martes, 27 de marzo de 2012

bioloxia 3º eso a reprodución do ser humano

A REPRODUCIÓN DO SER HUMANO
 Na reprodución humana interveñen dous seres unisexuais que presentan dimorfismo sexual (diferenzas anatómicas debidas a seu sexo). Cada sexo ten gametos diferentes (espermatozoides e óvulos). A fecundación é interna.  A reprodución comprende os seguintes pasos : - produción de gametos fecundación desenvolvemento do cigoto; logo o cigoto transfórmase  un embrión e este nun feto - parto ou nacemento -  Desenvolvemento do neno.
CAMBIOS CARA Á MADUREZ SEXUAL
INFANCIA : desenvolvemento dos caracteres sexuais primarios (pene e escroto, vulva), desde o nacemento ata os dez anos aproximadamente.
PUBERDADE: comeza co desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios debido ás hormonas que producen os órganos sexuais. Comeza a primeira menstruación e a produción de espermatozoides.   
ADOLESCENCIA E IDADE ADULTA : a adolescencia é o periodo de transición psicolóxica e social entre a puberdade e a vida adulta e acádase a madurez sexual, etapa na que se está preparado para a reprodución.

O APARELLO REPRODUTOR FEMININO  
 No interior do aparato reprodutor femenino ten lugar a fecundación e desenvólvese o embrión e o feto ata que se produce o parto e nace o bebé.
ÓRGANOS INTERNOS : ovarios, trompas de Falopio, clítoris, 
ÓRGANOS EXTERNOS : útero, vaxina, labios maiores e menores
GAMETOS FEMENINOS
OS ÓVULOS : o óvulo é a célula reprodutora ou gameto femenino. É unha célula moi grande, de 1mm de diámetro, que madura dentro do ovario, nunha cápsula chamada folículo de Graaf. O folículo ábrese e verte á trompa de Falopio o óvulo, rodeado dunha masa de células moito máis pequenas ca el, que forman unha envoltura protectora. Desde que é expulsado, o óvulo permanece fértil durante unhas 24 horas. Si nese tempo non é fecundado, morre.
APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
O aparello reprodutor masculino está formado por órganos, que producen espermatozoides e os depositan no aparello reprodutor feminino.
ÓRGANOS INTERNOS : testículos, epidídimo, condutos deferentes, vesículas seminais, próstata, uretra
ÓRGANOS EXTERNOS : escroto, pene
GAMETOS MASCULINOS
OS ESPERMATOZOIDES : os espermatozoides próducense continuamente nos tubos seminíferos. Os espermatozoides son moito máis pequenos e numerosos que os óvulos. A súa saída realízase mediante a exaculación, na que se expulsa o seme, un líquido formado por espermatozoides, líquido lubricante, seminal y prostático. Ao ser depositado no interior da vaxina, permanecen vivos entre 3 e 5 días, tempo no que pode producirse a fecundación.

OS CICLOS DO APARELLO REPRODUTOR FEMENINO
As hormonas sexuais femininas son os estróxenos e a proxesterona. Os estróxenos prodúcense nos ovarios e son os responsables do desenvolvemento e mantemento dos caracteres sexuais secundarios, e tamén son os que inducen a formación do folículo de Graaf, no ovario. A produción de estróxenos segue un ciclo de uns 28 días de duración. Cando a súa cantidade en sangue é máxima, prodúcese a ovulación, é dicir, a rotura do folículo, coa saída do óvulo á trompa de Falopio.Tras liberar o óvulo, o folículo de Graaf produce proxesterona, que induce o crecemento e maduración do endometrio. Si non hai fecundación, o óvulo morre; o folículo dexenera, deixa de producir proxesterona, o endometrio despréndese, provocando a regra ou menstruación.

A FECUNDACIÓN  
A ovulación ten lugar 14 días antes da chegada da regra. O óvulo só pode ser fecundado durante 24 h
desde a ovulación. O coito consiste na introducción do pene na vaxina e ao exacular, os espermatozo
des libéranse dentro da vaxina. Ao contrario ca o óvulo, os espermatozoides son moi rápidos. Ademáis poden permanecer vivos no interior do aparello reprodutor feminino entre 3 e 5 días. Si o óvulo e os espermatozoides se atopan, estes rodean ao óvulo, pero só un consegue atravesar a envoltura protectora e introducir a cabeza no interior. A célula resultante recibe o nome de cigoto ou célula ovo.
COMEZO DO EMBARAZO
 O primeiro síntoma de embarazo e a falta de menstruación. Na parede do útero desenvólvese un órgano  que se chama placenta. A placenta comunícase coa nai polo cordón umbilical. A nai pasa ao feto os alimentos necesarios para vivir polo cordón umbilical e a placenta. Nas primeiras fases do embarazo fórmanse a placenta, o cordón umbilical e a bolsa amniótica (saco cheo de líquido amniótico).
O DESENVOLVEMENTO DO EMBARAZO
A xestación ou embarazo é o proceso que comeza coa fecundación e termina co parto. Nel prodúcense cambios moi significativos. O que comezou sendo unha única célula, o cigoto, convértese nun embrión; logo, en feto e, por último, nun ser humano completamente formado. Este proceso dura uns 280 días (40 semanas).

O PARTO
 O embarazo finaliza co parto. O parto consta de tres fases:
- DILATACIÓN :  dilatación do colo do útero - relaxación dos músculos da vaxina - rómpese a bolsa amniótica («romper augas»)
- EXPULSIÓN :  Contraccións do útero - Máxima dilatación do colo do útero e da vaxina - expulsión do feto ao exterior - Corte do cordón umbilical
- LIBRAMENTO : Expulsión da placenta - Expulsión dos restos do endometrio
AS COMPLICACIÓNS DO PARTO :  Mala postura do bebé - Insuficiente dilatación do colo do útero e da vaxina - Pinzamento do cordón umbilical

A ESTERILIDADE 
A esterilidade é a imposibilidade de ter fillos. A súa causa pode estar no home, na muller, o en ambos :
 - NO HOME : Número insuficiente de espermatozoides -  Espermatozoides con escasa movilidade ou malformacións - Inflamación dos condutos deferentes
- NA MULLER :  Obstrucción en trompas de Falopio -  Falta de ovulación por desequilibrios hormonais -  Dificultade de aniñación do cigoto no endometrio
TÉCNICAS DE REPRODUCCIÓN ASISTIDA
- INSEMINACIÓN ARTIFICIAL : cando a  esterilidade é debida á incapacidade dos espermatozoides para fecundar o óvulo
- FECUNDACIÓN IN VITRO (FIV) : cando a  esterilidade é debida a problemas coa ovulación ou co implante do embrión no endometrio

OS MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS
A sexualidade e a reprodución poden ser opcións diferentes. Os métodos anticonceptivos fan posible que as persoas manteñan relacións sexuais sin que teña lugar o embarazo. Diferentes métodos :
NATURAIS : oxino, temperatura basal, observación da mucosidade do colo do útero  
MECÁNICOS : preservativo masculino ou condón, preservativo feminino, diafragma, DIU
QUÍMICOS : espermicidas, pílula anticonceptivas    
CIRÚRXICOS : ligadura de trompas, vasectomía

A SEXUALIDADE E O SEXO
A sexualidade é o conxunto de condicións anatómicas, fisiolóxicas e psicolóxicas que caracterizan cada sexo. O sexo é unha condición biolóxica pola que se distingue entre individuos masculinos e femeninos. A relación sexual é o contacto sexual entre as persoas. Realízase pola atracción ou impulso sexual. As
relacións sexuais poden ser : -heterosexual (home e muller)– homosexual (dúas mulleres ou dous homes)
A reprodución e a sexualidade son dous conceptos diferentes. A saúde sexual require dun acercamento
respetuoso á sexualidade e ás relacións sexuais, así como á posibilidade de ter relacións sexuais placen
teiras seguras, libres de coerción, discriminación e violencia.

HÁBITOS SAUDABLES RELATIVOS Á SEXUALIDADE
Lavarnos con frecuencia - Utilizar preservativo - Evitar a promiscuidade - Evitar actitudes denigrantes cara a parella - Buscar un interlocutor adulto de confianza - Acudir ao médico - Ignorar os consellos de persoas pouco e mal informadas







No hay comentarios:

Publicar un comentario