viernes, 13 de abril de 2012

resumen galego 3º eso temas 4-5-6 : FORMACIÓN DE PALABRAS, O PLURAL DAS PALABRAS COMPOSTAS, O ACENTO DIACRÍTICO, CASOS PROBLEMÁTICOS DE ACENTUACIÓN, CLASIFICACIÓN DAS ORACIÓNS COMPOSTAS, USO DO GUÍÓN: SEPARACIÓN DE PALABRAS A FINAL DE LÍÑA

FORMACIÓN DE PALABRAS
O LEXEMA é a parte da palabra que permanece inalterable,  achega o significado léxico e é a base da fa- milia léxica (mareiro, marea ,maremoto)
O SUFIXO é o morfema que colocamos despois do lexema (mareiro, marea, maremoto).  
O PREFIXO é o morfema que vai antes do lexema (submarino)
- PREFIXO DE ORIXE GREGA : a-/an- (negación),  anti- (encontra de), endo- (dentro de), exo- (fóra de),
hiper- (posición superior, abundancia), hipo- (posición inferior, escaseza), macro- (tamaño superior), mi-cro- (tamaño inferior
- PREFIXO DE ORIXE LATINA : co-/con- (compañía), des- (acción contraria), extra- (fóra de), in-/i- (ne-gación), pre- (anterioridade), pos(t)- (posterioridade), re- (repetición), sub-,su-,so- (Inferioridade)
Para a formación de palabras novas a partir das xa existentes hai tres procedementos :
FORMACIÓN DE PALABRAS POR DERIVACIÓN : é un procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un lexema prefixos e sufixos (panadeiro, submarino)
FORMACIÓN DE PALABRAS POR COMPOSICIÓN : é un procedemento de formación de palabras novas consistente na unión de dúas ou máis palabras (xordomudo, tapacubos, afíalapis)
FORMACIÓN DE PALABRAS POR PARASÍNTESE : este procedemento é unha combinación dos dous anteriores. Primeiro formamos por composición una palabra (picapedra) e despois engadimos un sufixo
(picapedreiro). Outras palabras formadas por parasíntese (paragüeiro, norteamericano, tornasolado, setemesiño, altofalante)

O PLURAL DAS PALABRAS COMPOSTAS
a) Se os dous elementos están soldados nunha única palabra, forman o plural como o segundo elemento (viandante, viandantes)
b) Se o segundo elemento é un monosílabo rematado en –l, forman o plural engadindo –es (cartafol, cartafoles)
c) Se o segundo elemento xa está en plural, son invariables (o gardamontes, os gardamontes)
d) Se os dous elementos se escriben separados e o segundo elemento é un adxectivo, cada un deles escríbese en plural (garda civil, gardas civís), se o segundo elemento é un substantivo, vai só en plural o primeiro elemento (camión cisterna, camións cisterna)

O ACENTO DIACRÍTICO
Permite diferenciar na escrita palabras que se escriben igual pero teñen un significado diferente :
á (das aves, preposición a + artigo a) - a (artigo; pronome átono; preposición) - pé (do corpo) - pe (letra) -as (artigo; pronome átono) -  ás (plural de á; da baralla; preposición a + artigo as) - ca, cas (conxunción e preposición respectivamente) - cá, cás (conxunción ca + artigos a, as) - cha, chas (pronome átono che + artigos a, as) - chá, chás (plana) - da, das (preposición de + artigos a, as) - dá, dás (verbo dar) - e (con-
xunción) - é (verbo ser) - mais (conxunción) - máis (adverbio de cantidade) - por (preposición) - pór (sinónimo de poñer) - se (conxunción; pronome átono) - sé (imperativo do verbo ser; sede eclesiástica) - besta (animal doméstico para carga e transporte) - bésta (arma que dispara frechas) - bola (peza de pan) - bóla (corpo esférico) - co, cos (preposición con + artigos o, os) - có, cós (conxunción ca + artigos o, os) - compre, compren (verbo comprar) - cómpre, cómpren (verbo cumprir: ser necesario) - do (preposición de + artigo o) - dó (sentimento de compaixón; nota musical) -fora (verbo ser ou ir) - fóra (adverbio de lugar) - no (preposición en + artigo o) - nó (atadura) - nos (preposición en + artigo os; pronome átono) - nós (plural de nó; pronome tónico) - o, os (artigo; pronome átono) - ó, ós (preposición a + artigos o, os) - oso (mamífero carnívoro) - óso (parte do esqueleto)  - pe, pes (nome da letra «p») - pé, pés (extremidade do corpo) - pola (galiña; preposición por + artigo a) - póla (parte dunha planta) - presa (dique, peza de caza, reclusa) - présa (rapidez, apuro) - so (preposición: baixo, debaixo de) - só (adxectivo e adverbio) - te (pronome átono; nome da letra «t») - té (infusión) - ven (verbo ver; imperativo de vir) - vén (verbo vir) - ves (verbo ver) - vés (verbo vir) - vos (pronome átono) - vós (pronome tónico)

CASOS PROBLEMÁTICOS DE ACENTUACIÓN
Non levan acento os adverbios rematados en -mente, o pronome el e os pronomes demostrativos, os 
interrogativos e exclamativos (menos os interrogativos indirectos: Dille qué tes = que che pasa / Dille que tes = que si tes algo) – seguen as regras de acentuación as palabras compostas sen guión, os latinismo e os estranxeirismos (autobús, espécime,smóking)

ORACIÓN SIMPLE : está formada por un predicado (un verbo) 
ORACIÓN COMPOSTA : é a unión, mediante un elemento de enlace (E), e dúas ou máis proposícíóns. Unha   proposición é cada unha das partes, con suxeito e predicado, que constitúe unha oracíón composta, é dicir, está formada por dous predicados (dous verbos)

CLASIFICACIÓN DAS ORACIÓNS COMPOSTAS
- XUSTAPOSTAS : van unidas por comas (Xogo, canto, corro)
- COORDINADAS : van unidas por conxuncións coordinadas (Chamei a Marta e ela vísítoume)
- SUBORDINADAS : van unidas por conxuncións subordinadas (Chamei a Marta porque estaba enfermo)
 ORACIÓNS COORDINADAS 
- COPULATIVAS : e, nin, e mais, a mais
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante(s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo 
- DISTRIBUTIVAS : ou...ou, xa...xa, volta...volta, quer...quer, ben...ben, nin…nin, ora…ora
 ORACIÓNS SUBORDINADAS SUBSTANTIVAS
- DE SUXEITO (SUX) : Enlace (E) : conxunción que (Alegroume moito que  viñeses.) e pronomes relativos  quen e que precedido de artigo (Quen teña frío pode coller unha manta - Os que chegaron tarde non atoparon sitio libre.). Pode sersubstituída por una frase nominal e polo pronome “isto”.
- DE COMPLEMENTO DIRECTO (CD) : Enlace : conxuncións que e se (Non creo que cheguemos a tem- po. - Pregúntalle se recibíu a carta) ou calquera pronome ou adverbio interrogativo (Dime quén che conto u esa historia.- Explícame cómo se fai este problema.). Pode ser substituídapolos pronomes persoais o, no, lo
- DE ATRIBUTO (ATRIB) : Enlace : verbo copulativo (ser, estar, parecer, asemellar) (A razón é que perdemos o tren. - O noso desexo é pasar as vacacións no Caribe.)  
- DE MODIFICADOR (MOD) : Enlace : unha preposición (Teño confianza en que todo remate ben .
MOD dun substantivo - Estou contento de que veñas con nós. MOD dun adxectivo)
ORACIÓNS SUBORDINADAS ADXECTIVAS OU DE RELATIVO : Enlace: os pronomes relativos que, cal, quen, canto e onde. Tamén poden ir precedidos de preposición.  Poden ser substituídas por un ad- xectivo (A muller que atopamos na rúa é a nosa directora. → A muller  atopada na rúa é a nosa directora - Xa venderon a casa da cal che falei. A casa vendida da cal che falei)
ORACIÓNS SUBORDINADAS ADVERBIAIS : Enlace : conxunción ou locución conxuntiva
-  DE LUGAR : Enlace : adverbio onde ou a locución onde queira que (Atopeino onde ninguén o buscara. - Dille onde queira que estea que o hei atopar.)
- DE TEMPO : Enlace : cando, mentres, namentres, en canto, ata que, cada vez que, antes de que,
 despois de que.. (Cando saias da casa, pecha a porta con chave.)
- DE MODO : Enlace : como, segundo, conforme, de modo que, de xeito que, coma se.. (Fai o traballo como ti sabes.)
- CAUSAIS : Enlace : porque, xa que    
- CONSECUTIVAS : Enlace : así que, de modo que, logo
- CONCESIVAS : Enlace : ainda que, anque, malia, a pesar de que 
- CONDICIONAIS : Enlace : se, sempre que, con tal de que, con tal que 
- FINAIS :  Enlace : para que, que, a fin de que 
- TEMPORAIS : Enlace : cando, mentres, entrementres, mentras tanto
- COMPARATIVAS: {igualdade} tan + adx. coma (nomes e pronomes) / como (con verbos) {inferioridade} menos + adxec + ca (con nome e pronomes) / do que (con verbos) {superioridade} máis + ad- xectivo + ca (con nomes e pronomes ) do que (con verbos

USO DO GUÍÓN: SEPARACIÓN DE PALABRAS A FINAL DE LÍÑA
Regra
Exemplo
incorrecto
correcto
Non se poden separar sílabas.
amer-
icano
ameri-
cano
Adoita evitarse deixar unha vocal soa.
a-
vestruz
aves-
truz
Os dígrafos forman unha unidade e non se poden separar.
ningun-
ha
ningu-
nha
Cando o guión de final de liña coincide con outro (2ª forma do artigo, palabras compostas), cómpre repetilo ó comezo da liña seguinte.
come-
lo pan
come-
-lo pan

No hay comentarios:

Publicar un comentario