sábado, 30 de abril de 2011

musica 2º eso : MELODÍA, INTERVALOS, RHYTHM AND BLUES, O ROCK AND ROLL, AS PRIMEIRAS ESTRELAS DO ROCK AND ROLL

Unha MELODÍA é un conxunto de notas dispostas sucesivamente e cun ritmo particular que forman unha unidade melódica recoñecible. Unidades melódicas :
- O MOTIVO : é a unidade musical máis pequena. Adoita ser claramente recoñecible e fácil de recordar e ten capacidade xeradora.
- A FRASE : é unha estrutura melódica con sentido propio que termina nunca cadencia ou pausa musical.
- O PERÍODO : é a estrutura inmediatamente superior á frase e ten dúas ou tres frases.

OS INTERVALOS son á distancia en altura entre dous sons. Tipos de intervalos :
- SEGUNDO A DISTANCIA : os intervalos numéranse atendendo á cantidade de notas intermedias, contando sempre as notas extremas.
- SE ESTÁN NA MELODÍA : chámanse MELÓDICOS (unha nota tras outra) e poden ser ascendentes (do grave ao agudo) ou descendentes (do agudo ao grave).
- SE ESTÁN NO ACOMPAÑAMENTO : chámanse HARMÓNICOS (tócanse as dúas notas xuntas) e poden ser consonantes (son agradable) ou disonantes (son estraño). 

O RHYTHM AND BLUES (blues con ritmo ou blues en tempo rápido) : a comezos dos anos corenta, o blues rural empezouse a fusionar cos ritmos máis movidos das grandes bandas de jazz, que naquel tempo enchían as salas de baile. O seguinte paso produciuse a finais desa mesma década, coa electrificación do seu son (Muddy Waters 1915-1983).  
  
O ROCK AND ROLL : é un novo estilo híbrido que nace da fusión  do rhythm and blues e do country  e xurdiu nos Estados Unidos a principios dos anos cincuenta. Era unha música nova capaz de unificar os gustos musicais da  xuventude de todo o mundo. Características xerais :
-  o seu ritmo e moi vivo e dinámico.
- a liña melódica é sinxela e destaca claramente por encima dos acordes.
- os temas son interpretados por un cantante que amplifica a voz mediante un micrófono e que, a diferenza dos antigos solistas, se expresa con todo o corpo (bailando).
- os instrumentos que acompañan ao vocalista son unha guitarra eléctrica principal e una potente sección rítmica constituída por un baixo eléctrico máis una batería e, con frecuencia, outra guitarra rítmica e un teclado.  
   AS PRIMEIRAS ESTRELAS DO ROCK AND ROLL
 Nomes como Bill Haley (1925-1981) e Elvis Presley (1935-1975) convertéronse nun referente para miles de xóvenes.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario