro renuncia ás fórmulas automemorialísticas e á primeira persoa para optar por un narrador ominisciente que reconstrúe, cincuenta anos despois e a partir das testemuñas veciñais, as violentas mortes desta parella. O autor conduce con grande axilidade ao lector pola trama da novela, e somérxese nunha atmosfera asfixiante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote
TEMA :  é unha obra na que se narra a situación de Galicia durante a guerra civil española.
ARGUMENTO : Xosé Fernández Ferreiro trata de volver aos inicios da guerra civil na que os falanxistas xuran limpar España de comunistas. Introducíndose nas situacións vividas nesa época, ademais dos métodos empregados para esa "limpeza", a obra reflicte un caso concreto dos moitos que neses momentos ocorrían. A historia do libro plasma o profundo odio que sente un falanxista , Manuel o Garabís, cara a un mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor dunha muller, Sara. A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que sente a nivel persoal contra Gregorio. A atrocidade toma forma de persoa no falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e por último, asasinar a muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara (a mestra e muller de Gregorio) unha vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos máis infa- mes levados da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser humano.
RESUMEN : Os protagonistas principais son Sara e Gregorio; un matrimonio de mestres que se coñecían dende a infancia. Esta parella é perseguida por un grupo de falanxistas encabezado por Manuel "O Garabís", cuxo pai estaba enfrontado dende a mocidade co pai de Gregorio, ao que chamaban "O Xirandón". A causa do seu enfado era por mor de que "O Xirandón" lle quitou a moza ao "Garabís". Os falanxistas (Manuel, Leonardo, Xan, e Luís) estaban moi interesados na captura de Gregorio pero das veces que o intentaron, Sara díxolles que o seu home se atopaba de viaxe. Estes, fartos xa da situación, decidiron secuestrar a Sara para que Gregorio a fose salvar e poder apresalo. Sara foi levada á "Touza" (un lugar afastado, de tempe- raturas moi bruscas), onde a tiveron retida. Eles apenas baixaban á vila, xa que os alimentos que precisaban leváballos o taberneiro Lázaro, quen estaba tan namorado de Sara que o levou a obsesionarse. Durante unha longa e intensa semana, Gregorio non deu sinais de vida, só se comunicaba con Sara mediante o canto da perdíz que aprendera a facer de rapaz.
Un día Lázaro díxolles aos secuestradores que vira a Gregorio na súa casa. Luís e Leonardo baixaron para asegurarse, pero alí non atoparon a ninguén. Despois, cando xa estaban de regreso na Touza, Luís oíu un ruido no monte e disparou, pensando que era Gregorio o que alí se atopaba. Manuel, nervioso por esa situación, e como o mestre non daba aparecido decidíu matar á fermosa e esbelta mestra, quen non facía máis que chamar por Gregorio.  Ao rematar todo isto a rapaza quedou alí tirada no chan rodeada de sangue e eles dispuxéronse a baixar cara á aldea. De camiño atoparon a Gregorio tirado no chan morto.
Mataríase Gregorio, ou sería o disparo do "Garabís" quen rematou coa vida deste???
ESTRUTURA : é unha estrutura clásica de exposición - nó - desenlace na que, sen embargo, o desen- lace coñécese ao comezo, xa que a obra comeza coa nova dos asasinatos de Sara e Gregorio. Estamos polo tanto diante un final anticipado. Con todo, o autor consigue manter a tensión e a intriga durante toda a obra. A obra divídese en dúas partes que, á súa vez están formadas por capítulos moi curtos
“O cerco” (8 capítulos)“A execución” (15 capítulos).
NARRADOR : atopámonos con dous narradores que se ocupan de cadansúa parte :
Narrador testemuña (“O cerco”) : representado polos veciños de Abades, narra desde o presente un feito que aconteceu 50 anos antes :
- É un relato literaturizado, pero con aparencia de literatura oral.
- Segue linealmente a vida de Sara e Gregorio desde a infancia, é unha ollada introspectiva que se estende ata o momento no que prenden a Sara.
- Infórmanos da rencilla entre o Garabís e o Xirandón por causa dunha muller, feito que se repite cos
seus fillos (Manuel e Gregorio respectivamente), o que nos amosa que as causas da represión son en ocasións persoais, non só políticas.
- Amosa a actitude do clero diante a durísima represión, que a ignora ou mesmo colabora con ela. Así, don Xenaro non fai nada para salvar a Sara.
-  Estre narrador popular introduce elementos que anuncian o terrible desenlace (“lúa tinxida de san- gue”).
- Nalgún momento hai un imperfecto narrador testemuña (páxinas 79, 80, 81) que fala das conxec- turas dos veciños para intentar salvar Sara.
Narrador omnisciente en terceira persoa (“A execución”) : Narra os acontecementos desde que co- llen a Sara o día 13 de agosto ata que a matan o día 17 ás 3 da tarde, eses cinco días de angustia, de  carraxe contida que se mesturan con lembranzas de soños imposibles :
- Hai un cambio de escenario de Abades á Touza, un lugar caracterizado polo misterio no que Sara agoniza eses 5 días. Só hai dous momentos nos que a acción sae do escenario da Touza na segunda parte :
- No capítulo XIV a acción volve a Abades para describir o ambiente que se respira entre os veciños  ante a situación na que está Sara.
- No capítulo XVII os falanxistas van a Abades para intentar apresar a Gregorio.

PERSONAXES
SARA E GREGORIO
LÁZARO (o taberneiro) : o personaxe mellor caracterizado psicoloxicamente e que vencella os dous escenarios da segunda parte :
- Sente un amor imposíbel por Sara, tena idolatrada. Esa visión sublime e platónica mesturarase cos seus instintos máis  primarios cando a ve espida.
- É unha persoa covarde que, malia a admiración que sente por Sara, non é quen de salvala dos falan- xistas, aínda desprezándoos.
- O seu físico lembra a don Celidonio de O porco de pé.
FALANXISTAS : todos con caracteres negativos (definidos coma “desertores do arado”), seres des- prezables, cheos de odio, amigos das armas, o que se acompaña dunha fala soez. Pero teñen diferentes motivacións :
O Garabís, Manuel :
- O único cunha motivación clara, aínda que iso non o xustifique, xa que a muller dos seus soños está casada con outro e repítese a historia do seu pai e de Gregorio.
- É de caste ruín e está loitando a súa propia guerra, feito do que se decatan os outros.
- Está namorado de Sara e, aínda que diante dos seus compañeiros quere quedar coma un machote, impide a súa violación.
- Hai un triunfo do torturado sobre o torturador xa que a vontade de Sara é infranqueábel, polo que está psicoloxicamente nas súas mans, xa que ela está namorada do seu marido.
Luís : é un personaxe tipo, un señorito convencido da ideoloxía de Primo de Rivera que defende os pri- vilexios da súa clase social. É un personaxe ruín e un dos seus disparos acaba accidentalmente coa vida de Gregorio, pero non se atreve a darlle o tiro de graza.
Xan : é un home sen vontade, sen criterio propio, que acata a autoridade do Garabís (cando se discute se violar ou non a Sara).
Leonardo : un home “sen oficio coñecido”, un parasito que, a diferenza de Luís, é un pervertido sexual. Quere violar a Sara e, ao non o conseguir, oponse ao Garabís e pretende deixar o grupo.

OUTRAS CARACTERÍSTICAS
- Creación dunha atmosfera de medoterror violencia.
- Paisaxe chea de vida, con sentido  hilozoísta : unha paisaxe rural con alma, con espírito propio.

- Presenza abafante do sol e da calor

1 comentario: