viernes, 27 de mayo de 2011

cidadanía tema 9 2º eso O MEDIO AMBIENTE E A ACCIÓN DO SER HUMANO

O MEDIO AMBIENTE E A ACCIÓN DO SER HUMANO
Desde os inicios da humanidade os seres humanos modificaron o seu medio natural para obter novos recursos, pero sería a partir do S. XIX coas Revolucións Industriais cando se empeza a deteriorar gravemente o medio ambiente. As contaminacións máis importantes son :
1. CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA : producida polas industrias, os transportes, as calefaccións, incendios, aerosois, etc.  
CONSECUENCIAS : - o efecto invernadoiro (que produce cambios no clima) - a choiva ácida (producida polas centrais térmicas que dan problemas na vexetación, nas augas, no ser humano, etc.) - a disminución da capa de ozono (que fai moito daño ao ser humano producindo moitas enfermedades).
2. CONTAMINACIÓN DO SOLO : prodúcese polos vertidos industriais e urbanos, aos fertilizantes e praguicidas agrícolas, etc.  
CONSECUENCIAS : - a desertización do solo - a desaparición de bosques e de especies animais e vexetais - o cambio climático
3. CONTAMINACIÓN DAS AUGAS : producidas polas industrias, pola agricultura, polos residuos das cidades e isto prodúcenos a morte. Ao mesmo tempo, no mar, a contaminación produce a desaparición de peixes e tamén a falta de rexeneración da atmosfera.
MEDIDAS PARA PROTEXER O MEDIO AMBIENTE : - reciclar os residuos - non tirar o lixo en sitios prohibidos respetar os bosques - empregar o transporte público - respetar animais e vexetais que poden extinguirse, etc.
Os países fan, ao longo deste último século, distintas cumes (reunións de moitos países), para tomar medidas conxuntas a nivel mundial e protexer ao medio ambiente, evitando así o deterioro do planeta Terra. Ao mesmo tempo existen grupos ecoloxistas que tratan de protexer ao medio ambiente e nos distintos países hai espazos naturais que están protexidos pola súa beleza ou polo valor da flora (vexetais) e da fauna (animais).

No hay comentarios:

Publicar un comentario