jueves, 29 de marzo de 2012

resumen bioloxía 3º eso aparello circulatorio e excretor

O APARELLO CIRCULATORIO
O medio interno é o conxunto de líquidos que rodean as células dun organismo. As células extraen del os nutrientes e o osíxeno en el verten os refugos e o dióxido de carbono que producen no seu metabolismo. Nas persoas, o medio interno está formado principalmente por :           
- PLASMA INTERSTICIAL : é un líquido, con funcións defensivas e nutritivas, que se queda entre as células.
- SANGUE : é un medio de transporte de substancias que discorre polo interior dos vasos sanguíneos.
- LINFA : é un líquido que se forma a partir do plasma e circula polos vasos linfáticos uns condutos que desembocan nos vasos sanguíneos.
O medio interno ten unhas características e propiedades  (composición, temperatura, etc) que permiten o bo funcionamento do organismo. O mantemento destas propiedades denomínase homeostase. Nas persoas, o aparato circulatorio ou de transporte de substancias ten 2 sistemas, o sistema circulatorio sanguíneo (polo que circula o sangue) e o sistema circulatorio linfático (polo que circula o linfa).

O SISTEMA CIRCULATORIO SANGUÍNEO (vasos sanguíneos, o sangue e o corazón)
VASOS SANGUÍNEOS
Os vasos sanguíneos distribúen o sangue por todo o corpo. Hai 3 tipos :
- ARTERIAS : envían sangue osixenado desde o corazón cara aos órganos. A súa parede é moi elástica.  
- VEAS : recollen dos órganos o sangue sen osíxeno e devólveno ao corazón.Teñen válvulas que impiden o retroceso do sangue.
- CAPILARES : vasos moi delgados, permiten o intercambio de substancias entre o sangue e as células.   
O SANGUE
O sangue é un líquido que circula polos vasos sanguíneos. No sangue interveñen diferentes funcións  (nutrición, respiración, excreción, defensa e regulación térmica). O sangue está formado por :  
PLASMA : é un líquido de cor amarelada constituido nun 90% de auga que contén sales, proteínas, nutrientes e substancias de refugo. Na coagulación (solidificación) o plasma perde proteínas e chámase  soro sanguíneo.
CÉLULAS SANGUÍNEAS: fórmanse na médula ósea vermella que está dentro dos ósos. Hai tres tipos :
- GLÓBULOS VERMELLOS OU ERITROCITOS : son os máis abundantes do sangue. Transportan o osí- xeno desde os pulmóns cara as células e eliminan o dióxido de carbono. Son vermellos porque teñen he- moglobina (unha proteína).
- GLÓBULOS BRANCOS OU LEUCOCITOS : deféndennos dos axentes infecciosos.
- PLAQUETAS OU TROMBOCITOS : encárganse de taponar os vasos sanguíneos (coagulación) cando se produce unha ferida.

O CORAZÓN
O corazón é un órgano oco cuxo músculo (miocardio) impulsa o sangue cara ás arterias. Está dividido en dúas metades (dereita e esquerda), cada unha das cales ten dúas cavidades (aurícula e ventrículo). O sangue pasa da aurícula ao ventrículo, pero non ao revés porque as válvulas mitral (do lado esquerdo) e tricúspide (do lado dereito) o impiden. Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas e á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares. Desde o ventrículo dereito sae a arteria pulmonar e desde o ventrículo esquerdo sae a arteria aorta. No inicio das dúas arterias atópanse as válvulas sigmoides que impiden o retroceso do sangue desde as arterias ata o corazón. 

O FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN
A función do corazón é bombear sangue de forma permanente mediante movementos rítmicos : sístole (contracción) e diástole (relaxación).  As fases do ciclo cardíaco :
 - DIÁSTOLE VENTRICULAR : relaxa o ventrículo que se enche de sangue.
- SÍSTOLE  AURICULAR : contrae a aurícula e envía sangue ao ventrículo.
- SÍSTOLE VENTRICULAR : impulsa o sangue cara as arterias. 
   
A CIRCULACIÓN DO SANGUE
O circuito circulatorio humano é completo (porque non se mestura o sangue osixenado co desosixenado)
e dobre (porque ten dous circuitos). Os dous circuitos son :
- CIRCUITO MENOR OU PULMONAR : o sangue desosixenado sae do ventrículo dereito á arteria pulmonar cara aos pulmóns para recoller osíxeno e expulsar dióxido de carbono. O sangue pasa ás veas pulmonares que levan o sangue osixenado desde os pulmóns ata o corazón.
- CIRCUITO MAIOR OU XERAL : o sangue osixenado sae do ventrículo esquerdo á arteria aorta dirixíndose a todo o organismo para levar nutrientes e recoller substancias de refugallo. O sangue pasa ás veas cavas que levan o sangue desosixenado ata a aurícula dereita do corazón.
O sangue pasa das arterias ás arteriolas, despois aos capilares e é recollida polas veas.

SISTEMA CIRCULATORIO LINFÁTICO
O sistema circulatorio linfático encárgase de recoller o exceso de líquido que se queda entre as células, devolvéndollo ao sangue e ademais, transporta as graxas que se absorben no intestino. Este sistema está constituido por capilares linfáticos que son cegos, atópanse nos tecidos e únense formando condutos cada vez maiores chamados vasos linfáticos e que desembocan nas veas sanguíneas. O plasma intersticial entra nos capilares linfáticos pasando entón a chamarse plasma linfático que é conducido ata o sangue. Nalgúns lugares dos vasos linfáticos atópanse os ganglios linfáticos que liberan linfocitos ao plasma linfático. O plasma linfático e os linfocitos forman a linfa.
ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES (do corazón)
- ARTERIOSCLEROSE : endurecemnto das arterias debido ao depósito de graxas e de colesterol que pode provocar trombos producindo unha trombose.  
- INFARTO DE MIOCARDIO : morte de células musculares producida por un trombo que pode desencadear unha anxina de peito. Síntese presión e dor intensa na zona torácica.
SAÚDE CARDIOVASCULAR : facer exercicio, ter unha boa alimentación, non fumar.

 O APARELLO EXCRETOR
A excreción é o proceso mediante o cal o organismo elimina as substancias de refugallo que producen as células. Os órganos excretores son os riles (eliminan urea e ácido úrico), os pulmóns (eliminan dióxido de carbono), as glándulas sudoríparas (eliminan a suor) e o fígado (elimina substancias de refugallo coa bile.                                        

O SISTEMA URINARIO
O sistema urinario está formado por dous riles (fabrican a urina) e polas vías urinarias que son : dous uréteres (recollen a urina), a vexiga (almacena a urina) e a uretra (expulsa a urina ao exterior).
- O RIL : ten unha codia cun millón de nefróns que filtran o sangue, unha médula con moitos vasos sanguíneos e unha pelve que recolle a urina producida.
- O NEFRÓN : é a unidade que fai funcionar o ril. Ten unha cápsula de Browman na que se filtra o sangue e un túbulo renal no que se forma a urina.

A EXCRECIÓN
A arteria renal leva ao ril sangue cargado de refugallos e a vea renal recolle o sangue limpo.
- A URINA : é un líquido formado por auga, urea e sales procedentes do sangue que chega aos riles.
A formación da urina ten 3 etapas :
- A FILTRACIÓN : a filtración do plasma sanguíneo nos capilares do glomérulo e do nefrón.
- A REABSORCIÓN : a reabsorción de nutrientes e parte da auga dende o túbulo renal cara aos capilares
sanguíneos.
- A SECRECIÓN : a secreción de refugallos desde as células da parede do túbulo renal.

ENFERMIDADES DO APARELLO EXCRETOR
- A INSUFICIENCIA RENAL :é unha diminución da produción de urina.
- CÓLICO NEFRÍTICO (cálculos renais) : son cristais formados no interior do ril.
- INFECCIÓNS DAS VÍAS URINARIAS : como a cistite (inflamación da vexiga urinaria)
A DIÁLISE RENAL : consiste en facer pasar o sangue dunha arteria por un aparello que a filtra e a devolve purificada a unha vea.
PREVENCIÓN :  manter a hixiene – ter unha alimentación adecuada – beber auga con abundancia 

No hay comentarios:

Publicar un comentario