HISTORIA
DA LINGUA
PRIMEIRO TERZO DO
SÉCULO XX
Durante o primeiro terzo
do S. XX xorden iniciativas para a dignificación da lingua galega, fúndase a Real Academia Galega→RAG (estudos da literatura e da
lingua galega), créanse as Irmandades da Fala (defendían e promovían o uso exclusivo do
galego),
aparece a revista Nós (escrita en galego) e fórmase o Seminario
de Estudos Galegos (promovían a investigación
en Galicia, a elaboración e a publicación de estudos). Neste período nace o Partido Galeguista (1931), no que militarán personalidades como Castelao ou Bóveda, quen
redactará o I Estatuto de
Galicia, aprobado en xuño de 1936 que no poderá entrar en vigor ao
iniciarse a Guerra Civil poucos días despois, pero propiciará a consideración
de Galicia como nacionalidade histórica (xunto con Cataluña e
Euskadi) ao instaurarse a democracia. Foi tamén neste
tempo que moitos dos políticos máis destacados na historia de Galicia foron
asasinados :
- Ánxel
Casal : editor e alcalde do concello de Santiago de
Compostela, apareceu morto nunha gavia de Teo (18 de agosto de 1936)
-
Alexandre Bóveda : peza clave no Partido
Galeguista, foi executado na Caeira en Poio (17 de agosto de 1936)
- Johán
Carballeira : xornalista e político
galego, foi alcalde do concello de Bueu, executárono na Caeira (17 de abril de 1937)
O GALEGO NAS DÉCADAS DA DITADURA
A lingua galega perde toda
posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público debido a una política dura e recesiva. Na década dos 50 A
cultura galega só sobrevive no exilio americano. A capital cultural galega nos
anos 40 e 50 é Bos Aires onde morreu Castelao en 1950. A produción
cultural no exilo ten distintas vertentes :
- Edicións de obras que a
censura non permitía publicar : sempre en Galiza (de Castelao), A Esmorga (de Blanco Amor)
- Publicación de revistas
vinculadas a sociedades de emigrantes : Galicia, Galicia Emigrante, Eu- fonía
- Creación de grupos de
teatro afeccionado que estrean moitas obras : Os vellos non deben de namorarse (de Castelao), A xustiza dun muiñeiro (de Varela Buxán)
A partir de 1950 iníciase
unha recuperación da literatura galega da man da Editorial Galaxia e
da revista Grial.
AS LINGUAS NA PENÍNSULA IBÉRICA
LINGUAS
OFICIAIS : - Galego - Catalán - Eúscaro
- Mirandés (Portugal) .
NON OFICIAIS
: Asturiano -
Aragonés -
Aranés falantes
VARIEDADES XEOGRÁFICAS
A variedade xeográfica da
lingua pódese representar nun mapa coa axuda das isoglosas (liñas imaxinarias que unen dous puntos do mapa
que consta de trazos lingüísticos).
BLOQUE
OCCIDENTAL
• plural en –ns (camións, cans) • seseo (sapato, cansión, lus, sinco) • gheada (ghato, cheghar, amigho, ghamela) • terminación en -án/-á (irmán/irmá) • ditongo -oi- (loito, roibo, dioivo, choiva) • pronome 2ª pers. (ti). Ten 3 áreas : - Área fisterrá : • seseo e cheísmo - Área bergantiñá : • non seseo explosivo • non cheísmo - Área pontevedresa : • seseo • non cheísmo
BLOQUE
CENTRAL
- fan o
plural –s (camiós, cas) • non hai seseo (só na área central de
transición) • hai gheadas no
occidente e non hai no oriente • ditongo –oi (moito, noite, coiro) • termina- ción
ao/-á (irmao /ir- má) • alternancia do pronome
ti e tu • alternancia do ditongo cua/ca (cuatro/catro, cuanto /canto)
Ten 4
áreas :
- Área mindoniense (nordés da Coruña e norte
de Lugo) : • pronomes nosoutros/as, vosoutros/as
• diferencian lle de lles (non llelo pidas→a
eles) • formas seña,
esteña (analóxicas de teña) • for-
mas sallo, vallo
- Área
central de transición (entre as
áreas mindoniense e lucu-auriense, comprende zonas das
catro
provincias galegas, entre outras as de meira, ordes, o Carballiño ou o Deza) : - Alternacia do femenino en án/á (miña irmán/miña irmá) – demostrativos (este, eses, aquel)
- Área
lucu-auriense (comprende o centro e o sur da provincia de Lugo e case toda a
provincia de Ourense, agás as comarcas do Carballiño, a Limia Baixa polo oeste
e a franxa oriental): - demos- trativos (iste, ise, aquil) – vogal radical “i” e “u”
nos imperativos (culle, bibe)
- Áreas
oriental de transición (entre as áreas lucu-auriense e o bloque oriental,
comprende parte da comarca de verín) . - Ditongo -ui (muito, nuite, uito) - demostrativos (este, ese, aquel)
BLOQUE
ORIENTAL
• rematados
en –s fan o plural –is (camiois, casi, pantalois) • conservación do -u- nos ditongos (cuando, cuatro, guardar) • terminacións –is a 2ª p. plural (cantais, cantabais, bebeis, bebíais, mentís,
mentíais, levais, levabais) • terminación –ín en
lugar de -iño (paxarín, ca- mín, muín) • non
hai gheada nin seseo • pronome persoal tu • redución do ditongo -ai ante -x (caixa / caxa - baixar) / baxar) • o pronome o lígase ao verbo cando remata en
ditongo
Ten 4 áreas :
- Área
asturiana (concellos asturianos
entre o río Navia e Eo e o concello galego de Negueira de Muñiz) : • conservación do (-l-) intervocálico (avolo, molín, animales,
calente) • rematados en -ín
fan o plural en -íus (molius, paxarius) • rematados en -ín
fan o femenino en -ía (vecía, nenía) • demostrativos (estos, esos e aquelos) • o l- pasa a ll- (llúa, lleite, caballo) • alternancia no artigo determ.
masc. (o/el)
•
posesivos (meu, tou, sou, mía, túa, súa)
- Área ancaresa (vertente leonesa dos Ancares) : • gheada • cheísmo
• desaparición do -n final nas formas do pretérito (bebí, comí, partí) • vogais nasalizadas • posesivos (meu,tou,sou,mía,túa, súa)
- Área
zamorana (entre as
Portelas da Canda e o Padornelo,en Zamora, e o concello da Mezquita en Ourense)
: • desaparición do -n
final nas formas do pretérito (bebí, comí, partí) • teísmo (non to dou) • ditongo -oi- (dois, oito) • terminación -iño (padriño, camiño)
- Área
oriental-central (o
Courel, A Fonsagrada, a zona galega do Bierzo, Viana e valdeorras) :• al-terna as formas do diminutivo
-ín/-iño, pero o pluarl é sempre -iños • ditongo -ui- (muitos), en certas zonas aparecen (muto, mutio) • non hai vogais nasalizadas •
formas do pretérito con -n final (bebín, comín, partín)
LINGUA ESTÁNDAR
A lingua estándar é un modelo de lingua común, pois todos os idiomas
precisan dunha norma que sirva de referencia para os usos formais, para poder
ser ensinada nas escolas, para poder ser utilizada nos medios de comunicación e
para facer que o idioma sexa sentido por todos os falantes como propio.
Daquela o estándar é unha
variedade artificial e planificada construída a partir de distintas variedades
lingüísticas dun idioma que se escolle como modelo de lingua común identificada e aceptada polos falantes
como a forma correcta e normativa do código lingüístico. No caso do galego, xa no primeiro terzo do S. XX comezou o labor
de construcción dunha variedade estándar, especialmente por parte das Irmandades
da Fala e da Xeración Nós. Este labor continuou con atrancos na ditadura
franquista, limitado á literatura, e non
foi ata 1983 cando se publicaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do
Idioma Galego. O proceso de estandarización implica a creación de : - unhas normas ortográficas - un diccionario
- unha gramática - unha pronuncia estándar
COMO
NACEN AS LINGUAS ESTÁNDAR
- a partir dos
dialectos locais falados nas rexións en que se asentan os centros de poder ou
comercio (español, portugués, inglés,
chinés).
- do dialecto dunha
rexión que foi centro cultural (italiano do dialecto
toscano).
- a partir das
diferentes variedades xeográficas do idioma (árabe moderno, galego,
alemán, éuscaro), incluso existen idiomas que posúen dúas variedades estándar (noruegués).
LITERATURA GALEGA
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA
A principios do S. XX prodúcense unhas
mudanzas na sociedade e na poesía galega, deixando as tendencias do
Rexurdimento polas novidades estéticas traídas das vangardas europeas.
Escritores como Cabanillas combinan a estética do Rexurdimento coa introducción
de elementos do Modernismo.
RAMÓN
CABANILLAS : as súas liñas
poéticas permítennos distinguir 4 vertentes :
- poesía intimista : na que trata temas
referidos ao amor, á natureza e á recreación de vivencias do
seu pasado (A rosa de cen follas→ homenaxe a Rosalía de
Castro).
- poesía
cívica : na
que recolle as ideas das Irmandades da Fala. Proclama a hostilidade
anticaciquil e antiseñorial e a exaltación da aldea e dos labregos (No desterro )
- poesía costumista : na que fala de tipos
e costumes rurais cunha perspectiva crítica e humorística
- poesía
modernista : ligada á beleza formal e
de espazos (Na noite estrelecida)
A
VANGARDA GALEGA : é a vontade de romper coas
tradicións culturais. Desenvólvense con varias correntes : - neotrobadorismo (cantigas medievais→Fermín
Bouza Bey) - hilozoísmo (poesía paisaxística→Luís
Amado Carballo) -surrealismo (consiste en afastar a razón
dos textos para deixar paso aos soños e
ao subconsciente→Álvaro Cunqueiro) - creacionismo (consiste en afastar a poesía
da realidade→Manoel Antonio ).
MANOEL
ANTONIO : representa o mellor autor vangardista en Galicia. É o
autor do manifesto “¡Máis Alá!”. A súa obra máis
relevante é “De catro a catro” (son follas sen data
dun diario de abordo), 19 poemas estruturados
como viaxe marítima (presenza do mar), case sempre de noite, simboliza a súa concepción absolutamente
pesimista da vida (monótona, repetitiva, en
completa soidade e contínua despedida). O tema central é a soidade do suxeito, que adopta en moitos
casos un Nós, como
expresión de universalidade. A súa escrita vangardista podemos dividila en
tres etapas: - unha primeira
de formación - unha de ruptura vangardista - unha de retroceso.
Caracterízase pola ausencia de argumento, a presenza do mar, a monotonía,
soidade, simbolismo→o mar (símbolo da aventura) e a terra (espazo onde a vida carece de sentido e con saudade do mar)
A
VANGARDA NA PINTURA GALEGA :nas primeiras décadas do
S. XX xorde unha corrente de renovación das artes plásticas galegas (Maside, Maruja Mallo, Laxeiro, Colmeiro)
PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A NARRATIVA
O GRUPO
NÓS : a revista Nós nace en
ourense en 1920. Nos 144 números publicados ata a Guerra civil de 1936 fíxose
un esforzo por facer unha lingua de cultura, capaz de levar a Galicia as
novidades da cultura europea (científica e literaria).
A PROSA NESE PERIODO
- As mudanzas sociais : unha serie de novelas
reflicten os cambios sociais da época (Os señores da
terra de Otero Pedrayo)
- a valoración e o interese na
cultura popular : as lendas e tradicións
galegas centran a narrativa breve (O lobo da xente de Vicente
Risco, Entre a vendima e a castañeira de Otero Pedrayo)
- as vangardas na prosa : as innovacións estéticas
dos movementos de vangardas comezan a introducirse en textos
- o ensaio : este xénero experimenta
un forte avance, axudado polo esforzó do grupo Nós para adaptar a lingua galega
novos campos da ciencia.
VICENTE RISCO
-
Invidualismo:xorde como reacción do individuo cara aos movementos políticos de
masas do seu tempo (fascismo e comunismo)
- Crítica
da ciencia : fronte a opinión da sociedade do momento que loaba a
técnica, valora a historia e
a tradición popular por
medio dun culturalismo relacionado co seu interese pola etnografía e os mitos.
-
Relixiosidade e misticismo : a identificación do catolicismo como unha das bases da
identidade galega é un dos seus principios.
- Ambigüidade
respecto as vangardas : axudou a difundir entre escritores novos como Manoel
Antonio,
as novas correntes
estéticas.
OBRA DE
VICENTE RISCO :
- novelas
curtas : tratan
temas da literatura popular (O lobo da xente, A trabe de ouro e A trabe de alquitrán).
- novelas
longas : O porco de pé, novela que satiriza un
comerciante enriquecido usando unha linguaxe e unha estética vangardista.
- ensaio : temas etnográficos,
políticos (Teoría do nacionalismo galego), viaxes e experiencia vital
(Mittleuropa)
- teatro : O bufón d-el Rei, nunha corte medieval o
bufón descobre o adulterio cometido pola raíña.
1º TERZO DO SÉCULO XX : O TEATRO
A CREACIÓN DUN TEATRO
GALEGO
A comezos do S. XX, o
teatro era en Galicia un espectáculo principalmente urbano,e , polo tanto, acostumaba
representarse nas principais vilas e ciudades galegas en castelán. A partir de 1916, as Irmandades da Fala
fixeron una posta en valor do teatro como forma de gañar prestixio social. Con
este fin, inauguran en 1919 o Conservatorio Nacional de Arte Galega (CNAG) formando
actores e aumentando de xeito importante o número de representacións de obras
galegas. Inicialmente, o CNAG logra ter una programación estable de representacións
de autores galegos (A. Villar Ponte, Leandro Carré). Posteriormente,
leandro Carré Alvarellos recupera parte do labor do Conservatorio ao crear en
1922 a Escola Dramática Galega.
CASTELAO
E “OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE”
Castelao comezou a
interesarse polo teatro despois de volver en 1921 dunha viaxe de estudos por
Francia, Bélxica e Alemaña, ao impresionarlle a modernidade e a orixinalidade
plástica dos espectáculos teatrais que viu en Europa. Os vellos non deben de namorarse componse de tres lances e un epílogo
nos que presenta tres versións diferentes dunha mesma historia (un vello paga coa morte o seu namoramento dunha rapariga nova). Os personaxes son arquetipos e levan todos una máscara que os caricaturiza.
A morte aparece como símbolo, ben
sexa na figura dun sapo ou dun esmolante. Esta obra admite varias interpretacións. Os tres vellos representan distintos
sectores da sociedade da época : o
burgués das vilas (D. Saturio, un vello boticario que tenta namorar a Lela), o fidalgo bebedor (D. Ramón que seduce a Micaela) e o
labrego rico (Sr. Fuco que lle fai as beiras a Pimpinela). O pobo, ao xeito da
traxedia grega, aparece como coro.
A LÍRICA ENTRE 1936 E 1976
XERACIÓNS
DAS FESTAS MINERVAIS
Unha
serie de autores como Manuel María ou Bernardino Graña, comezaron a colaborar
na sección literaria do xornal compostelán La Noche. Preséntanse aos certames
literarios que organizaba a Universidade co nome de Festas Minervais. Esta
xeración mantivo o contacto cos escritores que destacaran antes da guerra. Hai
varias tendencias dentro desa xeración : -
Escola de Tebra - Grupo Brais Pinto - autores como Ricardo Carvalho Calero
seguen unha liña culturalista, reinterpretando mitos usando fórmulas clásicas -
individualidade
CELSO
EMILIO FERREIRO
Celso
Emilio Ferreiro foi o autor máis influínte desta corrente poética,
desenvolvendo una poesía social. A partir do poemario O soño sulagado, os temas
da súa poesía son o amor, os recordos da infancia e a denuncia das inxustizas.
Coa obra Longa Noite de Pedra (1962) acadou un inmediato recoñecemento como
poeta. Neste poemario combativo de temática social e política xorden dúas realidades : a liberdade fronte á opresión. A
Xeración de Festas Minervais vai evolucionando na metade da década de 1970 cara
a expresións poéticas cada vez máis persoais. A publicación en 1976 da obra de
X. L. Mén- dez Ferrín, Con pólvoras e magnolias, supón o final do periodo do
socialrealismo e a chegada de novas tendencias á po
esía
galega.
A NARRATIVA ENTRE 1936 E 1976
ÁNXEL FOLE
: escritor lugués, é continuador dos temas e das fórmulas da
tradición oral galega a través dos libros Á
lus do candil (1953) e Terra brava (1955).
ÁLVARO
CUNQUEIRO : é un dos escritores máis persoais da
literatura galega. A obra Merlín
e familia iniciou en 1955 un
conxunto de narracións (As crónicas do sochante, Se
o vello Simbad volvese ás illas) que se caracterizan por : - seguen os modelos estilísticos da
tradición oral – estas novelas teñen una estrutura aberta na que se introducen
multitude de relatos autónomos entre sí – elimínanse as fronteiras entre a
realidade e a ficción, introducindo personaxes míticos como Merlín e Simbad, e
mestúrase o marabilloso e o cotián. O contraste entre o mundo mítico e o real
resólvese por medio da ironía e o humor.
EDUARDO
BLANCO AMOR : escritor ourensán que
incorpora na súa traxectoria literaria técnicas procedentes das tentativas de
renovación da novela do S. XX. As súas obras xiran arredor da cidade de Ourense
(A
esmorga, Xente ao lonxe).
XOSÉ
NEIRA VILAS : desenvolve a súa
traxectoria literaria entre Cuba e Galicia. A súa obra describe por medio dunha
prosa simple e emotiva a vida dos emigrantes galegos en América e o cotián no
rural galego (Memorias dun neno labrego).
A NOVA
NARRATIVA GALEGA : en 1960, un grupo de
autores influído pola corrente literaria Nouveau Roman francés crea un
movemento de ruptura coa narrativa tradicional e o ruralismo. A colección Illa Nova da Editorial Galaxia publicou a maioría das obras desta
corrente que se caracterizou por achegar á literatura galega as innovacións
formais dos movementos literarios europeos de vangarda. Entre estas novidades
destaca : - a multiplicidade
de puntos de vista na narración – a creación de personaxes e espazos literarios
propios – enfocar a narración a través do obxectivo dunha cámara cinematográfica
– a cousificación dos personaxes, descritos como se fosen obxectos.
O TEATRO ENTRE 1936 E 1976
DO
TEATRO PARA SER LIDO AO NACEMENTO DO TEATRO INDEPENDENTE : na
primeira década despois da Guerra Civil só atopamos mostras de dramaturxia en
galego de carácter costumista e folclórico. Coa creación da Editorial Galaxia
en 1950 aparece una canle de publicación de textos dramáticos. Na década dos 60
crénase dous certames teatrais, o Certame do Miño e o Concurso Castelao de
textos teatrais.
ÁLVARO
CUNQUEIRO : a grande orixinalidade de Cunqueiro é un
feito que define o autor. En 1959 Cunqueiro recupera o famoso personaxe de
Shakespeare con “O incerto señor D.
Hamlet, príncipe de Dinamarca”. A obra creou polémica, debido á innovación
de adaptar un clásico da literatura universal ao galego e por ter una temática
pouco galega. Algunhas innovacións literarias no Hamlet de Cunqueiro : -
a historia de Hamlet mestúrase co mito grego de Edipo - maior proximidade á
orixe da historia - introduce o coro da traxedia grega - Cunqueiro recorre, ao
igual que Shakespeare, a mostrar o teatro dentro do teatro, a peza é una
representación protagonizada polos personaxes
En
1965 Cunqueiro escribe “A noite vai como
un río”, onde a protagonista sofre por non atopar o namorado soñado.
XOHANA
TORRES : a súa obra teatral caracterízase por dous feitos . o
realismo asociado a temas sociais e o protagonismo femenino. En 1965 escribe “Á outra banda do Iber”, de tema
político, onde xorden desputas ideolóxicas. En 1969 publica “Un hotel de primeira sobre o río”,
obra de denuncia social coa temática da expropiación inxusta da terra.
RICARDO
CARVALHO CALERO : chegaría a ser o primeiro catedrático de
Literatura Galega, comeza a interesarse polo teatro como medio pedagóxico. Escribiu una serie de farsas como “A farsa das zocas” (1948).
A súa obra posterior caracterízase por usar técnicas teatrais realistas,
simbolistas e por tratar temas transcendentais
como o amor, a norte, a arte ou a política.
O
TEATRO DA DÉCADA DE 1950 : tendencias
: - obras do vello teatro das Irmandades
- pezas breves ao estilo do Teatro de Máscaras - presenza do teatro existencial
- o teatro do exilio
O
NACEMENTO DO TEATRO INDEPENDENTE :
desde
comezos dos anos 60 trabállase na recuperación do teatro galego. A agrupación
de maior actividade será o Teatro de
Cámara Ditea . Na Coruña, dous mozos sen case coñecemento do teatro
anterior, Manuel Lourenzo e Francisco
Pillado, crean o Grupo de teatro O
Facho. Debido a diverxencias internas, Manuel Lourenzo crea posteriormente Teatro Circo, un proxecto ambicioso que
tentará crear un arquivo e una biblioteca do teatro galego e abrir una escola
de formación teatral.
A LITERATURA ACTUAL : A LÍRICA
O
ACHEGAMENTO DA POESÍA A NOVOS PÚBLICOS : Coa chegada da democracia,
a literatura galega vai poder expresarse en liberdade a través de novas formas
de expresión literaria que reflicten as mudanzas que se producen na
sociedade. A publicación en 1976 do poemario Con
pólvora e Magnolia (Méndez Ferrín), protagonizará o abandono progresivo da literatura comprometida coa
sociedade,
nacendo así una maior
preocupación pola forma e a estética na poesía.
A POESÍA
NA DÉCADA DE 1980 : - presta máis
atención á forma - destaca o verso libre - os temas principais son o amor, o erotismo, o intimismo, a
terra - o culturalismo (afasta a literatura da sociedade)
Desta década destacan
autores como Lois
Pereiro (Poesía última de amor e
enfermidade, 1995), Miguel Anxo Fernán Vello (Do desexo de corpo e sombra, 1984), Pilar Pallarés (Sétima soidade, 1984)
A POESÍA
DA DÉCADA DE 1990 ATA A ACTUALIDADE : - xorden grupos poéticos - recupéranse obras de autores
pouco canónicos (Uxío Novoneyra, Avilés de
Taramancos, María Mariño) - aumenta o número de
concursos poéticos - as escritoras teñen unha destacada presenza nestas últimas
décadas (Mª X. Queizán, Olga Novo,
María Lado, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Lupe Gómez) - impúlsase a tradución de poetas de fóra de
Galicia
TRAZOS
DA POESÍA GALEGA ACTUAL : - o léxico usado é coloquial pero coidado - recupérase o poema para ser lido - a poesía céntrase en temas coñecidos (amor, erotismo, paso do tempo, morte, terra) - xorden novas temáticas (feminismo, vida cotiá, antimilitarismo,
anticapitalismo, ecoloxía) - linguaxe poética marcada pola sinceridade e polas
vivencias persoais
GRAMÁTICA
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
A comunicación é
un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (persoa que transmite) - Receptor(persoa á que vai dirixida a
mensaxe) -
Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto(situación)
A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)
A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)
PROPIEDADES TEXTUAIS
O texto é
unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función
comunicativa determinada (informar, persuadir…). As súas propiedades son
:
- adecuación
: é a
propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa na que se
produce un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación comunicativa
concreta e inadecuado noutra.
- coherencia
: é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade
comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e
clarificar o significado (organización da información).
- cohesión
: son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro
de unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores)
CONTEXTO E SITUACIÓN
DENOTACIÓN
: significado obxectivo,
básico das palabras.
CONNOTACIÓN
: significado adicional,
subxectivo, que pode adquirir unha palabra nun contexto.
A
ADECUACIÓN : A INTENCIÓN
REXISTRO FORMAL : é o empregado, por exemplo, nas conferencias, nos telexornais, na
maior parte da literatura, nos traballos da clase…Características : - Información ben seleccionada e
organizada - Corrección morfosintáctica - tecido sintáctico ben
construído con emprego de oracións compostas - Riqueza léxica con uso de si-
nónimos, antónimos e hiperónimos - Léxico preciso, mesmo con emprego de
vocabulario especializado - Ton impersoal e máis distante; tratamento de
vostede
REXISTRO INFORMAL OU
COLOQUIAL : é o que utilizamos a maior
parte do tempo na nosa vida cotiá coas amizades e con persoas de
confianza. Características : -
Adoita repetirse a información - Proble- mas de concordancias e oracións sen
rematar - Tendencia a usar oracións simples ou abuso das coordinadas con e -
Léxico repetitivo - uso de palabras comodín, frases feitas, expresións de
apo- io e xergas - Ton próximo aos interlocutores (tratamento de ti, vocativos, pronomes de
solidariedade, diminutivos e abundantes interrogacións e exclamacións).
A PALABRA
MORFEMAS FLEXIVOS : - de xenero (MFX) nen-o /nen-a - de número (MFN) canción-s /flore-s - vogal temática (VT) cant-a-mos /beb-e-mos /durm-i-mos - modo-temporal (MMT) cant-a-ba -
número persoal
(MNP) cant-a-mos
MORFEMAS DERIVATIVOS : prefixos (des-orde) - sufixos (zapat-eiro) - interfixos (te-t-eira/en-s-anch-
char)
PROCEDEMENTOS DE CREACIÓN DE PALABRAS : - palabras simples (só teñen un lexema e poden
levar sufixos flexivos→nen-o/nen-os) – palabras derivadas (teñen un lexema ao que lle engadimos prefixos e sufixos
derivativos→des-honra/social-mente) – palabras compostas (proceden da unión de dous
ou máis lexemas→agri+doce=agridoce) – palabras parasintéticas (fórmanse coa unión simul-
tánea dun prefixo e dun sufixo, sen que se poida formar unha palabra intermedia → embarcación → non existe em, nin ción. Tamén se poden formar combinando dous lexemas
e un sufixo→ sete-mes-iño)
CAMPOS SEMÁNTICOS : Conxunto de palabras que comparten un contido común : pai, nai, avoa (semas) → familia. Un campo semántico é un conxunto de palabras
da mesma categoría que posúen un núcleo de significación común (sema compartido) e diferéncianse por unha serie de rasgos ou semas distintivos. Un
exemplo de campo semántico sería o de parede :
palabra
sema compartido
semas distintivos
parede obstáculo
+ vertical
alto
muro
obstáculo +
vertical alto
+ pedra + groso
valo
obstáculo
+ vertical alto
+ rústico
muralla
obstáculo + vertical defensivo
O TEXTO ARGUMENTATIVO
O texto argumentativo é
aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor da
súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere
defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos
expostos para reafirmar a idea principal)
TIPOS DE
ARGUMENTOS
- De
coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar os accidentes de
tráfico benefícianos a todas as persoas.)
- De
autoridade : empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema
(Unha
im-
portante porcentaxe das
vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a po-
sibilidade de evitalos se se
circulase a menor velocidade.)
- De datos
: ofrecen datos que corroboran
os feitos (Segundo un estudo realizado recentemente,
prodúcese un 70% máis de
accidentes cando as condicións climáticas son desfavorables)
- De
exemplo : un caso concreto serve como exemplo das ideas que se queren
defender (Un claro
exemplo constitúeo o
accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non es
tivese mollada e se se mantivese a
distancia de seguridade, podería evitarse o impacto.)
- De
experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha
idea (Eu
mes ma me teño visto envolta en máis dunha ocasión en accidentes deste tipo.)
- De
analoxía : compáranse dúas situacións semellantes (No mes de agosto deste ano
producíronse
67 accidentes menos que o
ano pasado.)
- Legais : refírense ao establecido
na lexislación (Segundo as leis vixentes é obrigatorio o uso do cinto de
seguridade nos asentos traseiros.)
CARACTERÍSTICAS
LINGÜÍSTICAS : - abundancia de substantivos abstractos e tecnicismos -
predominio do presente de indicativo e de construcións
impersoais ou de pasiva
reflexa - períodos sin tácticos longos -
emprego de conectores - enumeracións - definicións,
citas e exemplos que apoien os argumentos
ORACIÓNS COORDINADAS
-
COPULATIVAS : e, nin, e mais, a mais
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante (s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo
- DISXUNTIVAS : ou, ou ben
- ADVERSATIVAS : mais, pero, senón, nembargante (s), non obstante, anque, a menos que, porén, ora ben, con todo
-
DISTRIBUTIVAS : ou...ou, xa...xa, volta...volta, quer...quer, ben...ben,
nin…nin, ora…ora
ORACIÓNS SUBORDINADAS
-
SUBSTANTIVAS : desempeñan unha función típica dos substantivos (Sux→ Que fixeras iso non nos gustou nada, CD→ Pedinlle que viñera, Suplemento→Xoán non se lembrou de que tiña que recoller o
seu cuarto.)
-
ADVERBIAIS IMPROPIAS :
- causais (efecto-causa) : Enlace : porque,
xa que, pois, por mor de
Castigáronme→(efecto) porque cheguei
tarde→(causa)
- consecutivas (antecedente-consecuente) : Enlace : así
que, de modo que, logo, daquela, entón, por iso, por tanto
Es moi bo estudante→(antecedente) así que sacarás unas
notas estupendas→(consecuente)
-
concesivas (obxección-concesión): Enlace : ainda que, anque, malia que, a pesar de que
Aínda que chova→(obxección) iremos de excursión→(concesión)
- condicionais (condicionante-condicionado) : Enlace : se,
sempre que, con tal de que, con tal que,
coa condición de que,
excepto que
Se queres ir→(condicionado) terás que portarte ben→(condicionante)
- comparativas (Termo 1- Termo 2) : Enlace : igual,
máis, menos, tan, tanto/ca, coma, como, que A
cidade era→(Termo 1) máis grande do que pensaba→(Termo 2)
-
ADXECTIVAS : desempeñan a mesma función que a frase adxectiva e
funcionan como modificador (O rapaz que coñecemos onte era moi amable). Tamén se coñecen como
oracións de relativo porque van introducidas por un pronome
relativo (antecedente) → Aqueles libros que liamos de pequenos tiñan moitas ilustracións (función de relativo : CD)
CONECTORES
DE CAUSA : así, porque, de aí (que),
por iso
CONECTORES
DE CONSECUENCIA : entón, pois, polo tanto,
por conseguinte
SINONIMIA
: 2
ou máis significantes a un mesmo significado, hai unha sinonimia total, cando
dous termos son totalmente intercambiables (rematar/acabar), sinonimia conceptual, cando os termos se poden
cambiar en todos os contextos (asno, burro) e sinonimia
contextual, cando os termos poden intercambiarse só nun determinado contexto
sen que varíe o seu significado (a novela é curta ou breve; Ma- ría é curta ou vergonzosa,
pero non breve)
POLISEMIA
: un
único significante pero máis dun significado (cabeza, banco, pico, ollo,
pé…).
HOMONIMIA : teñen unha orixe etimolóxica diferente,
hai 2 tipos: homógrafas (pronunciación e escritura igual →banco) e homófonas (pronunciación igual pero
escritura diferente → botar/votar)
ANTONIMIA
: - antónimos graduais (establécese una graduación entre os termos→branco, ne-
gro / frío, calor) -
antónimos complementarios (o
significado dun termo elimina o outro→seco, mollado / vivo, morto) -
antónimos recíprocos (a
existencia dun termo implica a do outro→pai, fillo / comprar, vender)
A FRASE : unidade sintáctica
caracterizada por posuír obrigatoriamente un núcleo (N), constituído por un nome, adxectivo ou adverbio, segundo sexa o
tipo de frase, e que desempeña algunha función dentro da oración ou doutra
frase. Ao lado do núcleo, e en diferentes graos de obrigatoriedade, encontramos
outros elementos funcionais→os determinantes (DET) e os modificadores (MOD). Clasificación das frases polo núcleo : - Fn frase nominal (núcleo un nome ou pronome) - Fv frase verbal (núcleo un verbo) - Fadx frase adxectiva (núcleo un adxectivo) - Fadv frase adverbial (núcleo un adverbio) - Fprep frase preposicional
(fórmana
un director (DIR)→preposición
ou locución prepositiva e un termo (T)→ Fn, Fadv, ou outra Fprep)
A ORACIÓN
: contén obrigatoriamente 1 verbo e o enunciado contén unha mensaxe con sentido
pero sen verbo (Perigo!). A oración pode ser simple (cun predicado e cun verbo) ou composta (con dous
ou máis predicados e con dous ou máis verbos). A oración composta pode ser coordinada (unión de dúas oracións simples mediante
conxuncións coordinantes→ María le e Antón xoga!) ou subordinada (cando unha proposición depende da outra,
unha ten sentido independentemente e a outra non. Ten unha proposición
principal e unha ou varias proposicións subordinadas→ Díxome que a esperaba.)
ORACIÓNS
O suxeito indica o protagonista da acción verbal, pero non é imprescindible.
Debemos distinguir varias posibilidades nas oracións :
ORACIÓNS
CON SUXEITO EXPRESO : expresado na oración→Ti sabes moito
ORACIÓNS
CON SUXEITO ELIDIDO : suxeito omitido→Verémonos mañá
ORACIÓNS
SEN SUXEITO : - están en 3ª pers. sing ou pl. e con verbos referidos a fenómenos da
natureza (Choveu a mares onte á tarde), pero tamén poden estar
en sentido figurado e entón sí que teñen suxeito (Ese ano chovéronlle os suspensos) - cos verbos haber,
facer, ser, estar (Non hai fantasmas) - as impersoais, van en 3ª pers. con “se” (En Galicia cómese moito) ou co pronome un/una (Un sabe perfectamente o que fai)
Temos que distinguir dous
tipos de oracións :
ORACIÓNS
COPULATIVAS : cos verbos copulativos (ser, estar, parecer e semellar) + atributo (O neno é feliz - O neno está feliz - O neno parece feliz - O neno semella feliz)
ORACIÓNS
PREDICATIVAS : con verbos predicativos (todos menos ser, estar, parecer e semellar) + calquera complemento, menos un atributo
As oración predicativas
poden estar : - en voz activa (o suxeito realiza a acción→Os nenos xogan no parque) - en voz pasiva (o suxeito recibe a acción→O paciente foi intervido polo cirurxián)
COHESIÓN TEXTUAL
CONECTORES
: - condicionais (se) - hipótese (en caso contrario, do contrario, a non ser que, a menos que, salvo
que) -
conclusivos (en fin, por último, en
suma, finalmente, rematando, para resumir, en síntese, en resumo)
PALABRAS XUNTAS E SEPARADAS
CONSTITUÍNTES XUNTOS
-
substantivos e adxectivos : se a flexión de xénero ou
número se realiza só no último constituínte ou se a palabra composta é
invariable, a unión entre os seus componentes prodúcese directamente (cartafol→
Cartafoles / vacaloura→vacalouras / abrelatas→invariable)
- adverbios : abofé, acotío, adrede, amais, amodo, antonte, apenas, arstora,
arreo, asemade, dabondo, decontado, decontino, decote, decotío, deseguida/o,
devagar, disque
- pronomes
numerais:dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, douscentos, trescentos,
novecentos
-
conxuncións : conque, porque, senón
CONSTITUÍNTES
SEPARADOS
-
Substantivos e adxectivos : de realizarse a flexión de
xénero ou número nos dous constituíntes o usó no primeiro, estas escríbense de
forma separada (sen guión) (garda civil→gardas civis / camión cisterna→camións cisterna)
-
locucións adverbiais : á beira, a cada pouco, a
carón, a deshora, a eito, á mantenta, a miúdo, á présa, a tempo, de certo
- pronomes
numerais : vinte e un, vinte e dous,
vinte e tres, vinte e catro, trinta e un, trinta e dous, cento un, cento cinco,
mil douscentos, mil trescentos
-
locucións conxuntivas : a mais, así e todo, con
todo, des que
A PUBLICIDADE
O texto publicitario (estrutura→título, texto, marca) é unha forma de comunicación que pretende transmitir información e
incitar a certos comportamentos. É importante o compoñente visual (ima- xes), o emprego de personaxes
famosos e a linguaxe visual (argumentos racionais→explicando as vantaxes do produto / apelacións emocionais→poden chegar a non ter relación
co produto) .
Os flyers son folletos publicitarios, de
tamaño reducido, de papel fino e de pouca calidade.
O banner (imaxes ou animacións que se amosan cada vez
que o navegador abre a páxina que o contén) é a forma de publicidade máis común en internet .