OS SERES VIVOS E AS FUNCIÓNS VITAIS
Un ser vivo é un ser formado por células que é capaz de desempeñar as tres función vitais :
- FUNCIÓN DE NUTRICIÓN : é o conxunto de procesos polos que os seres vivos obteñen ou intercambian materia e enerxía co medio.
- FUNCIÓN DE RELACIÓN : función mediante a que os seres vivos son capaces de percibir cambios no medio e de reaccionar ante eles da forma máis axeitada para a súa supervivencia.
- FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN : capacidade que teñen os seres vivos de orixinar descendentes que se desenvolven e manteñen as características dos seus proxenitores a través do tempo.
OS ORGANISMOS DOS SERES VIVOS
ORGANISMOS UNICELULARES : constituídos por una única célula que realiza tódalas función vitais (EX: paramecios, ameba)
COLONIAS : agrupacións de organismos unicelulares; cada un deles desempeña tódalas función vitais dun ser vivo independentemente (EX: volvox, colonias de algas verdes)
ORGANISMOS PLURICELULARES : están constituídos por moitas células que funcionan interconectadas e que coordinan a súa actividade para que o organismo funcione como un todo (EX: coral, cabalo, mosca). Os organismos pluricelulares poden ser sen órganos (poríferos, fungos, algas, cnidarios, plantas briofitas), con órganos (algún invertebrados, plantas cormófitas) e con aparatos (a mayoría dos invertebrados e tódolos vertebrados).
PARTES DUNHA CÉLULA : membrana plasmática, citoplasma, orgánulos, núcleo e material xenético ou ADN.
TIPOS DE CÉLULAS : - procariotas : non teñen núcleo definido e teñen parede celular, ADN no citoplasma, ribosomas e flaxelo. - eucariotas : teñen núcleo definido, no citoplasma teñen varios orgánulos diferentes e o núcleo está rodeado pola membrana nuclear.
A NUTRICIÓN
A nutrición é o conxunto de procesos polos que os seres vivos obteñen ou intercambian materia e enerxía co medio. Hai dous tipos de nutrición : - autótrofa (fabricación de nutrientes a partir de substancias inorgánicas). - heterótrofa (utilización dos nutrientes producidos por outros seres vivos como fonte de alimento).
OS PROCESOS DE NUTRICIÓN : - incorporación de nutrientes ou de substancias para fabricalos - intercambio de gases co exterior - utilización das substancias incorporadas ou fabricadas mediante o metabolismo (conxunto de reacción químicas que teñen lugar no interior da célula) - transporte de nutrientes e substancias de refugallo - eliminación ou excreción das substancias de refugallo producto da actividade do organismo
A NUTRICIÓN EN ORGANISMOS UNICELULARES : intercambian substancias e gases a través de toda a súa superficie (EX: as amebas capturan alimentos mediante os pseudópodos).
A NUTRICIÓN EN ORGANISMOS PLURICELULARES SINXELOS
- OS FUNGOS : aliméntanse de restos de organismos e o intercambio de gases co exterior realízano través da súa superficie.
- AS ALGAS PLURICELULARES : son autótrofas e realizan o intercambio de gases e substancias a tra- vés da súa superficie.
- OS MOFOS : son autótrofos, absorben auga e substancias minerais a través dos filoides e do cauloide e realizan o intercambio de gases e substancias a través da súa superficie.
A NUTRICIÓN NAS PLANTAS (autótrofas)
ASÍ É UNHA PLANTA CORMÓFITA : ten raíz (fixa a planta ao chan) - talo (sostén as ramas, as follas e os froitos) - follas (realizan a fotosíntese e o intercambio de gases). Tamén teñen tecidos especializados :
- TECIDOS PARA ADAPTARSE AO MEDIO TERRESTRE : - tecidos de soporte (proporcionan resistencia e elasticidade) – tecidos protectores (impermeabilizan e protexen para evitar perdas de auga).
- TECIDOS PARA INTERCAMBIAR SUBSTANCIAS : - a epiderme dos pelos radicais (absorben auga
e sales minerais para a fotosíntese; tamén incorporan osíxeno e expulsan dióxido de carbono) – a epiderme do envés das follas (mediante os estomas producese o intercambio de gases)
- TECIDOS PARA REALIZAR A FOTOSÍNTESE : - o parénquima clorofílico (o parénquima é un tecido de recheo e de almacenamento de substancias. En follas e talos novos hai cloroplastos para realizar a fotosíntese).
- TECIDOS PARA TRANSPORTAR SUBSTANCIAS (CONDUTORES) : - xilema (transporta auga e sa
les minerais, que é o zume bruto, dende as raíces ao resto da planta) – floema (transporta o alimento fa
bricado nas follas, que é o zume elaborado, a tódalas partes da planta).
- TECIDOS PARA CRECER : - meristemos (células con capacidade permanente para dividirse e especializarse noutros tecidos).
A NUTRICIÓN DAS PLANTAS PASO A PASO
- A ABSORCIÓN DAS SUBSTANCIAS MINERAIS E DA AUGA : a través dos pelos absorbentes da
raíz.
- O TRANSPORTE DO ZUME BRUTO : a través do xilema.
- A FOTOSÍNTESE : realízase nos cloroplastos onde se atopa a clorofila.
- A DISTRIBUCIÓN DO ZUME ELABORADO : a través do floema.
- A RESPIRACIÓN : a eliminación de gases e doutros productos de excreción mediante a tranpiración (eliminación de auga en forma de vapor a través dos estomas) e a gutación (perdida de auga polos bordos das follas).
A NUTRICIÓN NOS ANIMAIS
Os animais son heterótrofos e poden ser herbívoros, carnívoros ou omnívoros.
ALGÚNS ÓRGANOS PARA INXERIR ALIMENTOS : - os que perforan (carrachas, mosquitos, pulgóns) – os que filtran (baleas, flamencos) – os que absorben (algún parásitos intestinais como a tenia) – os que toran (os peteiros das aves, os dentes dos mamíferos, as mandíbulas de insectos e crustáceoa, as rádulas dos caracois)
A DIXESTIÓN (extracción de substancias nutritivas dos alimentos)
AS PARTES DO APARATO DIXESTIVO DOS INVERTEBRADOS
- CAVIDADE DIXESTIVA : algún invertebrados como os cnidarios so teñen una cavidade dixestiva en forma de saco cun único orificio de entrada e de saída. As partes da cavidade dixestiva : boca, tentáculos, células, que fagocitan o alimentan, cavidade gastrovascular e cnidocisto.
- TUBO DIXESTIVO : a mayoría dos invertebrados posúen un tubo dixestivo con dous orificios, boca e ano. As partes do tubo dixestivo : boca, esófago, papo, moega, intestino e ano.
AS PARTES DO APARATO DIXESTIVO DOS VERTEBRADOS
boca – esófago – estómago – intestino – glándulas salivares – fígado – páncreas
VARIACIÓNS DO MODELO XERAL DO APARATO DIXESTIVO DOS VERTEBRADOS
- NA BOCA : aves e tartarugas teñen pico córneo; as baleas teñen barbas; o resto dos vertebrados teñen dentes e os peixes non teñen glándulas salivares.
- NO ESTÓMAGO : as aves téñeno dividido en dúas partes (proventrículo e moega), tamén teñen papo; os rumiantes téñeno dividido en catro partes (bandullo, rede, libro e calleiro)
- NO INTESTINO : os herbívoros téñeno moi longo e un gran cego; nos mamíferos remata no ano; no resto dos vertebrados remata na cloaca.
INTERCAMBIO DE GASES (mediante o aparato respiratorio)
TIPOS DE APARATOS RESPIRATORIOS
- RESPIRACIÓN CUTÁNEA : realízase através da pel (anélidos terrestre e moitos anfibios)
- RESPIRACIÓN POR BRANQUIAS : as branquias son finas láminas con moitos vasos sanguíneos que están en contacto coa auga (animais acuáticos)
- RESPIRACIÓN POR TRÁQUEAS : as tráqueas son tubos moi finos que se ramifican por todo o corpo
ata chegar a tódalas células (insectos)
- RESPIRACIÓN POR PULMÓNS : típica dos vertebrados terrestres
TIPOS DE ÓRGANOS E DE APARATOS EXCRETORES NOS INVERTEBRADOS
- NEFRIDIOS : tubos con forma de embude (anélidos)
- GLÁNDULAS ANTENAIS : dous tubos que parecen antenas (crustáceos)
TIPOS DE ÓRGANOS E DE APARATOS EXCRETORES NOS VERTEBRADOS
- RIL
- URÉTER : tubo que sae do ril
- VEXIGA URINARIA
- URETRA : expulsa a urina ao exterior
A DISTRIBUCIÓN DOS NUTRIENTES (mediante o aparato circulatorio)
APARATO CIRCULATORIO
- TEN LÍQUIDO CIRCULANTE : nos vertebrados chámase sangue e nos invertebrados hemolinfa.
- TEN BOMBA IMPULSORA : pode ter forma de corazón ou de vaso contráctil.
- TEN VASOS (arterias, veas e capilares) : condutos polos que transita o líquido circulante.
Hai dous tipos de aparatos circulatorios o aberto (artrópodos, moluscos) e o pechado (vertebrados e algúns invertebrados).
CIRCULACIÓN DOS VERTEBRADOS
- CIRCULACIÓN SINXELA (peixes) : só ten un circuito e o corazón ten dúas cámaras (aurícula e ventrículo).
- CIRCULACIÓN DOBRE (mamíferos) : corazón dividido en tres ou catro cámaras que forman dous circuitos : - xeral (distribúe o sangue rico en osíxeno dende o corazón aos órganos) – pulmonar (conduce o sangue pobre en osíxeno aos pulmóns, onde se osixena). Hai dous tipos de circulación dobre : - completa (o sangue osixenado non se mestura co pobre en osíxeno) – incompleta (o sangue osixenado mesturase co pobre en osíxeno).
No hay comentarios:
Publicar un comentario