1. TERMOS. DEFINE E LOCALIZA :
ILUSTRACIÓN : foi un movemento filosófico
e cultural que naceu en Francia no S. XVIII e pretendía a transformación total
da sociedade en todos os seus aspectos. Consideraba o ser humano o centro do mundo e a
razón como base do progreso.
DESPOTISMO ILUSTRADO : foi un sistema político que
naceu da aplicación das ideas ilustradas por par
te da monarquía absoluta no S. XVIII, onde fan reformas
económicas e culturais baseadas na ilustración.
ENCICLOPEDIA : as ideas ilustradas
difundíronse por Europa, no S. XVII, en gran medida grazas á pu- blicación en
Francia da Enciclopedia, diccionario razoado das ciencias, artes e
oficios. Foi dirixida por Diderot e D’Alembert e participaron na obra autores
como Rousseau, Quesnay e Voltaire.
DECRETOS DE NOVA PLANTA : conxunto de leis que promulgou Filipe V para eliminar foros e institucións,
pasando así a ser un reino centralizado.
ANTIGO RÉXIME : sistema político, económico
e social que caracterizaba ás monarquías europeas do século XVIII e caracterízase por
ter unha
sociedade estamental, un sistema económico que se baseaba no sector primario cunha organización
feudal e gremial e unha monarquía absoluta como sistema político.
DIVISIÓN DE PODERES : é a distribución das funcións do Estado en :
poder lexislativo (Cortes), xudicial (Tribunais) e executivo (goberno).
FISIOCRACIA : pensamento económico que cree que a agricultura era a base da riqueza
dun país e na propiedade privada da terra.
LIBERALISMO ECONÓMICO : Adam Smith afirmou que a principal fonte de
riqueza das nacións é o tra- ballo dos seus habitantes e deben actuar
libremente, sen a intervención do Estado.
GUERRA DE SUCESIÓN ESPAÑOLA : conflito que abarca dende 1701 ata 1714 debido á
morte sin descendente de Carlos II de Austria, enfrontándose polos seus
dereitos ao trono Francia e Austria, con- vertíndose nunha guerra europea e
civil.
CENTRALIZACIÓN POLÍTICA : a política
facíaa o rei e o seu gabinete, o poder reside no rei que escolle libremente os
ministros, que só teñen autoridade mentres teñen a confianza do rei.
TRATADO DE UTRECHT : firma da paz en 1714 que remata coa Guerra de Sucesión Española perdendo
territorios a favor do Reino Unido e Austria.
2. DATAS E PERSONAXES :
1700 :morte de Carlos II e imposición do absolutismo borbónico
con Filipe V
1714 : fin da Guerra de
Sucesión coa firma do Tratado de Utrecht
MONTESQUIEU : filósofo francés do S. XVII que establece a división de poderes. Sería a
base dos futuros gobernos da Idade Contemporánea, primeiro cun sistema liberal
e logo cun sistema democrático.
QUESNAY : economista do S. XVII que
crea a teoría da fisiocracia na que defendía que a riqueza dunha economía
dependía da agricultura. A súa teoría servirá para sacar a terra das mans de
quen non a traballa (nobres e clero) e pasarlla aos campesiños.
Ao mesmo tempo será a base da futura Revolución Industrial.
ADAM SMITH :economista inglés do S.
XVIII que crea a teoría do liberalismo económico. Quere suprimir a organización
gremial propoñendo unha liberdade
económica sen intervención do estado e coa lei da oferta e da demanda. A súa
teoría axuda ao desenvolvemento da Revolución Industrial, pero ao mesmo tempo
establece as bases do capitalismo.
CARLOS III : rei de España no século XVIII, o seu reinado é un
exemplo claro de despotismo ilustrado. Realiza varios intentos de reformas
agrarias e cambios estruturais
FELIPE V : foi o primeiro rei da dinastía dos Borbóns e
implantou un modelo de goberno absolutista fran- cés, eliminando reinos e
centralizando a administración cos decretos de Nova Planta.
ROUSSEAU : establece a soberanía nacional, onde o poder teno a nación (o conxunto de cidadáns),
os cidadáns establecen un pacto co estado (a Constitución), polo que o rei é un simple representante do poder da nación.
3. REALIZA UNHA
FRASE COHERENTE EXPLICANDO E UNINDO DOUS TERMOS :
QUESNAY – FISIOCRACIA:Quesnay, economista
do S. XVII, crea a teoría da fisiocracia na que defendía
que a riqueza dunha economía dependía da agricultura. A súa teoría
servirá para sacar a terra das mans de quen non a traballa (nobres e clero) e pasarlla aos campesiños.
ADAM SMITH – LIBERALISMO ECONÓMICO : Adam Smith, economista
inglés do S. XVIII, propón unha liberdade económica sen intervención do estado
e coa lei da oferta e da demanda, suprimindo a organización gremial, creando
así a teoría do liberalismo económico.
CARLOS III – DESPOTISMO ILUSTRADO
: Carlos III, rei
de España no século XVIII, que realiza
varios intentos de reformas agrarias e cambios estruturais, claro exemplo de
despotismo ilustrado.
FELIPE V – CENTRALIZACIÓN POLÍTICA : Felipe V introduce en España a monarquía
absoluta, intenta resolver os problemas aplicando fórmulas francesas do
absolutismo, como a centralización política, onde o poder reside no rei.
1714 – TRATADO DE UTRECHT : A Guerra de
Sucesión rematou coa firma de paz do Tratado de Utrecht en 1714, polo que España
convértese nun estado con poucas influencias en Europa, perdendo os últimos
territorios europeos.
4. ARGUMENTA
EXPLICANDO DETALLADAMENTE :
- compara a monarquía
absoluta coa monarquía parlamentaria poñendo un exemplo de cada unha :
monarquía absoluta : o rei tiña todos os poderes (executivo, xudicial, lexislativo), Parlamentos estamentais
convocados polo rei, o pobo convértese en súbdito, sen dereitos nin leis que os
protexan, o poder xudicial reside no rei e os seus representantes. O poder real
era de orixe divina e hereditario. Exemplo, en Francia Luis XIV e en España
Felipe V.
monarquía parlamentaria : o rei posúe o poder executivo e intervén no
lexislativo, os Parlamentos tiñan poder lexislativo e controlan ao gobernó, o
pobo convértese en cidadán, con dereitos e leis que os protexen, o poder
xudicial reside nos tribunais. O poder real era hereditario. Exemplo, en
Inglaterra
- describe
as características do Antigo Réxime no aspecto social :
A sociedade
estamental era a forma de organización social característica do Antigo
Réxime; orixinouse na Idade Media e era estática porque non podían cambiar de
grupo social (a
alta burguesía e a nobreza sí podían cambiar). Dividíase en :
privilexiados (nobreza e clero) : tiñan poder político e
económico, existindo diferenzas entre eles.
non privilexiados (campesiños, artesáns e
burgueses) : as diferenzas entre eles eran moi fortes. Pagaban impostos, non tiñan
poder político, pero sí económico, sobre todo a burguesía.
- por que
Rousseau decía que o poder non pertencía ao pobo unha vez elexidos os seus
representantes? Como vía o ser humano Rousseau e cal era a forma de seguir
mantendoo así? Que era para él o Contrato social? De que poderes falaba
Montesquieu? Cales foron as consecuencias para a posteridade dos dous
pensadores?
Unha vez elexidos os representantes, os cidadáns permiten ao Estado
exercer o poder no seu nome. Para Rousseau o home nace libre, e para seguir mantendoo así, hai que obedecer ás leis
que se establezan mediante un Contrato Social, que era para Rousseau un pacto
dos cidadáns co goberno (Constitución). Montesquieu falaba da
división dos poderes executivo, lexislativo e xudicial. Estes pensamentos
serían a base dos futuros gobernos da Idade Contemporánea, primeiro cun sistema
liberal e logo cun sistema democrático.
- Cales foron
os dous economistas máis representativos do S. XVIII? De que foron o precedente
e por que?
Quesnay, que crea a teoría da fisiocracia e serve para sacar a terra das
mans de quen non a traballa (cle- ro e nobres) e pasarlla aos campesiños,
ao mesmo tempo sería a base da futura Revolución Industrial.
Adam Smith, que crea a teoría do liberalismo económico e axudará ao
desenvolvemento da Revolución Industrial, pero ao mesmo tempo establece as
bases do capitalismo.
- Influencias
da Ilustración no Despotismo ilustrado. Nomeando monarcas ilustrados
representativos e o país respectivo.
O despotismo
ilustrado foi un sistema político que naceu da
aplicación das ideas ilustradas por parte da
monarquía absoluta. Fixeron reformas de tipo económico e de tipo cultural e
ao mesmo tempo melloraron o aspecto das ciudades, pero non tocaron nin o poder
político nin a estrutura social, mantendo a sociedade estamental. Reinos
e monarcas ilustrados representativos : - reino
de España (Carlos
III) – reino de Francia (Luis XV) – reino
de Austria/Hungría (Teresa
de Austria) – reino de Prusia (Federico II) – reino de Rusia (Catalina)
- Explica a Guerra de
Sucesión española, coas súas causas e consecuencias tanto no exterior como no
interior, especificando tratado e cronoloxía.
A causa principal da Guerra de Sucesión (1701-1714) foi a falta de sucesor por parte de Carlos II e ao mesmo
tempo a existencia de dous pretendentes ao trono español (Felipe de Borbón, Francia e Carlos de Habsburgo, Austria). Desaparece a
dinastía dos Austrias e implántase a dos Borbóns. Francia representaba unha
monarquía absoluta cun estado fortemente centralizado que se impuxo en España
coa nova dinastía dos Borbóns. Os territorios que apoiaron a Carlos de
Habsburgo foron Baleares, Valencia, Aragón e Cataluña e os que apoiaron a Felipe de Borbón foron Castela,
País Vasco e Navarra. A chegada de Filipe V
supuxo a desaparición dos distintos
reinos e a centralización administrativa (cos
Decretos de Nova Planta), dependendo
todo dun goberno central a través dunha monarquía absoluta. A Guerra de
Sucesión rematou coa firma de paz do Tratado de Utrecht (1714) polo que España
convírtese nun estado con poucas influencias en Europa, perdendo os últimos
territorios europeos (Menorca e Xibraltar
pasan ao Reino Unido e Italia e Flandes pasan a Austria), en pago aos distintos países pola guerra.
5. COMENTA E
CLASIFICA AS SEGUINTES DIAPOS (OBRA, AUTOR, SÉCULO, ESTILO E LUGAR)
Obra :
familia de Carlos IV - Autor : Goya -
Século : XIX - Lugar : Museo do Prado de Madrid
Estilo : neoclásico
Comentario : Goya
inspirouse nas Meninas de
Velázquez que pinta á familia de Filipe IV con cariño e respeto, mentres que
Goya pinta a famila de Carlos IV facendo unha moi forte crítica dos principais
membros. Nas dúas obras aparecen os pintores, á esquerda do cadro; no medio
está a raiña María Luisa, arrogante e dominante; a súa esquerda está o rei
Carlos IV, bonachón e manipulado; no outro lado está o futuro Fernando VII,
prepotente; e detrás del o seu irmán, o príncipe Carlos.
Obra :
Os fusilamentos da Moncloa - Autor : Goya - Século : XIX - Lugar : Museo do Prado de Madrid
Estilo : romántico
Comentario : esta obra fai parella coa Carga dos Mamelucos.
Goya faino como unha loubanza do pobo español
durante
a Guerra da Independencia. Pero ante todo fai unha crítica feroz da guerra,
poñendo os soldados como máquinas de matar sen identificalos cun país
determinado, ao mesmo tempo os guerrilleiros españois perden toda a valentía e
o patriotismo ante a norte. Ao fondo, o pobo durmido simboliza a pasividade da
xente ante a guerra; a luz do candíl é o símbolo da razón que debe alumbrar ao
ser humano para non cometer estas atrocidades; e a camisa blanca do guerrileiro
que vai ser fusilado é o símbolo da paz.
Obra : Saturno
devorando os seus fillos - Autor :
Goya - Século : XIX - Lugar : Museo do Prado de Madrid - Estilo : Pinturas Negras
Comentario : basado
na mitoloxía grega e romana na que Saturno devora os seus fillos para evitar
que un deles o destronase. Goya pinta nas paredes da súa casa este tema como
metáfora da crueldade do rei Fernando VII cara os seus súbditos que pedían a
abolición da monarquía absoluta e a restauración da Constitución de 1812. A Saturno
pintáo como un ser vello e terrible anclado no pasado con cores negras e o roxo
violento do seu fillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario