A FE, RESPOSTA DOS CRENTES
A fe é unha relación de confianza entre persoas. No caso da fe cristiá, é unha relación persoal de amizade con Xesucristo. A fe non é crer en algo senón en alguén, crer en alguén é ter fe nel.
¿CÓMO SE INICIA? : iníciase cando a persoa responde libremente á chamada de Deus. O que leva a iniciativa entre esa relación é Deus.
¿EN QUÉ SE APOIA? : apóiase en razóns. Un cristián non cre porque sí senón porque descubriu que crer en Xesús merece a pena. Os signos que fan razoable a fe son de 2 tipos :
- signos externos á persoa : é a mensaxe da Biblia (a palabra de Deus).
- signos internos á persoa : son aquelas experiencias que fan que as persoas encontren a felicidade.
- signos internos á persoa : son aquelas experiencias que fan que as persoas encontren a felicidade.
¿CÓMO SE MANIFESTA ? : maniféstase no seguimento de Xesus que xera un estilo de vida.
¿QUÉ SIGNIFICA TER FE E QUÉ CONSECUENCIA INMEDIATA TEN CRER EN XESÚS?
Ter fe exprésase como confiar en, fiarse de… Enténdese a fe como unha relación con alguén. Ter fe é crer en Xesús, na súa persoa. Crer en Xesús é seguilo, xa que Xesús envía unha chamada ao crente para que o siga.
CRER DENTRO DA IGREXA
A fe cristiá vívese na comunidade da Igrexa que nos transmite a fe a través da Biblia, da tradición e do maxisterio da Igrexa. Deus comunícase na Igrexa.
- TRADICIÓN : e a transmisión, desde Xesús ata os nosos días, do conxunto de verdades e prácticas que constituen a fe dos cristiáns. A tradición empezou na Igrexa coa predicación dos apóstolos.
- MAXISTERIO : e a función que ten a Igrexa de anunciar e interpretar a palabra de Deus no seu nome. O maxisterio é, no fondo, a continuación na nosa Igrexa do ministerio dos apóstolos.
UN SÓ DEUS EN TRES PERSOAS
O Deus dos cristiáns non é un ser solitario, senón comunitario (Pai, Fillo e Espírito Santo). Podemos dicir que nos evanxeos encontramos a Deus de tres maneiras :
- JESÚS DE NAZARET preséntase como Deus Fillo, que se fai presente entre os homes e mulleres do seu tempo, que está cheo do Espírito e que é amado polo Pai ao que se sente profundamente unido.
- DEUS PAI é o que envía ao Fillo ao mundo cunha misión e o sostén co seu amor. Xesús chamaba a Deus “Pai”.
- DEUS ESPÍRITO enche a Xesús coa súa forza, guíao e condúceo. Ao mesmo tempo, Xesús anuncia aos seus discípulos que o Espírito virá cando él se vaia para axudarlles en todo.
DEUS, UN MISTERIO DE COMUNIÓN
Xesús, sendo él Deus, tamén se relacionaba co Pai e co Espírito. O Deus cristián o que quere é estar cerca das persoas, acercarse á vida dos homes, como Pai, como Fillo de Xesús e como Espírito. Os cristiáns intentaron expresar esta realidade do Deus cristián e por iso falaron da Trindade (en realidade, Deus, na súa grandeza, é misterio). O importante non é o nome, senón a realidade, os discípulos aprenderon de Xesús que Deus é amor e quere encontrarse sempre coas persoas.
UN SÓ DEUS QUE É TRINDADE
Desde O principio, os cristiáns creron nun só Deus, é dicir, no monoteísmo. Neste único Deus hai tres persoas, igualmente divinas e eternas, pero distintas entre sí. As tres forman unha unidade indivisible. Este amor absoluto sae da Trindade cara os homes e maniféstase en todas as accións que Deus leva a cabo ao longo da historia a favor da humanidade. Aínda que a Trindade actúa conxuntamente, hai algunhas accións que se atribuen preferentemente a cada unha das persoas :
- É PROPIO DO PAI : ser orixe de todo, a creación, enviar a Xesús ao mundo e resucitalo, enviar ao Espírito Santo.
- É PROPIO DO FILLO : encarnarse, pasar polo mundo facendo o ben, morrer e resucitar por nos e estar presente no mundo por medio do Espírito.
- É PROPIO DO ESPÍRITO : ser guía e impulso na vida de Xesús, poñer en marcha a Igrexa en Pentecoste e conducila ao longo da historia, e facer presente a Xesús resucitado.
A FE, VIDA EN COMUNIDADE
XESÚS RODÉASE DE DISCÍPULOS E ENCÁRGALLES UNHA MISIÓN
Xesús chamou a algunhas persoas para que estiveran con él e o acompañaran nos anos da súa vida pública. O discípulo segue ao mestre, convive con él e acepta a súa palabra facéndoa unha forma de vida. Xesús escolleu a doce dos seus discípulos e chamóulles apóstolos, que significa “enviados”. Entre os seguidores de Xesús había tamén mulleres. Entre os seguidores de Xesús establecíase unha relación fraterna, como unha nova familia. A autoridade dentro do grupo exércese mediante o servizo aos demais. O grupo debe continuar a obra de Xesús extendendo o traballo e a predicación sobre o reino de Deus. A súa misión é anunciar a mensaxe e a forma de vida de Xesús.
EN PENTECOSTE MANIFÉSTASE A IGREXA
O que ocorre o día de Pentecoste é un fenómeno interior : os discípulos énchense do Espírito Santo. Os discípulos séntense transformados por este impulso interior e lánzanse a comunicar as grandezas de Deus. Nesta fecha Deus envía a súa forza, o Espírito Santo sobre os discípulos por medio de linguas de lume. Os discípulos transfórmanse e comezan a predicar.
O ESPIRÍTO SANTO, A FORZA PRÓXIMA DE DEUS
En Pentecoste cúmplese unha promesa : o Espírito Santo derrámase nos corazóns dos discípulos e estes reciben a forza necesaria para ser testigos de Xesús. En Pentecoste nace a comunidade dos discípulos de Xesús, nace a Igrexa.Os discípulos reciben a forza necesaria para ser testigos de Xesús. Maniféstanse en todas as linguas. Faise presente o misterio da Trindade (Deus, Fillo e Espírito Santo).
O CONCILIO VATICANO II
O Concilio Vaticano II foi o acontecemento máis importante da Igrexa no S. XX. Renovou a imaxe de cara a si mesma e ao mundo. Preséntase un modelo de Igrexa centrado na comunión con Deus e cos homes, igrexa como Pobo de Deus. A Igrexa pretende acompañar ás persoas nos seus sufrimentos e alegrías ofrecéndolles a mensaxe do evanxeo e traballando para conseguir un mundo máis xusto.
XESÚS MANIFÉSTASE NA IGREXA (NOVO POBO DE DEUS)
Entre as recomendacións de Xesús aos seus discípulos e polo tanto á igrexa, encóntrase a de vivir unidos como irmáns e predicar e levar o evanxeo a todas partes (anunciar a Boa Noticia e continuar a obra de Xesús). A igrexa mira ao mundo e á sociedade con amor, reconocendo todo o que hai de bo nela, criticando as inxustizas e sobre todo traballando xunto a todos aqueles que loitan por mellorar o noso mundo
CONFIRMACIÓN E ORDE SACERDOTAL
os sacramentos da confirmación e da orde sacerdotal teñen na comunidade cristiá un significado especial.
- Polo bautismo, as persoas son incorporadas á fe e á comunidade cristiá.
- Pola confirmación a persoa da testemuño da súa fe.
- Polo sacramento da orde sacerdotal, o cristián comprométese a servir á comunidade.
OS PRIMEIROS CRISTIÁNS
UNHA NOVA VIDA EN COMUNIDADE
Os relatos sobre a vida dos primeiros cristiáns encontrámolos sobre todo no libro dos Feitos dos Apóstoleos. Os rasgos que distinguían a estas comunidades eran :
- no grupo : comuñón, viven unidos e comparten todo.
- na súa relación con Deus : celebran a Eucaristía (oran xuntos, fracción do pan)
- na súa relación cos demáis : proclaman o evanxeo.
OS SERVIZOS QUE A COMUNIDADE NECESITA
Ao principio a responsabilidade recaeu sobretodo nos apóstolos. Cando a Igresia creceu nombráronse máis persoas para anunciar distintos cargos. Estas denomináronse ministerios que significa servizo. Os dous imprescindibles eran : - ministerio da Palabra (predicación do evanxeo) - ministerio de presidir a comunidade y poñela ao servizo das súas necesidades espirituais e materiais.
Ao final do S. I definíronse tres ministerios : - sacerdotal : episcopado (predicar), presbiterado (presidir) – diaconal : diaconado (servir)
A IGREXA ÁBRESE AOS PAGÁNS
Cando se convertían ao cristianismo persoas que non procedían do xudaísmo, presentouse un problema que se plantexou e resolveu na Asamblea de Xerusalén. Discutíuse si para ser cristián debías ser ou proceder da relixión xudía. Alí concluíuse decindo que o que realmente importa non é cumprir normas e leis, senón a fe en Xesús, e que a salvación é para todos os pobos da terra e non só para os xudeos. O poder relixioso xudeo non vía con bos ollos esta doctrina e por iso os cristiáns foron perseguidos e nalguns casos chegaron ao martirio.
PRIMERA EXPANSIÓN DO CRISTIANISMO : O SÉCULO I, DE XERUSALÉN A ROMA
As comunidades cristiás non se cerraron e díronse a coñecer aos demáis. Estes eran conscientes de que o evanxeo había que propagalo. Entre os misioneiros máis destacables están Paulo, Bernabé, Apolo, Priscila, etc. Os misioneiros procedían da rexión xudía e acudían á sinagoga e predicaban o que decían os profetas. O primeiro núcleo cristián tivo centro en Xerusalén, e debido ás persecucións, as seguintes díronse en Antioquía, Fenicia, Chipre, etc. Gracias a Paulo e Bernabé o evanxeo estendeuse por Asia menor e Grecia
ÉPOCA DE PERSECUCIÓNS : UN AMBIENTE HOSTIL PARA OS CRISTIÁNS
Os cristiáns nunca aceptaron tratar ao César como un Deus. Esta foi a principal causa do conflicto e das persecucións. Na segunda metade do s. III tiveron lugar os feitos máis violentos. A sociedade romana vía aos cristiáns como seres estranos e aislados e acusábannos de ateos. Os intelectuais calificaban a relixión cristiá como absurda e sin razón. Acusábannos de malos cidadáns por non participar en xogos violentos. As persecucións non lograron acabar co cristianismo, todo o contrario, osangue dos mártires transformouse en semente de novos cristiáns.
AS CATACUMBAS, UNHA IGREXA BAIXO TERRA
Os cristiáns acostumaban a enterrar os seus mortos e non os incineraban. As sepulturas realizábanse en cemiterios subterráneos, as catacumbas. Podían ser laberintos de varias alturas, co tempo non só serviron de cemiterio senón que se converteu nun lugar de peregrinación e culto, alí foron enterrados moitos mártires. En casos excepcionais, durante as persecucións serviron como refuxio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario