AS MIGRACIÓNS
MOTIVOS PARA EMIGRAR
- POLA BUSCA DE TRABALLO : xa que aquí é moi escaso, debido á economía. Tamén emigran a lugares rurais, xa que alí poderán ter fillos que os axuden coas tarefas cotiás e non supoñeran gastos, como nas cidades, que ao haber traballo, os fillos supoñen carga e gastos. Emigraríase porque non hai traballo onde vivimos e polo tanto hai que marchar a por oportunidades, porque o traballo pode ser mellor co que teño aquí, o que me da a oportunidade de sacar unha carreira, e ademais teño un mellor salario.
- POLA CALIDADE DE VIDA : un país pode ofrecer mellor calidade de vida ca outro, como os servizos, dereitos, seguridade, infraestructuras, estradas, etc. non se poden realizar no lugar de residencia.
- POR MOTIVOS POLÍTICOS : falta de dereitos, guerra, persecucións, inseguridade…
- PARA ESTUDAR : ás veces non se poden realizar no lugar de residencia.
- PARA IR DE VACACIÓNS : para descansar un pouco do traballo que hai nas cidades.
MOTIVOS PARA NON EMIGRAR
- ARRAIGO : relación que tes co lugar onde vives, familia, amigos, etc. Falta de recursos, non emigra quen quere, senón quen pode. En principio a xente está arraigada nos lugares onde nace. Un motivo e recursos é o que fai falta para emigrar. O motivo principal é o traballo, despois o político.
MOVEMENTOS ESPACIAIS
Poden ser naturais ou espaciais. Os espaciais son os desprazamentos das persoas nun territorio, como a emigración e a inmigración. Tres tipos de movementos espaciais :
- A MOBILIDADE : son os desprazamentos frecuentes por motivos cotiás, como o formativo, o laboral, de ocio, mercado, sanidade.
- EMIGRACIÓN : como as vacacións ou turismo, a xente entra e sae do seu territorio. O turismo pode prolongarse en 6 meses como moito.
- MIGRACIÓN : só é un tipo de movemento espacial si dura máis de 6 meses e hai que cambiar de localidade. Polo tanto é un cambio de residencia durante máis de 6 meses.
Hai dúas maneiras de ver a migración, de entrada (inmigración) e de saída (emigración).
DURACIÓN E ÁREAS DAS MIGRACIÓNS
Poden ser estacionais, temporais e permanentes :
- AS ESTACIONAIS : son as que se realizan para facer unha tarefa de varias semanas, son turísticas e . Para realizar unha colleita e traballar nun hotel en verán, os traballadores repiten cada ano.
- AS TEMPORAIS : son unha migración cun tempo limitado con idea de volver, dura varios anos.
- AS PERMANENTES : son as que non se pensa en regresar.
DESDE O PUNTO DE VISTA ESPACIAL
Desde o punto de vista espacial, a principal é o éxodo rural que consiste en trasladarse permanentemente do campo á cidade. As migracións poden ser dentro (interiores) ou fóra do país (internacionais). Polo tanto toda migración supón atravesar : un límite administrativo, fronteiras de países, provincias de concellos.
MIGRACIÓNS POR MOTIVOS POLÍTICOS
Cando unha persoa é perseguida no seu país por motivos políticos foxe a outro país e solicita asilo político que é acoller a unha persoa perseguida noutro país e é unha obrigación dos estados democráticos. Cando hai un conflicto violento nun país (unha guerra) afecta a poboación civíl. Son civís os que non participan nesa guerra pero sófrena por grupos armados. Polo tanto esas persoas fuxen e son poboación civíl que fuxen dos seus fogares por inseguridade. Denomínanse desprazados, os que permañecen no seu país pero fóra do seu pobo. Os refuxiados pasan a outro país. Actualmente hai 20000000 de refuxiados no mundo e máis de 50000000 desprazados. En Afganistán hai desprazados e refuxiados que se foron a Pakistán. No Sahara hai saharaouis refuxiados en Arxelia. Hai máis de 1000000 palestinos en Israel porque ocupa o territorio de Palestina e a súa poboación son xudeos que emigraron a ese país. A principios do S. XX había 20000 xudeos e a finais 1000000 de xudeos. Os palestinos foron expulsados. Desprazados e refuxiados pódense producir por motivo de violencia ou por catástrofes naturais. As persoas que reciben asilo chámanse asilados. A deportación é cando unha persoa é trasladada forzosamente dun territorio a outro. España reclama a Venezuela que lle entregue ás persoas que cometeron un delito en España. Os países non democráticos poden castigar aos seus cidadáns expulsándoos do seu territorio. O desterro era a pena por ser expulsado dun territorio.
VOCABULARIO : Asilo – asilado – refuxiado – desprazado – deportación – desterro
Todas elas son formas de mobilidade forzada por motivos políticos ou catastróficos. Nas migracións as persoas deciden e na mobilidade forzada non. No mundo hai 7000 millóns de hab. Nos cales o 3% son migrantes. O 1% da poboación mundial tivo que trasladarse forzosamente.
A EMIGRACIÓN GALEGA
É algo que se produciu dende hai moitos séculos, no caso de España, como empeza a descubrirse América NO s. xv, polo tan
to os españois emigraron a América. España tiña 5 ou 6 millóns de hab. Emigraron cerca de 300000 mil nos S. XVIII e XIX. América independízase de forma violenta porque o poder español fixo guerras. Nese momento no S. XIX esa emigración cortouse. <unha vez pasado ese episodio volve a iniciarse esa emigración, na que se produce unha emigración moito máis numerosa. Un motivo para que a xente poidera viaxar era a revolución dos transportes. No S. XIX aparece o tren e despois no último terzo, o barco de vapor substitue ao veleiro.A xente emigraba porque a poboación é moito máis numerosa e hai moita máis xente que quere emigrar e canta máis xente embarca máis barata é a viaxe. A migración foi medrando ata chegar ao máximo dos anos anteriores. España non participa na guerra e polo tanto é un país neutro que pode venderlle aos dous bandos, o que fai que crezca económicamente. O comercio é máis caro e máis perigoso e emigraron a América 2 millóns. Despois da Segunda Guerra Mundial ábrese unha forte etapa de nova emigración cara Europa, que se produce durante o réxime franquista, esta etapa ocupa o ¾ do S. XX. A finais do S. XX, España pasou a ser un país de inmigración. Emigraría a xente por motivos económicos. En América había máis traballo e mellor pagado e podíanse enriquecer e volver a España rico, a iso denomínase Indianos. Cando España comezou a crecer económicamente, acabouse esa emigración, a partir dos anos 10 do S. XX. Nesa época emigraron moitos europeos, 50 millóns. Durante 20 anos o franquismo aplicou unha política económica antárquica que foi contraproducente, é dicir, que produce o efecto contrario do buscado. Esa política bloqueou o crecemento económico. A reruralización, coa que se conseguía comida no campo.
Produción : morreron 50 millóns de mozos
Nun proceso de migración hai procesos de expulsión e de atración. Polo tanto
O ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN
QUE SIGNIFICA ESTRUTURA DA POBOACIÓN?
Significa organización, características básicas.A poboación está formada por individuos que pertencen a distintas categorías e en cada poboación hai un número concreto de cada categoría. Hai dúas dimensións decisivas para a evolución dunha poboación que afectan tanto as entradas como ás saídas, nacementos e falecementos, esas características son o sexo e a idade.A poboación divídese en homes e mulleres. En condicións normais nacen 106 homes por cada 100 mulleres pero en sociedades onde a cultura menosprecia a muller cométense abortos selectivos, infanticidios ou descuido discriminatorio contra as nenas creando fortes desproporcións. En China con 1300 millóns de hab. Faltan máis de 100 millóns de mulleres que naceron ou morreron de forma intencionada. En sociedades postransicionais a partir dos 35 anos empeza a haber máis mulleres que homes, pero en sociedades pretransicionais a alata mortalidade por maternidade fai que haxa menos mulleres que homes no país. A segunda variable é a idade, os grupos de idade denomínanse cohortes e refírese sempre a idade cumprida. Normalmente agrupamos a poboación e cohortes de 5 idaes, de 0 a 4, 5 a 9, 10 a 14, etc. As idades agrúpanse en 3 grandes categorías :
Nenos (de 0 a 14) – adultos (de 15 a 64) – anciáns (de 65 para arriba)
A súa vez os adultos divídense en xoves (de 15 a 39) e adultos maiores de 40 a 64. Os anciáns tamén se dividen en dous grupos de 65 a 79 e maiores de 80.
PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
É unha gráfica de barras de forma piramidal composta por barras horizontais e que se representa os grupos de idade por sexo.
No eixo vertical chamado coordenada sitúanse as idades normalmente en tramos de 5. Nos eixos horizontais chamados apcisas sitúanse as cantidades ben en número absolutos ou porcentaxes situando á esquerda os homes e á dereita as mulleres. A pirámide de 1900 ten forma de triángulo e a de 2010 de copa.
- PIRÁMIDE PRETRANSICIONAL : nacen moitos e morren moitos e forma triangular porque nacen moitos pero rápido adelgazamento porque morren moitos. O cume é estreito porque morren moitos.
- PIRÁMIDE POSTRANSICIONAL : forma de copa, porque ten a base estreita xa que nace pouca xente, e ancha no medio porque nacen moitos nas idades adultas porque a mortalidade descendeu e polo tanto é unha herdanza na última fase da maternidade. A natalidade baixou fortemente a partir dos 80. A fase final terá a pirámide forma de cohete, é dicir, estará equilibrada, porque nace pouca xente pero tamén morre pouca.
- PIRÁMIDE 2010 : entre os 40 e 44 anos son máis mulleres ca homes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario