O RELEVO TERRESTRE
O relevo terrestre é a consecuencia de numerosos procesos xeolóxicos (endóxenos e esóxenos), que se deben á enerxía interna da Terra e a enerxía do Sol.
TIPOS DE RELEVO
RELEVOS DAS ÁREAS EMERXIDAS (son os que se extenden sobre o nivel do mar)
- Cordilleiras montañosas : Relevos orixinados pola converxencia de placas tectónicas
- Chairas ou planicies : Son zonas moi chas ou lixeiramente accidentadas
- Altiplanuras : Son chairas que se atopan a certa altura sobre o nivel do mar. Moi abundantes na Península Ibérica
- Depresións : Son áreas máis deprimidas cós relevos circundantes. Destacan as depresións dos grandes ríos (Ebro, Douro,...)
RELEVO DAS ÁREAS MERGULLADAS ( son os que se atopan baixo as augas mariñas)
- Plataformas continentais : Constitúen a continuación dos continentes baixo as augas mariñas. Esténdense ata os 200 metros de profundidade
- Dorsais : Extensos relevos submarinos de orixe volcánica. Elévanse entre 2000 e 3000 metros sobre o fondo oceánico. Recorren amplamente o fondo dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. A parte central das dorsais está ocupada por unha depresión chamada rift
- Chairas abisais : Son enormes depresións nos fondos oceánicos. Nelas deposítanse capas de sedimentos
- Fosas : Depresións alongadas e estreitas de grande profundidade. A das Marianas supera os 10000 metros
- Illas e outeiros volcánicos: Fórmanse pola acumulación dos productos expulsados polos volcáns submarinos
AS ROCHAS DO RELEVO
ROCHAS ESÓXENAS OU SEDIMENTARIAS
Fórmanse en procesos xeolóxicos externos (esóxenos), que teñen lugar na superficie terrestre ou a pouca profundidade, como consecuencia da acción da atmosfera, da seres vivos, como a erosión (é o desgaste das rochas debido a acción de axentes xeolóxicos como a auga, o vento e o xeo)
ENDÓXENAS
Fórmanse en procesos xeolóxicos internos (endóxenos), que teñen lugar no interior da xeosfera, como consecuencia da enerxía interna da Terra. Poden ser:
- Magmáticas : fórmanse por magmatismo (arrefriamento de magma)
- Metamórficas : fórmanse por metamorfismo (altas presións e temperaturas)
CICLO LITOLÓXICO OU DAS ROCHAS
O ciclo litolóxico é o conxunto de procesos xeolóxicos (litoxénense) por medio dos que cada un dos tres grandes grupos de rochas (magmáticas, metamórficas e sedimentarias) se forman a partir dos outros dous. O ciclo das rochas segue os seguintes pasos :
1º. Formación dunha cordilleira polo choque de dúas placas tectónicas.
2º. As altas temperaturas xeran magmas.
3º. Os magmas arrefríanse e solidifican orixinando as rochas magmáticas.
4º. As augas superficiais erosionan os relevos terrestres.
5º. Os produtos da erosión son transportados ata o océano.
6º. Deposítanse en capas de sedimentos
7º. En zonas profundas, os sedimentos transformaranse en rochas sedimentarias.
8º. A converxencia de placas xera fortes presións e temperaturas que transforman as rochas magmáticas e sedimentarias en rochas metamórficas.
9º. O choque de placas orixina unha nova cordilleira con rochas de todo tipo.
DEFORMACIÓN DAS ROCHAS
DOBRAS : son as deformacións das rochas que se producen cando están sometidas a presións pero non chegan ao límite de rotura.
ELEMENTOS DAS DOBRAS : - Charneira (zona de máxima curvatura) - Liña de charneira (a que une os puntos da charneira) - Plano Axial (é o que contén tódalas liñas de charneira e ten flanco e limbo) – Buzamento (é o ángulo que forman as superficies dos flancos cun plano horizontal) – Núcleo (é a parte máis interna dunha dobra).
TIPOS DE DOBRAS
- Antiformes ou anticlinais: cando as rochas máis antigas se sitúan no núcleo (a convexidade está
dirixida cara arriba)
- Sinformes ou sinclinais: cando as rochas máis modernas se atopan no núcleo (a convexidade está dirixida cara a abaixo)
FRACTURAS : son deFormacións descontinuas das rochas nas que pode existir desprazamento dos dous bloques xerados pola fractura ou non.
TIPOS DE FRACTURAS
- Diáclases: Son fracturas nas que non se produce movemento relativo entre os dous bloques
- Fallas: Son fracturas nas que se produce movemento relativo entre os dous bloques
ELEMENTOS DUNHA FALLA :- Plano de falla (é o plano de fractura) - Bloque afundido (móvese cara a abaixo) - Bloque levantado (móvese cara a arriba)- Salto de falla (é a distancia, media sobre o plano de falla, que separa dous puntos que se atopan unidos antes de producirse a fractura) -
Buzamento (é o ángulo que existe entre o plano de falla e un plano horizontal imaxinario).
AS ROCHAS MAGMÁTICAS
ORIXE: orixínanse a partir da consolidación dun magma, no interior ou exterior da Terra. Os magmas son masas de minerais fundidos, xeralmente de composición silicatada, que conteñen algúns cristais sólidos e gases (sobre todo, vapor de auga)
TEXTURA (é o conxunto de todas as características das rochas) DAS ROCHAS MAGMÁTICAS
- TEXTURA GRAÚDA : ten cristais grandes e uniforme (granitos e sienas)
- TEXTURA PORFÍRICA : ten fenocristais (cristais grandes) que están nunha matríz de microcristais (pórfiros e rochas volcánicas).
- TEXTURA VÍTREA : como os vidros volcánicos.
TIPOS DE ROCHAS MAGMÁTICAS
- Plutónicas ou intrusivas: Orixínanse cando o magma se arrefría lentamente no interior da xeosfera (Granito- Peridotita- Pórfiro cuarcífero- Sienita- Pegmatita – Aplito).
- Volcánicas ou efusivas: Xéranse cando o magma alcanza a superficie terrestre e se transforman en lavas (Basalto- Andesita - Vidros volcánicos)
DEPÓSITOS DAS ROCHAS MAGMÁTICAS : - Plutóns: En zonas profundas da litosfera - Diques: En gretas ou fisuras - Lacólitos: Entre as capas de rocha encaixante
DEPÓSITOS DAS ROCHAS VOLCÁNICAS : Coadas
AS ROCHAS METAMÓRFICAS
ORIXE : orixínanse a partir dunha rocha xa existente, cando se somete a presións e temperaturas elevadas do interior da litosfera, transformándose en estado sólido. A isto chámaselle metamorfismo.
TEXTURA DAS ROCHAS METAMÓRFICAS
- TEXTURA XISTOSA : ten una disposición paralela dos minerais laminares.
- TEXTURA GRANOBLÁSTICA : cando ten minerais ben desenvolvido que non están orientados en ningunha dirección determinada.
TIPOS
- METAMORFISMO DINAMOTÉRMICO: Prodúcese en zonas amplas onde converxen dúas placas tectónicas
- METAMORFISMO TÉRMICO: Débese ás altas temperaturas que subministran os magmas
PRINCIPAIS ROCHAS METAMÓRFICAS
- ROCHAS FOLIADAS : teñen textura xistosa (Lousa – Xisto- Filita – Gneis)
- ROCHAS NON FOLIADAS : teñen textura granoblástica (Mármore – Cuarcita)